11.9.10

Dodro: a Deputación inviste 149.000 euros en obras de mellora e recuperación de patrimonio

As achegas provinciais destinaranse á mellora da contorna de vivendas de Tallós, a construción de beirarrúas en Devesa e rehabilitación de fontes, lavadoiros e cruceiros
A Deputación da Coruña inviste 149.000 euros en obras de mellora no Concello de Dodro
09/09/2010

A Deputación da Coruña destinará 149.000 euros para realizar diversas obras e investimentos no Concello de Dodro, segundo se recolle nos convenios subscritos na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da localidade, Arturo Díaz Díaz.

Entre estes investimentos, a institución provincial destinará 65.000 euros para financiar o proxecto de mellora da contorna de vivendas de Tallós, que inclúe a substitución do actual pavimento, por un novo de lastros de granito, asentado sobre unha base de formigón, e máis adecuado co medio.

Tamén se destinarán 18.818,52 euros para a construción de dous treitos de beirarrúas de 240 x 1,00 e 120 x 1,65 metros, con bordo de formigón prefabricado, así como a pavimentación dun treito de 360 x 0,25 metros en formigón, todas elas no lugar da Devesa (Lestrove).

Rehabilitación de fontes, lavadoiros e cruceiros

Entre os investimentos provinciais comprometidos destaca o financiamento das obras de rehabilitación do cruceiro de Revixós con pedras de idénticas características ás existentes e a eparación das xuntas en mal estado, e a demolición do actual pavimento da praza, que será substituido por un novo de granito e formigón pulido.

A Deputación cofinanciará tamén os traballos de rehabilitación das fontes de Fontela e Reboiras, do cruceiro de Manselle, e das fontes e lavadoiros de Teaio e Reveixós. Estas obras comprenden, entre outras accións, a reposición das pedras danadas e reparación das xuntas, a instalación de novas varandas e mobiliario urbano, novas conexións e desaugadoiros das fontes e lavadoiros e acondicionamento ou substitución dos pavementos existentes.Estas obras contarán cunha achega provincial de 63.279 euros.

O alcalde de Dodro, Arturo Díaz, agradeceu os investimentos da institución provincial que servirán para recuperar e poñer en valor diversos núcleos do municipio.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, enmarcou estes investimentos na liña de cooperación cos concellos que está a desenvolver a institución provincial e expresou o seu desexo de que éstes contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Natureza: buscan voluntarios para atopar covas graníticas no Barbanza onde facer inventario de vertebrados

Inventario de Vertebrados en cuevas graníticas (pseudokarst) en el Noroeste Ibérico

Queridos amigos naturalistas:

Tenemos entre manos un ambicioso proyecto que queremos compartir con vosotros. Como seguro habréis notado comienzan a ser ya unos cuantos posts en los que hablamos de cuevas y seres del inframundo. Dado que el tema da para mucho y es mucho lo que se desconoce del mismo, nos vamos a embarcar en el proyecto de un inventario de “bichifauna” en este tipo de ecosistemas de la mano del Clube Espeleolóxico Maúxo.

Larva de Salamandra en un charco de la cueva granítica de A Porteliña (Vigo).

Ésto nos ha llevado a plantear primero si el inventario sería de biodiversidad, seres vivos, bichos en general… la cuestión estaba en que biodiversidad es un campo inmenso en el que abarcaríamos desde una bacteria a un musgo, un insecto, un anfibio o un murciélago, y aunque somos ambiciosos, también somos realistas y sería un proyecto que se nos escaparía de las manos. Por lo que decidimos centrarnos solamente en vertebrados, principalmente dentro de este grupo encontraremos anfibios y quirópteros en estas entretenidas cuevas.

Otro condicionante es el tipo de ecosistema que estudiaremos, porque aunque cuevas hay de muchos tipos y cada uno con sus peculiaridades, las graníticas no suelen ser espacios de lo más confortables…, al contrario son un caos de bloques con estrechos y laberínticos pasos que hacen de la labor de investigación una auténtica pesadilla. Y ésta es la razón porque los inventarios en estas localizaciones son en la actualidad  inexistentes.

Sonia y al fondo Rei observando las larvas de salamandra.

También hay que tener en cuenta la zona en la que se encuentran estas cuevas, la zona granítica ibérica, el Noroeste Ibérico.

Con estos tres parámetros presentes nos decidimos por vertebrados, cuevas graníticas y en Galicia (quizás algo en el norte de Portugal).

Y a esto le vamos a añadir un toque aún más aventurero… Pues cuando comenzamos a marcar que cuevas utilizaremos para nuestro inventario, los maúxos nos comentaron algo curioso; desde el norte de Portugal hasta Finisterre nos encontramos con cuevas graníticas a lo largo de toda la costa gallega. ¡En todas las penínsulas que cierran las Rías Baixas menos en Barbanza! Y desconocemos el porqué, pues las condiciones son aparentemente óptimas para su existencia; pues es un buena sierra granítica con muchos pequeños riachuelos.

Rinolofo maior en unas oquedades debajo de las enormes losas que forman la cueva de A Chousa (Vigo).

Claro que como no puede ser de otra manera, si un axena descubre una peculiaridad así y aleccionados por los maúxos, es inevitable echarse al monte en busca del hombre de las cavernas barbanzón…

Pero esta búsqueda requiere colaboración, pues seguro que alguno de vosotros ha oído hablar de refugios o cuevas en la que si no son los mouros, son los fugados de la guerra civil o vete tú a saber. Leyendas o habladurías de la tradición oral tan abundante en Galicia, y que suele ser medio fantástica pero con un toque real. Estos son los lugares que primero hay que comprobar y este post pretende que vosotros participéis contándonos esas leyendas que conocéis, y por supuesto os acompañaremos en busca de la existencia de esa cueva o refugio, en la ubicación de la escena de esa leyenda o cuento popular, para ver si somos capaces de encontrar cuevas graníticas en el Barbanza.

¿Que os parece la idea? Yo ya tengo las botas preparadas.

A entrada que transcribimos é do blog de Axena (Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza). Un dos seus responsables, Xurxo Gago, explícanos en resume o que procuran:
"Comezamos un novo proxecto de inventario de fauna vertebrados en covas graníticas, o pseudokarst, é ademáis tamén a procura de covas graníticas de importancia no Barbanza. É a única zona das Rías Baixas onde aínda non hai catalogada unha cova deste tipo a diferencia da zona de O Pindo, Salnés, Morrazo e sobre todo en Vigo, coas marabillosa cova de O Folón con case un kilómetro de percorrido, de gran valor paisaxístico e xeolóxico, e tamén con moitísimos achados arqueolóxicos. Aquí podedes ver máis información da importancia destas covas na web do clube espeleolóxico Maúxo www.maúxo.com.
Sen embargo, non se atoparon aínda no Barbanza e cumpre tódolos requisitos para que aparezan. Así que estamos intentando contactar con xente que nos poida dar información e colaboración para ver se as atopamos. Podédesnos axudar divulgando esta petición?".
Faltaría máis! Para iso estamos!
E agora a pelota queda no voso tellado, queridos lectores, aventureiras lectoras: sabedes dalgunha cova no Barbanza? Escoitásteslle a algún parente, a unha avoa, a un tío avó, historias de covas que atoparan? Sería de gran axuda para isto. Calquera cousa coa que poidades colaborar será ben recibida. Podes contactar con Axena no correo contacto2008@axena.org
ou buscalos no seu perfil de Facebook (http://www.facebook.com/group.php?gid=45909057378)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: a Consellería de Cultura colaborará co museo Valle-Inclán para conmemorar o 75 cabodano do autor

Roberto Varela visitou o Museo de Valle-Inclán onde anunciou que a Xunta de Galicia quere “celebrar esta importante data intentando achegar este autor ao maior número de xente posible, promovendo a lectura da súa obra e conseguir que se descubra a enorme complexidade e riqueza dos seus escritos”

A Pobra do Caramiñal, 11 de setembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela visitou onte o Museo de Valle-Inclán, onde asegurou que a Xunta de Galicia colaborará co Museo na conmemoración do 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán. Varela anunciou que a Consellería de Cultura e Turismo quere “celebrar esta importante data intentando achegar a Valle-Inclán ao maior número de xente posible, promovendo a lectura da súa obra e conseguir que se descubra a enorme complexidade e riqueza dos escritos deste gran representante das letras españolas”.

Durante a súa visita o conselleiro estivo acompañado asemade, polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras; a concelleira de Cultura e Turismo, Encarna González; o director do museo; Antonio González; e o representante da familia, Joaquín del Valle-Inclán. Roberto Varela asegurou que o ano que ven a Xunta de Galicia organizará e participará en diversos actos que "celebrarán a vixencia e actualidade de Valle-Inclán, do mesmo xeito que se fará con Álvaro Cunqueiro, (en 2011 cúmprese o centenario do seu nacemento), ou con Alfonso Rodríguez Castelao, (tamén en 2011 cúmprense os 125 anos do seu nacemento), e ao igual que se fixo con Rosalía de Castro este ano no que vivimos o 125 aniversario da morte da nosa meirande poeta".


Antonio González, director do Museo Valle-Inclán, co conselleiro de Cultura, Roberto Varela

Na liña de promoción da literatura galega, o conselleiro recordou que en 2010 estamos a celebrar o Ano do Libro e da Lectura, “unha iniciativa na que se traballa arreo para fomentar o hábito lector, especialmente entre os máis novos”. “Este labor en prol da lectura ten que continuar e prolongarse no tempo cando remate este 2010, e un dos mellores xeitos de facelo é promovendo o coñecemento e a lectura dos máis importantes escritores de Galicia, porque lendo a súa obra é a mellor homenaxe que podemos facerlles”, engadiu Varela.

O titular de Cultura e Turismo informou que para conmemorar estas efemérides a Xunta de Galicia xa se puxo en contacto Goberno Central, “posto que esperamos contar co apoio da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, dependente do Ministerio de Cultura, para os actos que se vaian organizar, e por suposto, no caso de Valle-Inclán colaborarase directamente co Museo da Pobra”, que en 2011 cumprirase o 25 aniversario da súa inauguración.

Apoio á difusión da obra de Valle-Inclán

Despois de visitar as instalacións do Museo Valle-Inclán e reunirse cos responsables da institución, Roberto Varela mostrouse satisfeito por poder coñecer de primeira man as necesidades do Museo, e agradeceu a Joaquín del Valle-Inclán Alsina “a súa amabilidade e o seu incansable labor por conservar e difundir o enorme legado literario do seu avó, un dos escritores máis grandes dos últimos 150 anos non só de Galicia ou España, senón da literatura universal”. Así mesmo, Varela expresou a súa gratitude ao alcalde, Isaac Maceiras, e ao Concello de A Pobra “polo seu interese por mellorar as instalacións nas que se conserva boa parte da memoria de Valle-Inclán e por axudarnos no noso labor de difusión da cultura de Galicia”.

Roberto Varela recordou o apoio da Consellería de Cultura e Turismo ao Museo de Valle-Iclán, a través do convenio asinado co Concello de A Pobra o pasado mes de xuño por valor de 12.000 euros para a instalación de climatización e equipamento do auditorio do Museo. Asemade, afirmou que “na medida das posibilidades que os axustes orzamentarios nos permitan continuaremos axudando a esta institución nas súas necesidades, tal e como a Xunta de Galicia leva facendo en distintas ocasións dende a súa creación en 1986”.

Segundo o conselleiro, o Museo “achéganos á figura de Valle-Inclán como ser humano de personalidade arrolladora e sumamente atraínte, así como ao seu excepcional legado literario, a cabalo entre o modernismo e a xeración do 98 e cunha orixinalidade que superar calquera tipo de clasificación e fronteira”. “O Museo non só enriquece a oferta cultural de A Pobra e do Barbanza, senón que fortalece a súa posición e o seu crecemento como destino turístico cultural e de calidade”, engadiu Varela.

Nesta liña de apoio difusión da obra de Valle-Inclán, o conselleiro tamén resaltou o importante convenio que recentemente asinou Cultura e Turismo coa Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte para “desenvolver uns Roteiros Literarios na bisbarra que complementen a rica oferta turística que xa ten esta fermosa zona de Galicia”. Asemade, Roberto Varela afirmou que apoiar ao Museo tamén supón apoiar ao histórico monumento que alberga a colección, a Torre de Bermúdez, “un BIC cuxa construción data do século XVI e que supón un exemplo moi visible da riqueza patrimonial deste Concello e embelece o centro urbano de A Pobra coa súa maxestuosidade”, engadiu.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.9.10

Pesca: o Psoe acusa á Xunta de deixar sen regularizar 1.100 embarcacións por "mera incapacidade política"

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advirte, trala comparecencia do Director Xeral, que non presentou nin un só papel que informe de cal é a verdadeira situación da realidade da flota galega

Santiago, 10 de setembro de 2010.  A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou hoxe á Xunta de deixar sen regularizar 1.100 embarcacións galegas por “mera incapacidade política”. Soniera fixo esta afirmación na Comisión 8ª do Parlamento, trala comparecencia do Director Xeral de Competividade e Innovación Tecnolóxica para dar conta das regulacións pesqueiras na nosa Comunidade. Cualificou a comparecencia deste responsable autonómico como de “manzanillo” (becario ou aprendiz en argot), e denunciou que fixo un relatorio “como a dun xestor administrativo e non dun responsable político como lles corresponde”.

Soneira lembra que das 2.440 regularizacións solicitadas, 2.112 precisaron de informes das capitanías marítimas, e só 891 foron informadas favorablemente. Do resto, sinala, 1.100 non poden completar o proceso regularizador pola falla de iniciativa do  goberno galego. A deputada socialista asevera que o Goberno de Feijoo adicou moi poucos recursos para axilizar este proceso. E advirte que o Director Xeral non presentou nin un so papel que informe de cal é a verdadeira situación da realidade da flota galega.

Explicou que 562 “non poden ser regularizadas porque a propia administración sinala que xa foron obxecto de regularización anterior” ao ter participado dunha instrucción da Mariña Mercante de 1.999. Soneira amosou a súa sorpresa por canto a Xunta afirma que o devandito proceso non fora unha regularización e ao mesmo tempo rexeita as solicitudes dos  propietarios dos buques.

Ao mesmo tempo, outras 524 embarcacións quedan fora do proceso a pesares de que poderían ser regularizadas si aportaran baixas de outras embarcacións que non poden polos requisitos da normativa. Novamente  considera que é a Xunta a que impide unha solución ao eludir xestionar diante do Ministerio  e a UE o cambio na norma.

Criticou que esta “deixación de funcións” amosada pola Consellería do Mar, cando o mesmo Ministerio ten afirmado a súa disposición a facilitar solucións ás embarcacións “no límite da regularización”. Polo tanto, sinala, é a inacción do Executivo o  que impide a resolución favorable ao limitarse a “traballar como unha mera oficina administrativa”.

Axudas para a incorporación  á actividade pesqueira

Na citada Comisión a portavoz socialista tamén interpelou ao Goberno Autonómico para coñecer as medidas que ten previsto poñer en marcha a Consellería do Mar para facilitar a incorporación de mais persoas á actividade marisqueira de bivalvos.

Lembrou, na súa intervención, que o marisqueo a pé é unha actividade case exclusivamente feminina, xa que mais do 85% desenvólvena mulleres. É unha actividade moi envellecida por canto mais do 73% das titulares dun permex teñen mais de 40 anos e case o 50% teñen mais de 50. Sinala que esta realidade amosa un futuro difícil para esta actividade de non modificarse as tendencias da profesión de mariscadora ten data de caducidade. Explica tamén que nun ano de Goberno da nova administración 1.155 persoas déronse de baixa no Réxime Especial do Mar (REM), moitas delas mariscadoras, coa chegada da idade de xubilación non atoparon relevo para a actividade.

Di que a investigación  é un dos aspectos claves para coñecer tódolos aspectos da bioloxía das especies mariñas con interese comercial do seu manexo a da mellora da productividade. Neste punto denuncia que a Consellería do Mar non resolveu a convocatoria do 2009 de ningún dos proxectos de investigación das convocatorias publicadas polo Goberno anterior.

Replica tamén que o Goberno de Feijoo non ten ningún Plan para facer fronte a este problema de rexeneración laboral. E pregúntase que Plan ten previsto a Xunta para xerar 15000 novos empregos no marisqueo a pé.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: cambian as 77 luminarias do paseo de Coroso, que estaban un chisco deterioradas

Ribeira, 10 de setembro de 2010. O Paseo Marítimo de Coroso, en Ribeira, está sendo obxecto estes días dunha actuación orientada a renovar e mellorar o seu alumeado público. Trátase do cambio de todas as luminarias do itinerario, algunhas das cales estaban rotas ou en mal estado. As novas lámpadas que serán instaladas, un total de 77, están feitas de poliemida reforzada con fibra de vidro, un material totalmente resistente á corrosión. A tornillería é de aceiro inoxidable. 

A estes efectos aproveitaranse os pedestais de fundición existentes, que serán reparados e pintados, conseguindo así unha mellora de rendemento, acorde coas directrices da Unión Europea sobre contaminación lumínica e aforro enerxético. 

Tamén esta prevista a retirada das luminarias tipo globo da zona abundando no obxectivo de erradicar a contaminación lumínica. O orzamento da actuación ascende a 64.000 euros.

O Concello de Ribeira aproveita esta renovación de lámpadas para facer un chamamento á veciñanza e apela á súa conciencia cívica e ao respecto do equipamento municipal, que é de todos.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng pedirá ao alcalde que faga valer ante Xunta e Fegamp a necesidade dun GRUMIR no municipio

Rianxo, 10 de setembro de 2010. O Bng rianxeiro afirma que "O chamado Pacto Local asinado entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP no ano 2006, despois de anos de conversas, estabelecía a creación e financiamento do servizo de Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) onde non existise parque de bombeiros, neste caso Rianxo. Transcorrido o prazo que entón se estabeleceu de entrada en vigor do acordo (abril 2008) e, despois dun segundo prazo asumido polas administracións (finalizado este en abril do 2009) e até un terceiro que remata en decembro deste ano derivado das protestas de concellos reacios a se desprender do servizo, Rianxo non ten hoxe ningún dos dous servizos: nin parque de bombeiros (que non se reclama ao cumprir os parques de Boiro e Ribeira este servizo) nin grumir".

Os nacionalistas din asistir "con preocupación á demora en executar o acordado e non só iso senón que os plans da Xunta pasarían por desmantelar os GRUMIR da comarca en Boiro e Ribeira e non cumprir deixando a Rianxo sen servizo cando sí se anuncia para Carnota, Ponteceso e Muxía, mantendo só o GRUMIR de Noia como o máis próximo". Aseguran que levan varios plenos desde que se aprobou en xullo de 2009 unha moción do BNG preguntando polo papel do alcalde para facer valer na FEGAMP o acordo pois non constatan avances neste senso: "ao contrario, as novas están a ser negativas e un claro incumprimento e marcha atrás que deixará a bisbarra moito peor atendida en materias de emerxencia", argumentan.

TEXTO ANTERIOR DA NOTA DO BNG

Os nacionalistas din que segue plenamente vixente o que afirmaban antes. Textualmente dicían: "A Rianxo correspóndelles alomenos seis efectivos profesionais ampliábeis até doce cando isto sexa posible para manter un servizo de vinte e catro horas de garda para os veciños. A próxima execución dun polígono industrial, o paso polo municipio de quilómetros da autovía do Barbanza, aos que se engadirá o ferrocarril, a zona portuaria –con importante flota de baixura e barcos bateeiros, a ampla zona forestal próxima ás vivendas, o aumento da poboación en época estival, son argumentos en prol de termos en Rianxo ao completo esta prestación que nos corresponde, sen localismos, nin entrar a valorar a presenza ou ausencia noutros concellos da bisbarra destes profesionais.

A rapidez que se esixe de resposta diante dunha emerxencia motiva que se precise ter unha ubicación axeitada da sede, dos efectivos e dos vehículos para atendela. Zona portuaria, ou a futura zona de servizos do parque empresarial serían dúas ubicacións a estudar.

A incorporación de profesionais, unido ao mantemento da agrupación voluntaria de Protección Civil, daría orixe a un eficaz servizo de emerxencias, seguridade e protección civil axeitado para os veciños dun concello como o noso e permitiría atender tamén emerxencias de concellos próximos, de igual xeito Rianxo é atendido polos bombeiros da bisbarra. Son servizos complementarios que non se superpoñen estando as competencias ben delimitadas".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: prazas libres no obradoiro de risoterapia organizado polo Centro de Información á Muller


Ribeira,
10 de setembro de 2010.– O próximo martes día 14 de setembro dará comezo unha nova edición do Obradoiro de Risoterapia dirixido a mulleres, que en edicións pasadas púxose en marcha dende a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Ribeira a través do Centro de Información á Muller. 

Desenvolverase os martes e venres de 10 a 12 horas da mañá no Conservatorio Municipal. Rematará o 22 de outubro. Aínda queda algunha praza libre, así que as mulleres interesadas en asistir deberán chamar ao CIM para inscribirse (Rúa Correos nº 5, tfs. 981 874 131 e 873 409, fax. 981 873 955) 

Os obxectivos específicos desta iniciativa son: 

  • Ofrecer coñecementos teóricos e prácticos sobre os beneficios do humor e o riso, a nivel fisiolóxico, psicolóxico e social.
  • Experimentar diferentes técnicas que desencadeen o desbloqueo corpo-mente.
  • Axudar a descubrir os puntos débiles e fortes do propio sentido do humor.
  • Contactar coa alegría, a capacidade de diversión e o bo humor.
  • Ofrecer un espazo de autocoñecemento, abrirse aos demais e a un mesmo
  • Aprender técnicas que poidan ser usadas individualmente unha vez finalizado o taller.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: os cursos de Fogo Fatuo e Aleivosía xa teñen aberto o prazo de inscrición

Rianxo, 10 de setembro de 2010. En outubro comezan os cursos de pandeireta, baile tradicional, gaita, percusión, iniciación ao baile para adultos, break dance e ballet. Para facer calquera deles, vaite anotando. Tes toda a información en http://www.fogofatuo.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Rock in Rian, este sábado 11 dende as 23:00 no parque de Galicia con Reina Mala, Medomeda e Ruxe Ruxe

Rianxo, 10 de setembro de 2010. Un ano máis chega ás festas da Guadalupe o Rock in Rian. O próximo sábado 11 de setembro a partir das 23.00 no parque de Galicia ( auditorio) haberá actuacións de :

REINA MALA : www.myspace.com/reinamalapop

http://www.youtube.com/watch?v=DRijT_h7WlE

http://www.youtube.com/watch?v=aoFnRLtjADc


MEDOMEDA: www.myspace.com/MEDOMEDA

http://www.youtube.com/watch?v=7g9PFZc8WOU

RUXE RUXE: www.myspace.com/ruxeruxe

http://www.youtube.com/watch?v=U6xxmmvXCR8
http://www.youtube.com/watch?v=jDA9de9VSOU

Máis información:

www.rockinrian.tk
www.guadaluperianxo.org

A organización avisa: "haberá barra con prezos baratos. Non fagades botellón! Precisamos da vosa colaboración!"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Galiza Nova organiza hoxe, venres 10 de setembro, as "Galimpiadas" no campo de San Lázaro


Noia, 10 de setembro de 2010. Este venres 10 de setembro ás 17:00 levarase a cabo o proxecto “ Galimpiadas” , baixo o lema “A nosa nación, a nosa selección”. Galiza Nova Noia, colectivo organizador, di que así "reafirmamos o noso compromiso co deporte galego".

Nestas pequenas olimpiadas poden participar todas as mozas e mozos que o desexen de forma gratuita. Poden inscribirse nas seguintes modalidades de deportes: 1.500 metros, 800 metros, lanzamento de peso e salto de lonxitude. O lugar escollido para a actividade son as pistas de atletismo do campo de fútbol de San Lázaro.

Neste proxecto colaboran Concello de Noia, Concello de Muros e Club Atletismo Noia. "Queremos facer un chamamento a todas aquelas rapazas e rapaces comprometidos co deporte en galego a que se sumen a esta iniciativa e revindicar un proxecto de Seleccións Galegas e sobre todo a disfrutar do deporte en galego", conclúen.

Para inscribirse pódese empregar o correo electrónico (gznoia@gmail.com), o teléfono 692969303 ou as redes sociais (facebook).


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical