18.5.11

Ribeira: resultados da Carreira da Virxe da Guía

GUIA 2011. IV CIRCUITO.xlsx Download this file

Media_httpcarreirainf_rnvig

Fotos, vídeo e toda a información en http://www.virxedaguia.org

Así queda a clasificación para o Circuíto de Carreiras Populares de Ribeira:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o Festival Mozart fai unha parada no municipio o sábado 21 de maio

Media_httpfestivalmoz_tctyc

Boiro, 18 de maio de 2011. Mañá preséntase na casa consistorial o Festival Mozart 2011, que terá un dos seus concertos deslocalizados (a sé principal é na cidade de A Coruña) nesta vila. O concerto, de Piazzolla para contrabaixo e bandoneón será na casa da cultura co seguinte programa:

Astor Piazzolla
Contrabaixeando
Boricuá
De Tal Pau
A casiña dos meus vellos
Os posuídos
Kicho
Oblivión
Michelángelo

Alejandro Szabo, bandoneón
Diego Zecharies, contrabaixo

Máis información en http://festivalmozart.com

Premios da Liga Infantil de Baloncesto
Media_httpfarm3static_apcjw

 

Por outra banda, tivo lugar hoxe a entrega de premios da Liga Infantil de Baloncesto, así como os premios da Copa Infantil organizada polo Club de Baloncesto Santa Baia, que tivo lugar o pasado sábado, día 14 de maio, no pavillón de Santa Baia. Asistiron o Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, e participaron equipos de Boiro, A Pobra, Ribeira e Noia.

 


 

-          MAÑÁ XOVES, DÍA 19 DE MAIO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas) terá lugar a presentación do “Concerto Mozart”, que se celebrará este sábado día 21 na Casa da Cultura. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, e o Director da Orquestra Sinfónica da Coruña.

 

 

Saúdos,

 

Ana Fernández Neira

Gabinete de Alcaldía

Telf. 981 847034

alcaldia@boiro.org

 

Image001
                    
Image002

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: emotivo homenaxe floral a Antón Avilés de Taramancos e María Mariño polo Día das Letras Galegas


Noia, 17 de maio de 2011. Dous persoeiros das Letras Galegas, que xa tiveron os seus correspondentes anos conmemorativos, foron os homenaxeados hoxe en Noia co gallo do Día das Letras Galegas. Entre os concentrados na homenaxe puidéronse ver pancartas da plataforma Queremos Galego, unha das cales foi portada por Luís Avilés, un dos fillos de Antón Avilés.
Na homenaxe ante o busto de Avilés participou o alcalde noiés, Rafael García, que ofreceu un ramo de flores á viúva do senlleiro escritor para que o depositase na base da estatua. Sofía Baquero bicou con gran sentimento o ramo ofrecido.

A continuación actuou o performer Serafín Marcos, co seu habitual caldeiro de xógaras, recitando versos do homenaxeado.
Na estatua de María Mariño estiveron representantes das tres forzas políticas que na actualidade ocupan sillóns no pleno do concello e o alcalde pronunciou un pequeno discurso a prol do galego antes de dar paso ao performer Marcos, quen trocou verbas do Caurel (como diría María Mariño) por abrazos e fabricou, para sorpresa de todos os alí convocados, un niño nun dos arbustos do xardín. Imaxinamos que para que o galego aniñe máis primaveras entre nós.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.5.11

Noia: programación cultural de maio e xuño

Noia_programacin_cultural

Este 17 de maio, ofrenda floral no busto de María Mariño e o de Avilés (xardíns de Felipe de Castro, case diante do Concello) ás 12:30.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.5.11

Música: o noiés Sleeping Cat presenta o seu primeiro tema instrumental, "Noia, a feeling, a passion, my home"

   <span>Sleeping cat - Noia, a feeling, a passion, my home by sleepingcat</span>

Un tema que escolleron no Psoe de Noia para un vídeo -feito polo cineasta, tamén noiés, Luís Avilés Baquero- da campaña electoral destas municipais do 22 de maio:
<p>Noia, Un Sentimento from noiaunsentimento on Vimeo.</p>

En Certo entrevistamos a Sleeping Cat hai un tempo:

Sleeping Cat: naceu en 2010. A que sona este gato durmiñento?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: os rapaces do instituto presentan traballos sobre o que lles gusta e o que lles amola do seu pobo

Media_httpfarm5static_cjjgs

A Pobra do Caramiñal, 16 de maio de 2011. Apenas hai uns anos, os traballos de calquera escolar, de calquera alumna dun colexio ou dun instituto apenas tiña repercusión. O mestre encargáballo, podía comentalo na casa, entre os coñecidos, logo correxíase, cualificábase e morreu o conto. Nestes tempos de YouTube, calquera que teña acceso a Internet pode ver o que fixeron os alumnos do instituto da Pobra para Ciencias Sociais. Xusto en campaña electoral van e colgan os traballos en vídeo nos que, sen complexos e sen pelos na lingua, contan o que lles gusta e disgusta deste pobo. Veciñas e veciños da Pobra, pero sobre todo políticos en campaña, vaian tomando nota:




Hai máis vídeos na canle de YouTube do instituto, en http://www.youtube.com/user/iespobra3a

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: concerto das mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia co gallo das Letras Galegas este 17 de maio

Rianxo_osg_letras_galegas

Rianxo, 16 de maio de 2011. Este martes 17, Día das Letras Galegas, terá lugar o concerto da Orquestra de Mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia, ás 20:00 horas no Auditorio de Rianxo.

A Orquestra de Mulleres da OSG interpretará obras de Corelli, Mozart, Rossini e Félix Mendelssohn, co programa que se adxunta na imaxe.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Cruz Vermella organiza novos cursos en maio e xuño sobre diversas especialidades

Noia_cursos_cruz_vermella

Noia, 16 de maio de 2011. Cruz Vermella informa dos cursos que está a organizar e se van realizar en breve:

-AXUDAS TÉCNICAS E DO FOGAR PARA PERSOAS A ATENCIÓN DE PERSOAS DEPENDENTES.
Data: 21 de maio ó 7 de xuño (sábados)
Horario: 10:00 - 14:00 e de 16:00- 20:00
...Lugar: asambleade Cruz Vermella de Noia

-PRIMEIROS AUXILIOS EN PERSOAS MAIORES.
Data: 11 de xuño
Horario: 9:00 - 14:00 e de 16:00 - 20:00
Lugar: asamblea de Cruz Vermella de Noia

- PREVENCIÓN DE ÚLCERAS POR PRESIÓN
Data: 11 de xuño
Horario: 9:00- 14:00 e de 16:00 - 20:00
Lugar: MUROS

Para máis información podedes chamar as nosas oficinas en horario de 09:00h - 13:30h.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Festival dos Maios corre a cargo de grupos locais. Para as Letras Galegas, inchables e monicreques en Aguiño

Media_httpc1acimagesm_hciry

E.K.O.S. eran de Rianxo, alomenos cando os coñecemos

Ribeira, 16 de maio de 2011. O Concello lembra que na noite de hoxe, luns, véspera do Día das Letras Galegas, o parque García Bayón de Santa Uxía da cabida ao Festival dos Maios, integrado pola actuación de sete bandas locais do municipio: Talón de Akiles, E.K.O.S., Belfastt, Generazion Perdida, Dúo Alecrín, The Fé Kaos e Yago F.M. 

O festival dará  inicio ás 21.30 horas e a súa organización conta coa colaboración da Asociación Flor de Toxo.  Esta mesma entidade foi a que colocou o pasado venres 13 de maio unha pancarta no Palco de Pedra do Malecón, co lema de " Día das letras galegas 2011, Lois Pereiro" e a inscrición "Ti tes a chave, ábrelle as portas á túa lingua", coa que se pretende acender na memoria dos ribeirenses "a importancia e prestixio do idioma galego e de todos os seus autores", segundo explican dende esta asociación. Esta mañá, ás 10:30, na Praza do Concello, tamén levaron a cabo unha actividade na que amosaron á poboación da comarca os problemas cos que se atopa diariamente unha persoa con diversidade funcional. Integrantes da asociación convidaron a veciñas e veciños a pasear nunha cadeira de rodas polas rúas da Centenaria para ver os atrancos que hai para este tipo de vehículos e os seus ocupantes.

Aguiño coas Letras Galegas          

Por outra banda, mañá 17 de maio,  no Cruce de Aguiño tamén se conmemorará a Festa dos Maios coa actuación a partir das 21.30 horas da orquestra Gran Canaria. Colaboran a Asociación A Dourixeira, o Club Xubilados de Carreira e Aguiño, a Asociación Francisco Lorenzo Mariño e a hostalería de Aguiño. 

No adro da Igrexa de Aguiño haberá inchables de 10 a 14 e de 16.30 a 19 horas; mentres que ás 19.30 horas haberá unha función de monicreques na Aula de Música de Aguiño a cargo de Duendesico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: organizan unha concentración contra a violencia de xénero este mércores 18 de maio

Noia_violencia_xnero

Imaxe no Fb de Abel Lorenzo Díaz tomada o pasado sábado en Noia

Boiro, 16 de maio de 2011. O Centro de Información á Muller (CIM) e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro convidan a todos os cidadáns, grupos políticos e asociacións locais a participar na concentración de solidariedade polo asasinato da moza de Noia Gloria García, de 19 anos, que terá lugar o vindeiro mércores día 18 de maio ás 11.00 horas na Praza de Galicia.

Lerase un manifesto de condena e gardarase un minuto de silencio en memoria da vítima.

O Departamento de Servizos Sociais e o Concello de Boiro queren tamén lembrar ás persoas desta localidade que poidan estar sufrindo situacións de violencia ou acoso que dispoñen de servizos gratuítos e especializados, totalmente confidenciais á súa disposición no Centro de Información á Muller, C.I.M. do Concello boirense, teléfono 981 84 28 26, ademais do teléfono 016, o cal non deixa pegada na factura telefónica.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical