5.8.10

Porto do Son: a Festa do Polbo chega á súa decimosétima edición o sábado 14 de agosto


Porto do Son, 5 de agosto de 2010. Nun concello no que cambian os nomes das festas (lembren, de mercado celta a feira castrexa) segundo o rumbo político -ou a deriva, que dirían as malas linguas- xa non sabemos se o vindeiro sábado 14 de agosto se celebra a Festa do Pulpo (un nome en castrapo, pois festa é galego, pero pulpo é verba castelá), a Festa do Polbo -en perfecto galego normativo- ou a Exaltación do Polbo. O caso é que os que se acheguen alí ese día, terán ocasión de degustar este cefalópodo, que se puxo este ano de moda internacionalmente polo pitoniso alemá Paul.

O pregón está previsto para as 12 do mediodía e logo será a tradicional festa gastronómica, co polbo á feira e noutras preparacións, como é de rigor. Tamén estará presente outra delicia do marisco da ría, os mexillóns, neste caso ao vapor.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: imágenes de la inauguración de la exposición de Manuel Silvestre en el Museo del Grabado de Artes

Ribeira, agosto de 2010. El pasado 31 de julio tuvo lugar la inauguración de la exposición del artista valenciano Manuel Silvestre.

La exposición estará colgada hasta el 30 de septiembre, y el horario es 10.30 a 13.30 y de 16.00 a 19.00 de martes a sábado. Los festivos, sólo por las tardes, de 16.30 a 19.30. Domingos y lunes permanece cerrado el Museo del Grabado de Artes.

Las fotos, de Xacobe Meléndrez, muestran, por orden:

1.-Manuel Silvestre(artista). Anne Heyvaert (artista) y Javier Expósito (presidente de la Fundación y filántropo que creó el Museo del Grabado).

2.-Manuel Silvestre. Anne Heyvaert, Javier Expósito, Rocío Hermo (directora de la Fundación) y Jesús Núñez (Presidente del CiEC de Betanzos).

3.-Manuel Silvestre y Anne Heyvaert.

Antes publicamos:

Manuel Silvestre, no Museo do Grabado de Artes dende agosto

Un museo de Ribeira, pioneiro na Wiki, abre a fotógrafos todo agosto para que fotografíen os seus fondos e difundilos na Rede

Relacionada:


Imaxes da exposición de Anne Heyvaert en Vigo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: lanzan a primeira guía de árbores presentes na Rede Natura 2000 e nos parques naturais locais

Ribeira, 5 de agosto de 2010.- A Casa Consistorial  aloxou hoxe a presentación da primeira guía realizada sobre as árbores existentes na Rede Natura 2000 en Ribeira e no Parque Natural. Trátase da Guía Básica das Árbores da Rede Natura 2000 en Ribeira, elaborada polo biólogo Miguel Ángel Conde Teira e o enxeñeiro técnico forestal Gabriel Lijó Pose. Esta publicación está editada polo Concello, que recibiu a colaboración no seu financiamento da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. 

A idea de publicar este libro xurdiu cando Miguel Ángel Conde se puxo en contacto co Departamento Municipal de Medio Ambiente, segundo explicou na presentación de hoxe (na que ademais dos autores estiveron presentes o alcalde José Luis Torres e a concelleira de Medio Ambiente Elvira Pereira). O municipio xa contaba con distintas publicacións que inciden sobre as súas especies florais e a súa fauna, pero non había ningunha obra específica sobre as súas especies arbóreas. A idea foi ben acollida polo Concello e, tras arredor dun ano medio de traballo de campo e de redacción e maquetación, finalmente viu a luz este estudo. 

Linguaxe accesible en 80 páxinas

A intención dos seus creadores foi realizar un libro que tivese unha linguaxe accesible para o gran público, no obxectivo de ofrecer información nova en canto ao patrimonio arbóreo da Rede Natura 2000 e sobre todo poñer en valor as fincas encravadas nesta área, ao obxecto de potenciar os seus usos forestais.

A publicación consta de 80 páxinas distribuídas en 11 capítulos nas que ademais de ofrecer información básica da Rede Natura 2000, inclúese un pormenorizado estudo de 42 especies arbóreas, con profusión de fotografías e recomendacións sobre os seus coidados, usos e interese natural. A obra remata cun glosario de termos técnicos que fagan comprensible o seu significado aos non iniciados. 

O alcalde destacou que ademais das cualidades didácticas deste libro (que xa foi enviado aos centros educativos do municipio) e do seu interese para os estudosos da botánica, esta obra é moi positiva desde o punto de vista turístico, e expresou neste sentido o seu coñecemento de que “moita xente vai vir a Ribeira para coñecer as nosas árbores”. 

José Luis Torres informou de que se fará chegar onde sexa posible esta publicación, da que se editaron 2.000 exemplares, e tamén felicitou aos autores e agradeceu a colaboración prestada pola Xunta de Galicia. 

Conde, biólogo e Lijó, enxeñeiro forestal

Miguel Ángel Conde Teira é biólogo e ten desenvolvido o seu traballo profesional na realización de inventarios de fauna e flora, impartición de cursos relacionados co medio ambiente e estudos pesqueiros. Tamén é coautor da “Guía Natural de Carreirón. Aves e Mamíferos”, da Illa de Arousa.  

Gabriel Lijó Pose é enxeñeiro técnico forestal. Dedicou o seu proxecto de fin de carreira ao estudo da distribución e composición florística dos bosques de Galicia. Colabora con varias asociacións conservacionistas de fauna e flora ameazada.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 7 de agosto, inauguración das novas pistas deportivas na avenida da Constitución

Boiro, 05 de agosto de 2010. O Concello de Boiro inaugurará este sábado, día 7 de agosto, as novas pistas polideportivas ao aire libre construídas na avenida da Constitución. Trátase de tres novas pistas, que contan co equipamento completo e as medidas estándar para a práctica do fútbol sala, tenis e baloncesto, que foron financiadas con fondos do Plan E do Goberno Central, e cuxa posta en funcionamento reforzará notablemente as infraestruturas dispoñibles no municipio para a práctica deportiva ao aire libre.


Co obxecto de dar a coñecer aos veciños e entidades deportivas estas novas instalacións, o Departamento de Deportes, que dirixe a Concelleira Dores Torrado Ares, ten organizado para ese día varias actividades, que se especifican no cadro adxunto: 

 
 
 
 
PISTA DE

FÚTBOL SALA 
 

 
 
 
 
PISTA DE

TENIS

 
 
 
 
PISTA DE

BALONCESTO

 
20:00 h.

Partidos de exhibición de categoría prebenxamín entre os clubes do Abanqueiro, CD Boiro e Cabo de Cruz. 

Minutos de fútbol onde os invitados e o público en xeral pode xogar cos cativos. 

21:15 h.

Partido de fútbol sala (maiores de 16 anos).

Dous dos equipos participantes no último maratón de fútbol sala boirense.

Pub Gavá  – Panadería Paz. 

22:30 h.

Peche de actividades.

 
20:00 h.

Clase de tenis cos participantes das Escolas Deportivas Municipais e categorías inferiores do club de tenis. 

Minutos onde os invitados e o público en xeral pode xogar con rapaces, profesores, etc... 

21:15 h.

Tie-breaks para adultos

(ao mellor de 7 puntos, onde o vencedor segue xogando e van entrando novos participantes sucesivamente...). 
 

22:30 h.

Peche de actividades.

 
20:00 h.

Partidos de exhibición das categorias inferiores do Club Baloncesto Santa Baia. 
 

Minipartidos de pais contra fillos, mezclados, mixtos, etc... 
 
 

21:15 h.

Partido de exhibición das categorías absolutas do Club Baloncesto Santa Baia. 
 
 
 

22:30 h.

Peche de actividades.

 
 Ás 21.00 horas, intermedio de ditas actividades, terán lugar as intervencións das autoridades presentes; a concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares; o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, e o Alcalde, Xosé Deira Triñanes, que pechará o acto. Cabe sinalar que se repartirá auga fresca e froita a tódolos participantes.

IX Exaltación do Mexillón de Galicia


O 21 de agosto, sábado, terá lugar a novena edición da Exaltación do Mexillón de Galicia e o domingo 22, a vixésima edición da Bandeira de Traíñas "Concello de Boiro", que se disputa en augas de Cabo de Cruz.. Ambas actividades serán presentadas este venres 6 en Rebordelo polo alcalde e os organizadores (agrupacións mexilloeiras e club de Remo de Cabo de Cruz).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o novo circo galego preséntase o sábado 21 de agosto polas rúas da vila

Boiro, 5 de agosto de 2010. O espectáculo Circo Caixanova na Rúa visitará a localidade o vindeiro sábado 21 deste mes de agosto. É unha función para toda a familia que amosa aos novos valores do circo galego. Durante máis de hora e media, as mellores compañías de teatro de rúa realizarán en Boiro diferentes números de pantomima, acrobacias, malabares e sesións de clown xunto con números aéreos, todo baixo a batuta dun presentador e amenizado con música en directo.

Na imaxe, o directivo de Caixanova, Xerardo Fuertes, co alcalde boirense, na sinatura do convenio de Caixanova para esta actuación.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.8.10

Cultura: atención creadores novos de Barbanza e Noia, o Xuventude Crea só ten de prazo ata o 31 deste mes de agosto

Download now or preview on posterous
Xuventude Crea.pdf (141 KB)

128.000 euros en premios para artistas non profesionais entre os 16 e os 30 anos. Nada menos que unha ducia de modalidades distintas, entre as que destacan a de monologuistas, a de banda deseñada e a de graffiti

Hai modalidade para graffiteiros pero o máis novidoso é unha para monologuistas

Barbanza-Noia, 4 de agosto de 2010. O certame Xuventude Crea (antes Galiza Crea) xa está en marcha nesta edición de 2010. E queda menos dun mes para presentar obras!!!! Está destinado a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos residentes en Galicia e inclúe este ano diversas novidades entre as que destaca por primeira vez a convocatoria da modalidade de monólogos. Así, ao concurso, que convoca a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, poderán optar persoas non profesionais de 12 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias, ademais de monólogos.

Nesta edición, por primeira vez, os gañadores das categorías de teatro, música e monólogos, á parte de recibir o premio en metálico, poderán desenvolver as súas propias actuacións. Serán dúas exhibicións para os primeiros galardoados de cada unha das modalidades sinaladas, e unha actuación para os segundos e terceiros. Pola súa banda, as contías que percibirán os participantes serán as seguintes: 3.000 euros para os premiados en primeiro lugar; 1.500 para os segundos; e 1.000 para os terceiros.

Tamén se poderán entregar mencións de honra nas diferentes especialidades a aquelas obras que a xuízo da comisión de selección acaden a suficiente calidade. As mencións carecerán de dotación económica. Os interesados en tomar parte do certame poderán presentar as súas obras ata o próximo 31 de agosto. Os mozos e mozas que gañaron o primeiro premio nalgunhas das especialidades convocadas en 2009 non se poderán presentar a esa mesma modalidade.

Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. O departamento autonómico destinará este ano ao certame un total de 128.000 euros. A entrega dos premios está prevista entre finais de novembro e principios de decembro. Asemade, a Xunta está a traballar para estender o circuíto de creatividade a outras comunidades autónomas. De feito, Xuventude asinou este mesmo ano un convenio de colaboración con Castela e León para que os creadores novos dos distintos lugares poidan desenvolver intercambios.

Esta iniciativa xa se está a realizar na comunidade veciña e estará centrada en artes plásticas (pintura, fotografía e escultura). No pasado mes de abril, no centro de documentación e información xuvenil de Santiago, tivo lugar unha exposición das obras finalistas do certame de 2009 e de traballos de artistas de Castela e León.

A intención da Dirección Xeral de Xuventude é lograr que este circuíto non só se estenda a outras comunidades do país, senón que tamén chegue a Portugal. De feito, a principios do mes de outubro terá lugar no Concello de Porriño un encontro musical entre grupos galegos e portugueses para afondar neste obxectivo.

Web de referencia:

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea.html

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Humor: no 50 aniversario de ZP, rescatamos unha tira de RunTime do seu contrincante

La crisis también afecta "duramente" a los políticos

Rajoy con un cubito en el cubata 

Nas tumbonas aínda non mandaron poñer cinturón de seguridade, non? Alguén da DGT por aquí? XD

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o sábado 7 de agosto, conto musicado para nenos no auditorio

Rianxo, 4 de agosto de 2010. O vindeiro sábado 7 de agosto terá lugar ás 12:00 h no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, unha nova proposta de Animación á Lectura no marco do programa LETRAS VIVAS ANIMACION, promovido conxuntamente pola Consellería de Cultura e o Concello de Rianxo. Nesta ocasión trátase dun CONTO MUSICADO e a actividade estará a cargo da actriz e ilustradora MARISA IRIMIA, acompañada ao piano e violín por Juan Carlos Vazquez.

O conto interactivo musicado está dirixido a nenos e nenas a partires de 3 anos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: Bóveda escribe sobre os efectos sobre o mañá do que facemos hoxe

Boiro: a romaría de Neixón, este domingo 8 de agosto, neste lugar de Cespón


Boiro, 4 de agosto de 2010. A tradicional romaría de Neixón ten lugar este domingo 8 de agosto. Comezará o día con alboradas, foguetes de estalos e gaitas. A procesión sairá ás once e media da mañá da igrexa para pasar por Quinteiro e Nine. Ás doce e media comezará a misa cantada na honra da Virxe do Carme e san Xosé. Actuará a coral polifónica do Liceo Marítimo de Rianxo.

Logo da misa, gran mexilloada e sardiñada de balde para todos os asistentes.

Amenizarán os seguintes grupos de gaitas: Os da Volta do Monte, Aloumiño, Cernade do Castro de Fruíme e Aires do Río Vello. Tamén haberá charangas e bailes tradicionais. Ás dúas da tarde, a sesión vermú contará coa orquestra Abanico. Logo, comida campestre nos arredores dos castros de Neixón. Pola noite, a partires das nove e media, verbena coa orquestra Abanico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical