8.5.10

Ribeira: programación completa do "Maio cultural" de 2010

O edil Luciano Fernández presentou o programa do Maio Cultural 

Ribeira, 8 de maio de 2010.- Máis dunha ducia de eventos de toda índole, vinculados co espallamento da cultura, servirán para conmemorar no municipio o Mes das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Uxío Novoneyra. Con tal motivo, o edil de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, presentou a programación do Maio Cultural 2010, organizado polo Concello (a través das Áreas de Cultura e Educación), en colaboración con diversas entidades e institucións.  

Sábado 8 de maio, Día das Nais

Conmemorarase o Día das Nais cun Festival a cargo da Asociación Aires da Dorna. A entrada tamén e libre e gratuíta e terá ao Auditorio como escenario.

Domingo 9 de maio, festival solidario pro Haití


Toda a información nesta ligazón

Luns 10 de maio, proxección de "O Pai de Migueliño"

   Baixo iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira e coa colaboración da Deputación da Coruña, este luns, día 10 de maio, a Aula Multimedia acubirllá a actividade “Da Literatura ao Cine”: un evento que se servirá da proxección da curtametraxe “O Pai de Migueliño” (baseada nun texto homónimo de Castelao recollido en “Cousas”) para que o director deste filme, Miguel Castelo, poida explicar aos asistentes (uns 30 alumnos de Primeiro de Bacharelato) o complexo proceso das adaptacións do relato literario ao cinema.

Esta actividade ten como obxectivo principal establecer as relacións existentes entre a literatura e o cine, linguaxes suxeitas a especificidades diferentes, dar a coñecer historias autóctonas contemporáneas, introducir aos escolares nos rudimentos da linguaxe cinematográfica e achegalos ao proceso, complexo e interesante, da construción fílmica. Será entre as 16 e as 18 horas. 

Martes 11 de maio, recital comentado

Darío Xohán Cabana é o da dereita

 O martes 11 de maio hai un Recital Comentado de Uxío Novoneyra a cargo de Darío Xohán Cabana, que está dirixido a alumnado de 3º Ciclo de Primaria. Terá lugar no Auditorio Municipal.

Mércores 12 de maio, charla sobre Novoneyra

O mércores 12 de maio, Antón Lopo pronunciará a charla “Uxío Novoneyra, a distancia do lobo”, destinada a alumnos do 2º Ciclo de Secundaria e que se celebrará ás 11 horas no Auditorio.

Venres 14 de maio, recital poético "Ventos"

Tamén ás 11 horas terá lugar o venres día 14 o recital poético “Ventos”, a cargo de Pífano Teatro, no que asistirán alumnos de 1º do Ciclo de Secundaria.

Martes 18 de maio, entrega premios concurso audiovisual

   O martes 18 de maio, o Auditorio Municipal será escenario ás 21 horas da Gala de Entrega de Premios do Segundo Concurso Audiovisual Galego Olloboi, que organiza o IES Leliadoura.

Mércores 19 de maio, contacontos e premios

O mércores 19 de maio, ás 11 horas, terá lugar unha sesión de contacontos desenvoldida pola compañía Duendesico que levará por título “O Colleiteiro de Pensamentos”. Ademais, no mesmo acto entregaranse os premios do XVIII Certame Literario Uxío Nononeyra, cuxos premios están integrados por lotes de libros, material didáctico e diplomas.

Xoves 20 de maio, obradoiro literario

E por último, o xoves 20 de maio, na Biblioteca Municipal, terá lugar o obradoiro literario “Ti Contas”, a cargo de Jaureguizar. Celebrarase ás 11.30 horas.

Exposicións

Hai unha dedicada a Autor@s das Letras Galegas que xa se pode ver exhibida na sala baixa do Auditorio Municipal ata o 31 de maio. Estará aberta ao público de luns a venres de 11 a 14 horas e os martes e mércores de 18.30 a 20.30 horas. 

Xacobeo

A segunda levará  por título “Iacobus Gallecia. Xacobeo 2010” e está promovida pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Terá lugar entre os días 14 de maio e 13 de xuño na sala alta do Auditorio Municipal e o seu horario será de luns a venres, de 11 a 14 horas, e martes, mércores e sábados, de 19 a 21 horas.

Mostra Infantil de Teatro, do 24 ao 28

Mención aparte merece a xa tradicional Mostra Infantil de Teatro, que cumpre a súa 13ª edición e que se celebrará do 24 ao 28 de maio no Auditorio Municipal. As actuacións incluídas nesta mostra será obxecto dunha futura presentación.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: nova campaña para fomentar o galego nas empresas, co lema "Se é en galego, é de calidade! "

Toda a información no blog Bico da Ría, do Equipo de Normalización Lingüística do IES "Félix Muriel" de Rianxo, en http://www.bicodaria.com/spip.php?article491

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

7.5.10

Fotografía: exemplos magníficos de emprego da cor parcial

Rianxo: búscanse colaboradores creativos para a revista da Guadalupe

Ti que es de Rianxo ou de Taragoña ou de Asados ou d´O Araño ou de Leiro ou de Isorna ou de toda canta parte e parroquia haxa que sabes porque cho dixeron ou cho contaron ou o viviches ou o pensaches ese conto ou historia irreal ou asunto investigado ou anécdota ben un costume ou tradición mariñeira rianxeira da Guadalupe ou doutras festas e aconteceres relixiosos

COLABORA

 ESCRIBE E MANDA ESE RELATO OU POEMA

 OU VÍDEO QUE GRAVACHES AQUEL DÍA

 ESE CONTO QUE REPETÍA O AVÓ CEN VECES

 OU AS COUSAS DA MADRIÑA CANDO ERA NOVA

 OU…

PARA A NOSA REVISTA DAS FESTAS DE GUADALUPE

 

Envía axiña, para ir facendo sitio, os teus textos sen excederes as 1500 palabras (4000 caracteres) ou 3000 palabras (8000 caracteres resolución de 300 puntos por polgada) con imaxes fotos ou debuxos ao seguinte enderezo electrónico libro@guadaluperianxo.org ou ben utiliza o correo ordinario

Asociación “A Moreniña”

Casa da Cultura Cuartel Vello

Praza Castelao s/n 15920 Rianxo A Coruña

981866381 667185577

ISO SI ANTES DO 31 DE MAIO

Ánimo participa e quedaremos profundamente agradecidos

 A Comisión de Festas de Guadalupe 2010 e o ENDL do IES

Antes do 31 de maio! Espabilade! Quedan apenas tres semanas!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Gastronomía: empanada de mexillóns coa thermomix

Non temos thermomix á man, pero esta fin de semana cae unha empanada destas como está mandado! Que devezo nos entrou!
Lili Fabeiro é de Boiro, autora deste blog con receitas para a thermomix.
http://cocinadecolorlila.blogspot.com/2010/05/empanada-de-mejillones.html
Entrevistámola hai tempo en Certo, en http://certo.es/index.php?page=lili_fabeiro

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: a selección española de Voleibol visita a vila na próxima fin de semana para promocionar este deporte

Boiro, 7 de maio de 2010. Sen esquecer o que nos lembra María Cortés Ayaso sobre a fase de ascenso a Primeira División Feminina na que participan as rapazas do Ojea Boiro Voleibol, hai que anunciar a visita da Selección Española de Voleibol a Boiro na vindeira fin de semana para promocionar este deporte.

Programa:

Sábado:

Presentación ás 5 da tarde. Na casa da cultura no parque da Cachada.

Xornadas técnicas dende as 5 e cuarto. Imparte Ricardo Maldonado, seleccionador nacional junior.

Ás sete da tarde, partidazo, entre Selección Nacional Júnior e Hipescar Boiro (1ª División)

Domingo:

Ás 11 da mañá, Partido da Selección Nacional contra un combinado local.

Ambos partidos no pavillón da Cachada.


Volei: las del Ojea Boiro se juegan el ascenso a Primera en Ourense, del 7 al 9 de mayo

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Susana Moo: hoy cuenta una historia de desamor quizás más común de lo que se piensa

Boiro: o Concello recibiu en Madrid o premio "Bandera verde" que entrega unha federación de usuarios


A Federación de Usuarios – Consumidores Independientes (FUCI) premia coa bandeira verde a varios municipios españois cada ano. Na imaxe, Ribadeo

Boiro, 07 de maio de 2010.  O Concello de Boiro recibiu novamente o premio “Bandeira Verde – Municipio Responsable”, que concede a Federación de Usuarios – Consumidores Independientes (FUCI) co apoio da Fundación Biodiversidad, na XI edición dos galardóns, que foron entregados hoxe nun acto celebrado en Madrid.
Concretamente, FUCI considera ao Concello de Boiro merecedor deste distintivo, pola calidade da súa xestión medioambiental, nas seguintes modalidades:

- Residuos, limpeza e xardinería.
- Xestión da auga.
- Educación ambiental e participación cidadá.
- Consumo enerxético e contaminación.

Con estes premios, FUCI recoñece o labor das cidades e municipios que realizan unha xestión medioambiental encamiñada á sostibilidade. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, manifestou a súa satisfacción por revalidar un distintivo tan prestixioso, que recoñece non só o labor do goberno senón a contribución de tódolos veciños para disfrutar dun concello máis limpo e con maior calidade de vida.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: petróglifo Pedra da Serpe, partillado en Flickr

Outra interesante aportación fotográfica de TeresalaLoba nas súas camiñatas polo Barbanza.
Non se perdan tampouco a ponte medieval sobre o río Pedras en http://www.flickr.com/photos/teresalaloba/4569113012/in/pool-582112@N22

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: curso de actualización y especialización en Drogodependencias, empieza este sábado 8

Noia, 7 de mayo de 2010. El “CURSO DE ACTUALIZACIÓN Y ESPECIALIZACIÓN EN DROGODEPENDENCIAS” se realizará a partir de mañana sábado día 8 de mayo en el SALÓN DE PLENOS del Concello de Noia. Al mismo acudirán más de 25 personas que ya están inscritas. Las personas que deseen participar en alguna de las sesiones pueden enviar un mail a infodrogas@gmail.com o llamar al teléfono 609.82.31.34.

El curso contará con la presencia de destacados profesionales en el ámbito de las adicciones y tratarán sobre temas tan importantes y de tanta actualidad como el alcoholismo, el consumo de cánnabis, la intervención con menores y en el contexto de ocio así como las campañas de información sobre drogas.

Tendrá una duración de 20 horas y se entregará un certificado de asistencia.

En Boiro, jornadas sobre asuntos similares

En el municipio boirense habrá unas jornadas tituladas "Xornadas sobre consumo de alcohol, drogas e violencia vinculados ao fenómeno do botellón” los días 10, 11 y 12 de mayo en la Casa da Cultura. Organizan Concello de Boiro, a través de la OMIC y Servizos Sociais, además de la Fundación Democracia y Gobierno Local.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical