Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
26.3.11
Ribeira: o alcaldable do Psoe avoga por un urbanismo racional e cooperativo co resto de municipios
Cultura: Valle-Inclán protagonizou unha sesión do ciclo "Galicia, ceo das letras", onde foi comparado con Cela e Blanco Amor
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, gabou o traballo da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago no estudo e promoción da obra do escritor galego. O actor e director de teatro José Luis Gómez, que vén de traballar con directores de cine como Almodóvar ou Milos Forman, realizou unha lectura dramatizada de textos de Valle-Inclán
Santiago, 26 de marzo de 2011.- O ciclo literario da Cidade da Cultura, “Galicia, ceo das letras”, dedicou a sesión desta mañá a Ramón María del Valle-Inclán, escritor do que se conmemoran os 75 anos do seus pasamento. A sesión, que estivo presidida polo director do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, contou cun diálogo entre dous grandes expertos na figura do escritor galego: a directora da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago, a profesora Margarita Santos, e o actor e director de teatro, José Luis Gómez, premio á mellor interpretación masculina no Festival de Cannes pola película “Pascual Duarte”, o Premio Nacional de Teatro, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e que ven de traballar con directores da talla de Pedro Almodóvar ou Milos Forman.
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos gabou a Cátedra e o Grupo de Investigación Valle-Inclán, lembrando algúns dos seus proxectos mais importantes, como a edición do Anuario Valle Inclán en consorcio coa Universidade de Temple (Philadelphia), o depósito e coidado de todo o legado manuscrito de Valle-Inclán, a constitución da Biblioteca da Cátedra, a posta en marcha dun seminario permanente ou a organización de varios congresos internacionais sobre o autor. “Os meus parabéns a Margarita Santos que leva capitaneando esta nave dende 1994”, sinalou Francisco López, quen tamén lembrou os premios e distincións de José Luis Gómez, sinalando que o pasado mércores foi investido doutor Honoris Causa pola Universidade Complutense de Madrid.
Margarita Santos e José Luis Gómez analizaron as similitudes e diferenzas de Valle-Inclán e outros autores galegos, como Cela ou Blanco Amor. Durante o diálogo, os dous expertos comentaron varios estudos onde a figura de Valle Inclán se sitúa no cumio do teatro universal, con obras ao nivel de Shakespeare, Moliere, Bretch ou Lope de Vega. Posteriormente, José Luis Gómez fixo unha lectura dramatizada de textos de Valle-Inclán.
Con motivo da sesión de Valle-Inclán, a Biblioteca de Galicia organizou unha pequena mostra de obras do escritor galego, procedentes dos fondos da Biblioteca. A próxima edición de “Galicia, ceo das letras” será o 6 de abril e estará adicada a Alvaro Cunqueiro. As prazas para participar nela xa están cubertas.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: prometida de novo a lonxa para o municipio. Disque as obras comezan a finais deste ano e que será a máis grande de Galicia
O edificio da lonxa, que será visitable, foi deseñado por César Portela e Díaz y Díaz Arquitectos, e estará distribuido en tres superficies diferenciadas, con aparcadoiro soterrado Ribeira, 26 de marzo de 2011.- Continúan a toda marcha os anuncios e promesas que antes se facían en campaña electoral e agora, coa nova lexislación, adiántanse un par de meses. Desta volta foron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, os que presentaron esta mañá o proxecto da nova lonxa para o porto de Ribeira, unha promesa que xa é vella e foi adiada por h ou por b durante moitos anos.. Tratase dunha infraestrutura moderna, versátil e adaptada ás necesidades reais dos profesionais. “Unha lonxa para o século XXI”, en palabras do presidente do ente público, que tamén exerce como secretario de organización do PP de Galicia, Álvarez-Campana. Trala adxudicación o pasado día 21 do proxecto á empresa Acciona, Portos de Galicia investirá 17,3 millóns de euros na construción do edificio, que se iniciará, segundo o previsto, no terceiro trimestre deste ano. O prazo de execución dos traballos é de 38 meses. A futura lonxa de Ribeira será a máis grande de Galicia entre as construidas pola Xunta. Esta nova construción verá multiplicada por máis de tres veces a superficie de venda, exposición e subasta da actual lonxa, acadando os 17.000 metros cuadrados de superficie. O deseño foi elaborado por César Portela e Díaz y Díaz Abogados, que idearon un edificio visitable para a cidadanía. Estará distribuido en tres superficies diferenciadas. Unha planta semisoto para aparcamento de 4.500 metros cadrados e capacidade para unhas 380 prazas; unha planta baixa de 8.000 metros cadrados con destino a áreas de exposición, venta, subasta e expedición, ademais de almacéns de exportadores, espazos de servizos, aseos e oficinas. Finalmente terá unha primeira planta de 3.500 metros cadrados destinada oficinas, servizos de ventas, laboratorios, cafetería e oficinas, entre outros servizos. No dimensionamento do edificio teranse en conta, especialmente, o número e superficie dos locais de exportadores, a zona de clasificación, exposición e subasta, o número e características dos peiraos de carga e a superficie de aparcamento dos exportadores. A nova lonxa terá unha oficina de trazabilidade e contará cos sistemas máis modernos de conservación en frío, manipulación do peixe e subasta, entre outros. Incluirá, ademais, as novas tecnoloxías e enerxías limpas, como a solar e a térmica fotovoltaica. Estará dotada, así mesmo, de todos os servizos que garantan as descargas nas mellores condicións de seguridade e operatividade. A execución da lonxa implicará non só a construción do edificio senón tamén das zonas de desenvolvemento máis próximas, como as correspondentes a carga e descarga, e a prestación de servizos incluídos no tratamento do peixe ou que complementan o desenvolvemento da actividade. Esta multifuncionalidade conlevará a adecuación dos atraques, mediante a dragaxe das aliñacións que sexa necesaria, e a dotación aos cantís dos medios requeridos para poder efectuar as descargas en condicións de seguridade e eficiencia para cada unha das flotas que operen na lonxa. A nova lonxa caracterizarase pola súa integración e protección medioambiental do entorno, coidando a calidade estética e os detalles, de xeito impidan efectos nocivos para o medio ambiente. Tamén respecto ao entorno do edificio, este verá mellorada a circulación de vehículos, de tal xeito que a lonxa estea comunicada cos accesos ao porto da maneira máis directa posible, acurtando os percorridos interiores pola zona portuaria. Problemas coa ubicaciónEn canto á súa ubicación, a nova lonxa emprazarase na esplanada que no seu momento foi creada para esta instalación, pero que ata o momento non se empregou para este fin. Así darase solución a importantes problemas de funcionamento que presenta a lonxa actual, precisamente polo seu emprazamento, a través de atraques que permitirán efectuar as descargas en mellores condicións. O novo emprazamento da lonxa ribeirense suporá a reubicación de aquelas actividades que poidan ser afectadas pola instalación da mesma na superficie elixida. Deste xeito trasladaranse as actividades dos redeiros, probablemente á zona do peirao comercial, e a zona de subministro de combustibles, entre outras.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
25.3.11
Pesca: o Psoe presentará mocións en todos os concellos costeiros para que a Xunta restitúa a pensión das mariscadoras
Marisol Soneira e José Manuel Lage critican a supresión da axuda ás mariscadoras que non tiveran os 15 anos cotizados para acceder á pensión contributiva
Noia, 25 de marzo de 11. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, e o parlamentario noiés José Manuel Lage, anunciaron hoxe en Noia a presentación dunha moción para reclamar á Xunta a restitución da pensión ás mariscadoras. Esta moción será presentada en tódolos concellos costeiros que conten con agrupacións de mariscadoras. Os socialistas reclaman que o Executivo autonómico restitúa “con carácter de urxencia” esta axuda de 557 euros “para as mariscadoras que, cumpridos os 65 anos, necesitan seguir cotizando ao Réxime Especial do Mar para completar o período mínimo que da dereito a unha pensión contributiva da Seguridade Social”. Os parlamentarios socialistas lembran que esta axuda foi cancelada pola Xunta de Galicia por considerala “un privilexio” para as traballadoras que non teñen o período mínimo cotizado por medio do convenio coa Seguridade Social. Os socialistas galegos consideran que “trátase dun dereito para un colectivo de traballadoras que non obtén ningún tipo de ingresos e polo tanto impide o seu acceso a ningún tipo de axuda de subsistencia, como unha pensión non contributiva”. Sinalan que a obrigatoriedade de cotizar á Seguridade Social para poder acceder a un Pérmex de marisqueo a pé está en vigor dende o ano 2000, o que fixo necesario corrixir as normas e recoñecer a actividade dentro do Réxime Especial do Mar”. Esta data de inicio impide que as mulleres de mais de 50 anos que nunca cotizaran puideran xubilarse aos 65 anos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Deputación: obras aprobadas para as bisbarras de Barbanza e Noia
Barbanza-Noia, 25 de marzo do 2011. O Pleno da Deputación da Coruña aproba investimentos por importe de 16 millóns de euros nos municipios de provincia na sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de marzo, Entre os asuntos aprobados hoxe figura a 2ª Fase Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) 2011, cun orzamento de 1.405.824 euros, que inclúe as seguintes obras:
Concello de Noia: obras de urbanización leira Casa do Calvario(90.287 euros) e Adquisición Casa do Calvario (259.667 euros).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o alcaldable do PP quere implantar Wimax de balde para conectarse á Rede dende as prazas da cidade
A lexislación e o tribunal de defensa da competencia non o permiten na maior parte de España, polas reticencias das operadoras de telefonía
Ribeira, 25 de marzo de 2011. O candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, quérese comprometer publicamente a instaurar unha rede WIMAX de uso gratuíto nas prazas e espazos públicos do municipio. Así o manifestou en resposta a unha das suxestións recibidas durante o Taller de Ideas que o candidato desenvolveu fai uns días en Santa Uxía. “Fixen as indagacións oportunas e sei que o actual equipo de Goberno do Concello está dando pasos neste sentido, pero se ao finalizar a lexislatura non é unha realidade, eu me comprometo a poñer en marcha este servizo nos primeiros meses do meu mandato”, expresou. O sistema WIMAX (acrónimo de Worldwide Interoperability for Microwave Access) proporciona entre outras vantaxes a de poder conectarse a Internet sen necesidade de cables a través de distintos dispositivos: portátiles, PDAs, teléfonos móbiles... Esta tecnoloxía, máis avanzada e segura que o tradicional WIFI, é capaz de soportar centos de usuarios cun gran ancho de banda. Zonas de sombraAsemade, a instalación do sistema WIMAX permitiría acceder á Rede aos internautas de certos lugares que agora mesmo teñen dificultades para conectarse por estar en “zonas de sombra”, como é o caso de certos puntos de Oleiros. “Quero que todos os meus veciños estean en igualdade de condicións á hora de disfrutar das vantaxes da Sociedade da Información”, declarou Ruiz Rivas, quen salientou os beneficios de que se poden aproveitar os usuarios, como, por exemplo, o de facer xestións coas Administracións sen ter que desprazarse fisicamente á sede oportuna. O candidato popular matizou que a posta en práctica deste servizo levará aparelladas as correspondentes medidas de seguridade que eviten un uso delictivo ou fraudulento da rede. Por último, Manuel Ruiz agradeceu á cidadanía as numerosas e interesantes propostas que está a recibir, tanto durante o Taller de Ideas e os seus encontros veciñais nas parroquias como a través da Rede. Problemas en toda EspañaA actual lexislación restrictiva en España, con regulamentos aplicados pola Comisión de Telecomunicacións (CMT) non permite unha wimax axeitada. A que se pode poñer sería de moi pouca potencia e limitadísimo ancho de banda, para ver o correo electrónico, ler xornais dixitais e pouco máis. Estamos a falar de velocidades entre 3,7 mbps e 5 mbps como máximo a repartir entre todos os usuarios, cando hoxe un usuario de adsl básico acada os 6 mbps só para el, sen partillalo con ninguén. Hai experiencias como a que propón o candidato á alcaldía polo PP en moitos concellos, e cada unha delas tivo problemas cos Tribunais da Competencia (as operadoras, loxicamente, rexeitan que se dea de balde, ou perden o seu negocio).Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os socialistas denuncian o "afán privatizador" da Xunta ao poñer en mans privadas a diálise do Hospital
Para o deputado Lage Tuñas, están a empregar o Hospital da Barbanza "como coelliño de Indias para a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais"
-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe a Ribeira para participar xunto ao candidato socialista á alcaldía, Andrés Fariña, nunha rolda de prensa sobre a situación da sanidade no Barbanza.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: o Bng caulifica como "puro engado á cidadanía" a limpeza anunciada onte por Medio Marino
Os nacionalistas din que será o futuro goberno local quen teña a última palabra sobre a escolleira Noia, 25 de marzo de 2011. O Bng emitiu hoxe unha nota de prensa na que volta a criticar a limpeza da Ría de Noia que vai acometer o Estado e cuxa Declaración de Impacto Ambiental aprobada foi anunciada onte. Como é costume, emitimos íntegra a súa nota e colgamos A Subela na que falan do mesmo asunto. Nota do Bng de Noia:"Non nos fartaremos de repetir que o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente, pretendidamente denominado de rexeneración do esteiro interior da Ría de Noia, é un puro engado para o conxunto da cidadanía. Os promotores do proxecto din que coa eliminación da escollera, os fangos e limos depositados no esteiro vanse diluir, case por arte de maxia, polo efecto natural do arrastre dos ríos que desembocan no mesmo. Totalmente falso, sin a intervención do home, mediante procesos mecánicos, a lama acumulada nas últimas décadas no citado medio non só vai a permanecer nel, senón que co transcurso dos anos, o esteiro acabará colmatándose ata converterse nunha verdadeira canaveira como lle ocurreo ao esteiro do Río Tines na Serra de Outes. A maiores, a demolición da escollera, vai a condenar de xeito definitivo a posibilidade de que a vila de Noia, volva a recuperar o carácter portuario que non seu día tivo, e que sería posible facelo si se actuase desde os poderes públicos con sensatez e sentido común. Neste aspecto, o BNG leva explicado, desde o mes de setembro do pasado ano cal debía ser a solución a esta cuestión. Plantexamos o que para nós sería a solución dunha nova ordenación do sistema portuario de Noia, co mantemento e conclusión da canle de acceso ao Peirao do Marqués, a súa transformación en barras de atraque, o dragado do propio canal, e a conversión das ribeiras de Labarta e de Barro nunha grande praia urbana.
O BNG aposta decididamente pola proposta mencionada e combateremos o intento de engano promovido polo Ministerio de Medio Ambiente e o Alcalde de Noia, sin deixar de constatar que será o futuro goberno local quen teña a última palabra sobre este asunto". Non ven en Certo a versión sobre este asunto do PP nin do novo partido escindido deste? Será que non nos coñecen: se son dalgún deses partidos, coméntenlles que Certo publica a todo o mundo. De balde, se son noticias para as comunidades de Barbanza e Noia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os escolares axudaron a plantar vinte castiñeiros para festexar o Día da Árbore
Mondoñedo, berce de Álvaro Cunqueiro
Mais foi Eduardo Lence-Santar y Guitián, cronista oficial de Mondoñedo durante primeira metade do século XX, o investigador que que descubriu que esta cidade creou unha primeira festa da árbore, cunha data que varía segundo a fonte (uns póñena en 1569, outros en 1594).
"Corría el año de 1594 cuando D. Luís de Luaces, Regidor Perpetuo de la Ciudad de Mondoñedo, plantó la arboleda que está al partir de la ciudad, camino de Abadín, donde hay una ermita dedicada a Nosa Señora dos Remedios y dicen en esta tierra que cuando la plantó convocó a los comarcos y a todos los niños y les dio un gran banquete para que quedase en memoria de que él había sido el que había plantado la arboleda, motivo por el cual se celebra la actual fiesta de árbol en muchos lugares de Europa.
Su hija Doña Magdalena Fernández de Luaces Estoa y Miranda, casada con el Almirante D. Gonzalo Méndez de Cancio y Donlebún, gobernador y Capitán General de La Florida, a su regreso a España del continente americano en el año 1604, trae varias arcas con semillas de maiz, planta que se introduce en Europa a través de la siembra en los muchos lugares de Galicia y Asturias de que disponían estas familias. Las dichas arcas las conservan hoy descendientes de estas casas", cóntase na Wikipedia.
A expansión do monocultivo do eucalipto ameaza a diversidade da fraga galega
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
