28.4.11

Noia: o Psoe esixe á Xunta a escola infantil para a que recibiu fondos do Estado en 2009 e 2010

Media_httpfarm4static_kecbr

A Galiña Azul de Dodro, un concello con ben menos habitantes que Noia (pouco máis de 3.000 fronte a máis de 15.000)

Noia, 28 de abril de 2011. O deputado socialista Lage Tuñas preguntou hoxe na comisión 5ª do Parlamento se o goberno galego tiña pensado construir en 2011 a escola infantil prevista dende o 2008. Segundo o deputado noiés, ”o goberno practica o escapismo de forma permanente e négase a decirnos se ten pensado construir unha escola infantil en Noia, que é unha demanda de moitas familias e un equipamento social necesario”.

Recordou tamén que “Noia é dos poucos concellos de Galicia de máis de 15.000 habitantes que non conta cunha escola infantil, e Feijóo en 2 anos non fixo absolutamente nada, máis ben desfixo”.

60832-POC Escola Infantil Noia-Febreiro 2011 (I).pdf Download this file

BOE-A-2009-4575.pdf-Convenio Xunta-Estado para financiar construcción escuela infantil-Noia-enero 2009.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Carreira ante as municipais", mesa redonda este venres 29 cos alcaldables dos catro partidos

Cartel_mesa_redonda_carreira

Ribeira, 28 de abril de 2011. A Asociación de Veciños de Carreira organiza este vindeiro venres unha mesa redonda co título “Carreira ante as municipais”.

O acto terá lugar o vindeiro venres (29 de abril), na Casa de Cultura carreirense, a partir das 21.00 horas, e teñen previsto contar coa presencia dos “cabezas de lista” dos catro partidos con presencia municipal no concello ribeirense: BNG-IPR-PSOE-PP.

Os asistentes poderán coñecer de primeira man tanto as avaliacións dos distintos grupos sobre a lexislalura que está a punto de rematar, como dos seus proxectos para a vindeira, e mesmo poderán trasladarlle as súas preguntas ós candidatos sobre aquelas cuestións tanto de índole municipal como parroquia

Pode que tamén lle interese:

Rianxo: Leiras convoca a veciños e políticos para falar do futuro do rural este sábado 30

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: Mudegá denuncia discriminación sexista da Federación Mundial de Badmington por obrigar a usar saia ás mulleres


Esta nena non podería xogar así, segundo a Federación Mundial de Badmington. Flickr de 
Luís Fernando Oliveira


Barbanza-Noia, 28 de abril de 2011. A asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) manifesta total desacordo sobre a obrigación de usar saia como única opcción de vestimenta que lles impoñen ás súas deportistas femininas dende a Federación Mundial de Badminton. Segundo Mudegá, esta federación prohibe ás xogadoras levar pantalóns e teñen que xogar con saia para “asegurar unha atractiva presentación”.
 
"Entendemos que unha deportista ten que competir coa vestimenta que lle resulte máis cómoda. Este é un tema tan incrible como desagradable, é un acto de discriminación sexista que como mulleres non debemos permitir", manifestou Pilar Neira, presidenta de Mudegá.
 
Opinión de Mudegá sobre o asunto:

Por que unha saia fai atractivo un deporte?   

Antes, unha muller, non dispuña do seu corpo para si, debía dedicalo á maternidade xa que este era precisamente o único papel que a sociedade tíñalle reservado  

Tradicionalmente a muller foi excluída da práctica deportiva xa que non encaixaba co seu rol de xénero.  

Evidentemente, aínda queda moito para que o deporte masculino e feminino sexan equiparables, tanto a nivel humano como a nivel económico, O acceso das mulleres ao ámbito deportivo foi tardío e segue estando cheo de dificultades   

O bádminton é  un deporte de raqueta no que se enfrontan dous/dúas xogadores/as (individuais) ou dúas parellas (dobres).   

A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun proxectil con plumas inseridas chamado volante ou pluma  

E tamén a diferenza doutros deportes, onte atopámonos coa desagradable sorpresa de que a Federación Mundial de Bádminton prohibe ás xogadoras levar pantalóns. Teñen que xogar con saia para “asegurar unha atractiva presentación” “para manter a estética do deporte”. Se queren, poden levar pantalón curto, pero debaixo da saia.    
 

En Mudegá, entendemos que isto golpe á nosa dignidade.  Queremos que se nos valore polo noso traballo, polo noso esforzo,polas nosas condicións como deportistas, baixo ningún concepto podemos permitir a obrigación de saír a un terreo de xogo, con saia, por entender que á vista dos seareiros ofrecemos unha mellor imaxe. Entendemos que estamos ante un caso grave de discriminación, e queremos manifestar o noso total desacordo ante esta decisión da Federación Mundial de Bádminton.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable do PP propón un lobby local do mar para defender este sector

Ribeira, 28 de abril de 2011. O candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, comprométese á creación dun Consello Local de Pesca no que estean integrados todos os sectores vinculados directa ou indirectamente á actividade pesqueira en Ribeira, para gañar así peso específico e defender de forma conxunta e coordinada os seus intereses, con máis forza ante as distintas institucións. 

En opinión do candidato, este Consello debe actuar como un verdadeiro lobby que, por unha parte, defenda os intereses da flota de baixura máis importante que hai en Galicia e as súas actividades afíns e, por outra, sirva de órgano asesor para a confección do Plan Estratéxico Portuario de Santa Uxía, que propón Ruiz Rivas co obxecto de definir os usos da infraestrutura portuaria, pero tamén para concretar as fórmulas adecuadas que potencien e poñan en valor o porto no seu conxunto. 

Potencial da Nova Lonxa


Imaxe virtual: a saber cando estará a auténtica

A este respecto, Manuel Ruiz argumenta que os 17.000 metros cadrados de superficie da Nova Lonxa, sumados aos equipamentos de tecnoloxía punta de que vai dispor a instalación, van permitir captar novas flotas como a de altura, novas especies e tamén peixes conxelados. E se a isto se engade que cada persoa que traballa na actividade extractiva produce un mínimo de tres empregos indirectos, o candidato avoga polo establecemento de estratexias dirixidas á potenciación da venta en lonxa, co fin de xerar novas economías, novas sinerxías e novos postos de traballo, e con independencia de se as flotas operantes son de Riveira ou non. 

Na defensa da súa proposta, Ruiz Rivas lembra o acontecido nos portos de Celeiro e de Vigo, onde a unión dos axentes propiciou o desenvolvemento de fórmulas de actuación conxunta e única, con óptimos resultados. 

O candidato afirma que no caso de que os veciños lle outorguen a súa confianza o 22 de maio, este Consello Consultivo vai ser presidido directamente polo alcalde, e que a promoción económica do sector pesqueiro será un dos eixos básicos da súa acción de goberno xunto co industrial e o turístico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o 19 de maio, xornada informativa acerca da reforma laboral e as bonificacións en contratos

Media_httpfarm5static_ffabx

Ribeira, 28 de abril de 2011. O Concello, a Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago e o Centro Empresarial da Construción do Barbanza organizan para o día 19 de maio unha xornada informativa sobre “A Reforma Laboral e As Bonificacións nos Contratos”. 

A actividade terá  lugar ás 20.30 horas no local social do CECB (sito na rúa Mariño de Rivera, 11). 

O programa abordará  os seguintes temas: 

  • Tipos de contratos despois da reforma laboral
  • Outros aspectos da reforma laboral
  • Tipos de contratos bonificados despois da reforma laboral
  • Características que debe cumprir un contrato laboral

Para máis información e inscricións, hai que dirixirse á Oficina de Desenvolvemento Local situada na Casa do Concello  (Tel.: 981 835 417, fax: 981871 610, correo electrónico: emprego@riveira.com).

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o 1 de maio adícase ás xentes do mar cun concerto e unha misa con posterior ofrenda floral

cartel1maio2011.pdf Download this file


Rianxo, 28 de abril de 2011. O próximo domingo a Área de Educación e Cultura do Concello de Rianxo xunto coa Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" de Rianxo organizan unha serie de actos para conmemorar o 1º de maio, Día da Xente do Mar.

Os actos consisten en:

  • 12:00 h. Auditorio de Rianxo. Concerto conmemorativo do VIII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. O concerto "O MAR FEITO MÚSICA" estará dedicado ao mar e ás súas xentes.
  • 13:15 h. Capela de San Bartolomeu. Misa Cantada polo Coro Sta. Columba na Capela de San Bartolomeu e posterior Ofrenda Floral (no mar e nos monumentos aos afogados e ás xentes do mar sitos no Parque Galicia)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o VIII aniversario da banda da Escola de Música adícase o 1 de maio ás xentes do mar

Viii_aniversario_copia

No concerto estréanse dúas obras de Antón Alcalde, unha delas adicada ao alemán de Camelle, que morreu de pena pola catástrofe do Prestige

Rianxo, 28 de abril de 2011. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao Concerto de VIII Aniversario da Banda. Terá lugar o domingo 1 de maio ás 12:00h no Auditorio rianxeiro. Nesta ocasión, o concerto estará dedicado ao mar e ás súas xentes.

O programa do concerto "O MAR FEITO MÚSICA" será:

-Lembranzas do Mar (Antón Alcalde).
-Elexía Mariñeira* (Antón Alcalde).
-A Tormenta Perfecta (James Horner).
-Man, o ermitán de Camelle* (Antón Alcalde).
-Songs of the sailor and the sea (Cancións do Mariñeiro e o Mar)(Robert W. Smith).
-A Manuela,a xeiteira invencible (Antón Alcalde).

*Estreas absolutas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: veciños de Vigo achegáronse ao Museo e figura de Valle

A Pobra, 28 de abril de 2011. Un grupo de 30 persoas chegaron desde terras viguesas o martes 26 pola tarde ata as instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, onde foron recibidos ás 17:30 horas pola técnica Begoña Olveira Sanisidro para ser conducidos polas distintas dependencias do edificio e achegalos á figura de Valle-Inclán e maila súa obra.
Trátase dun grupo de veciñas que, para conmemorar o remate dun dos numerosos cursos que organizan ao longo do ano, decidiron coñecer máis sobre este rincón barbanzano, os seus personaxes máis destacados e os seus lugares máis emblemáticos, polo que ó saír da Torre de Bermúdez, colleron camiño cara á igrexa de Santiago do Deán, xoia do gótico mariñeiro de Galicia e casa do Divino Nazareno.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Mentes libres, corazones abiertos", con el instituto Número 1 en el programa Comenius

26.4.11

Noia: A Subela presenta o seu novo disco no Coliseo este sábado 30

Avatar

Este vindeiro sábado 30 de abril ás 21:00h terá lugar no Coliseo Noela a presentación do cd do grupo de Música tradicional da Sociedade Liceo de Noia "A Subela".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical