Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
4.2.11
A Pobra do Caramiñal: as obras do paseo fluvial e acondicionamento do Río Morto serán rematadas en abril
Ribeira: a planta baixa do colexio de Olveira será reformada para acubillar as aulas de infantil no curso 2011-2012
Ribeira, 4 de febreiro de 2011.- A Xunta remodelará a planta baixa do CEIP Olveira en Ribeira, para dotalo de aulas de Infantil o vindeiro curso. Así o anunciou esta mañá o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, durante a presentación do proxecto no que están recollidas as actuacións a desenvolver no centro.
Calvo, que estivo acompañado no acto pola xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, e polo alcalde da localidade, José Luis Torres Colomer, indicou que os traballos comezarán coa reordenación das aulas de Infantil e Primaria no verán, de tal xeito que as obras non interfiran na actividade lectiva do colexio e poidan estar rematadas para o comezo do curso que vén.
Os traballos centraranse na remodelación de toda a planta baixa para unha redistribución dos espazos educativos. Para isto, procederase á demolición de toda a tabiquería, instalacións, equipamentos sanitarios e carpintería exterior e interior.
O obxectivo desta actuación é adaptar os espacios educativos á normativa vixente. Así, as aulas de Infantil de 3, 4 e 5 anos quedarán unificadas na planta baixa do centro, contando con cadanseu aseo no interior. Esta reubicación permitirá, ademais, xuntar no primeiro andar todas as aulas de Primaria, así como as aulas de apoio, informática e a biblioteca. “O curso que vén os alumnos do CEIP de Olveira contarán cunhas instalacións melloradas que lles permitirán gañar en comodidade e funcionalidade”, apuntou Calvo.
O delegado territorial sinalou que, con este proxecto, “a Xunta dá resposta a unha vella demanda da comunidade escolar que precisaba dunha actuación urxente, ao tempo que mellora as condicións de traballo dos 104 alumnos que estudan no CEIP, así como as dos profesores e do resto de persoal do centro”.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Xuventude: denuncian os ataques de “dobre personalidade” do PP no caso Noitebús
María TorresSantiago de Compostela, 4 de Febreiro de 2011.- A Secretaria Xeral, María Torres Pose, denunciou hoxe os ataques de “dobre personalidade” do PP logo da iniciativa feita onte por Alejandro Gómez Alonso, instando á Xunta de Galicia a retomar o Servizo do Noitebús, despois de que hai dous meses o PP eliminase este servicio, tras a presentación de novos recortes orzamentarios por parte do Presidente, Alberto Núñez Feijoó. Torres lamenta que “O PP pareza olvidarse de que hai tres meses votaron en contra dun servizo que agora supostamente pretenden defender, entre eles o propio Gómez Alonso, e vir de salvadores dun servizo ó que condearon á morte sen dialogar nin escoitar ó clamor político e social que houbo en toda Galicia.” “Un servizo que se desenvolveu e consolidou coma unha das iniciativas de maior rentabilidade social impulsadas pola Administración Galega, e que só no pasado mes de xullo foi empregado por máis de 35.400 mozas e mozos galegos.” Segundo Torres Pose, afirmacións como as feitas onte polo deputado popular afirmando que "non existen fondos para seguir subvencionándoo pero sí fórmulas para que siga funcionando", reflicten cal é en realidade a intención do PP con este asunto, que é conseguir grandes titulares de salvadores do noitebús nos periódicos para despois votar en contra do Noitebús” Torres Pose quixo indicar que “apostar polo mantenemento do Noitebús, pasa ineludiblemente por mantelo como un servizo público que dependa de decisións e accións políticas e non de decisións empresariais” e engadiu que “dende Xuventudes Socialistas celebraremos a chegada do PP á defensa do Noitebús, cando o PP apoie a Iniciativa Lexislativa Popular presentada polas XSG no Parlamento de Galicia, e a través da que solicitamos o seguinte: As administracións públicas promoverán a igualdade no acceso ó dereito á mobilidade e ó acceso ó ocio nocturno dos mozos e mozas galegos, así como a seguridade viaria nos desprazamentos nocturnos entre as fins de semana e festivos". Para isto, apartarán tódalas barreiras que no territorio galego existen para desprazarse á hora de disfrutar do ocio nocturno, a través do fomento de rutas de transporte alternativo nocturno que cubran as rutas de ocio nocturno ordinario e ocio nocturno alternativo a tarvés de todo o territorio galego. Para o axeitado cumprimento desta lei, a Xunta de Galicia, disporá dos recursos necesarios para asegurar o correcto desenvolvemento das medidas incluídas nesta lei".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Turismo: a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte organiza un concurso de ideas para San Valentía na súa páxina web
Barbanza, 4 de febreiro de 2011. "¿Cómo sería tu estancia romántica en Arousa Norte?" é o título do concurso no que a Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Norte sortea 4 bonos de turismo rural “Te quiero”.
Este bono de turismo rural inclúe unha noite de aloxamento con almorzo e detalles de cortesía nun dos establecementos da rede de turismo rural de Arousa Norte.
No concurso, as persoas participantes poderán achegar as súas propostas dunha estadía romántica en Arousa Norte. A temática das ideas presentadas estará relacionada coa elaboración dunha escapada romántica para dúas persoas cunha estancia mínima de 2 días (1 noite) en Arousa Norte (Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Boiro ou Ribeira. Se dis outro lugar sáeste do concurso).
Para a selección das propostas gañadoras, terase en conta a calidade das mesmas en canto a creatividade, a innovación así como o alcance da proposta para a posta en valor do territorio e a promoción turística de Arousa Norte.
Poderase acceder ao concurso cubrindo un formulario a través das webs www.arousa-norte.es (pinchando no banner publicitario na parte inferior da páxina) ou no apartado Concurso AN de www.arousa-norte.es/blog-arousanorte/.
O prazo para a presentación das propostas pecharase o día 14 de febreiro, San Valentín, de 2011 ás 00.00 h.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Secretario Xeral de Política Lingüística apoiou "Detrás da canción", que inclúe obradoiro e un concerto de The Homens este sábado 5
Ribeira, 4 de febreiro de 2011. “Os concellos teñen un papel decisivo no proceso de extensión social da lingua galega desde o ámbito local”. Así o afirmou hoxe en rolda de prensa en Ribeira o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que animou os municipios a coordinarse na promoción do uso do galego, co fin de aumentar a efectividades das actuacións nesta materia.
O secretario xeral destacou que as entidades locais de Galicia desenvolven un importante labor como “axentes sociais de dinamización da lingua galega, por seren as entidades cun contacto máis directo coa cidadanía, o que nos permite impulsar unha política lingüística de proximidade”, asegurou.
Por outra banda, Anxo Lorenzo incidiu na importancia de que as administracións local e autonómica unan esforzos a prol dun obxectivo común: promover as accións de difusión social do uso do galego. Con este fin, “a Rede de Dinamización Lingüística preséntase como o mellor escenario para acometer esta tarefa conxunta”, asegurou. “A rede –precisou Anxo Lorenzo– permitirá traballar de maneira coordinada, colaborativa e cooperativa entre as entidades adheridas e daralles aos concellos acceso a programas e actividades de tipo social, educativo, cultural, formativo e lúdico destinadas a promover o uso do galego”.
Anxo Lorenzo fixo estas declaracións durante a súa visita ao concello de Ribeira, onde presentou as actividades do programa Bocaberta que a secretaría xeral leva ao municipio coruñés esta fin de semana. Fíxoo acompañado do alcalde do municipio, Xosé Luís Torres Colomer; da concelleira de Educación, Juana Ermitas Crugeiras; da técnica do servizo lingüístico do concello, Alicia Padín; e de Xocas López, produtor de EME2, empresa que colabora coa secretaría xeral na actividade Detrás da canción, do programa de dinamización lingüística Bocaberta.
Detrás da canción visitará mañá o concello de Ribeira para facer gozar os mozos e mozas de 12 a 18 anos coa lingua galega. Por unha banda, a través dun obradoiro musical a cargo de Carlos Valcárcel, do grupo Projecto Mourente, onde os rapaces e rapazas terán ocasión de descubrir sinxelas técnicas para facer música desde a súa propia casa. Por outra banda, a través do concerto acústico que ofrecerá The Homens e no que o grupo fará un percorrido polo mellor do seu repertorio de música pop.
O obradoiro de Detrás da canción terá lugar ás 18:00 horas no Telecentro de Ribeira, na Confraría de Pescadores. Ás 20:00 horas, iniciará no Auditorio Municipal o concerto de The Homens.
O programa Bocaberta levou a actividade Detrás da canción, nos últimos meses, por Monforte, Castro Caldelas, Sigüeiro, Arzúa, Melide, Becerreá, O Barco, Monterroso, Chantada, Sarria, Quiroga, Ourense, O Carballiño, Celanova, Lugo, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, A Cañiza, Ponteareas, Redondela, Pontevedra, Lalín, Fisterra, Tui, Padrón e Marín. Con este programa, que percorrerá toda Galicia ata o mes de maio, a secretaría xeral busca dinamizar o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.
Antes publicamos:
Detrás da canción: é o 5 de febreiro, pero hai que ir inscribíndose
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cultura: pódese consultar na Rede ou descargar o libro "As dornas no marisqueo e na pesca artesanal na Arousa Norte", de Santiago Páramo
Ribeira, 4 de febreiro de 2011. Unha publicación complicada de atopar (como tantas que se editan nos nosos concellos e logo quedan no esquecemento en estantes de bibliotecas) que volta á circulación grazas á Rede. Trátase de "As dornas no marisqueo e na pesca artesanal na Arousa Norte", un traballo etnográfico sobre esta embarcación que escribiu no seu día Santiago Páramo Aller, coñecido ribeirense e reflotador da Festa da Dorna, a máis multitudinaria na actualidade de toda Barbanza. Segundo conta o autor, "foi escrita no 1991: xa choveu...pero daquela a chuvia era alimento!". A publicación en realidade nunca estivo catalogada "porque se editou sen depósito legal. Foi cunha subvención destinada a facer un tríptico e xa vedes o que da de si facer as cousas por interese non económico. Logo ofrecéronme facer unha mellor edición por parte da Consellería de Pesca pero a min gústame así e habería que replantear algunhas cousas e a verdade nunca tiven moito tempo. Pode que dentro dun tempo faga outra pero non unha nova edición, senón unha vía distinta sobre o mesmo tema".
Santiago Páramo agradece a difusión que lle está a dar na Rede Arousa Norte (o usuario que a subiu a Issuu é NellRiveira) "aínda con todas as súas eivas e imprecisións. E sobre todo gustaríame destacar a colaboración de Carlos Iglesias, Antonio Millares, Fidalgo e Ramona e José Alborés pola dedicación prestada e o pouco recibido a cambio".
Foi o noso primeiro entrevistado, e aínda se pode ler a entrevista na vella web de Certo, aquí
Se queres baixar o libro, tes que ir aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: hostaleiros viaxan a Ribadavia dentro do Proxecto de Dinamización Turística do Mexillón
Os hostaleiros de Boiro poderán ver que a movida de Ribadavia tamén ten problemas Boiro, 4 de febreiro de 2011. Os hostaleiros participantes no “II Concurso de tapas”, organizado pola Concellería de Turismo do Concello de Boiro e que se enmarca no proxecto de dinamización turística do mexillón de Boiro, viaxarán este luns, día 7 de febreiro, a Ribadavia. Gozarán dunha visita guiada pola zona vinícola do Ribeiro, visitarán as bodegas de Viña Costeira e poderán degustar o viño e os produtos típicos nun xantar, xentileza da bodega. Os hostaleiros irán acompañados por representantes do Concello de Boiro.
Por outra banda, e como froito do mesmo proxecto, que persegue a promoción deste molusco, o restaurante “Cocinandos”, de León, recoñecido cunha Estrela Michelín, acaba de incluír na súa carta o mexillón de Boiro.
Mexillón en escabeche
Tamén cabe sinalar que o establecemento “Os Dous de Sempre” (Rúa Principal en Boiro) está poñendo dende o mércores pasado, na mediodía e máis na noitiña, a tapa gañadora desta edición do Concurso de Tapas: un saborosísimo Mexillón en Escabeche.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
3.2.11
Boiro: o venres 11 de febreiro, Festa da Xuventude en Escarabote
O Venres 11 de Febreiro terá lugar a I Festa da Xuventude, Escarabote 2011.
Orquestras (sen operación): París de Noia, Costa Oeste e Philadelphia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: Altofalante organiza unha homenaxe a Castelao en Aguiño este sábado 5 de febreiro
Ribeira, 3 de febreiro de 2011. A asociación cultural ribeirense Altofalante comeza cunha homenaxe a Castelao en Aguiña a andaina do 125 aniversario do nacemento do ilustre rianxeiro. Será na rúa que leva o nome do homenaxeado, este sábado 5 de febreiro, ás cinco da tarde, baixo a placa da rúa, no cruce onde se atopa o bar Vitoria, na estrada que encara a Castiñeiras.
Leranse varios textos de Castelao relacionados coa lingua galega, textos que se entregarán aos asistentes nunha reprodución reducidad do cartaz do acto que acompaña a esta información.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: datas e horario das camiñatas saudables deste mes de febreiro
Saen todas dende a entrada ao Concello de NoiaSábado, 5 de febreiro. 10:00 h. Sábado, 12 de febreiro. 16:30 h.Domingo, 20 de febreiro. 16:30 h.Sábado, 26 de febreiro. 10:00 h. Máis información no teléfono 609 82 31 34 ou saudenoia@gmail.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
