15.7.10

A Pobra: o presidente de Portos de Galicia, na inauguración dos novos pantaláns

A Pobra do Caramiñal, 15 de xullo de 2010. O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Alvárez Campana-Gallo, estivo hoxe na posta en funcionamento dos embarcadoiros para remo e piragüismo que a entidade que dirixe realizou na Pobra. 

Estes embarcadoiros son dous módulos de pantalán aboiante de 2,5 metros de anchura e 12 de lonxitude, cunha superficie de madeira e oito flotadores de polietileno, que en total conforma un pantalán de 24 metros. Tamén se colocou unha rampla-pasarela especial para remo de 14 metros de lonxitude e 3,5 de ancho totalmente en aluminio calidade marina, cun pavimento de madeira. O investimento total destes dous pantaláns é de 48.000 euros.

     O Alcalde e o equipo de goberno din "mostrar a súa satisfación pola realización destes dous pantaláns cos cales quedan debidamente equipados os Clubes de Remo e Piragüismo da Pobra do Caramiñal, poñéndose desta maneira aos niveis doutros Clubes de Galicia e garantindo a seguridade dos nenos e nenas que compiten nestes clubes cando saen ao mar".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Corrubedo suma á súa Festa do Carme este venres 16 un acto en memoria do naufraxio do Debonair


Detrás desta gran duna, na praia, atoparon o iate inglés Debonair

Ribeira, 15 de xullo de 2010. O clube de xubilados de Corrubedo vai lembrar este venres 16 de xullo, Día do Carme, o naufraxio do iate británico Debonair, do que se cumpre xa medio século. Un escudo no peirao e unha placa no adro da igrexa, obras do artista ribeirense Jontxu Argibay, van ser descubertos o Día do Carme. A misa principal estará adicada especialmente aos que axudaron naquel triste suceso, moitos deles xa finados. O clube de xubilados acepta doazóns para pagar esta placa e o escudo.

Como é habitual na festa da patrona dos mariñeiros, logo da misa haberá procesión, pasarrúas e baixada ao peirao, onde se descubrirá o escudo da lembranza do naufraxio. Despois haberá petiscos na casa do mar de Corrubedo, amenizados con música.

Historia do naufraxio do Debonair

No Debonair viaxaban, aló por outubro de 1960, un matrimonio inglés e o seu bebé. Un forte trebón no mar fixo que fose arrastrado cara aos cantís de Corrubedo de madrugada. O primeiro en ver o desastre, que levara ao Debonair á praia das Dunas, foi Alejandro Reino, un albanel de Corrubedo. Saíu da casa e atopou no Debonair a unha parella co seu bebé medio soterrados na area, a piques da hipotermia. Levounos para a casa, arroupounos e deulles o almorzo mentres se repoñían do susto.

Alejandro Reino non lles entendía nada aos ingleses. Pero coa axuda doutros do pobo, mobilizouse todo un operativo para solucionar a desgraza. A Garda Civil presentouse, o cura chamou a repique coas campás a todo o mundo e os homes do pobo puxéronse a sacar a embarcación da auga. Precisáronse 40 vacas dos labradores do lugar para tirar da plataforma de madeira que puxeron debaixo do Debonair para poder sacalo.

Faro de Corrubedo

O barco tirouse catro meses varado na praia, agardando pola primavera, para poder levalo a un asteleiro en Vigo, onde foi reparado. Durante ese tempo, a familia inglesa continuou refuxiada na casa de Alejandro Reino. Como se entendían? Atoparon uns intérpretes ocasionais: un matrimonio ribeirense que estivera emigrado en Norteamérica. O xoguete das mozas e as nenas do pobo era o neno, que era moi loiro e ao que todas querían no colo, contan os vellos.

Ondas un día de temporal en Corrubedo

Os ingleses marcharon. Cruzaron algunha carta, pero nunca máis voltaron. Polo visto, a súa intención era percorrer o mundo no seu iate. O pai era coxo (polo visto mutilado na guerra de Corea) e andaría sobre os cincuenta anos. A nai era moito máis moza, pasaba pouco dos vinte. O bebé aínda non cumprira o ano de vida. Tiñan un can, que tamén safou. Todos estes detalles está a recopilalos José Romay, carteiro de Corrubedo, que no momento daquel suceso tiña 27 anos.

A Sociedade Española de Salvamento de Náufragos concedeulle a Corrubedo por esta acción unha medalla, que aínda hoxe loce no seu manto a Virxe do Carme na igrexa.

O último naufraxio en Corrubedo foi o da Yamburg

En Corrubedo naufragaron moitos barcos e con bastante máis mala fortuna que o Debonair. Entre outros, o Dom Pedro (1895), o Salier (1896), o Palermo (1910), o Cornevi (1916 ou o Albatros (1954).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: non se perdan a galería de fotos de Paco do Martelo sobre o San Bieito de Seráns

Outra rigorosa entrada de Paco do Martelo en http://pacodomartelo.blogspot.com/2010/07/san-bieito-de-serans.html
Na galería, 35 fotos ademais da que escollemos nós.
Os cultos á auga e aos seres máxicos nos que crían os nosos antergos -antes de que chegaran os cristianos- perpetúanse en lugares coma éste. Todo un reto para antropólogos e sociólogos!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: este sábado, 17 de julio, ceremonia de entrega de los premios Atlante en Ribeira



Ribeira, 15 de julio de 2010. El Museo del Grabado  de Artes entrega los premios a los ganadores  del II Premio Atlante, coincidiendo con la inauguración de la II Muestra de los Premios Atlante, que contará con una exposición de 70  grabados participantes, entre los que se encuentran los galardonados y finalistas. El acto será a las doce del mediodía en la sede de la Fundación (el mismo Museo del Grabado de Artes, Ribeira).

En la entrega del pasado año estuvo el recién nombrado conselleiro de Cultura, Roberto Varela

La cantidad destinada para premios es de 13.900 € con 5 premios de 2.500€ y un Premio del Barbanza de 1.400€.

Ganadores:

- Germán Aparicio Fernández. Nº 22.León
- Celia de Melo Bragança nº 18. Portuguesa.
- Ana Cambeiro Cambeiro. Nº 50. Noia.
- Beba Delelis. Nº 19. Argentina.
- Hugo Besart Nº 117. Bélgica.

1400€  del premio de grabado del Barbanza a Manuel del Río Valiño. Nº 146


Con los trabajos presentados se hace una exposición

Asimismo se reconocen como finalistas los grabados  de:

-Yuco Yamada. Nº 90. Japón.

-Manuel Moreno Morales. Nº 32. Sevilla.

-M ª Micaela Trocello. Nº 124. Argentina.

-Yolanda Carbajales Ferreiro. Nº 99. Pontevedra.

Y como finalistas del premio de grabado del Barbanza:

-Encarnación Méndez  Hidalgo. Nº 59. Noia.

-Teresa Creo Romero. Nº 65. Noia.

Los alcaldes de la zona acudirán al museo para entregar los premios a los galardonados. Muchos de los premiados son de fuera pero acudirán a la cita para recoger este prestigioso galardón.

Además, a cada uno de los ayuntamientos del Barbanza se le hará entrega de una carpeta con los grabados ganadores para que cada consistorio aumente de esta manera su patrimonio gráfico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: orde do día do pleno de hoxe xoves, 15 de xullo

Boiro: debuxos de ciencia ficción para promocionar os castros de Neixón


Aquí vedes reproducida unha reconstrución dos castros de Neixón que apareceu no libro das festas de Boiro 2010 e que seica vai ser a portada da guía breve da área arqueolóxica de Neixón. Seica esta era a visión de Neixón no século III a. C.
É lamentable que se engane á xente despois de anos e anos de escavacións, despois de centos de páxinas publicadas. O arqueólogo do CAB volve amosar a súa sapiencia con despropósitos como amosar habitado o Castro Pequeno cando os vestixios últimos de ocupación son do século V a. C., como inventarse entradas ao Castro Grande por onde non son, como inzar o interior do recinto superior do Castro Grande de casas no século III a. C., cando o único que había eran foxas esparexidas polo interior da croa (non era un poboado), como inventarse literalmente un antecastro habitado.
O que está claro é que aquí hai alguén que non sabe nada da área arqueolóxica que seica debe xestionar, que non leu nin unha páxina das memorias de escavación precedentes e que engana ao público visitante. Profesional, moi profesional.

A este paso, Pepe Carreiro (o comiqueiro autor de "Os Barbanzóns" e "Os Bolechas") vai ter máis criterio científico que algúns arqueólogos...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.7.10

Opinión: Bóveda afonda, vala o paradoxo, na superficialidade destes tempos

"Estes libros ornamentais sen nada impreso “contextualizan” o noso presente superficial nesta occidentalidade competitiva, baldeira, de estética non estática, senón frenética, que entra polos ollos e insta ao consumo exacerbado e innecesario. Banalizando nosas conciencias..."
O artigo completo en http://certo.es/index.php?page=atrezzo

Lectura recomendada relativa a este artigo (suxerencia do pedante da redacción de Certo, que non da collido vacacións): "Los bárbaros", de Alessandro Baricco.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: a Volta ao Barbanza de ciclismo percorre Boiro-Boiro, na memoria de Luís Resúa, este sábado 17 de xullo


Con motivo da competición ciclista, a rúa Principal permanecerá pechada de 09.00 a 11.30 e de 14.30 a 15.00 

Boiro, 14 de xullo de 2010. O salón de plenos do Concello de Boiro acolleu onte á tarde a presentación oficial da “XVIII Volta ao Barbanza. 10º Memorial Luís Resúa”, acto que estivo presidido polo Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e que contou coa presenza da Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares; o presidente do Club Ciclista Barbanza, organizador da proba, Ricardo Riveiro; e o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, ademais de corredores e patrocinadores. 


A Volta ao Barbanza, que se celebrará este sábado, día 17 de xullo, conta coa participación de vinte equipos, seis deles galegos, aproximadamente uns 130 corredores. A proba desenvolverase sobre un trazado de 146 quilómetros e 500 metros, con saída e chegada da rúa Principal de Boiro (fronte á Casa Consistorial), e pasará por Noia, Portosín, Porto do Son, Baroña, Queiruga, Caamaño, Xuño, Mirador da Curota, Oleiros, Ribeira, Palmeira, A Pobra, Escarabote e finalmente rúa Principal de Boiro. 

O Presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro, agradeceu especialmente o esforzo do Concello de Boiro e de tódolos patrocinadores e colaboradores, xa que debido á situación actual o orzamento para efectuar a proba veuse reducido nun 15%. 

Cabe sinalar que, con motivo da competición, a rúa Principal de Boiro permanecerá pechada ao tráfico o sábado de 09.00 a 11.30 horas e de 14.30 a 15.00 horas, polo que os vehículos terán que tomar os desvíos alternativos. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Infraestruturas: aprobado, tras só dúas alegacións, o proxecto do trazado do acceso a Lousame dende a autovía AG-56 (Brión-Noia)

Noia - Lousame, 14 de xullo de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de trazado da obra do novo vial de conexión da Vía de altas prestacións Brión-Noia coa estrada Santiago-Noia (AC-543), en Sampaio.

Esta actuación viaria consiste en construír a primeira fase do novo acceso a Lousame dende o Corredor Brión-Noia. Este vial proposto arranca na glorieta pertencente ao enlace de Sampaio deste corredor e dende alí ao longo de 550 metros descende en dirección sureste cada a estrada AC-543, cuxo entroque se resolverá cunha glorieta. Durante o período de información pública presentáronse dúas alegacións a este proxecto. Por outra banda, dende a Consellería de Cultura solicitouse que a inclusión dun estudo sobre as afeccións do novo vial sobre o patrimonio cultural, un aspecto que xa se incluíu nas afeccións do novo vial.

En definitiva, acordouse modificar o trazado proposto alonxando a glorieta coa AC-543 a maior distancia da localidade de Boña, para evitar afeccións sobre unha vivenda e no núcleo de Boña. Finalmente, esta glorieta desplazouse un total de 125 metros en dirección a Noia, polo que coa nova ubicación queda a 150 metros da rotonda,fronte aos 35 metros iniciais. Este modificado no proxecto plantexouse ante a necesidade de diminuír a afección sobre o núcleo de Sampaio e as súas terras de labor. Ademais, representa unha mellora na conectividade da zona de Lousame.

O departamento que dirixe Agustín Hernández inviste máis dun millóns de euros e segundo as previsións o inicio destas obras fixase para o cuarto trimestre de 2010.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: confirmados os grupos para o "Rockandorna", que traen dende metal ata música surf

miércoles 14 de julio de 2010

Rockandorna

Xa chega a Festa da Dorna e como todos os anos hai rockandorna, por fin temos todos os grupos confirmados, non é sin tempo!!!


O Xoves 22 de Xullo contaremos coas actuacións de:  Kolapz, Talón de Aquiles, Siberets, Piruflauticos, Krasta, Generazion Perdida, 8 Ferrados+TresU+Mordaz.

O Vernres 23 todos diremos, que ACDC non vai o Xacobeo, é a min que. Na Festa da Dorna

 O sabado 24 pola ruta do grelo chegan á LXII Sinjladura da Festa da Dorna:
nos contaran historias da súa infancia a ritmo de rockanroll.
A continuación a marea dorneira vivirá un maremoto coa chegada de


co seu surf-rock nós farán vibrar e non deixaran a ninguen indiferente.

Referencias videograficas:
Los Coronas-secret agent man
Los Coronas-Maremoto
Los Coronas-Rumbaleros
Los riffraff
kastomä-infancia

O vintecatro de xullo
Chejou a chea a ribeira
Enchendo ruas e prazas
Sube a marea dorneira

Bota o risón compañeiro ....

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical