Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
16.11.10
Ribeira: concerto solidario a prol de África, este domingo 21 na casa do mar
Noia: o venres 19 de novembro represéntase "Smóking", do grupo de teatro do Liceo da vila
Noia, 16 de novembro de 2010. Este venres, 19 de Novembro, ás 21:00 horas, o Grupo Teatro Liceo de Noia representa a obra "Smóking", de Santiago Moncada, no teatro Coliseo Noela. O pasado sábado 6 representouse no teatro Elma da Pobra do Caramiñal. A agrupación teatral do Liceo de Noia está dirixida polo escritor, e tamén actor, Ramón Carredano Cobas. "Smóking" acadou o segundo premio e catro nominacións a actores destacados no XIII certame de Teatro Afeccionado Don Bosco da Coruña.
A obra, non apta para menores de 14 anos e de 150 minutos de duración, trata dunha glamourosa comedia na que priman a resistencia a entrar na idade de xubilación; o respecto e admiración dos xóvenes polas formas de facer dos maiores e a amizade entre dous homes na plena madurez.A acción ten lugar integramente nun salón de ambientación moderna, de luxo e seducción, na vivenda dun prestixioso arquitecto, maduro, atractivo, interesante e sempre disposto á aventura. Un arquitecto que ten éxito coas mulleres, cunha vida familiar estable e feliz. Aparentemente. o protagonista dispón de todo e está convencido de que todas as mulleres con encanto se encaixan perfectamente a el. Imposible para o arquitecto imaxinar o xeito de pasar o resto da vida sen a súa dona, compartindo piso co seu mellor amigo.
“Smóking” é unha comedia na que destacan o seus excelentes e intelixentes diálogos, mergullados no cinismo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: o mago local Alán Golías actúa este sábado 20 de novembro no auditorio
* DIRECTOR ESCÉNICO E AUDIOVISUAL: Francisco Gómez
* ASESOR DE LUZ SON E FOTOGRAFÍA E ASESOR ARTÍSTICO: Píruco
* ASESOR MUSICAL: Antón Alcalde
* MÚSICOS: Eloy Fernández (piano), María Varela (clarinete), Carlos (guitarra) e Patricia Túñez (violín)
* ACTORES: Román Castaño, Duarte Galbán, Lois Cristobo, Brais López e Miguel Gómez.
* ILUSIONISTA E PARTENAIRE: Alán Golias e Miriam Rodríguez
* IDEA ORIXINAL: Alán GoliasEste espectáculo está promovido polo Concello de Rianxo. As entradas para asistir a el poderán ser retiradas unha hora antes do comezo (máximo dúas por persoa).
www.rianxo.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: magosto autoxestionado este sábado 20 no parque de San Roque para promocionar o banco de tempo
Queres participar neste magosto? Pois a levar as túas castañas! Ribeira, 16 de novembro de 2010. O programa de difusión do Banco de Tempo de Rbveira, actividade dependente do CIM (Centro de Información á Muller), ten no Parque Periurbano este sábado día 20 de novembro unha nova cita. A partir das 12 do mediodía organízase un magosto no que tomarán parte os socios do Banco do Tempo, así como todos os que teñan interese en recibir información sobre esta iniciativa de intercambio de pequenas tarefas por tempo.
Cada participante deberá levar castañas e algo para beber. Así mesmo, no transcurso do magosto exporanse distintas receitas de postres típicos de Galicia elaborados con castañas. A actividade rematará en torno ás 14 horas
Os interesados en participar só teñen que pasarse polo parque periurbano.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a seguinte camiñata de "Ponte a Andar", este domingo 21, entre Palmeira, Moldes e A Tomada
A camiñata transcorrerá, como dirían no Ateneo Valle-Inclán, por Ribeira do Caramiñal Ribeira, 16 de novembro de 2010. Xa queda menos para a vindeira andaina do ciclo "Ponte a Andar", así que aínda están vostedes "a tempo de entrenar un pouco e poñervos a tono para facer os nove quilómetros dunha tirada", indican os da organización, que sinalan que "ainda que chova imos ir, xa que alguén anda preguntando se arredramos porque chove... polo que se ve, ainda non nos coñecen ben. Con chuvia tamén se disfruta do monte. Eso si, vinde preparados con botas e chuvasqueiro".A primeira metade da andaina ten tramos con certa pendente, pero xa se avisa na convocatoria que sería de dificultade "media". Insisten coa teima dos nenos: "que veñan acompañados dun adulto, e, por suposto, que sigan todo o tramo acompañados polo adulto" e co dos cans: "hai xente á que lle molestan, e a actividade organízase para as persoas... quizais noutra ocasión denos por orjanizar algo para os animais".A saída será do campo novo de fútbol de Palmeira, ás dez da mañá. A hora prevista de remate son as 12 do mediodía. A inscrición é gratuíta e libre, pero hai que aparecer no punto de partida á hora especificada. Do campo de fútbol subirase a Moldes, logo baixada á Tomada e remátase no punto de partida.
Antes publicamos:
Ribeira: "Ponte a andar" retoma as camiñatas. A seguinte, o 21 de novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: andamios movidos na ponte medieval do Traba coa última riada
Varias pólas e toros, nada pequenos, de árbores quedaron atascados contra a armazón de andamios Noia, 16 de novembro de 2010. Na pasada fin de semana, coas intensas chuvias e o aumento de nivel da auga nos ríos da comarca, diversos lugares víronse afectados. Un deles foi a ponte de Traba, no que están a piques de rematar as obras de afianzamento e reforma. Se non adían máis os prazos, a actuación ten que estar rematada este mes (xa ía ser para setembro, e logo para outubro).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
15.11.10
Noia: o programa Bocaberta trae á vila o musical "Ola, ola, la!", de Mamá Cabra, este sábado 20 de novembro
Noia, 15 de novembro de 2010. Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o galego na franxa máis nova da poboación, suma esta semana ás súas propostas o musical Ola, ola, la! e o obradoiro de hip-hop e novas tecnoloxías Azou. A primeira, organizada en colaboración coa editorial Galaxia, é un espectáculo do grupo infantil Mamá Cabra que se estreará o sábado 20 de novembro en Noia; a segunda, na que a secretaría xeral vai da man da empresa Ouvirmos, bota man da música e as novas tecnoloxías.
O teatro Coliseo Noela, de Noia, acollerá o sábado 20 de novembro ás 18.30 horas a primeira función de Ola, ola, la! Este musical será conducido polo conxunto Mamá Cabra, ben coñecido polos nenos e nenas galegos, e está destinado ao público entre os 4 e os 8 anos. Ritmo e electricidade a dar voltas polo corpo, as melodías deste concerto servirán para que os máis pequenos aprendan cancións en galego e gocen coa lingua. A actividade prolóngase despois na casa, ou no coche, da man dun DVD-karaoke co que os rapaces e rapazas se poderán sentir parte do grupo.
Relacionadas:
Cultura en Noia: programación de novembro
Bocaberta: o martes 16, en Pobra e Porto do Son
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: el presidente de la Diputación visitó las obras de acceso a Testal y la rehabilitación de Santa Mariña de Obre
Fernández Moreda visitó también la iglesia de Santa Mariña de Obre, en cuyos trabajos de rehabilitación se han invertido 118.855 eurosFernández Moreda visitó en Noia la carretera de acceso a la playa de O Testal, en cuyas obras de mejora la Diputación ha invertido 115.000 euros15/11/2010
El presidente de la Diputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, ha realizado esta mañana una visita institucional al Concello de Noia, donde ha visitado la carretera provincial 5706, que da acceso a la playa de Testal, y en cuyas obras de ensanchamiento y mejora la institución provincial ha invertido 115.000 euros, así como la iglesia parroquial de Santa Mariña de Obre, cuyas obras de rehabilitación integral han supuesto una inversión de 90.000 euros.
El presidente provincial, acompañado por el teniente alcalde de la localidad noiesa, Lino García Novo y por los concejales Rosana Mariño y José Rodríguez Agulleiras, expresó su satisfacción por el resultado de las obras realizadas en la carretera de O Testal, que han supuesto el ensanchamiento de la plataforma hasta los 8,5 metros y la renovación del firme en un tramo de medio kilómetro “que registra un nivel de tráfico importante”, apuntó Fernández Moreda, “por lo que podemos estar satisfechos del resultado de los trabajos, ya que se trata de una obra importante y muy demandada por los vecinos”.
Según n las estimaciones del gobierno municipal, más de 1.600 personas usan a diario el vial, que da acceso a la playa, al puerto y a la lonja de O Testal, una de las principales de la comunidad autónoma en la producción de berberechos, y cuyas instalaciones fueron visitadas también por la comitiva, que supervisó los trabajos de clasificación y venta de los bivalvos.
Santa Mariña de Obre
Tras la visita a la lonja, Fernández Moreda visitó la iglesia de Santa Mariña de Obre, un conjunto arquitectónico incluido en el inventario de la Dirección Xeral de Patrimonio para cuyos trabajos de rehabilitación la institución provincial ha destinado un presupuesto de 90.000 euros, el 75% del importe total del proyecto, que asciende a 118.855 euros, y que ha supuesto “una reforma integral” del inmueble, según explicaron los miembros de la Asociación Cultural Santa Mariña de Obre, que acompañaron al presidente provincial durante la visita y explicaron que parte del templo data del siglo XII.
Las obras realizadas han incluido la sustitución del tejado, la consolidación de la estructura, obras de cantería en los muros, carpintería exterior e interior, cierre del recinto, pintado de la iglesia, vidrieras, iluminación y electricidad, reconstrucción de las escaleras de acceso a la planta superior y otras acciones, como la renovación del mobiliario, “que han dejado la iglesia como nueva”, según explicó el párroco de la localidad.
Salvador Fernández Moreda ha destacado el gran valor artístico-cultural de la iglesia de Santa Mariña de Obre, lo que justifica la colaboración económica de la Diputación de A Coruña, que de esta forma “quiere preservar un valor arquitectónico y patrimonial del concello de Noia”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o sector pesqueiro local falou con representantes do Psoe sobre a eliminación do seguro colectivo de accidentes no mar
Ribeira, 15 de novembro de 2010. O pasado sábado, 13 de novembro, reuníronse representantes do sector pesqueiro e marisqueiro do Concello de Ribeira e da comarca barbanzana con políticos socialistas (a voceira de Pesca do Psoe no Parlamento, Marisol Soneira; Moncho Pouso, secretario de Pesca da agrupación local de Ribeira; Francisco Mareque, voceiro municipal socialista en Ribeira e Manuel Vilas, secretario xeral dos socialistas ribeirenses). O asunto principal a abordar eran as posicións que os socialistas teñen fronte a anulación das pólizas de seguro de accidentes e mal tempo que está a levar a cabo a Xunta de Galicia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Literatura: el ribeirense Antonio Piñeiro, ganador de la XV edición del premio "Ángel Urrutia" de poesía en Navarra
Con el poemario "Niños en la lluvia"
Antón Piñeiro es profesor, escritor y editor independiente en Ribeira
junio, al cabo de una calle, tras el muro
de un verbo, tras un ruido
de metáforas y mimbres. Cerca
amarillea un niño,
hace círculos y nácares,
se acalla entre las lozas
del día, con la nuca en reposo, espera,
nos mira en el dios blanco
de su risa.”
El autor no cuenta una historia, hay muy poca acción reflejada en los versos, apenas datos concretos, pero sí construye una atmósfera personal y colectiva. Niños en la lluvia resulta un poemario evocador, sugerente, lleno de símbolos, referencias sensoriales, muy cuidado y muy trabajado en la forma y en la retórica para conseguir una recatada desnudez y sencillez. Tan natural y pura como la infancia.
Relacionado:
Editor: Antonio Piñeiro edita libros que son en si mesmos obras de arte, na Colección Bourel. Máis
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
