7.6.11

Noia: este xoves, 9 de xuño, presentación de "El lago", primeira novela do noiés Manuel Castro Vázquez

FichatcnicaEL LAGO.docx Download this file

Media_httpfarm4static_yyilh

Noia, 7 de xuño de 2011. Este vindeiro xoves, 9 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" vaise presentar o libro "El lago" do escritor noiés Manuel Castro Vázquez. Na presentación estará presente o autor, o representante do selo editor e unha terceira persoa por confirmar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves, 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, con visita ás novas instalacións municipais

Media_httpfarm3static_bzprh

O Arquivo municipal está no terceiro andar deste edificio


Ribeira, 7 de xuño de 2011. Este xoves 9 de xuño é o Día Internacional dos Arquivos, unha celebración á que se quere sumar o Concello coa programación dunha actividade na que se amosará o novo local do Arquivo Municipal (sito no terceiro e no carto andar da nova sede da Policía Local) a responsables dos distintos centros educativos do municipio. 

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o servizo e os seus plans de actuacións aos centros educativos para poder establecer futuras visitas dos estudantes, así como fomentar posibles actuacións en común aproveitando as posibilidades do Patrimonio Documental de Ribeira. 

Con tal motivo, desde a Corporación Municipal convidouse aos centros educativos a que participen coa presenza de persoal docente para facer un percorrido polo novo local acompañados polo arquiveiro municipal, José Antonio Otero Sobrido. Esta acción está programada para as 12 horas do mediodía do xoves 9 de xuño e, no transcurso da mesma, váiselles explicar aos mestres congregados as condicións do local e equipamento, a documentación que xa se trasladou e o plan de futuro para a dotación e os servizos que se pretenden ofrecer. 

Documentos singulares

Ademais, expoñeráselles unha mostra de documentos significativos e singulares do Arquivo e outra de publicacións editadas que se basearon total ou parcialmente na documentación custodiada no Arquivo. Tamén se lerá a “Declaración Universal dos Arquivos” aprobada pola Asemblea Xeral do  Consello Internacional de Arquivos reunida en Oslo en setembro de 2010. 

Esta acción adscríbese ao calendario de actos programados pola Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, con motivo do Día Internacional dos Arquivos. 

O día anterior:

Este mércores 8, Día Mundial dos Océanos. Xornada de portas abertas ao "Irmáns García Nodal"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programa completo do "Verán cultural 2011"

Ribeira, 7 de xuño de 2011. A programación do Verán Cultural de Ribeira 2011 foi presentada hoxe no Auditorio Municipal. Ten entre os seus obxectivos propoñer unha oferta de actividades dirixidas aos rapaces para permitir ás familias a conciliación de vida familiar e laboral durante as vacacións estivais.

 

O edil en funcións de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, indicou que este ano a iniciativa acubilla "máis actividades que nunca" e destacou o feito de que se baixase "de xeito notable o importe das matrículas". As preinscripcións ábrense mañá mércores. Agradeceu a colaboración de Xunta, Deputación Provincial, Agadic e Conservatorio de Ribeira.

 

 


Programacion Veran Cultural Riveira 2011.ppt Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.6.11

Rianxo: o serán "Mar de Rianxo" chega á súa sexta edición o vindeiro sábado 18 de xuño, organizado por "Vai de Roda"

Praias: a Deputación subvenciona a limpeza dos areais de Barbanza e Noia

Media_httpfarm3static_ixjop

Ao Concello da Pobra (na imaxe, Cabío) destínanse máis de 22.000 euros

Barbanza-Noia, 6 de xuño de 2011. A Deputación da Coruña destina este ano un orzamento de 880.834 euros para subvencionar a creación de brigadas de limpeza de praias en 39 concellos da provincia. Os criterios empregados para adxudicar as subvencións foron o número de praias do municipio e a extensión total destas (ata o 70%), o número de beneficiarios directa ou indirectamente (ata o 20%), e o nivel de equipamento dos areais (ata o 10%).

Os concellos beneficiados, nas bisbarras de Barbanza e Noia, son os seguintes:

Boiro (30.000 €);

Muros (28.000 €);

Noia (23.000 €);

Outes (14.194,67 €);

Pobra do Caramiñal (22.434,70 €);

Porto do Son (30.000 €);

Rianxo (28.000 €);

Ribeira (30.000 €);

A subvención para a creación de brigadas de limpeza de praias comprende unha duración total de tres meses, entre os meses de maio e setembro do presente ano.

Socorristas para a piscina de Lousame

Ademais, a Deputación da Coruña destina este verán un orzamento de 116.950,21 euros para a contratación de socorristas en 40 piscinas municipais da provincia. Cada un dos concellos recibirá unha subvención máxima de 3.000 euros para a contratación dun socorrista durante os meses de verán. O concello que se beneficiará destas axudas na comarca de Barbanza e Noia é Lousame.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: seleccionan desempregados para curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio

A data da escolla será este venres 10 de xuño
Media_httpfarm6static_fjapj

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Concello informa da celebración dun Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio que, con 618 horas de duración, está dirixido a persoas en situación de desemprego. 

O venres 10 de xuño terá lugar a selección de alumnos nas Aulas de Formación da Rúa Cristobal Colón, s/n (fronte ao tanatorio). Como requisitos para asistir, cómpre ser persoa desempregada, estar apuntado na Oficina de Emprego e ter uns estudos mínimos de ESO ou equivalente e certificado de CELGA 2 ou iniciación de galego. 

As persoas interesadas en participar como alumnos neste curso deben presentarse no lugar antes indicado ás 09.00 horas (deben traer a súa titulación académica e o certificado do nivel de galego).  

Para máis información, poñerse en contacto coa Oficina de Desenvolvemento Local (Casa do Concello, 1ª planta. Tel.: 981 83 54 17).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Festival de Danza Clásica da Escola de Ballet encheu o auditorio

Media_httpfarm6static_ughib

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Auditorio Municipal encheuse totalmente na noite de onte, domingo 5 de xuño, para acoller ao Festival de Danza Clásica organizado pola Escola Municipal de Ballet do Concello. Durante a actuación, amosaron o seu bo facer sobre as táboas do escenario as 44 nenas e o neno que, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, están asistindo a esta escola, que dirixe Cristina Riveiro, á cal se encargou de presentar o evento.

O repertorio estivo composto por  composicións orixinais de Leroy Anderson (“El gato valseador”, Césare Pugni (“La vivandière, pas de six”), Orchester Kindersinfonie (“Sinfonía), Johan Strauss (“Marcha”), e Dulce Pontes e Andrea Bocelli (“O mar e tu”). Ademais, o espectáculo rematou coa posta en escena do tema “Flores en la Carretera”, dos riveirenses Jabon Blue na súa versión arranxada por Luis Cobos, con coreografía realizada expresamente por Cristina Riveiro. Con esta adaptación, a Escola Municipal de Ballet quixo aportar o seu particular grao de area á Campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións, promovida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.  


Adeus, Luciano, adeus

Unha vez rematadas as actuacións, o concelleiro Luciano Fernández Martínez despediuse como edil dos participantes e espectadores presentes no Auditorio. Acto seguido, tivo lugar a entrega de diplomas a todos os alumnos da escola.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o torneo de tenis de verán, na súa quinta edición, vai do 1 de xullo ao 15 de agosto

Rianxo, 6 de xuño de 2011. O Club de Tenis Rianxo, coa colaboración do Servizo de Deportes, organiza a 5ª edición do torneo de verán de tenis. A inscrición xa está aberta (ata o 26 de xuño) e a competición desenvolverase ó longo do mes de xullo e a primeira quincena de agosto.

regulamentovtorneoverantenis.pdf Download this file

carteltorneotenisveran2011.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Conservatorio realiza esta semana audicións de luns a venres

Media_httpfarm4static_ixdic

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Conservatorio Profesional de Música dedica integramente a semana en curso á realización de audicións de alumnos que están asistindo a este centro, tanto en grao elemental como profesional.  

Todas as audicións terán lugar no salón de actos do Conservatorio local, conforme ao seguinte programa: 

  • Hoxe,  luns día 6, terá  lugar a audición dos alumnos de 3º curso de grao elemental ás 18.30 horas
  • O martes 7, audición dos alumnos de 2º curso de grao elemental ás 18.00 horas e de 1º e 2º de grao profesional ás 19.30 horas.
  • O mércores 8 ás 18:30 horas, audición dos alumnos do 1º curso do grao elemental.
  • O xoves, 9 audición dos alumnos de 4º curso de grao elemental ás 18.30 horas
  • O venres 10 ás 18.30 horas ,audición dos alumnos de 3º, 4º e 5º do grao profesional.

Coma sempre, a entrada a estas audicións e libre para toda aquela persoa que desexe asistir.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.6.11

Cinema: remata a rodaxe da longa de tv "Sinbad", con localizacións en Ribeira e Santiago

A longametraxe está producida por Ficción Producciones e TVG

Ribeira, 5 de xuño de 2011. Hoxe domingo remata a rodaxe da longametraxe SINBAD, que coproducen Ficción Producciones e TVG dentro da serie UN MUNDO DE HISTORIAS, creada por Antón Dobao para esta canle de tv. Foi este, precisamente, o director e guionista desta longametraxe baseada na novela de Álvaro Cunqueiro, SE O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS.

As tres primeiras semanas, todo o equipo de Ficción Producciones traballou en Corrubedo, en praias como a de Prado, Cabío,  Palmeira; no Faro de Corrubedo, no Porto, en distintas rúas do pobo, como a rúa Bandiarrego, onde se emprazou a casa de Sinbad, a de Alba, e a de Vanesa; a Travesía do Voluntariado, onde estivo a Casa de Aldán, a Taberna de Mansur no porto de Palmeira... 

A rodaxe deu comezo o luns 9 de maio, e remata hoxe día 5 de xuño. Foron catro semanas de intenso traballo para o equipo técnico e artístico que integran os equipos da rodaxe e demais procesos habituais, ata chegar ó produto final. Agora comeza o proceso de edición, montaxe e posprodución.

A derradeira semana de rodaxe foi en Santiago, tanto no Seminario Menor como a Residencia de Anciáns, Chaián, O Milladodoiro, etc...

Argumento

Sinbad é, máis que ningunha outra cousa, un extraordinario fabulador, un home que fai participar aos seus interlocutores das experiencias da súas viaxes pasadas, fosen no mundo real, fosen no universo da imaxinación e da fantasía. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna propiedade de Mansur, un home viúvo que ten ao seu cargo a Sara, a súa filla, de entre dez e trece anos. Sinbad mantén con Sara unha relación moi estreita e afectuosa. Gústalle conversar coa pequena e contarlle historias fantásticas. Acompáñaa ás veces á escola, apréndelle cousas do mar e das estrelas, comparte con ela os seus mapas, etc. Sara é o mellor receptor de todas as historias que narra Sinbad. Cultiva con el unha imaxinación portentosa. Constantemente mostra unha curiosidade e unha perspicacia moi agudas.

Equipo técnico

Antón Dobao é o director do proxecto, así como o  guionista; o argumento foi desenvolvido por Marcos Nine e o propio Antón Dobao; a Música, é de Javier Maneiro e Casa de Tolos; Toni Veiga está á fronte da dirección de Produción; os produtores executivos son Julio Casal e Mamen Quintas. A dirección de fotografía corre a cargo de Suso Bello; o xefe de son é David Machado; a dirección artística dependerá de Curru Garabal; Eva Camino –recentemente galardoada nos Premios Mestre Mateo 2010 polo Mellor Deseño de Vestiario- será a figurinista. Carol Varela e Iris Bautís serán respectivamente as xefas de Maquillaxe e Perruquería. O xefe dos eléctricos é Roberto Quinteiro. A supervisión dos efectos especiais, dependerá de Luís Faraón; o deseño e concepto de integración –e autor do cartaz da película- é David Rubín, e a Montaxe correrá da man de Clara Nieto.

Equipo artístico

Os papeis protagonistas serán realizados por Xosé Olveira ‘Pico’ –Sinbad-, Sara Casasnovas –Vanesa- e Mariña Sampedro –Sara-. Os actores e actrices secundarios serán Luís Castro Zahera, Laura Ponte, Manolo Cortés, César Cambeiro, Antonio Durán ‘Morris’, Mariana Carballal, Camila Bossa, María Tasende e Celso Parada. E hai tamén colaboracións especiais, que son as de Miquel Ínsua e Mela Casal.

Os actores e actrices de reparto son Monti Castiñeiras, Manolo Lourenzo, Tamara Canosa, Xoel Fernández, Miguel Varela, Xúlio Abonjo, Manuel Lozano, Evaristo Calvo, Guillermo Carbajo, Paulo Rodríguez e María Caparrini.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical