4.4.11

Noia: o Boletín Oficial do Estado recolle a Declaración de Impacto Ambiental que permitirá derrubar as escolleiras da Ría


Este mesmo mes está previsto que comecen as obras para retirar este lixo

Noia, 4 de abril de 2011. O Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño avalía de xeito favorable o proxecto de derrubo da canle da escolleira de acceso á Ría de Noia, segundo recolle a Declaración de Impacto Ambiental que sae hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE). A resolución esixe que se manterá informado ao sector pesqueiro e marisqueiro das actividades de derrubo para evitar interferencias non desexables, así como o control de calidade das augas previsto no Plan de Vixiancia Ambiental confirmará que as obras non producirán afeccións sobre estes recursos.

Entón, "sempre e cando se autorice na alternativa escollida e nas condicións deducidas do proceso de avaliación, quedará adecuadamente protexido o medio ambiente e os recursos naturais. O obxecto do proxecto é retirar as actuais escolleiras de
encauzamento do esteiro da ría de Muros-Noia coa fin de facilitar a recuperación dos calados orixinais da zona e a rexeneración natural das praias situadas a ambas marxes da ría, ademáis de corrixir o impacto visual e ambiental causado por estas infraestruturas. As escolleiras, segundo relatan fontes do citado Ministerio, foron construidas co propósito de facilitar labores de
navegación, pero a progresiva acumulación de lama no arredor propiciou a súa inoperancia para estes labores. Na actualidade a canle de acceso de embarcacións non ten utilidade algunha para a navegación, dado que non existe actividade comercial ou pesqueira no porto de Noia que xustifique a súa presencia.

O promotor é a Dirección General de Sostenibilidad de la Costa e Mar do MARM. O proxecto contén un estudo da hidrodinámica da zona do peirao de Noia, que contempla os principais cambios que a demolición das escolleiras pode producir na dinámica litoral desta área. Os resultados indican que producirá un aumento xeral do fluxo mareal na enseada de Noia, desprazando as
correntes que enchen e baleiran os arredores da zona, ocupada actualmente por diques. Como consecuencia deste aumento de fluxo, vaise producir unha limpeza parcial dos sedimentos de finos acumulados no entorno das escolleiras, redundando nunha mellora da calidade das aguas.

Coa fin de evitar efectos sinérxicos indesexados, as obras de demolición proxectadas deberán coordinarse coa construción do viaduto sobre a ría de Muros-Noia, cuxa execución depende da Dirección General de Obras Públicas da Xunta de Galicia, co obxectivo de que os efectos acumulativos entre ambas actuacións resulten ser os mínimos posibles. Unha vez que se completen todos os traballos de demolición da escolleira e de retirada de cascallos das zonas de Punta de Testal e A Chaínza vaise, sempre segundo o Ministerio, constatar unha mellora da calidade visual de toda a zona final da ría de Muros-Noia, ao eliminar elementos de orixe antrópico alleos á paisaxe natural. O estudo de impacto ambiental inclúe un programa de vixiancia ambiental no que se detallan especificacións necesarias para o seguemento das obras.

Antes publicamos:


Escolleira: aprobada a Declaración de Impacto para retirala toda

Réplica: O Bng reitera que é todo "un puro engado"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: concentración co lema "Pola paz, non á guerra", este xoves 7 en Santiago

Logomaria

Barbanza-Noia, 4 de abril de 2011. A Coordinadora Galega pola Paz organiza este xoves, 7 de abril, unha concentración en Santiago baixo o lema "Pola paz, non á guerra", con moitivo da intervención do noso país na guerra en Libia. Comeza ás oito e media do serán. Estarán, entre outros persoeiros, Uxía Senlle, e lerán un texto de Antón Reixa (director de cinema, ex Resentidos).

Organiza: 

Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org
Tfno: 981-554053
Rúa do Valiño 13-1º
15703- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Manifesto:

Pola paz, non á guerra 

      As persoas que hoxe respondemos á chamada da Coordinadora Galega pola Paz, o facemos para manifestar publicamente a nosa oposición á guerra, ás guerras como maneira de resolver os conflitos.  

      A guerra, o belicismo, a cultura da violencia, o terror, non significan a continuación da política por outros medios, como dicía  Carl von Clausewitz, senón o fracaso da política, o fracaso da diplomacia, o fracaso da palabra, o fracaso da humanidade. 

      As guerras son sempre xustas para aqueles que as inician. Os agresores, sexan quen sexan, énchense de razóns para xustificar as súas accións militares. Todas as guerras buscaron sempre a compracencia da cidadanía, a súa parálise, a inacción, cando non a súa complicidade. Sen a complicidade ou a parálise da poboación, sen a silencio dos pobos, o delito de silencio, as guerras non son posibles. 

      En todas as guerras a primeira vítima é sempre a verdade. As mentiras están na orixe dos conflitos armados. E os bandos enfrontados menten, menten máis que falan, menten cando non din a verdade, ou cando a contan a medias. A propaganda e a manipulación anulan á información. E a mentira trunfa. 

      A intervención militar occidental en Libia está chea de cinismo, de hipocresía e de mentiras. Ninguén nega que a Resolución 1973 do Consello de Seguridade sexa legal. Ou que a decisión de apoiar a intervención do Parlamento Español non sexa maioritaria, coas honrosas excepcións do BNG e de IU. Son legais. Sen embargo, a súa lexitimidade, a súa xustiza, non están tan claras. Como tampouco o están os intereses secretos e non confesados dos intervintes. 

      Non podemos ser xuíces e parte nos conflitos armados. Non debemos esquecer que o Consello de Seguridade está formado polos estados que son os principais vendedores de armas do mundo. Tamén por aqueles que teñen enormes intereses económicos e xeoestratéxicos en Libia, particularmente Francia, Italia e o Reino Unido. Libia é, ademais, o segundo provedor de petróleo e gas do Estado Español. A participación española na guerra costa ás arcas do estado, a todas e a cada un de nós, 1 millón de euros ó día. Como podemos ver, neste caso, o déficit está ben xustificado, as guerras non contan, son un gran negocio, para algúns, para os mercadores da morte. 

      Os mesmos que, ata hai un mes, vendíanlle armamento convencional sen límites a Gadafi, os mesmos que o paseaban polas cancilerías e o presentaban como un actor principal no Mediterráneo, son agora os que aborrecen do ditador e o cualifican de asasino do seu propio pobo, merecedor polo tanto de detención e xuízo no Tribunal Penal Internacional, corte aínda non recoñecida, por certo, polos EE.UU. 

      Gadafi non é precisamente un modelo de gobernante democrático. Desde logo non o é máis que Mubarak en Exipto ou  Ben Ali en Túnez. Como tampouco o son moitos gobernantes da rexión, algúns deles aliados da Coalición de Voluntarios. Como tampouco o é Mohamed VI de Marrocos, os príncipes dos estados do Golfo ou Arabia Saudita, por citar só a algúns. 

      ¿Como non imos compartir o dereito a protexer á poboación civil?. Claro que si, mais en todo o mundo, non só en Libia e só dun bando. Para impoñer o dereito de protección non é necesario atacar militarmente a un estado soberano. Para impoñer a exclusión aérea non é necesario converterse no brazo armado dunha das partes no conflito, armala e asesorala, calada ou abertamente.  

      En Barheim, onde por certo existe unha base USA, tropas de Arabia Saudita interviron militarmente con extrema dureza non para protexer á  poboación civil, senón para asegurar ó réxime monárquico que actuaba contra do seu propio pobo. Curiosa forma de impoñer o dereito de protección precisamente contra da poboación civil. En Gaza, por exemplo, os bombardeos do goberno sionista de Israel, contra da poboación civil son constantes e reiterados, vulnerando tódalas resolucións de Nacións Unidas, diante da total pasividade da comunidade internacional. ¡Canto cinismo, canta hipocresía!. 

      Non, así non se protexe. Non, así non se resolven os conflitos. Non, así non garantimos a paz e a seguridade. 

      Son moitas as mentiras. Son moitas as medias verdades no caso da guerra en Libia. ¿Quen pode crer o repentino entusiasmo de Sarkosy, Cameron ou Berlusconi polos dereitos humanos, a poboación civil libia ou a axuda humanitaria?. O cheiro a petróleo é abafante… 

      Todos sabemos que non se esgotaron as medidas de presión económica e diplomática previas. Tampouco se buscou o dereito de protección sobre a base da interposición de forzas da ONU para procurar un alto o fogo real e multilateral. Nin se propiciaron acordos políticos sobre a base da democracia representativa. O penoso papel do Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-Moon, neste conflito, evidencia o seu sometemento absoluto ós poderosos e á industria do petróleo e do armamento. 

      Rematar canto antes os ataques aéreos, interpoñer de inmediato forzas de vixianza de paz das Nacións Unidas, retomar o papel da diplomacia, garantir un tránsito pacífico sobre a base do diálogo entre as partes, deberan ser os obxectivos da comunidade internacional. 

      Non podemos seguir lexitimando a guerra e a violencia. Nin tampouco a partición do Estado Libio, nin a apropiación das súas riquezas petrolíferas e gasísticas por parte de Occidente, nin a tutelaxe política da súa cidadanía. 

      As persoas que hoxe estamos aquí, convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz, reiteramos que a democracia non se impón con bombas e misís, que as matanzas non se evitan provocando novas masacres. Que o dereito de protección non pode materializarse sobre a base da xeralización da guerra e da violencia. 

      Sobran as razóns. Estamos cargados de argumentos para  seguir a berrar, unha e outra vez: 

pola paz, non á guerra. 
 

COORDINADORA GALEGA POLA PAZ 
 

CONCENTRACIÓN NACIONAL 

POLA PAZ, NON Á GUERRA 

XOVES, DÍA 7, ÁS 20:30 HORAS 

PRAZA DO TOURAL 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.4.11

Cultura: o ribeirense Quico Cadaval falou sobre Cunqueiro no ciclo "Ceo das Letras"

Ribeira, 3 de abril de 2011.- O universo de Álvaro Cunqueiro, autor do que se cumpren os cen anos do seu nacemento, protagonizou o ciclo literario da Cidade da Cultura Galicia, Ceo das Letras, nunha sesión onde a capacidade fabuladora do escritor de Mondoñedo foi homenaxeada por dous dos narradores orais máis populares da escena galega: o contacontos Candido Pazó, que presentou o seu espectáculo Cunqueiradas, e o actor e director de teatro ribeirense Quico Cadaval.

Quico Cadaval, que vén de recoller o premio María Casares ao mellor espectáculo pola obra O cranio furado, situou a Cunqueiro como unha das figuras sen as que non é posible entender o teatro galego e louvou a enorme capacidade creativa que encerran relatos como Merlín e familia ou Se o vello Simbad volvese ás illas. Cadaval eloxiou tamén a súa traxectoria como poeta de vangarda, con libros como Mar ao norde, e lembrou que a súa obra fíxolle merecedor de galardóns como o Premio Nadal, por Un hombre que se parecía a Orestes.

Media_httpfarm3static_aaxwg

Cunqueiro naceu nesta casa en Mondoñedo, fronte á Fonte Vella

Candido Pazó levou ao auditorio da Biblioteca de Galicia unha adaptación de contos de Cunqueiro, baixo o título de Cunqueiradas. Pazó, que foi presentado polo director xeral como un dos narradores orais con mais talento da escena actual, está de xira co espectáculo Memorias das memorias dun neno labrego, da compañía Abrapalabra, Creacións Escénicas.

A sesión do ciclo, “amadriñada” polo Consello da Cultura Galega, contou cunha mostra de fondos de Cunqueiro, procedentes da colección da Biblioteca de Galicia. O ciclo Galicia, ceo das letras continuará o 30 da abril coa sesión Valente ou a erótica do baleiro.

Hai uns días, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Coro da Guía de Carreira e o de San Paio de Carreira, gañadores do XXXXII Festival da Canción Misioneira

A Pobra, 3 de abril de 2011. En A Pobra do Caramiñal tivo lugar o 42 Festival Xuvenil da Canción misioneira de Galicia. Resultaron gañadores do festival o coro da Guía de Carreira e o coro de San Paio de Carreira (Frións). Estes grupos presentaranse para a final o día 8 de maio que se celebrará  na Coruña.

Neste acto estivo presente o alcalde Isaac Maceiras e as Irmás Anuncia e Rosario, así como representantes da Diócese da Coruña.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: los candidatos socialistas a las alcaldías crean un grupo de trabajo para colaborar y coordinarse entre concellos

Los candidatos del PSOE de Arousa Norte, Muros y Noia crean un grupo de trabajo para implantar una política comarcal común
Media_httpfarm6static_vgeio

A Pobra, 3 de abril de 2011. Los candidatos del PSOE de Arousa Norte, Muros y Noia se reunieron ayer en A Pobra para poner en marcha un grupo de trabajo destinado a implantar una política comarcal común en temas como el transporte, el turismo, la ordenación del territorio y el empleo.

En este primer encuentro se pusieron las bases de una estrategia de trabajo en red que beneficie a los ciudadanos. En palabras de Ramón Quintáns, coordinador del PSOE en la comarca de Barbanza, “somos tantos habitantes como Santiago de Compostela, pero temos menos recursos e máis dispersos; polo tanto, temos que dar pasos na racionalización da xestión municipal e na implicación dos cidadáns na toma de decisión políticas”.

A la reunión asistieron, además de Quintáns, Andrés Fariña, candidato a la alcaldía de Ribeira, junto a la número dos de la lista, Encarna Romero, y el secretario xeral de los socialistas de Ribeira, José Manuel Vilas; Arturo Díaz, alcalde de Dodro; Carlos Gey, candidato de Rianxo; Pastor Rodríguez, alcalde de Porto do Son; Juan Jesús Ares, primer teniente alcalde de Boiro, Jorge Campaña y Silvia García, de Boiro, y Teresa García (A Pobra). Los municipios de Noia, Muros, Mazaricos, Lousame, Outes y Padrón formarán parte también de las reuniones de trabajo, aunque por problemas de agenda no pudieron asistir al encuentro.

Media_httpfarm6static_qczjf

Entre las primeras medidas sobre las que trabajará el grupo, están la puesta en marcha en la próxima legislatura de un plan de transporte comarcal, la coordinación e integración de los planes urbanísticos y un plan turístico conjunto, iniciativas todas ellas dirigidas a reforzar las potencialidades de los municipios implicados. También se estudiará una programación de contratos de servicios conjunta.

Para Andrés Fariña, candidato del PSdeG a la alcaldía de Ribeira, “es importante aprovechar las sinergias y ofrecer a los ciudadanos políticas supramunicipales, con el objetivo de mejorar los servicios que ofrecemos y de crear las condiciones necesarias para generar empleo y desarrollo económico”.

Hay otros aspectos que preocupan a los candidatos socialistas y sobre los que trabajarán a corto plazo, como el saneamiento y el abastecimiento de agua, la puesta a disposición de las empresas de nuevo suelo industrial, la conexión de la AP-9 y la autovía del Barbanza por Catoira y la coordinación de los recursos medioambientales y patrimoniales.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a mocidade de Novas Xeracións apoiou ao alcaldable Ruiz cunha andaina

Ribeira, 3 de abril de 2011. Onte organizouse unha andaina popular por parte de Novas Xeracións de Ribeira para apoiar nesta precampaña -que está sendo moi rifada, pois non fan máis que convocar actos todos os candidatos como se xa fora campaña- ao alcaldable polo PP, Manuel Ruiz Rivas.

Na camiñata participaron arredor dun cento de persoas que, concentrados na praza de España, tiveron folgos para camiñar ata o parque de San Roque e dende alí ata o CIELGA, no Vilar, onde visualizaron un vídeo sobre o complexo dunar.

A actividade durou unhas tres horas e finalizou de novo na praza de España, onde os participantes puideron disfrutar dun tentempé para repoñer forzas.  Xa pola noite, esta mesma praza foi escenario dun concerto promovido por NNXX con actuación dos grupos locais Entrelíneas e Areavasta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: veciños consideran inasumible o PXOM e interpoñen recurso para impugnalo

Media_httpfarm5static_cnyeb

Outes, 3 de abril de 2011. A Asociación de Veciños de Entíns e Tarás, do concello de Outes considera "inasumible o Plan Xeral de Ordenación Municipal recentemente aprobado e publicado no DOGA por parte da Xunta de Galicia, polo que nos vemos na obriga de interpoñer un recurso Contencioso Administrativo para a súa impugnación".

Máis información nos documentos anexos.


inteposición recurso contencioso plan general Outes.pdf Download this file

Impugnación do PXOM de Outes.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programación cultural prevista para abril de 2011

Noia, 3 de abril de 2011. Dentro do mes máis literario -por aquelo dos libros, xa que o 23 de abril é o Día do Libro-, Noia acubillará a presentación, polo menos, de un o vindeiro venres día 8 de abril. Trátase de "A rosa do viño", de Xabier Castro. Será na casa de cultura ás oito e media da tarde. Se quere saber máis deste libro e do seu autor, hai un excelente artigo en Capítulo 0, con vídeo e todo. Aquí

Media_httppeliculasla_apbhi

Ten sinopse e datos desta película aquí

Xa o domingo 10, continúan os Domingos de Cine, coa película "Welcome", de Philippe Lioret (francesa). Será, como é habitual, ás oito da tarde no Coliseo Noela.

Resto da programación durante este mes:


Porros, maría, marihuana, cánabo: o 15 de abril, charla informativa na que será protagonista. Prema aquí

Días 18,19 e 20 (luns, martes e mércores): Obradoiro de contacontos impartido por Ana Carreira. Inscricións na Casa da Cultura. De 11:30 a 13:30 h.

Día 27, mércores: Música, concerto alumnos Conservatorio Municipal de Música "Felipe Paz Carbajal". Ás 20:30 h. no Teatro Coliseo Noela.

Día 30, sábado: Música, presentación do disco do grupo A Subela. Ás 21:00 h. no Teatro Coliseo Noela.

EXPOSICIÓNS

Os Frutos da Terra em Alberto Sampaio. Do 2 ao 19 de abril no Claustro do Concello. -

Exposición fotográfica de Carmen Cienfuegos ...VEXO ...VEXO...QUE VES? Do 1 ao 15 de abril na Casa da Cultura.-

Os Frutos da Terra em Alberto Sampaio. Do 21 ao 30 de abril na Casa da Cultura.

Exposición Noia en festas: A vila a través dos carteis. Do 16 ao 30 de abril no Teatro Coliseo Noela

CERTÁMENES

IV Certame de pintura ao aire libre "Juan José Fernández Leiceaga" (Sesé). 23 de abril, sábado. Dentro da programación Feira de San Marcos.

Pode ver as bases deste certame premendo aquí

X Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. Prazo de entrega o 30 de abril.

Pode ver as bases deste certame aquí

Relacionada:
Noia: expo sobre Alberto Sampaio e mostra de carteis

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.4.11

Boiro: novas sendas peonís en Comoxo e Moimenta e ampliación do parque infantil da Praza de Galicia

Media_httpfarm5static_clgcm

Detalle dunha porta da aldea de Moimenta

Boiro, 1 de abril de 2011. A Deputación da Coruña destinará 273.983,84 euros para financiar as obras de mellora da seguridade viaria en DP 1105 de Noia a Cabo de Cruz, P.K. 7,230 a 7,930 (Moimenta) e do P.K. 11,170 ao 11,980 (Comoxo).

O investimento, aprobada no último Pleno provincial, suporá a construción de dúas sendas peonís de 700 e 810 metros respectivamente, a ambos os dous lados da calzada. As novas sendas peonís terán 2 metros de ancho e a unha distancia de 0,5 metros do bordo da calzada.

Media_httpfarm5static_fuhyr

Hórreo en Comoxo

As sendas executaranse con pavimento continuo de slurry cor verde con rega de adherencia, mestura bituminosa, rega de imprimación e capa de zahorra. Nos puntos nos que o noiro sexa maior de 0,5 metros exponse a execución dun muro de dique.

Por baixo da senda peonil colocaranse os servizos de abastecemento nos tramos repostos e canalizacións para iluminación pública, así como a rede de sumidoiros.

Para a captación das augas colocaranse sumidoiros cada 25 m. aproximadamente. A mesma distancia manterase para a colocación de pozos.

Ampliación do parque infantil da Praza de Galicia

A Deputación da Coruña probou tamén destinar un orzamento de 61.763,99 euros para financiar as obras de renovación dun parque infantil en parte norte da Praza de Galicia, que duplicará a súa superficie, pasando dos 140 metros cadrados que ten na actualidade a 303 metros cadrados, e que estará estruturado en diferentes áreas segundo as idades dos nenos: área de menos de 2 anos, de 2 a 6 anos e de 6 a 12 anos.

O proxecto contempla a instalación de novos xogos infantís, paneis indicadores e xardineiras de gran formato.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o 8 de abril preséntase o poemario "Fedor"

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical