Tamén se realizaron actuacións fóra do parque: basicamente mobiliario urbano para uso e disfrute dos veciños do municipio: 46 xardineiras, 20 bancos, 25 mesas de merendoiro...
Cofinanciación
O Obradoiro de Emprego comezou a súa andaina no mes de xullo do 2009 como un programa mixto de formación e emprego para formar profesionais maiores de 25 anos nas especialidades de carpintería, albanelería ou xardinería. Estivo cofinanciado polo Concello de Riveira, a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Investíronse 678.000 euros, dos cales 548.000 euros foron aportados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo e 130.000 polo propio Concello.
No apartado de discursos, Andrés Hermida recalcou a idoneidade desta acción para que os maiores de 25 anos acaden unha preparación que lles permita incrementar as súas opcións de conseguir un emprego nestes tempos difíciles.
Pola súa parte, o alcalde felicitou aos alumnos participantes e aproveitou a súa intervención para solicitar ante o director xeral a concesión dun novo obradoiro de emprego que dea remate as actuacións deseñadas co fin de dinamizar o parque.
Relacionadas:
Concedido o obradoiro "Illote Noro II", aquí
Composición do Illote Noro II, aquí
Restauración do lavadoiro de San Roque, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
