Na imaxe, moita xente só vería en termos de negra e branca, pobre e rica, falso e auténtico...
Artigo completo en http://certo.es/index.php?page=planeta_binario
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Na imaxe, moita xente só vería en termos de negra e branca, pobre e rica, falso e auténtico...
Artigo completo en http://certo.es/index.php?page=planeta_binario
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Impresionante documento etnoarqueolóxico sobre o entroido na zona de Boiro. A primeira parte, polo momento, está en http://25aniversarioiespraiabarrana.blogspot.com/2010/06/o-entroido-en-cures-...
Posted via web from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 22 de xuño de 2010. Este mércores 23 de xuño terá lugar unha charla coloquio para informar sobre a primeira alimentación para os bebés. Achuchar, a organizadora, é unha entidade con ubicación na Centenaria que promove a lactancia materna dende os primeiros momentos de vida das nenas e nenos. Toda a información no cartel.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Anne Heyvaert, artista de mil raíces. Aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O artigo completo en http://certo.es/index.php?page=saramago
O idioma, doado de entender para calquera galego, é o portugués, a xeito de homenaxe ao recentemente finado premio Nobel luso.
Posted via web from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
| Data: | Xoves, 24 de Xuño de 2010 |
| Hora: | 18:00 - 19:00 |
| Lugar: | LICEO PUEBLENSE |
| Correo electrónico: | liceopueblense@gmail.com |
|---|---|
| Teléfono: | 981830145 |
| Páxina Web: | http://www.liceopueblense.org/ |
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 22 de xuño de 2010- A Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia do Concello de Ribeira a través do Centro de Información á Muller (CIM) porá en marcha durante os meses de xullo e agosto un campamento de verán para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos, cuxo principal obxectivo reside en facilitar ás familias a conciliación da vida persoal e laboral durante o tempo de vacacións dos nenos. Trátase do denominado “Campamento da Igualdade”: unha iniciativa que conta co financiamento da Deputación da Coruña que foi presentada hoxe por María Esther Patiño, concelleira de Igualdade e Acción Social, e María Dolores Crujeiras Bringas, directora do CIM.
A educación en igualdade e a perspectiva de xénero serán os principais parámetros en torno aos que xirarán os contidos das actividades que serán impartidas durante o campamento, que será de carácter gratuíto.
As técnicas a utilizar serán as lúdico-participativas, tratando a educación en valores de xeito transversal (medioambientais, saúde, respecto aos demais, resolución de conflitos,.....) a través de actividades tales como:
Tamén se realizarán excursións a diferentes puntos do municipio e visitas a colectivos profesionais. O campamento estará centralizado no colexio o Grupo de Santa Uxía de Riveira e desenvolverase durante os dous meses citados, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas. Hai 30 prazas convocadas.
Para máis información poden poñerse en contacto co Centro de Información á Muller (situado na rúa Correos nº5, teléfono 981 874 131, e-mail: cim@riveira.com)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Juliette Lewis coa súa banda The Licks volta a Galicia. O primeiro lugar que visitou nesta terra foi Noia (o vídeo é do 19 de xullo de 2008, cando estivo no festival "Mar de Fondo"). Agora tocará en Santiago, xunto con Morcheeba, e aproveita para presentar novo disco. Ademais, estará Cornelius 1960, o grupo revelación que toca pop en inglés e que proceden da outra banda da ría de Arousa (Vilagarcía).
O concerto, baixo a denominación "Help Concert", está programado polo Xacobeo, e ten como obxectivo concienciar sobre o cambio climático (??) e a recadación irá destinada a Manos Unidas e Juntos Podemos.
Morcheeba presentará en exclusiva e por primeira vez en España o seu novo traballo Blood like lemonade, coa esperada volta da súa mítica vocalista Skye Edwards e a súa reunión cos irmáns Paul e Godfrey Ross. Este novo traballo non só supón o retorno da voz soul da cantante, senón que recolle a esencia de clásicos como Who can you trust? ou Big Calm e transporta ao oínte a novos e exóticos lugares. Trátase igualmente, do seu traballo máis introspectivo, con temas que reflicten a situación persoal da banda, ademais doutros con carácter máis aberto, como as situacións e personaxes descritas por Paul Godfrey nalgunha das cancións. Caracterizada pola súa mestura de trip hop, blues e pop e nada a mediados dos anos 90, Morcheeba converteuse nunha referencia musical que retorna cun novo traballo desde o seu último álbum con Skye Edwards como vocalista en 2003.
No Help Concert tamén estará a actriz e cantante Juliette Lewis, que conta ás súas costas cunha longa carreira cinematográfica, na que atesoura títulos coma O cabo do medo, Kalifornia, Asasinos natos ou Aberto ata o amencer, aínda que tamén desenvolve o seu talento e creatividade no eido musical. Precisamente, este concerto solidario será o primeiro escenario de Europa ao que se suba Juliette Lewis este ano para presentar o seu novo disco Terra Incognita. O título do álbum fai referencia a un territorio descoñecido, lugar a onde leva o seu novo traballo, caracterizado polas guitarras e os contrastes de sons.
Posted via web from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A aldea italiana chamada Casaleggio Boiro (imaxe da Fototeca Nazionale de Italia) conta con 394 habitantes, segundo contan na Wikipedia (http://es.wikipedia.org/wiki/Casaleggio_Boiro). Citada xa en 1164 en documentos medievais, esta aldeíña foi feudo en 1435 da familia Sforza, en concreto de Francesco Sforza, o famoso condottiero e duque de Milán.
Posted via web from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Impresa en Santiago por Sebastián Montero y Frayz. O anónimo que a mandou imprimir era un cura de Rianjo (patria del religioso artífice). Rianjo segue a ser o nome polo que Rianxo é coñecido, por exemplo, en Google Maps. Tamén moita xente que veranea en "Sangenjo" coñece "Rianjo".
Atopamos este documento vía Europeana (http://europeana.eu), unha iniciativa que aínda está moi faltiña de marabillas literarias e artísticas galegas.
Posted via web from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia