Data límite para anotarse neste obradoiro de Tucho Abalo organizado por Aturuxo, o 23 de abril. Toda a información aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Data límite para anotarse neste obradoiro de Tucho Abalo organizado por Aturuxo, o 23 de abril. Toda a información aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O parlamentario Lage Tuñas asegura que medra a preocupación en Rianxo polos recortes do goberno Feijóo en servizos sociais básicos como a sanidade
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Gaiolas de salmón: manifestación espontánea na Ría contra elas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 1 de abril de 2011. Novas Xeracións programa para a tarde e a noite deste sábado, 2 de abril, unha dobre actividade coa que pretende "demostrar que a xuventude en Ribeira non carece de iniciativas dirixidas a facer valer o noso rico patrimonio medioambiental por unha parte e, por outra, salientar o bo momento que vive a música en Ribeira". Baixo o título de “A Xuventude con Manolo Ruiz”, os dous grandes atractivos do evento serán unha andaina popular ata o parque periurbano de San Roque e o CIELGA (centro de interpretación do parque natural de Corrubedo e lagoas), e un concerto no que actuarán dous grupos locais e algún artista invitado.
“A Xuventude con Manolo Ruiz” comezará mañá ás 17 horas na Praza de España de Santa Uxía. A súa esplanada será o punto de partida dunha andaina na que poderán participar todas aquelas persoas que, independentemente da súa idade, teñan gañas de dar unha boa camiñata. A andaina descorrerá pola senda peonil que une á cidade co parque dende os xulgados e dende alí ata o complexo dunar, onde se visitará o CIELGA no Vilar.
As previsións de Novas Xeracións apuntan a que arredor das 20 horas estarán de volta na Praza de España, lugar onde todos os camiñantes poderán disfrutar dun refrixerio. Cómpre sinalar que na praza estará instalada unha zona de reciclaxe porque "tamén estamos comprometidos co medio ambiente e a sostibilidade dos recursos", aseguran na formación conservadora xuvenil.
Xa pola noite, e tras recuperar forzas, a praza de España acollerá un concerto dende as 23.30 horas. Actuarán os grupos locais Areavasta e Entrelíneas, con cameos, como artistas invitados, de Javi Maneiro e Kuervo, dous compoñentes de Jabón Blue. Novas Xeracións quere dar así "o noso apoio incondicional aos Grupos Locais polo gran esforzo que supón a súa actividade e a calidade do seu traballo".
Pero a actividade non rematará coa finalización dos concertos, senón que ao longo da noite seguirán promovendo a campaña “Quédate de marcha en Ribeira” polos distintos locais nocturnos da cidade.
Ademais da participación de Manolo Ruiz, o acto contará entre outros coa participación da futura presidenta nacional de Nuevas Generaciones, Bea Jurado (será nomeada no vindeiro congreso nacional da formación os días 16 e 17 de abril en Zaragoza), e do presidente autonómico Javier Dorado.
Máis información en: www.nuevasgeneracionesriveira.es
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Tanto é así que un dos máis importantes acontecementos históricos acontecidos dentro do termo municipal terán o seu propio espazo no museo: o naufraxio do Santa Isabel. A tal efecto preténdese recompilar e expoñer todo tipo de detalles sobre a construción deste buque en Cádiz, a súa última travesía, a noite do naufraxio en Sálvora, as traxedias familiares ou as heroínas de Sálvora.
A intención do Concello é que todo isto se expoña dunha forma didáctica e interactiva, amena para o espectador e facendo uso de medios audiovisuais e outras tecnoloxías. En breve a directora do museo, Pilar Casas (a quen Fernández Martínez quixo felicitar polo traballo que está realizando) efectuará unha serie de viaxes para recompilar a información e documentación oportunas.
Outro capítulo importante terá que ver co mundo da dorna e a carpintería de ribeira. O concelleiro informou de que o museo contará cun segundo novo espazo no que se aborden aspectos como a historia da navegación e a pesca en Ribeira, os instrumentos náuticos, a dorna, a pesca tradicional, a industria do salazón e a conserva, e a vida no mar na ría de Arousa.
Ambos apartados situaranse na primeira planta do museo, compartindo espazo coa parte xa existente que se centra na Aproximación Histórica a Ribeira, con material alusivo á idade antiga, a idade media e a idade contemporánea.
Dado o limitada da superficie dispoñible, outros contidos serán retirados temporalmente porque o que se pretende é facer un museo dinámico no que o espectador non encontre sempre o mesmo.
Balance exitoso
Por outra parte, o edil de Cultura informou de que dende hoxe o museo estrea novo horario, de tal xeito que poderá ser visitado gratuitamente de martes a venres, de 12 a 14 e de 18 a 20 horas, e os sábados de 11 a 14 e de 18 a 20 horas. Amplíase así o número de horas de visita despois de dous meses de aprendizaxe dende que tivo lugar a inauguración.
A este respecto, Luciano Fernández cualificou de “moi boa bagaxe” as visitas recibidas ata o momento: 378 en febreiro e 501 en marzo, contabilizando nestes números non só as individuais senón tamén de grupos como escolas, clubs de xubilados ou amas de casa. Adiantou que para este mes xa hai reservadas máis visitas colectivas para xente con diversidade funcional.
Doazón do alcalde Colomer
Por outra banda, esta semana tivo lugar a doazón de varios obxectos persoais do primeiro cidadán ribeirense na actualidade, o alcalde Torres Colomer, que, nesta mesma senda de enfocar ao mar o museo, cedeu un Diario de Navegación da súa propiedade (o rexedor estivo na Mercante), nun frigorífico que ía a Cape Town, en Sudáfrica) e un candado con máis dun século que era empregado a bordo do seu barco.
O concelleiro de Cultura anima a todos os ribeirenses que o desexen, a legar pezas que consideren axuden a recompoñer o rompecabezas histórico da Centenaria.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia