Conta Anxo Resúa no pé de foto: "Panorámica feita a partir de 25 fotos empregando un programa chamado Hugin, libre e gratuito".
Non temos pantalla abondo para desfrutala! E vostedes?
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Conta Anxo Resúa no pé de foto: "Panorámica feita a partir de 25 fotos empregando un programa chamado Hugin, libre e gratuito".
Non temos pantalla abondo para desfrutala! E vostedes?
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
E aproveitamos para colgar o anaco do BOE onde saen as zonas afectadas, por se alguén aínda non sabe que lle toca unha leira ou máis. O artigo (Homilía VIII) do padre Teixugo cos consellos por se unha freguesa ou un veciño é afectado polo gasoduto están aquí
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A foto que escollemos (dubidamos entre tantas marabillas) titúlase "O cravo", adicada á única muller do mundo que é patrona da literatura dun pobo.
Máis fotos en http://www.flickr.com/groups/patrimoniodegalicia/discuss/72157608659009947/#c...
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
E ten máis: vexan a galería de Carlos Fontano, en http://www.flickr.com/photos/cfontano/
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro, 16 de maio de 2010. “Pedra Boleira”, a liga de bolos tradicionais que organiza o Departamento de Deportes do Concello de Boiro botou hoxe a andar, xa na súa segunda edición, en Pomar do río, na parroquia de Cures. A partires de agora, levará o nome de Antonio García Hermo, un dos seus promotores, que finou en 2009.
Esta é a segunda edición deste torneo, que foi disputado por primeira vez no ano 2008. En 2009, a piques de comenzar a liga, un dos grandes promotores deste xogo en Boiro e colaborador do Departamento de Deportes, Antonio García Hermo, falecíaPosted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Porto do Son, 16 de maio de 2010.- A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, anunciou hoxe que pavimentará a primeira zona da explanada portuaria de Portosín, duns 120 metros cadrados, onde existen unha serie de puntos en mal estado que dificultan a normal circulación dos vehículos que transitan por esa zona creando dificultades de operatividade e manobras dos camións e vehículos lixeiros que utilizan estas instalacións.
Tamén será asfaltada unha segunda zona da explanada portuaria, duns 3.700 metros cadrados cos mesmos problemas, emprazada antes da nova lonxa do porto. Estas actuacións foron solicitadas con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento de mais de 36.000 euros.
Porto de Escarabote, Boiro
O Ente Público Portos de Galicia está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de A Coruña de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.
Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.
Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia