28.11.10

Porto do Son: o líder dos socialistas, Pachi Vázquez, inaugurou a nova sede do PSOE local

Vázquez esixiulle o pasado sábado ao goberno de Feijóo "que axude á planta de Lousame para facela máis eficiente".

Porto do Son, 28 de novembro de 2010.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, esixiulle ao Goberno de Feijóo que axude a pranta de tratamento de residuos de Lousame, “para poder facela máis eficiente e garantir a súa viabilidade futura, tal e como se recollía no anterior Plan de Residuos”.  Vázquez fixo estas declaracións onte no acto de inauguración da sede socialista de Porto do Son, onde estivo acompañado por Ramón Quintáns, secretario xeral de Porto do Son, Mar Barcón, secretaria de Política Municipal do PSdeG, e Xoan Pastor Rodríguez, alcalde da vila.

O líder dos socialistas lembrou que “a Xunta modificou o Plan de Residuos de Galicia, baseado na compostaxe, na reutilización e na reciclaxe, para apostar pola incineración, que é un modelo absolutamente desfasado e desaconsexado pola Unión Europea”. “A Consellería de Medio Ambiente non pode seguir desentendéndose deste problema, que atinxe a unha poboación moi elevada e pode representar un gran problema medioambiental, que ten que resolver a Xunta”, aseverou.

Vázquez apuntou que “Feijoo, non cumpliu en todo este tempo ningunha das súas promesas electorais e non arranxou nin un dó dos problemas de Galicia”.  “Despreocúpase do paro e da economía. Despreocúpase da sanidade, que é un servizo público esencial e está facendo augas por todas partes, querendo privatizala a marchas forzadas e introducindo modelos certamente perversos para rebaixar as listas de espera”, denunciou. Ademais sinalou que “despreocúpase da educación, e despreocúpase dos concellos, que contan con menos recursos para realizar as prestacións sociais que está facendo, incluso máis alá das súas competencias”. O líder dos socialistas lembrou  que “estamos a vivir unha crise que sabemos non é de rápida solución. Pero en Galicia sabemos tamén que a receita do PP non resolve nada. Esta é a nosa arma para defender a nosa posición fronte á dereita.”

Optimismo electoral desbordante

O responsable socialista sinalou que “teremos un gran resultado nas eleccións municipais do próximo ano. Imos gobernar tódalas capitais, cidades e vilas como ésta de Porto do Son, se somos capaces de achegarnos máis aos veciños e veciñas e lle damos resposta aos seus problemas“. Vázquez recalcou que “máis que nunca, o PSdeG ten que ser a casa común da esquerda, o punto no que conflúan quenes defendemos os dereitos cidadáns, o dereito  a unha sanidade e unha educación públicas, universais e gratuítas”. “O dereito -engadiu- de quenes cremos que en Galicia só o PSdeG pode ser a alternativa real ao recorte salvaxe e á privatización dos servicios públicos esenciais que preconiza o PP”. Finalmente sinalou que “Porto do Son é un emblema para o PSdeG no Barbanza. E hoxe aquí ofrézovos toda a miña colaboración e a de toda a Executiva para que poidades saír airosos do próximo compromiso electoral”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lingua galega: a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística álzase cun novo premio comarcal


Imaxe de arquivo dunha rolda de prensa da CGENDL do Barbanza para rexeitar o decreto plurilingüístico da Xunta

Ribeira, 28 de novembro de 2010. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recibira hai apenas un mes o premio Altofalante 2010 e agora acaban de concederlles o Sireno de Bronce á iniciativa cultural dende a asociación Barbantia.


Torres Queiruga, á dereita, foi nomeado "Aguiñés de honra" hai dous anos

A mesma asociación, a través da votación dos seus socios, premiou ao teólogo de Aguiño Andrés Torres Queiruga co Sireno da Cultura Galega e ao gaiteiro Xosé Romero Miguens (Pepe Romero), de Ribeira, co Sireno á traxetoria cultural no Barbanza.

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.11.10

Dodro: o Concello insiste ante a Xunta coa execución do Peim 2009 a causa do lamentable estado dos camiños de Bexo

O Concello denuncia que "a aldea dodrense de Bexo sufre o abandono da Consellería do Medio Rural pola falta de execución das obras do Peim 2009 referidas aos camiños interiores".

Dodro, 26 de novembro de 2010. A tenenta de alcalde e portavoz do BNG declarou hoxe “que a Xunta de Galiza non executa os camiños interiores da aldea de Bexo, no concello de Dodro, a pesar que o proxecto foi previsto no plan estratéxico de infraestruturas rurais do medio rural (PEIM), elaborado polo anterior Goberno da Xunta, participado polo BNG para o ano 2009.”
Vitoria Rei, engadiu ademais que “esta obra que está contratada e cortel posto desde o mes de febreiro, permanece abandonada pola inacción da Consellería do Medio Rural, cando a aldea de Bexo, é un dos núcleos máis grandes do concello. Denuncia -ademais a tenenta de alcalde nacionalista- “a falta de responsabilidade institucional por parte do director xeral de Desenvolvemento Rural, que non recibe nin mantén comunicación cos responsábeis institucionais deste concello, despois de demandarlle unha entrevista para resolver este grave problema en reiteradas ocasións. Entendemos que con este comportamento está faltando ó ao seu cargo e despreza e á xente de Bexo en particular e do concello de Dodro, en xeral, que sufren a falta de intervención e o abandono da Xunta de Galiza”.

Ante a falta de comunicación institucional, o BNG no Parlamento Galego xa presentou unha proposición non de lei sobre este tema e agora o BNG de Dodro presenta unha moción no pleno para buscar o apoio unánime da corporación municipal ante a Consellaría do Medio Rural. "Ante esto a resposta do PP de Dodro é actuar de mensaxeiros do PP para decir que a obra non se vai facer, xustificando o incumprimento do goberno da Xunta, e poñendo os intereses do seu partido por encima dos intereses da xente de Dodro, pois o concello, como dixemos, non recibeu ningunha comunicación por parte da Xunta, nin escrita nin verbal", conclúen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: dous sindicalistas analizarán a precaria situación das conserveiras nunha charla o sábado 4 de decembro


Boiro, 26 de novembro de 2010. O vindeiro sábado 4 de decembro vai ter lugar no local social de Aturuxo! unha charla inserida no movemento Causa Galiza Barbanza na que dous sindicalistas (un da Confederación Intersindical Galega, CIG, e outro de Central Unitaria de Traballadores, CUT) analizarán a precariedade do sector conserveiro nestas bisbarras. A charla comeza ás sete e media da tarde e a entrada é libre.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o luns 29 comeza o último obradoiro de "Hábitos de vida saudables", enfocado á terceira idade


Boiro, 26 de novembro de 2010. O departamento de Servizos sociais do Concello de Boiro, dentro do proxecto que está a desenvolver de “Fomento de hábitos de vida saudables na terceira idade”, levará a cabo este vindeiro luns, día 29 de novembro, o último obradoiro desta iniciativa.

Esta última sesión terá lugar nas instalacións do campamento xuvenil de Espiñeira, en horario de 10h a 14h, e os maiores recibirán información sobre características e beneficios da medicina natural; propiedades de plantas e tratamentos naturais para enfermidades comúns. Tamén realizarán dinámicas e xogos varios potenciando a actividade física.

En edicións pasadas, os maiores participaron en charlas sobre alimentación, obradoiros de cociña, excursións e roteiros pola Illa de Arousa e Monte Pindo (Carnota), así coma nun obradoiro de reciclaxe. O proxecto foi subvencionado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ámbar organiza as xornadas "Vivir en Diversidade" para conmemorar o Día das Persoas con Diversidade Funcional



'Vivir en diversidade' comeza o 29 no instituto de Coroso

Ribeira, 26 de novembro de 2010. Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, o 3 de decembro, a Asociación ÁMBAR das Persoas con Diversidade Funcional  inicia as xornadas VIVIR EN DIVERSIDADE,  co obxetivo de concienciar  ás novas xeracións coa convivencia en diversidade e amosar o traballo diario realizado no servicio de Centro Ocupacional AMBAR, convida a alumnos de educación secundaria da comarca a compartir unha xornada lectiva cos usuarios de AMBAR realizando actividades propias do centro ocupacional.

VIVIR EN DIVERSIDADE iníciase o próximo luns día 29 coa visita de alumnos de 2º de ESO do instituto de Coroso; mentras que o martes e o xoves será o quenda de dous grupos de alumnos do Instituto Leliadoura.

Ao longo do próximo ano poderán participar nestas xornadas os demais institutos de secundaria da comarca barbanzana.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o PP denuncia unha perda de subvención e o equipo de goberno contesta cunha acta do pleno desmentindo os motivos

Dodro, 26 de novembro de 2010. O Partido Popular de Dodro emitiu onte unha nota no seu blog relativa á anulación dunha subvención de 83.000 euros de Agader para o proxecto "Roteiros que navegan na memoria". Segundo o equipo de goberno, os populares agocharon información, e para iso aportan a acta do pleno (a continuación da nota). Como é norma en Certo, poñémoslles as dúas versións íntegras:

No blog do PP:

"No pasado pleno do mes de outubro, confirmouse a anulación da subvención de 83.000 euros que a Axencia de Desenvolvemento Rural (AGADER) tiña concedida ó Concello de Dodro para o proxecto do BNG “Roteiros na memoria”.
Sendo esto grave, aínda é peor a resposta do BNG, que intentando disimular a anulación da subvención por parte de AGADER, argumentou que fora o propio Concello de Dodro o que renunciara a esta subvención, o que suporía unha IRRESPONSABILIDADE ABSOLUTA.
Este proxecto que sumaba unha cantidade de 183.000 euros contaba cunha subvención de AGADER de 83.000 euros que debía xustificarse en outubro de 2009.
A pesar de contar cunha prórroga ata o mes de xuño de 2010, o BNG foi incapaz de rematar as obras e xustificar a inversión prevista. E para evitar un descalabro económico Victoria Rey e o seu BNG utiliza novamente á Comunidade de Montes Balouta e Fontecova, que donou 25.000 euros, e que o BNG empregou para o pago de obras como o arranxo de fontes en Teaio e Bexo.
Entre eles, cabe destacar o desmesurado coste dos sinais dunha ruta polo monte e que supuxeron nada menos que 19.000 euros. A incompetencia dos xestores do BNG acábana pagando os propios veciños de Dodro a través da Comunidade de Montes, e así en lugar de recibir o Concello de Dodro a subvención de 83.000 euros, ó final, son os propios veciños de Dodro os que teñen que pagar os caprichos de Victoria Rey e o BNG.
En ningún caso é admisible que sexan os veciños, os administrados, os que teñan que pagar as obras do BNG por causa da súa mala xestión. Deste xeito, o Concello de Dodro é o único concello onde os veciños pagan ademáis dos impostos establecidos legalmente, un “imposto do BNG” PARA PAGAR OS SEUS CAPRICHOS SEN QUE EN NINGÚN CASO ASUMAN A SÚA RESPONSABILIDADE.
Tendo en conta a importante reducción de ingresos para o Concello de Dodro a causa da crisis económica, PERDER UNHA SUBVENCIÓN DE 83.000 EUROS É UN LUXO QUE NINGÚEN SE PODE PERMITIR. ESTE FEITO, PROVOCARÍA A DIMISIÓN INMEDIATA DO RESPONSABLE, PERO EN DODRO, VICTORIA REY E O BNG PREFIRE RECURRIR ÁS DONACIÓNS DA COMUNIDADE DE MONTES BALOUTA E FONTECOVA e intentar con iso esconder o que constituie un absoluto fracaso na súa xestión, que ó único que conduce é á quebra económica do Concello de Dodro, a pesar de que cando asumiron o goberno era un dos máis saneados de Galicia".


Acta do pleno coas follas onde se abordou esa cuestión:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: a peña madridista Amancio de Ribeira celebra asemblea anual este sábado 27


Ribeira, 26 de novembro de 2010. Mañá, sábado 27 de novembro, terá lugar a asemblea ordinaria anual da peña madridista Amancio de Ribeira.
Será na aula multimedia de informática e novas tecnoloxías do Concello, sita na planta baixa do edificio da confraría de pescadores, na avenida do Malecón 22. Comeza ás oito da tarde e tratarase o orde do día, informes de presidencia e rogos e preguntas.

Tamén informan aos seus socios que teñen á venda lotaría de Nadal. Este ano van co número 73.814

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

25.11.10

A Pobra: o equipo de goberno aprobou en pleno os proxectos do POS para o 2011


A Pobra do Caramiñal, 25 de novembro de 2010. No Pleno Municipal de hoxe aprobáronse os proxectos que o Concello da Pobra do Caramiñal vai solicitar ao abeiro da convocatoria do “Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal” (POS) 2011 da Deputación Provincial da Coruña.

     "Seguindo co traballo que o equipo de goberno vén desenvolvendo nestas lexislaturas, estes proxectos destinaranse para mellorar redes de saneamento ou firmes de diversas travesías nas zonas do rural", explicaron dende o Concello.
O importe destas actuacións é de 108.403,32 € financiadas integramente con cargo ao devandito Plan Provincial e serán:

  1. Saneamento e pavimentacións no Camiño Ancho - A Figueira: instalación de tubaria de PVC e pozos de rexistro correspondentes, con pavimentado posterior.
  2. Travesía da Virxe do Monte: demolición do pavimento actual, realización dunha soleira de formigón de 10 cm, colocación de pavimento peonil con louseta hidráulica e posteriormente pavimentado con aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros.
  3. Travesía da Angustia: colocación de canalización de pluviais en PVC, pozos de rexistro, arquetas sumidoiro e conexión de tellados existentes. Posteriormente se pavimentará con aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros.

     Desde o Concello aseguran que están a traballar "para mellorar os servizos e infraestruturas básicos para que os nosos veciños poidan dar bo uso deles construíndo un municipio mellor, coas premisas do desenvolvemento sostible e por tanto con futuro".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: convocan eleccións para presidente e xunta diretiva da asociación Francisco Lorenzo Mariño o 30 de novembro


Ribeira, 25 de novembro de 2010. A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño convoca eleccións da Xunta Directiva para un novo período de dous ou catro anos.
A xunta directiva actual rematou o seu mandato o pasado mes de outubro e tal e como establecen os estatutos da entidade deben convocarse eleccións antes dun mes desta caducidade, polo que se convocaron en data 11 de novembro do presente. Tamén se fai proposta de modificación do artigo 13.3 dos estatutos en referencia ao período de mandato, que ata agora é de dous anos e preténdese ampliar a catro anos, polo que debe ser aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria ao igual que a elección dunha das candidaturas presentadas.

O período de presentación de candidaturas remata o vindeiro 29 de novembro, deben ser de 11 membros que deben á súa vez ser socios/as da entidade con anterioridade ao 15 de novembro, data de apertura do período de presentación de candidaturas.

O día 30 de novembro no local social da entidade ás 20:00 h terá lugar a Asamblea Xeral Extraordinaria onde se debatirá a modificación do art. 13.3 e se elexirá a nova Xunta Directiva para 2 ou 4 anos (2010-2012 ou 2010-2014). A Orde do Día será:

1.- Lectura e aprobación da Acta Anterior
2.- Modificación do Art. 13.3 dos estatutos da entidade
3.- Apertura e validación de candidaturas
4.- Celebración de eleccións e nomeamento de membros da XD
5.- Rogos e preguntas.

Esta convocatoria xa foi feita pública mediante a pegada de carteis no taboleiro de anuncios da entidade e noutros establecementos públicos de Aguiño como a Casa do Mar, Farmacia, Oficina de Correos, Igrexa Parroquial, etc. O acordo foi tomado en data 2 de novembro de 2010, segundo informou o presidente en funcións, Unai González Suárez.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical