9.4.11

A Pobra: as Estancias literarias de Arousa Norte achegaron un grupo de 20 persoas ás terras de Valle

A Pobra, 9 de abril de 2011. A través da Mancomunidade Arousa Norte e a súa iniciativa “Estancias Literarias”, e da man de Xarelo Actividades, chegou a terras da Pobra do Caramiñal e á Torre de Bermúdez, un novo grupo de 20 persoas formado por alumnos da USC que foron guiados polas distintas dependencias do Museo Valle-Inclán co obxectivo de coñecer a tan representativo persoeiro da literatura e a súa obra. A continuación foron ata un céntrico local pobrense para asistir a unhas representacións teatrais inspiradas nos personaxes de Valle e unha explicación sobre os outros lugares da vila que tanta importancia tiveron para o escritor.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable do PP aposta polo asociacionismo para dinamizar a vida municipal

Máis de 100 persoas sumáronse ás xuntanzas que o candidato realizou con colectivos culturais, deportivos, xuvenís e de maiores


Ribeira, 9 de abril de 2011.- O candidato á Alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, mantivo nos últimos días dúas reunións coa meirande parte das asociacións culturais, xuvenís, deportivas e da terceira idade existentes no termo municipal. En total, máis dun cento de representantes destes colectivos sumáronse a unhas xuntanzas –celebradas na sede que ten a formación popular en Santa Uxia- nas que o cabeza de cartel quixo escoitar de primeira man as súas suxestións e expoñerlles cales van a ser as grandes liñas do seu plan de traballo en relación ao movemento asociativo.

Ruiz Rivas salientou a importancia do asociacionismo na Riveira actual e lembrou que, fai dúas décadas, o número de asociacións constituídas no concello eran tremendamente escaso, pero que a través dos distintos equipos que se sucederon no Goberno Municipal se logrou “impulsar un movemento que hoxe é esencial para dotar de dinamismo á vida municipal”.

Por todo isto, un dos compromisos que quixo transmitir aos colectivos é o de destinar máis proporción de axudas directas ás asociacións, dentro dun proceso de racionalización do investimento municipal que lle confira maiores recursos a estas entidades co obxecto de contribuír á súa sostibilidade económica.

Ademais, no caso de obter o apoio dos veciños o 22 de maio, procurará que todas e cada unha das parroquias do municipio conten cun calendario bastante de actividades socioculturais e deportivas, a fin de dinamizar as infraestruturas públicas existentes nos diversos núcleos.

Canteira

Outros puntos referidos por Manuel Ruiz foron a transcendencia de volcarse dende a Administración coas inquedanzas dos xóvenes e, por outra parte, de “traballar a canteira” para que, como xa aconteceu no pasado con algunhas asociacións e clubs deportivos hoxe desaparecidos, non se perda o legado unhas vez ás persoas que foron as súas principais impulsoras deixan de formar parte da primeira liña. 

Nas xuntanzas houbo tempo de abordar cuestións concretas a peticións dos asistentes, como estudar a viabilidade de acometer melloras na zona exterior do complexo da Fieiteira ou que as casas do mar nas que teñen as súas sedes as asociacións de xubilados pasen a ser de xestión directa municipal, 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: el alcaldable socialista recogió firmas para pedir un Plan Director Portuario

Ribeira, 9 de abril de 2011. El candidato del PSOE a la alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña, impulsó esta mañana una recogida de firmas para reclamar con urgencia un Plan Director Portuario. “Es una necesidad para la actividad pesquera y comercial del municipio”, asegura.


Más de trescientas personas en una hora apoyaron la petición de la candidatura socialista. Fariña demanda a Portos de Galicia la elaboración del plan, “imprescindible para generar confianza en todos los agentes que van a realizar sus actividades en el puerto”.


El plan consolidaría la posición de Ribeira como el primer puerto de pesca fresca de bajura en España. “La Administración local debe tener una adecuada sintonía con otras administraciones para el cumplimiento del Plan Director, algo vital para el desarrollo de la ciudad”, afirma Fariña. Los ciudadanos que se acercaron por la mesa, instalada ante el edificio de la caja de ahorros, se mostraron de acuerdo con la petición de los socialistas, que continuarán la recogida de firmas en las próximas semanas.


El Plan Director debe incluir unas zonas adecuadas de atraque, una modernización de la lonja y mejoras en las comunicaciones y en el apartado de comercialización, entre otros aspectos. Fariña reclamó un compromiso a corto plazo con Ribeira de Portos de Galicia.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: la protectora "Moura" denuncia la caza y muerte violenta de gaviotas en el municipio

Media_httpfarm4static_rkcps

Ribeira, 9 de abril de 2011. La Asociación Protectora de Animales MOURA quiere mostrar su preocupación por las últimas noticias que les llegan tanto desde los medios de comunicación como de denuncias de particulares, referentes a la “moda” de matar gaviotas en el municipio de Ribeira.

"Según hemos sabido se utilizan diferentes métodos, tales como lazos, anzuelos, balines o incluso veneno, todos ellos crueles y terriblemente dolorosos. Creemos que esta medida de “control poblacional” carece totalmente de ética, supone un peligro para otras especies y no tiene ningún efecto práctico, ya que no considera, por ejemplo, que las gaviotas adultas de mayor tamaño expulsan de sus territorios de nidificación a gaviotas más pequeñas, muchas veces incluso a través de la depredación de huevos y polluelos, autocontrolando, así, su población", explican. Además, son "partidarios de buscar soluciones mucho más acordes con una sociedad cívicamente avanzada, como el control de la natalidad (retirada de huevos en época de cría) y de los vertidos y residuos urbanos. No olvidemos que aunque a menudo se les acusa de ensuciar, las gaviotas proliferan en los lugares donde más suciedad y basura se generan, siendo precisamente estas aves las que eliminan gran parte de los desperdicios de nuestras ciudades".

Desde MOURA condenan "el exterminio de estos animales, que al igual que nosotros, también quieren vivir y disfrutar sus vidas. No nos parece justo que por formar parte de una especie numerosa se las aniquile".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: os contrarios ás gaiolas de salmón na Ría áuganlle un mitin ao PP no que participaba Feijóo

Noia, 9 de abril de 2011. As xentes do mar de Muros e Noia seguen a mobilizarse contra a instalación de gaiolas de salmón no polígono bateeiro Muros C. A última -que non derradeira, segundo os organizadores- foi esta mesma tarde, á entrada e saída dun mitin que o Partido Popular -que goberna a Xunta de Galicia, máxima responsable de que se instalen estas granxas de salmónidos- tiña programado no pavillón Rosalía (ao pé da alameda) de Noia.

As consignas coreadas e as pancartas eran similares ás levadas antes -xa en dúas ocasións- a San Caetano: "Gaiolas na ría non", "En defensa das nosas mariscadoras", "Conselleira non defendes ás mariscadoras de a pé"; "Imposición das gaiolas non"; "5.000 postos de traballo en perigo"; "Sector do Mar nas Rías si, Gaiolas non" ou "Produtos químicos fóra da Ría".

En Facebook habilitouse un grupo chamado "Non queremos unha granxa de salmón na Ría de Muros!!" no que se produciu un intenso debate entre un defensor das gaiolas polos postos de traballo que vai xerar (segundo a Xunta e a empresa, arredor de 300) e o resto dos seareiros, que están en contra da instalación deste tipo de piscifactorías que precisan para o seu funcionamento numerosos antibióticos, como é ben sabido.

No grupo de Facebook citado van ir sementando información sobre o asunto, para informar á poboación sobre o impacto ambiental das granxas de salmón, o beneficio económico deste negocio fronte ao beneficio repercutido na área de situación das gaiolas, a evolución do posicionamento dos grupos políticos respecto ao establecemento da granxa de salmóns da empresa North West Food e o tratamento da nova polos medios de comunicación.

En Certo pesquisamos cada pouco na Rede e, mentres os ecoloxistas e científicos só atopan pegas a este tipo de instalacións, os da industria salmoneira adícase a facer marabillosos anuncios sobre as súas granxas. Deixámolos con alguén moi respectado á hora de facer documentais sobre o mundo do mar, un descendente de Cousteau:
Salmón de granxa: nada saúdable e insustentábel
http://youtu.be/1YD9KDE92J8
E se non lles chegou:
http://youtu.be/4ZBbYzyuwF0


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.4.11

Boiro: o ribeirense Carlos Callón presenta "En castellano no hay problema" o 29 de abril

Media_httpcertoesuplo_hsfvs

Boiro, 8 de abril de 2011. A Asociación Cultural Barbantia e o Concello de Boiro organizan a presentación do libro de Carlos Callón "En castellano no hay problema", nun acto que terá lugar no Centro Social de Boiro, o venres 29 de abril ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, xunto co autor ribeirense, Antón Riveiro Coello, directivo de Barbantia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Xerardo Piñeiro, concelleiro de Cultura; e Xosé Deira, alcalde de Boiro.

Antes, en Certo:

Media_httpprofileakfb_ogncb

Presentación en Ribeira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o conselleiro de Industria visitou Congalsa

A Pobra do Caramiñal, 8 de abril de 2011. A visita do conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, esta mañá a Congalsa xerou unha nota de prensa por parte do equipo de goberno do PP que reproducimos de xeito íntegro e sen responsabilizarnos -non podía ser doutro xeito- de que dita nota incumpra a reformada Lei Electoral nalgúns párrafos, xa que nestas datas non se pode fachendear do feito ou por facer, aínda que estamos a ver que todas as formacións se saltan á lixeira a normativa e logo aínda lle queren botar a culpa aos mensaxeiros -neste caso os medios de comunicación-.

Nota do equipo de goberno (PP) da Pobra:

"Esta mañá o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra acompañado do Alcalde de A Pobra do Caramiñal visitou a factoría de CONGALSA no Polígono Industrial de A Tomada, a chegada a mesma estaban esperando o Director Xeral de CONGALSA, D. Luis Miguel Simarro, o Presidente da entidade do Polígono Industrial de A Tomada, D. Manuel Durán o Presidente da Asociación de Empresarios de A Pobra , D. Manuel Tomé e o concelleiro delegado de Industria, D. Manuel Fontao e o RRII de CONGALSA, D. Ramón Doval.

Nas súas declaracións o Director Xeral de CONGALSA, destacou o esforzo do Concello de A Pobra do Caramiñal, na ampliación do Polígono Industrial, xa que na mesma a empresa ampliará a factoría número 4 en 10.000 m2 .

O Alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, destacou que esta empresa é pioneira no I+D+I , unha empresa que traballa nas novas tecnoloxías e que está empezando a ampliar o seu horizonte no estranxeiro.

Destacou tamén que coa Ampliación do Polígono Industrial de A Tomada, está empresa  ampliará a súa factoría o que redundará na Creación de novos postos de traballo, dato moi significativo para A Pobra do Caramiñal nestes momentos de crise económica e cos datos de paro máis altos da historia do noso país.

Sinalou tamén que desde a Alcaldía de A Pobra e desde a Xunta de Galicia, están e estarán sempre ao lado dos empresarios que apostan polas novas tecnoloxías e a innovación, así como pola creación de postos de traballo.

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, dixo que esta era unha visita moi desexada e que se sentía moi honrado de visitar esta fábrica, ademais nestes momentos de crises é bo escoitar a un empresario dicir que vai crecer, ampliar horizontes, manter postos de traballo e incluso atreverse a crear novos postos.

A innovación significa apostar por novos produtos ao mesmo tempo que incrementar a produtividade, dixo, a innovación empresarial hacia o mundo da internacionalización está crecendo neste aspecto e a consellería sempre apostará polos empresarios que estean dispostos a facelo. Xa que isto nos permite crecer e competir.

Esta empresa conta con 300 postos de traballo, trescentas familias, que están seguras do seu futuro, grazas ao crecemento da súa empresa.

Os empresarios saben que desde a Consellería creouse un novo plan I2C ( investigación, innovación e crecemento ) [….O eixo estratéxico do I2C baseado na innovación empresarial fai énfase na promoción da innovación aberta, coa que os procesos de innovación saen dos departamentos de I+D das empresas para dar lugar a procesos baseados na colaboración. Ademais, o novo Plan contempla novas figuras de soporte á creación de empresas de base tecnolóxica e de apoio económico a proxectos de innovación que transcenderán o mero ámbito da subvención implicando o desenvolvemento doutros axentes e instrumentos de financiamento, todo isto a través de 19 liñas de actuación.

O conselleiro continuou a súa intervención facendo referencia ao empeño que o Alcalde puxo na Ampliación do Polígono Industrial de A Tomada para que fora unha realidade e o que disfruta explicando o crecemento do Polígono, das empresas e o significado que iso ten para A Pobra do Caramiñal.

Explicou tamén que os empresarios e comerciantes saben que teñen a Consellería á súa disposición para explicarlles as propostas que teñen cara as súas empresas e as novidades para as mesmas".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Pepe Hombre e Sergio Contremo colgan as fotos de "Crear sen límites" no auditorio ata o 20 de abril

Ribeira, 8 de abril de 2011.- A Sala Alta do Auditorio Municipal acubilla dende esta semana e ata o próximo 20 de abril a exposición colectiva de fotografía “Crear Sen Límites”. Producida por Noelia González, esta mostra recolle arredor de trinta creacións dos artistas Pepe Hombre e Sergio Contremo.

Cabe destacar que tanto a produtora Noelia González como Pepe Hombre son de orixe ribeirense. Ambos formáronse na Escola de Imaxe e Son da Universidade da Coruña, centro ao que asistiu igualmente Sergio Contremo, natural de Salvaterra de Miño.

Entre outros traballos, no currículo de Pepe Hombre (nacido en 1984) figuran traballos como fotógrafo/retratista para bandas de música ben coñecidas por estes pagos, como A Compañía do Ruído, Tevra, Rasa Loba, Mongollica, Rever ou Fisfuchin Hotel. Tamén ten realizado ilustracións para o libro “Leyendas de Aozora” e pinturas en lenzo destinadas a tendas e pequenas galerías.

En canto a Sergio Contremo, ten participado en exposicións celebradas en Val de Mahía (Ames, Brión) e na Coruña, e realizado os books de diferentes modelos de Galicia.

A exposición está  aberta de luns a venres de 11 a 14 horas, e martes, mércores e sábados, de 19 a 21 horas.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: os nacionalistas reclaman o arranxo de dúas pontes do paseo do río Té

Rianxo, 8 de abril de 2011. O Bng de Rianxo reclama o amaño de dúas pontes de madeira derrubadas polas enchentes do inverno e que afectan ao paseo fluvial do río Té. "Xunto a iso é preciso acometer unha limpeza xeral, especialmente nalgunha zona onde a vexetación chega a cegar o camiño. Coa chegada do bo tempo e comezar a saír as familias a gozar do paseo polo río faise necesario agora acometer esa limpeza e os arranxos e recolocación das estruturas movidas pola enxurrada", conclúen os nacionalistas.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: do 18 ao 20 de abril, campamento urbano para conciliar vida familiar e laboral

É de balde, aberto a nenos de 6 a 12 anos, cun total de 100 prazas

  Ribeira, 8 de abril de 2011.- “Que os nenos se sintan por uns días donos da cidade”: ese é un dos obxectivos cos que, segundo explicou hoxe o edil Vicente García Rivas, a Concellería de Xuventude pon en marcha un Campamento Urbano durante as primeiras datas da Semana Santa. Así, esta Área Municipal organiza para os días 18, 19 e 20 de abril esta actividade dirixida a rapaces de entre 6 e 12 anos, coa finalidade adicional de que os pais poidan conciliar a súa vida familiar e laboral nuns días que teñen carácter laboral pero non lectivo.

Dende hoxe mesmo os interesados poden inscribir aos seus fillos no campamento, que funcionará  entre as 9 e as 17 horas (se ben os pais poderán levar aos seus nenos coa xornada xa iniciada). Hai 100 prazas en oferta, que serán cubertas por orde de inscrición. A asistencia é gratuíta.

Museo e novas dependencias policiais
Media_httpfarm6static_xjfhr


Aínda que o campamento estará centralizado no pavillón polideportivo de Coroso, o conxunto da cidade vai ser o eixo central do mesmo, de xeito que, salvo mal tempo, a gran maioría das actividades e xogos programados realizaranse en prazas, rúas, parques e praias de Riveira. Ademais, os nenos terán oportunidade de coñecer diversas instalacións municipais, como as recentemente inauguradas Casa Museo Municipal e Sede da Policía Local ou a propia Casa do Concello. 

Cómpre dicir que os nenos deberán traer a súa propia comida. Estes estarán en todo momento acompañados por 20 monitores en actividades de tempo libre (é dicir, o dobre do que marca a lei).

Para inscribirse no campamento ou ben obter máis información, hai que dirixirse á Área de Xuventude (preguntar por Mario Vidal) sita no Auditorio Municipal (teléfono: 981 835 650; e-mail: xuventude@riveira.com). Pódese descargar documentación dende a propia páxina web.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical