30.3.11
Porto do Son: a escola de idiomas de Ribeira organiza unha charla sobre arte en inglés co artista Jontxu Argibay
Está prevista a asistencia dos máis de 20 alumnos dos cursos Avanzados 1 e 2 de Ribeira, onde se guiará pola exposición de Jontxu Argibay: Arteleira (contando co artista), e se fará unha mesa redonda discutindo sobre Arte.
Ésta é unha actividade totalmente novidosa que non se fixo anteriormente en ningunha parte da bisbarra barbanzana.O evento en Facebook, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: escollida por unanimidade a lista electoral dos socialistas para o vindeiro 22 de maio, que trae moitas caras novas
Na actualidade gobernan no Concello os socialistas en minoría, tras unha etapa en coalición co Bng
Noia, 30 de marzo de 2011. Na última asemblea celebrada polo grupo municipal socialista de Noia, este luns pasado, procedeuse a aprobar a lista definitiva de candidatos á alcaldía e concellerías para as vindeiras eleccións municipais do domingo 22 de maio. Segundo fontes socialistas, a lista da candidatura foi escollida por unanimidade e quedou como segue:
1 Rafael García Guerrero (actual alcalde de Noia)
2. Sergio Campos Nieto (fora portavoz socialista nunha lexislatura anterior e volta ao primeiro plano).
3. Marisa Lorenzo Blanco.
4. Bernabé Piñeiro Santos.
5. Maria Domínguez.
6. Javier Vieites.
7. Xosé Rodriguez Agulleiro (concelleiro de Obras e Servizos)
8. Concha Miguens Angueira
9. Roberto Iglesias.
10. Eva Seijas
11. Santiago Queiro.
12. Silvia Tajes.
13. Rita
14. Mario Pais Beiro (presidente de Xuventudes Socialistas de Noia)
15. Alicia
16 Lino García Novo (actual concelleiro de Facenda)
17 Josema González Canabal (actual concelleiro de Cultura e Festexos)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a exposición sobre carteis antigos das festas da vila inaugúrase o 16 de abril
Noia, 30 de marzo de 2011. O artista boirense-noiés Ismael Teira é o comisario da mostra "Noia en Festas", unha exposición que se estrutura a modo de percorrido ao longo dunha selección de carteis de diferentes creadores que estiveron anunciando no seu momento algún dos tres grandes acontecementos festivos en Noia: a Feira de San Marcos, as Festas de San Bartolomeu e a Feira Medieval. O proxecto reúne obra de Antón Avilés de Taramancos, Ricardo de Barreiro, Alfonso Costa, Manuel Romero, Nacho C. Beiro, Francisco Creo, Sesé Fernández Leiceaga, Veiras Manteiga, Argimiro Suárez Ferreiro ou Suso Xogaina, entre moitos outros.
A mostra presenta unha selección organizada en base a diferentes liñas (temática, cronolóxica, de autores, etc.) para constituir deste xeito unha sala estruturada e facer da visita un momento entretido, productivo e didáctico. Editarase ademáis un catálgo con todas as obras.Lugar: Sala de exposicións do Coliseo Noela (Noia)Inauguración: 16 abril de 2011
Produción: Concellaría de Cultura do Concello de Noia
Comisario: Ismael Teira Muñiz Un día antes, en Noia:
Porros, maría, marihuana, cánabo: o 15 de abril, protagonista
Pode que lle interese:
Premio: bases do certame de pintura ao aire libre "Sesé" (é o 23 de abril)
Certame: prazo ata 30 de abril para presentarse ao "Antón Avilés" de relato
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
29.3.11
Ribeira: o Psoe acusa ao Concello da sinistralidade viaria polo mal deseño dos pasos de peóns
Ribeira, 29 de marzo de 2011. O grupo municipal socialista ribeirense presentou unha pregunta para ser respostada en pleno na que claramente acusa ao Concello de ser en parte responsable da alta sinistralidade viaria (no que se refire a atropelos) por causa do mal deseño dos pasos de peóns.
Pregunta íntegra:PREGUNTA Á ALCALDÍA SOBRE COUSAS QUE INCIDEN NA ALTA SINISTRALIDADE VIARIA EN RIBEIRASr. Alcalde/Presidente do Concello de Ribeira:O Grupo Municipal do PSDG-PSOE de Ribeira ten revisado unha vez máis o estado dalgúns dos sinais horizontais, nomeadamente os pasos peonís e espazos anexos, e quere significar, diante da súa autoridade no Concello, as importantes deficiencias que lles afectan, e que estamos seguros incidiron na alta sinistralidade acontecida nas últimas datas no municipio.
Queremos recordar que repetidamente, dende hai anos, vimos estando enriba desas deficiencias e reclamando por elas. Son deficiencias visibles para calquera, igual que se sabe razoablemente que cuns mínimos coidados ou cambios de postura se axudaría a favorecer a seguridade viaria. Son deficiencias tan evidentes como, entre moitas outras:
• A existencia de baches ou firme irregular nos pasos de peóns.
• Ubicación desaconsellable dos pasos.
• Pasos en cambios de sentido que inducen obturación de vías.
• Pasos que inducen, pola súa colocación, obturación de cruces.
• Pintado dos pasos de cor non permitida.
• Pasos á saída de cambios de rasante.
• Pasos que saen, irregularmente, de puntos cegos.
• Pasos sobre catro carrís viarios sen sinalización de semáforo.Tanto en Sesión Plenaria, como en rogos, como a través dos nosos escritos e mocións, témos reclamado atención e demandas sobre un problema ao que, visto o estado actual e pasados vinte anos, non se atendeu. Por iso, o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ribeira presenta a vostede a seguinte PREGUNTA: Sabía Vde. Sr. Alcalde que en Ribeira se dá o fenómeno único, ilegal e esperpéntico en que un paso peonil desemboca directamente nunha vía de circulación rodada?
Sabe Vostede que dito paso está fronte ao Centro Educativo do Instituto de Bacharelato?
Sabe Vde. Sr. Alcalde, que ese paso leva así, e sendo repintado, cerca de dez anos (10 anos)?
Como actuaría o Concello en caso de accidente e litixio con Seguros?
Como llo explicaría ao peatón?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o Concello felicita á artista boirense Marta Ríos polo seu premio como Mellor Actriz Secundaria nos "María Casares" de teatro
Boiro, 29 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, a través do Alcalde, Xosé Deira, e do Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, quere manifestar a súa "satisfacción e orgullo" pola concesión do premio “María Casares” de teatro á actriz boirense Marta Ríos, na modalidade de mellor actriz secundaria, así como trasladarlle os parabéns de toda a corporación. Estes galardóns, promovidos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, chegaron á súa XV edición e entregáronse o pasado día 23 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Marta Ríos foi premiada pola súa interpretación na obra Volpone, de Talía Teatro.
Marta Ríos formou parte da compañía de teatro municipal boirense Teatro do Improvisto desde os seus inicios, no ano 1994, e tras moitos anos, foi unha das compoñentes que deixou o grupo afeccionado para pasarse ao teatro profesional con Talía Teatro, aínda que seguiu colaborando co grupo municipal. Na súa traxectoria profesional, que inclúe tamén a televisión, ten igualmente un oco para a docencia, xa que actualmente tamén imparte cursos de teatro en Boiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: escolares do instituto "Félix Muriel" realizan intercambio lingüístico e cultural cun centro de Gondomar
O estudantes do IES Auga da Laxe de Gondomar achegáronse onte á vila rianxeira para participar nunha actividade xa tradicional do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Félix Muriel de Rianxo: o intercambio con alumnado doutro EDLG dun centro de ensino secundario de Galicia.
Coa finalidade de que o alumnado de Gondomar vise como o galego é a lingua espontánea do alumnado rianxeiro, organizáronse unha serie de actividades de convivencia que xa comezaron hai varios meses cando os rapaces e rapazas dun e doutro centro entraron en contacto por correo electrónico e a través das redes sociais, ata que onte se celebrou ou primeiro encontro presencial. O alumnado rianxeiro presentoulles, dentro do IES, o seu concello e mais o traballo que desenvolven no Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e logo fixéronlles de guía nunha visita pola vila.
Debido ás condicións climatolóxicas, parte do roteiro efectuado polas rúas de Rianxo foi suspendido e ambos IES ocuparon a maior parte do tempo nos museos da vila: o Museo do Mar e o recentemente inaugurado, Casa-museo de Manuel Antonio. Xa pola tarde, acudiron todos ó concello de Ribeira para visitaren o complexo dunar de Corrubedo.
O alumnado dun e outro centro interactuou perfectamente e os mozos e mozas de Gondomar tiveron oportunidade de falar en galego con outros da súa idade que teñen esta lingua como habitual, algo que no sur de Galicia e mais concretamente nos arredores da cidade olívica é difícil de atopar, segundo apuntou Valentina Formoso, profesora do IES "Félix Muriel" e cofundadora da coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: o alcaldable do Bng promete apoio ao festival de AntrosPinos en Taragoña
Antrospinos está a desenvolver tamén desde o centro cultural de Taragoña outros proxectos en datas sinaladas como o Día das Letras Galegas ou o Entroido e que mesmo fixo achegarse á canle autonómica á localidade para realizar unha gravación deste evento.
Telecentro en Taragoña
O candidato nacionalista á alcaldía está a empregar o portal máis grande de vídeos en Internet para difundir a súa mensaxe:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
28.3.11
A Pobra: rematadas as obras de mellora da piscina municipal
Na zona de acceso instalouse unha porta cortaventos conxuntamente coa existente, pechando deste xeito a marquesiña cun acristalamento climalit.
Na planta baixa, executouse un recinto termal, na zona anexa ao vaso da piscina.
Na primeira planta derrubouse parte da tabiquería pertencente a dúas das salas anexas ao ximnasio, e nunha delas, ademais, colocouse solo de caucho.
Ampliouse unha nova sala na dobre altura existente fronte ao ximnasio.
Arranxáronse os danos existentes no edificio ocasionados pola presenza de humidades en determinadas zonas. O equipo de goberno agradece á empresa adxudicataria "o bo traballo que vén desenvolvendo coa prestación deste servizo e, como non, por estas obras realizadas que redundarán en beneficio de todos os pobrenses engadindo novas ofertas de actividades ás propias da piscina e tamén ás que ten o concello".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a candidatura do BNG preséntase este xoves 31 de marzo oficialmente
Noia, 28 de marzo de 2011. A presentación da candidatura electoral municipal do BNG de Noia vaise a realizar o próximo xoves, día 31 a partir das 20:30 horas no novo edificio administrativo do Espirito Santo (antigo matadeiro). Á conclusión do acto haberá uns petiscos no Restaurante MARICO, sito na rúa de Galicia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
