18.5.11

Noia: este venres 20, "O achado do castro", no Liceo

o achado do castro.pdf Download this file

Tamén pode interesarlle:


Festas de Sta Rita de Argalo: do 20 ao 22 de maio


Charla: este venres 20 de maio, Tuenti para familias


Peregrinación: a Sta Rita, en Compostela, este sábado 21


Programación cultural: maio e xuño

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: entregados os premios do Certame das Letras Galegas que organizou o Concello

Ribeira, 18 de maio de 2011. Dezaoito nenas e nenos de Ribeira con idades comprendidas entre 7 e 13 anos resultaron galardoados na 19ª edición do Certame Literario das Letras Galegas: un concurso promovido polo Concello a través das súas Áreas de Cultura e Educación, co fin de distinguir os traballos literarios máis destacados elaborados por rapaces de Primaria dos distintos colexios do municipio.  

Un total de 207 obras foron presentadas a estes premios, estruturados en tres categorías (prosa, poesía e banda deseñada), subdividíndose estas á súa vez nas modalidades de entre 7 e 10 anos e de entre 10 e 13 anos. 

Os edís Luciano Fernández e Juana Ermitas Crugeiras foron os encargados de entregar os diplomas e agasallos correspondentes aos rapaces distinguidos ante un Auditorio Municipal completamente cheo polos seus compañeiros de escola. Previamente, houbera un espectáculo de maxia a cargo de Dani García co título de Acción. 

Ademais, cada neno e nena participante recibirán un diploma e unha camiseta de agasallo que se entregará a cada colexio para a súa distribución. Por outra parte, todos os asistentes á función de maxia recibiron un cubilete de ceras do Maio Cultural. 

Relación de premiados

Na modalidade de prosa, os galardoados na categoría de 7 a 10 anos foron: Alba Pérez Prol, do colexio de Aguiño, pola obra “Alba, Sálvora e as Sereas”; Vania Lucía Traygo Cornejo, do Galaxia, por “Araña Maraña”; e Pablo Abad García, do colexio O Grupo, por “Mensaxe nunha botella”. 

Na categoría de 10 a 13 anos, os premiados foron María Roo Sampedro, do colexio de Aguiño, por “Bolboretas en perigo”; Laura Martínez Ayaso, do colexio A Milagrosa de Oleiros, por “Irmá dos mares”; e Jacobo Placer Frey, do CEIP de Palmeira, por “A patria”. 

Na modalidade de poesía, os distinguidos na categoría de 7 a 10 anos foron: Uxía Castromán Couselo, do colexio O Grupo, por “A primavera”; Javier Súarez Lijó, do colexio de Artes, por “O meu gatiño”; e Isabel Montero Santiago, do colexio A Milagrosa, pola obra “A casa dos Libros”. 

Na categoría de 10 a 13 anos, foron Andrea Rivas Pérez, do CEIP de Palmeira, por “Os namorados”; María Melón Bretal, do colexio Galaxia, por “A miña horta”; e Raquel Fernández Oliveira, do colexio de Artes, por “Alegría”. 

Na modalidade cómic, de 7 a 10 anos, foron premiados: Simón Sampedro Pego, do colexio de Artes, por “As letras galegas van en camiño”; Melisa Freiría Chauza, do colexio Galaxia, por “Un acontecemento inesperado”; e Sergio Martínez Martínez, tamén do Galaxia, por “Viaxe ao mar”. 

De 10 a 13 anos, os galardoados foron: Ana Pérez Arnoso, do CEIP de Aguiño, por “O aniversario de Sabela”; Lucas Fernández Falque, do colexio O Grupo, por “A invasión dos antigalegos”; e Irene Fariña Martínez, do CEIP de Palmeira, por “O can disfrazado”. 

Ao remate do acto entregouse aos colexios participantes lotes de libros de Lois Pereiro, a biografía que realizou Antón Lopo sobre o escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2011, e varias publicacións promovidas polo Concello, como a última novela de Plácido Betanzos (“Paravea no Inferno”), o homenaxe poético a Riveira de Agustín Fernández Oujo e o libro sobre o patrimonio etnográfico e arqueolóxico de Barbanza de Ledicia Lustres Viturro.

Pode que lle interese:


Cultura: "Paravea no inferno", de Plácido Betanzos


Maio cultural: adicado a Lois Pereiro e Álvaro Cunqueiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: os socialistas denuncian o desleixo da escola de música do Campiño e da unitaria do Camiño Ancho

A Pobra do Caramiñal, 18 de maio de 2011. As fotos primeiras corresponden ó estado en que se lles entregou a escola de música do Campiño para celebrar un mitin do PSdeG- PSOE aos socialistas.
As seguintes corresponden o estado en que se encontra o piso superior da escola unitaria do Camiño Ancho. Anteriormente celebráranse mítines doutros partidos nos que había cadeiras: ante a sorpresa da falta das mesmas, explican os socialistas, "miramos nas portas por se se gardaran noutro lado. A inmundicia na que se atopan os locais públicos pola falta de coidado mantemento é evidente: estas fotos falan por si mesmas".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ata o 3 de xuño para presentarse ás probas de acceso ao conservatorio

Hai que escoller tres instrumentos dos que se ofertan

Ribeira, 18 de maio de 2011. O Conservatorio Profesional de Música informa de que o prazo para formalizar a matrícula necesaria para poder presentarse ás probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental terá lugar do 18 de maio ao 3 de xuño, ambos inclusive. 

A proba de acceso propiamente dita terá lugar o día 20 de xuño pola tarde, a partir das 17.00 horas. Cabe lembrar que, por lei, para poder optar a asistir a este primeiro curso hai que ter entre 8 e 14 anos (cumpridos durante o ano 2011) e presentarse  a unha proba de acceso, que consta de exercicios moi básicos e sinxelos co fin de valorar aspectos como a psicomotricidade, a  entoación, o ritmo, etc... 

A matrícula deberá realizarse nas oficinas do centro en horario de mañá. É necesario presentar dúas fotos e fotocopia do DNI ou, en caso de non ter DNI, fotocopia do libro de familia.  

Tamén é preciso elixir tres instrumentos, dos que se ofertan no conservatorio,  por orde de preferencia. Como as prazas son limitadas, adxudícanse pola orde da puntuación acadada na proba de acceso, polo que se algún alumno non pode optar á primeira opción escollida, daráselle praza na segunda e se é o caso na terceira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 21 de maio parte unha peregrinación a Santa Rita en Compostela

Sta._Rita-11[1].pdf Download this file

Media_httpfarm3static_hdtcp

Saída ás 11 da noite (23:00 horas) da praza do Concello, ollo...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Sálvora, campións da Copa do Concello

Ribeira: resultados da Carreira da Virxe da Guía

GUIA 2011. IV CIRCUITO.xlsx Download this file

Media_httpcarreirainf_rnvig

Fotos, vídeo e toda a información en http://www.virxedaguia.org

Así queda a clasificación para o Circuíto de Carreiras Populares de Ribeira:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o Festival Mozart fai unha parada no municipio o sábado 21 de maio

Media_httpfestivalmoz_tctyc

Boiro, 18 de maio de 2011. Mañá preséntase na casa consistorial o Festival Mozart 2011, que terá un dos seus concertos deslocalizados (a sé principal é na cidade de A Coruña) nesta vila. O concerto, de Piazzolla para contrabaixo e bandoneón será na casa da cultura co seguinte programa:

Astor Piazzolla
Contrabaixeando
Boricuá
De Tal Pau
A casiña dos meus vellos
Os posuídos
Kicho
Oblivión
Michelángelo

Alejandro Szabo, bandoneón
Diego Zecharies, contrabaixo

Máis información en http://festivalmozart.com

Premios da Liga Infantil de Baloncesto
Media_httpfarm3static_apcjw

 

Por outra banda, tivo lugar hoxe a entrega de premios da Liga Infantil de Baloncesto, así como os premios da Copa Infantil organizada polo Club de Baloncesto Santa Baia, que tivo lugar o pasado sábado, día 14 de maio, no pavillón de Santa Baia. Asistiron o Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, e participaron equipos de Boiro, A Pobra, Ribeira e Noia.

 


 

-          MAÑÁ XOVES, DÍA 19 DE MAIO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas) terá lugar a presentación do “Concerto Mozart”, que se celebrará este sábado día 21 na Casa da Cultura. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, e o Director da Orquestra Sinfónica da Coruña.

 

 

Saúdos,

 

Ana Fernández Neira

Gabinete de Alcaldía

Telf. 981 847034

alcaldia@boiro.org

 

Image001
                    
Image002

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: emotivo homenaxe floral a Antón Avilés de Taramancos e María Mariño polo Día das Letras Galegas


Noia, 17 de maio de 2011. Dous persoeiros das Letras Galegas, que xa tiveron os seus correspondentes anos conmemorativos, foron os homenaxeados hoxe en Noia co gallo do Día das Letras Galegas. Entre os concentrados na homenaxe puidéronse ver pancartas da plataforma Queremos Galego, unha das cales foi portada por Luís Avilés, un dos fillos de Antón Avilés.
Na homenaxe ante o busto de Avilés participou o alcalde noiés, Rafael García, que ofreceu un ramo de flores á viúva do senlleiro escritor para que o depositase na base da estatua. Sofía Baquero bicou con gran sentimento o ramo ofrecido.

A continuación actuou o performer Serafín Marcos, co seu habitual caldeiro de xógaras, recitando versos do homenaxeado.
Na estatua de María Mariño estiveron representantes das tres forzas políticas que na actualidade ocupan sillóns no pleno do concello e o alcalde pronunciou un pequeno discurso a prol do galego antes de dar paso ao performer Marcos, quen trocou verbas do Caurel (como diría María Mariño) por abrazos e fabricou, para sorpresa de todos os alí convocados, un niño nun dos arbustos do xardín. Imaxinamos que para que o galego aniñe máis primaveras entre nós.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.5.11

Noia: programación cultural de maio e xuño

Noia_programacin_cultural

Este 17 de maio, ofrenda floral no busto de María Mariño e o de Avilés (xardíns de Felipe de Castro, case diante do Concello) ás 12:30.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical