7.7.10

Opinión: a Perspectiva cabaleira desta semana, en plan kafkiano

Jorge Emilio Bóveda explica que non se leva ben coa nai de todas as burocracias en http://certo.es/index.php?page=o_ente

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: José Manuel Pena ensalza la calidad turística de la zona de Arousa

Estas estampas de viñas sobre los caminos está desapareciendo a marchas forzadas de nuestras tierras. En la imagen, una parra con uvas en Moimenta (Boiro)

Artículo completo en http://certo.es/index.php?page=arousa_turistica

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: Rianxo e Porto do Son, con oposicións distintas, irmanados co mesmo problema

Barbanza-Noia, 6 de xullo de 2010. En Rianxo goberna o Psoe en solitario. Na oposición, PP e BNG. Que ocorre? Costa acceder á documentación. En Porto do Son, dende novembro do ano pasado, hai un bipartito PSOE-BNG. Na oposición, o PP, que antes tiña a alcaldía. Que pasa? O mesmo. Mal de moitos... epidemia!

Ambas oposición teñen que acudir ao Valedor do Pobo, cando se supón que os políticos que escollemos son os que nos representan e non deberían ter estes obstáculos para saber o que se fai cos nosos cartos na casa de todos, o Concello.

O Bng de Rianxo remítenos a seguinte nota:

"O Valedor do Pobo admite unha queixa formulada polo BNG de Rianxo, a nome do concelleiro Adolfo Muíños, polos atrancos que o alcalde pon para achegar calquera tipo de documentación aos concelleiros da oposición. Desde febreiro (ver rexistro) leva o BNG agardando por fotocopias e simples accesos a documentación de cuestións diarias e de actualidade adminsitrativa. Tras o silencio por resposta nun segundo intento (ver segundo escrito) presentou a queixa no Valedor do Pobo.

O efecto desta queixa admitida a trámite semella fulminante pois o Alcalde vén de desbloquear o acceso a algunha desta documentación requirida polo BNG. Incríbel que teñamos que denunciar fóra a actitude obstrucionista do Alcalde para garantir dereitos básicos de concelleiros. Que non pasará cos veciños?"

E no blog do PP de Porto do Son pódese ler:

"A CENSURA SISTEMÁTICA DA INFORMACIÓN Á OPOSICIÓN.

O VOCEIRO MUNICIPAL SOLICITOU FAI UN MES A CONSULTA DO PROXECTO DO FUTURO TANATORIO MUNICIPAL.

A APROBACIÓN INICIAL DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E INSTALACIÓNS SOAMENTE A COÑECE O PSOE E BNG.

Porto do Son,6 de Xullo de 2010. Todo o anunciado reiteradamente da Censura de Información á que o Goberno Bipartito do PSOE e BNG someten a Oposición, presenta hoxe un novo exemplo de oscurantismo e intereses que o goberno evita informar, comunicar ou mostrar ós distintos grupos políticos que formamos parte da oposición no Pleno da Corporación.

Dende o PPdG de Pto. Do Son fixemos unha Solicitude de Consulta do Proxecto redactado por Consultora Galega S.L. o pasado 3 de Xuño de 2010 (Nº Rxstro. Entrada 3507) e desgraciadamente a día de hoxe non temos notificación nin comunicación de ningún tipo referente a dita petición.

A nosa sorpresa foi que a día de hoxe, xa que a entrega das Actas de Xunta de Goberno coma de Plenos, estánse dilatando con presunta premeditación e aleivosía por parte do Goberno do PSOE e BNG ós restantes partidos, fan que o Partido Popular de Pto. Do Son teña o coñecemento da Aprobación Inicial e Exposición Pública do periodo de Alegacións, a traveso da publicación nos medios de comunicación de maior tirada.

Loxicamente, a nosa indignación é cada día maior visto que non se conta para nada cos partidos da oposición representados no Pleno da Corporación para opinar sobre o Plan de Dotacións de Infraestructuras que se vai a incorporar ó futuro PXOM.

Temos claro que se nos está negando toda posibilidade de coñecemento de información e documentación por parte do goberno do PSOE e BNG, sendo ésta unha mostra máis de dito feito. Está claro que o “Silencio” e a “Falta a verdade” son as bandeiras deste bigoberno, xa que presuntamente tiveron traslado do Avance do Borrador do futuro PXOM o pasado mes de Marzo de 2010 do que unicamente teñen Copia da mesma os dous grupos de goberno, PSOE e BNG.

O Alcalde Xoán Pastor Rodríguez, negou publicamente que ao Concello chegase ningún tipo de documento referente ó futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal, algo do que está mentindo públicamente, algo que o igual que a Tenente Alcalde, a Sra.Franco, nos teñen acostumado. Esperemos que coma ós demáis veciños, teñamos oportunidade de consultar dito Proxecto, algo que non nos sorprendería nada que se nos puxesen impedimentos. Esta forma de actuar reiterada, puxémola en coñecemento do Valedor do Pobo na que imos a cumplimentala con esta nova denuncia formal".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.7.10

Literatura: creado xa un blog para o homenaxeado en 2011 nas Letras Galegas

http://loispereiro.blogaliza.org/

Da a sensación de que o homenaxeado este ano xa rematou a súa quenda, pois non sae case nos papeis. Por se acaso, lembrámoslles quen é: http://uxionovoneyra.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: o 22 e 23 de xullo, seminario de verán "Innovación e coñecemento no sector da pesca industrial"

Rianxo: a Banda da Escola de Música ameniza o ciclo de cinema "Vive o verán!" en Santiago mañá mércores, 7 de xullo


Praza de San Martiño Pinario -non confundir coa da Inmaculada-

Rianxo, 6 de xullo de 2010. A Banda da Escola de Música de Rianxo participa na actividade "Clásicos á rúa" que programa a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago. Mañá, mércores 7 de xullo, San Fermín, será o concerto de presentación a partires das dez e media da noite na praza de San Martiño Pinario (cerca da Catedral).

Os "Clásicos á rúa!" comezan a súa andaina cun concerto de presentación a cargo da Banda da EScola de Música de Rianxo. Esta formación, integrada por 50 persoas, interpretará unha selección de músicas de cine, de filmes tan coñecidos como "Foise co Vento", "Star Wars", "Mar Adentro" ou "Ben Hur", acompañada dunha montaxe audiovisual con esceas das películas interpretadas.

Con este concerto iníciase o ciclo de cine clásico ao aire libre "Os Clásicos á Rúa!", no que cada xoves deste verán poderase gozar dalgunhas das mellores películas da historia do cine, cunha sorpresa que só descubrirán os que vaian ao cine alí.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o I Encontro de Motos Vellas terá lugar o sábado 14 de agosto


Imaxe da ruta de motos antigas "Terras de Padrón"

Ribeira, 6 de xullo de 2010. Estase a preparar o "I Encontro de motos vellas en Ribeira" que se vai realizar o vindeiro sábado 14 de agosto. O encontro, segundo nos conta o Padre Teixugo, inclúe ruta turistica polas nosas estradas (non autoestrada) e, para aqueles que o queiran, un almorzo de irmandade (con preinscrición dos custes do almorzo) co que rematará o encontro.



"Recordade que procuramos un simple encontro de amigos, polo que cadaquen vai ser responsable do que faga: istoée a diferenza, que só teriades que pagar o almorzo se queredes desfrutar ao mediodia. Non haberá presentes, porque non hai publicidade, como moito vestiremos as camisetas do Concello para apañar publicidade para os que veñan de fóra. Ide con Deus, pero non esquezades: deixádevos ver polo noso primeiro encontro. Xa temos anotada unha Bultaco Metralla MK2 e unha Honda XL 125 S. Recordade pagar o seguroooo... ata breve!", explica Padre Teixugo, moteiro de pro do Mosteiro de Toxosoutos no Reino de Sitio-Distinto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: "Por la mañana", do boirense Toño Chouza, escollida para o Fascurt 2010

Proxéctana o venres 9 de xullo, na sección Undercut.

Aparece en http://www.fascurt.com/ca/so_undercurt.html#manana
A páxina web deste festival de curtas é http://www.fascurt.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o DOG recolle a licitación da segunda fase de saneamento da Ribeiriña

As obras, que custan case 700.000 euros, consistirán na instalación de un pozo de bombeo e tubaxes destinadas á recollida e transporte de augas fecais e pluviais


A Pobra, 6 de xullo de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das actuacións da segunda fase do saneamento na Ribeiriña. Tratase de dunha actuación dentro do marco de actuacións que leva a cabo o Goberno galego para mellorar o saneamento da ría de Arousa. A Xunta de Galicia realizará unha achega económica de preto de 700.000 euros distribuídos en dúas anualidades que se corresponden co presente ano 2010 e o vindeiro 2011. Así, cabe citar que a Administración hidráulica de Galicia financia o 100% destes traballos.

O presente proxecto prevé obras centradas na recollida de augas residuais dos núcleos de Ribeiriña e O Conchido que serán transportadas mediante colectores e impulsadas ata o colector executado na primeira fase.

Traballos que se van realizar

No que se refire ás augas fecais, instalaranse 2.109 metros de lonxitude paralelos á estrada que une Padrón e Ribeira (AC-305) así como 807 metros destinados a augas pluviais. Tamén se executará un pozo de bombeo en formigón armado de 2,4 x 5 metros en planta e profundidade de 3,25 metros.

O convenio abrangue entre os seus cometidos a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas citadas obras de saneamento. O departamento que dirixe Agustín Hernández colabora de xeito técnico e financeiro cos entes locais debido á escasa capacidade económica que teñen os concellos para asumir o orzamento destas obras. Ademais, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pretende dotar os municipios galegos das infraestruturas necesarias para fomentar o desenvolvemento social e económico, mellorando tamén a calidade de vida dos habitantes.O prazo establecido para a execución dos citados traballos de saneamento é de seis meses aproximadamente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Muxo Beti e Ratos da Illa animan a participar na Decorasión de Fanequeiras para a Festa da Dorna


Semana Santa? Non! Paso da Semana Dorneira


Ribeira, 6 de xullo de 2010. Muxo Beti e Ratos da Illa, peñas organizadoras da “Decorasión de Fanequeiras”, informan que, a partires de hoxe mesmo, as peñas interesadas en participar na decorasión de fanqueiras xa poden inscribirse en Pepe´s  ou na Caseira.



O ano pasado, os de Muxo Beti estiveron no inferno

 

Muxo Beti e Ratos da Illa animan a todas as peñas a participar nesta edición da “Decorasión de Fanequeiras” que, ao igual que en edicións anteriores, trae novas sorpresas para as peñas participantes. Asemade, aclaran que o xurado encargado de visitar as fanequeiras comezará o seu percorrido polas mesmas o venres 16 de xullo ás 18.00h (seis da tarde o´clock) e a esta hora todas as fanequeiras deberán estar xa rematadas.


Relacionadas:

Falta pouco. Crónica da asemblea de peñas

A todo Ghuarisnai!!



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical