9.5.11

Outes: este sábado 14 preséntase o "Dicionario Lois Pereiro" co gallo das Letras Galegas

Boiro: a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Barbanza convoca manifestación este venres 13 de maio

Boiro, 9 de maio de 2011. O próximo venres, 13 de maio, ás 8 e media da tarde a Plataforma pro Sanidade Pública da Barbanza empraza a todo o mundo para unha nova manifestación no concello de Boiro, a saída é dende o Concello co lema "Non á privatización do Servizo de Diálise do Hospital da Barbanza".  Nesta ocasión contan tamén co apoio de Sos Sanidade Pública.

Na pasada manifestación que a Plataforma organizou en Ribeira acudiron máis de 2000 personas, marcándose así un antes e un despois na sociedade barbanzana, xa que todo o concello de Ribeira se mobilizou, acompañado por asociacións e veciños de toda a comarca da Barbanza e mesmo os integrantes da Plataforma de Ourense.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: as festas de Nebra, o 21 e 22 de maio

Rianxo: o instituto celebra as Letras Galegas ata o 20 de maio

Media_httpfarm3static_caphd

Rianxo, 9 de maio de 2011. Durante dúas semanas no IES Félix Muriel vaise dar a coñecer o personaxe homenaxeado este ano polas Letras Galegas, e ademais faranse actividades para dignificar a nosa lingua e a nosa cultura.

Con motivo da celebración das Letras Galegas, un ano máis o EDLG, organiza unha Semana cultural na que se pretende homenaxear ao persoeiro escollido pero na que tamén entran outras actividades dinamizadoras da lingua.

O programa deste ano é o seguinte:

Luns 9, ás 12,30: Ateliê de portugués,  impartido por Valentim Fagim  no que vai amosar as posibilidades que temos co galego para comunicarnos fóra das nosas fronteiras a través do portugués.  (4º ESO)

Martes 10, ás 10,30:  Charla con Carlos Negro sobre a súa obra Makinaria (4º ESO).

Mércores 11, ás 12,30 e ás 13,20, vanse desenvolver dous obradoiros consecutivos para o alumnado de 1º de bacharelato para traballar prexuízos lingüísticos. (1º BAC)

Xoves, 12, ás 11,20 e ás 12,30, o actor noiés, Serafín Marcos, representará  o seu espectáculo sobre a vida e a obra de Lois Pereiro (1º, 2º e 3º ESO)

Durante toda a semana ademais realizaranse actividades nos recreos, no curruncho das Letras galegas, que van desde o visionado de vídeos sobre o autor á lectura de poemas por parte do profesorado e mais do persoal non docente, pasando por un concurso de recitado e mais de lectura de poemas de Lois Pereiro, actividades estas que se estenderán durante toda  a semana seguinte. 

Media_httpfarm3static_ayewk

Enquisa

Toda a comunidade educativa participará nunha actividade que pretende unha reflexión sobre o significado Día das Letras Galegas a través dun cuestionario que está situado no punto das letras galegas e que contén as seguintes preguntas:

    * Por que cres que hai un Día das Letras Galegas?
    * Que opinarías se se cambiase o Día das Letras Galegas por outro día?
    * Que pensas que se consegue cos actos organizados arredor da figura homenajeada o 17 de maio?
    * Que razóns pode haber para escribir poesía en galego e non facelo en castelán que ten máis público?

Estas cuestións pódense responder (calquera, está aberta a enquisa a todos os públicos) no blog (www.blogoteca.com/ocastelodalua) e na revista do instituto (www.bicodaria.com). Coas respostas elaboraranse as oportunas conclusións que serán difundidas na revista Bico da Ría e no blog O Castelo da Lúa.  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: Mexillón de Galicia ve inxusta e desproporcionada a sanción de Competencia ao sector extrativo galego

O Consello Regulador lamenta “os continuos ataques de Juan Manuel Vieites para descapitalizar o sector do mexillón galego”
Media_httpfarm5static_bbdir

Ría de Arousa, 9 de maio de 2011. O Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia considera “inxusta e desproporcionada” a sanción de 1,8 millóns de euros que a Comisión Nacional de Competencia (CNC) impuxo a quince asociacións de produtores galegos. “É un ataque máis a todo o sector, que xera desconfianza e dificultará no futuro novos intentos de coordinación e organización entre todos os protagonistas do sector mexilloeiro”, asegura Francisco Alcalde, presidente do organismo.

Para Francisco Alcalde, “dende o ano 97, data na que comeza a investigación, os prezos baixaron en picado, en parte polo incremento das importacións de produto foráneo, polo que non ten ningún sentido falar dun pacto nin moito menos dun cártel do mexillón”. A caída de precios dende finais dos anos noventa é evidente e a baixada continuou ata a actualidade. O precio medio de comercialización do mexillón en Galicia pasa de 0,48 euros o quilo no ano 2004 aos 0,39 euros o quilo no ano 2009, segundo datos oficiais. O Consello apoia as críticas lanzadas dende as organizacións sancionadas, xa que as multas, en proporción, son moi superiores ás impostas noutros casos a grandes corporacións.

O Consello Regulador lamenta os continuos ataques contra o sector por parte do secretario xeral de Anfaco, Juan Manuel Vieites, que foi quen denunciou o suposto pacto de prezos ante Competencia. “As súas accións sempre van encamiñadas a tentar afogar o sector primario galego do mexillón, quere descapitalizalo”, sostén Alcalde. As accións de Vieites van en defensa das empresas que teñen intereses en terceiros países e en perxuicio tamén daquelas empresas transformadoras que se abastecen exclusivamente de mexillón galego.

O Consello Regulador afirma tamén que a resolución da CNC contén erros graves, xa que indica que unha sentenza de maio de 2010 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o regulamento da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia “por non ter en conta o interese lexítimo da industria conserveira representada por Anfaco, que presentou recurso contra o citado regulamento”. Francisco Alcalde desminte este punto, “xa que nós recurrimos a sentenza do TSXG ante o Supremo, polo que a día de hoxe o regulamento da Denominación de Orixe está plenamente vixente”.

Mexillón de Galicia quere deixar claro que todos os movementos do sector dende o ano 1997 fixéronse baixo a tutela, cando non co apoio, da Xunta de Galicia, polo que todas as partes do sector confiaban que a lexitimidade das súas accións determinarían unha resolución satisfactora para os intereses do mexillón e sen que implicase coste sancionador. A Consellería do Mar foi requerida pola CNC para que “informara do alcance das súas intervencións” e aportara documentación que considerara adecuada en defensa do sector, “sen que a Consellería fora capaz de concretar o papel que xogou en descargo dos mexilloeiros”, segundo indica a propia Competencia na súa resolución.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 14 de maio AntrosPinos celebra as Letras Galegas en Taragoña

Festival_antrospinos_letras_ga

Rianxo, 9 de maio de 2010. A Asociación Festival AntrosPinos ten un programa de actividades para o sábado 14 de maio que pon en marcha como cada ano con motivo da efeméride das Letras Galegas. Alén del, están a difundir vía Facebook un proxecto de normalización da lingua que chaman 'Os castelanismos restan', para concienciar á xente no bo uso do galego. Está a ter unha importante acollida no devandito medio de difusión e xerou ademais un interesante debate.

 
Programa completo:
 
  • LETRAS GALEGAS 2011. Porque o día das nosas Letras son todos os días!
     
    Sábado, 14 de maio
    Praza nova de Campos de Pazos - Taragoña (Rianxo)

17.00 Xogos tradicionais para nen@s e maiores.

Dado o éxito que xerou a iniciativa o pasado ano, converten durante unhas horas a praciña de Campos de Pazos nun auténtico "divertidoiro". Xogos populares coa colaboración de técnicos en tempo libre farán as delicias de grandes e pequenos.
 
18.30 Lectura de poemas de alumn@s do C.E.P. Xosé María Brea Segade.
Os alumnos e alumnas do colexio Brea Segade están a preparar un coidado recital de poesía para a ocasión.
 
19.30 Sesión de monólogos de humor: Xermol@s do E.S.A.D. de Galicia (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) coa presenza de Mariana Carballal (A 'Maribel' dos Tonechos)
Un grupo de alumnos avantaxados da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, baixo a atenta ollada da súa mestra Mariana Carballal, virán ofrecer a Taragoña unha xeira de monólogos de humor, acompañados da propia mestra que tamén terá os seus intres de gloria sobre o escenario. A troula e a risa está asegurada cos Xermol@s.
 
20.30 Actuación do mago Alán Gholias
O gran mago rianxeiro que está a despuntar no último ano con numerosos espectáculos por toda Galicia, chega de novo á súa terra para ofrecer un dos seus espectáculos máis novidosos, acompañado da súa 'troupe'.
 
21.30 Cantamos co Galeoke!
Divertida sesión de Karaoke pero en galego coas cancións galegas de sempre e outras de grupos máis modernos. O importante é dar o cante coa nosa lingua.
 
22.30 A Gramola Galega! 
Sesión de baile na que a través dunha 'gramola' adaptada para a ocasión, os asistentes poderán escoller unha peza deixando a moeda do valor que queiran nesta particular gramola.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: el periodista José María Íñigo apadrinará en junio un club de periodistas comarcal

Jmi

A Pobra. 6 de Mayo de 2011. El popular periodista y presentador de televisión JOSÉ MARÍA ÍÑIGO asistirá el próximo miércoles día 15 de junio en la localidad de A Pobra (A Coruña) a la gala de presentación del Club Exxpopress, un colectivo cultural de ámbito autonómico creado y promovido por periodistas, pero abierto a toda la sociedad. La cena-gala, en la que José María Íñigo será nombrado PADRINO del Club, tendrá lugar a partir de las 21.30 horas en el restaurante A Terraza de Chicolino. En el transcurso de la gala, en la que habrá sorpresas musicales, José María Íñigo recibirá la primera INSIGNIA DE ORO del Club. 

     Previamente, durante su estancia en la comarca del Barbanza, el popular periodista realizará una ruta turística por algunos de los principales puntos de interés de la zona, acompañado de diversas autoridades y empresarios. 

     Asimismo, visitará en la Casa Consistorial de Boiro (20.00 horas) la exposición multimedia ‘Crónica de la Monarquía española’, formada por decenas de periódicos históricos y revistas de todo el siglo XX, que se complementa con la proyección de vídeos y una colección de imágenes de gran tamaño. 

     La agenda de José María Íñigo durante su estancia en la comarca del Barbanza incluye la presentación, en el Centro Social de Boiro (20.30 horas) de su último libro, titulado ‘Cien españoles y el Príncipe’, del que firmará ejemplares.

     José  María Íñigo Gómez (Bilbao, 1942) dio sus primeros pasos en el mundo de la comunicación en Radio Bilbao y, posteriormente, fichó por la Cadena Cope. A los 18 años trabajaba ya en el Servicio de Reportajes Especiales de la Agencia EFE. Poco después se trasladó a Londres, donde siguió abriéndose camino en las ondas colaborando con varios programas musicales de la Cadena Ser. A su regreso a España se instaló en Madrid y colaboró con los programas El Musiquero, El Gran Musical y Los 40 Principales. Paralelamente, escribía para distintas publicaciones musicales, como Mundo Joven y El Musiquero.

     Su debut en TVE se produjo en 1968, en el programa Último Grito, un espacio musical pionero en la época dedicado a las nuevas tendencias artísticas y musicales del momento. Más tarde presentó el programa Ritmo 70 (1970) en TVE. En 1972 se estrenaba Estudio Abierto, el programa que le encumbró como presentador de televisión (se emitió hasta 1974 y, en una segunda etapa, de 1983 a 1985).

     En los años siguientes fue el conductor de otros espacios de similar formato en los que, además de convertirse en plataforma para numerosos artistas hoy consagrados, Íñigo realizaba entrevistas a los personajes más famosos de la época y a personas anónimas con historias curiosas o divertidas. Programas como La gente quiere saber (1973) en TVE; Hoy 14,15 (1974-1975) en TVE; Directísimo (1975-1976) en TVE; Esta noche, fiesta (1976-1977) en TVE y Fantástico (1978-1981) en TVE.

     Con la llegada de las cadenas privadas, lejos de pasar a un segundo plano, José María Íñigo volvió a la actualidad en televisión. Primero, acompañando a Laura Valenzuela en el programa Las Mañanas de Telecinco (1993-1994); después, en los más diversos programas de entretenimiento, concursos y reality shows, como ¿De qué partes estás? (1994-1995) en Telecinco; El Show de Flo (2002-2003) en TVE; Vivo cantando (2003) en Telecinco; Carta de ajuste (2004) en TVE; Supervivientes: Perdidos en el Caribe (2006) en Telecinco; El Club de Flo (2006) en La Sexta (como concursante) y Eurovisión: Destino Oslo (2010) en TVE (como jurado).

     Desde el año 2000 colabora en el programa de Radio Nacional de España No es un día cualquiera. En 2011, Televisión Española le encomendó la retransmisión del LVI Festival de la Canción de Eurovisión, que se celebrará en Düsseldorf (Alemania) del 10 al 14 de mayo.

     Por otra parte, tiene publicados más de una veintena de libros, entre ellos Música pop, música folk, Enciclopedia de la música 1900-1970, Estudio Abierto, Mundo Fantástico, Ahora hablo yo, Cuando éramos jóvenes o Cien españoles y el Príncipe.

     Además, edita y dirige las revistas Viajes y Vacaciones, Vinos y Restauración, Hoteles del siglo XXI y Lo Mejor de Madrid.

     Su trayectoria profesional fue reconocida con el Premio Ondas al Mejor Presentador de Televisión en 1971; la Antena de Oro en 1979, 1983 y 2009; y el TP de Oro en 1975, 1976, 1978, 1979 y 1983.

Más en

http://www.josemariainigo.com

Y si quiere notar su sentido del humor, sígalo en twitter, en https://twitter.com/#!/josemariainigo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: alumnos do instituto que participan no Comenius levaron a cultura do mexillón ata Lituania

A Pobra do Caramiñal, 9 de maio de 2011. Un grupo de profesores e alumnos do IES de Pobra do Caramiñal veñen de pasar 10 días visitando o Lapiai Basic School en Klaipeda, Lituania, dentro do proxecto Comenius de 2 anos que están a desenvolver con outros centros de Grecia, Bélxica e Italia.

Nestes días foron recibidos polo alcalde da localidade de Garzdai e percorreron os lugares mais salientables da rexión, como Klaipeda, importante porto de mar, ou a área paisaxística de Nida. "Pero, sobre todo, tivemos ocasión de convivir con profesores e alumnos de varias nacionalidades e cas familias locais, compartir experiencias, intercambiar coñecementos e aprender novos xeitos de vivir o ensino", explicaron os participantes, que confesan que foron "xornadas moi intensas nas que os alumnos de cada centro presentaron traballos xenéricos sobre o seu entorno e sistema educativo, así como outros específicos sobre o tema central do proxecto, (Let´s eat  History), no que cada escola estuda un producto representativo da súa área xeográfica. O IES de Pobra do Caramiñal centrouse no mexillón, a súa bioloxía,  e a súa importancia histórica, económica e social na comarca".

Degustación de mexillóns

Tamén ofreceron aos outros participantes una degustación de mexillón en conserva aportada a tal efecto por unha empresa local, e que os integrantes do grupo se encargaron de transportar ata Lituania, xuntamente cos obsequios cedidos por Arousa Norte, a Deputación de A Coruña, Consello Regulador do Mexillón de Galicia e Turgalicia, sorteando como poideron os controis de exceso de equipaxe , o cal, aseguran, non foi doado.

O longo viaxe, así como as poucas horas adicadas ó sono, e as emocións intensas, teñen esgotado as súas enerxías, aseguraron; pero todos eles aseguran que pagou a pena, en particular as alumnas participantes Laura, Sara, Chen e Isabel voltan encantadas da hospitalidade e do trato recibidos, e dunha chea de novas amizades coas que pensan seguir en contacto , e ás que lles gustaría volver a atopar nos encontros previstos para o vindeiro curso.

Agora queda voltar ás clases, recuperar os temas impartidos na súa ausencia, e intentar transmitir ós seus compañeiros e compañeiras ese espírito europeo do que veñen todos de estar inmersos estes días.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

7.5.11

Mar: a Xunta "lamenta" que as confrarías de Muros e Noia e os bateeiros non estean na comisión de seguimento das gaiolas de salmón

Juan Maneiro, director xeral de Competitividade e Innovación, cualifícaos como “pouco responsables” e bótalle de novo a culpa ao bipartito de xerar un clima de desconfianza hacia estas instalacións
Media_httpfarm6static_tzspb

Os que se opoñen ás gaiolas van seguir mobilizándose, e máis nesta campaña electoral

Noia-Muros, 7 de maio de 2011.- A Consellería do Mar lamenta que as confrarías de Muros e a de Noia e a asociación de bateeiros Muros- Esteiro rexeiten participar na comisión de seguimento impulsada pola propia Consellería para analizar o impacto das gaiolas de salmón en proceso de instalación nesa ría. Así o manifestou onte o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, na comisión 8ª de pesca e marisqueo que cualificou de “pouco responsable” a falla de implicación destas tres entidades.

O director xeral explicou na súa comparecencia que o seu departamento invitara a participación das catro confrarías da Ría de Muros- Noia e das tres asociacións bateeiras da zona para pór en marcha esta plataforma que avaliará, cada dous meses, o impacto das plantas nos bancos marisqueiros. Nestes intres, aínda que xa se superou o prazo, a Consellería segue á espera de recibir contestación de outras entidades do sector, ás que tamén se lles invitou a participar.

Maneiro lembrou que varias entidades asociativas da Ría Muros-Noia remitiron un informe “no que tentan cuestionar a validez dos informes técnicos externos solicitados pola Consellería”. Así, o documento pretende demostrar a perniciosidade ambiental do cultivo do salmón “con información pseudocientífica extraída de Internet”, tal e como dixo o director xeral. Neste sentido, os detractores destes cultivos están a comparar este proxecto co caso de Chile” que en ningún momento é o noso exemplo a seguir, como si o son os casos de Noruega ou Escocia, con producións anuais dun millón de toneladas e de 150.000 toneladas anuais e non está a supor ningunha afectación ao medio ambiente. En todo caso, tanto a Consellería coma o Clúster de Acuicultura están a estudar detalladamente este informe e remitirán ás entidades asociativas as conclusións pertinentes.

Maneiro considera que foi “a ocultación e o escurantismo” do goberno bipartito á hora de instalar estas gaiolas na Ría de Arousa “o que creou desconfianza nos sectores produtivos de Muros- Noia” e recalcou que informes científicos conclúen que “é unha actividade perfectamente compatible coas actividades de pesca, marisqueo e acuicultura”.

“Reivindicamos o dereito de avaliar a viabilidade deste proxecto coma unha posible fonte de riqueza e emprego que, de caso de ser comprobada no triplo eixo –ambiental, social e económico- permitiría crear máis de 300 empregos”, dixo. Maneiro sinalou que en España hai unha demanda de máis de 40.000 toneladas anuais de salmón que na actualidade están a satisfacer outros países.

Por último, o director xeral asegurou que no caso de que o proxecto, en fase experimental, non cumpra cos requirimentos dun cultivo sostible nos tres aspectos, ambiental, social e económico, “a experiencia darase por finalizada nas nosas augas”, pese a que a información científica dispoñible e os avances técnicos dos últimos anos apuntan con claridade a que o cultivo é perfectamente compatible coas actividades tradicionais de pesca, marisqueo e acuicultura. “Proba diso son os dezaoito meses de cultivo experimental na ría de Arousa onde non se constatou ningún tipo de efecto negativo”, concluíu.

Namentres, en Facebook...

Antes, en Certo:

Media_httpfarm6static_xjopg

Gaiolas: O PP loitou cando estaba na oposición contra as gaiolas de salmón.


Salmón: a culpa das gaiolas tamén é do Bipartito, di a Xunta


Noia: o PP volta tumbar unha proposición do Bng contra as gaiolas de salmón na Ría


Gaiolas de salmón: manifestación espontánea na Ría contra elas


Gaiolas de salmón na Ría: o Bng tamén se opón

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os grupos comarcais van ser os protagonistas deste Maio Musical ribeirense

Haberá tamén unha concentración de motos Harley Davidson

Maio_musical

Maio Musical.doc Download this file

Harley_davidson

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical