Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
20.6.11
Sociedade: Barbanza xa ten indignados, constituídos en IB
Ribeira: Aguiño re-estreou a rúa Braña da Area tralas reformas e ancheamento
Ribeira, 20 de xuño de 2011. A rúa Braña da Area, en Aguiño, viviu esta fin de semana un simple acto co que se quixo celebrar a apertura desta vía unha vez realizada a obra de adecuación, pavimentación e renovación de servizos da mesma.
Cabe lembrar que a devandita obra, cun orzamento superior aos 180.000 euros e un prazo de execución de cinco meses, foi realizada pola empresa Lisardo Inversiones. A actuación incluíu montaxe de tubaxes para abastecemento de auga, saneamento de fecais e drenaxe de pluviais, instalación de conducións soterradas para o alumeado, colocación de novos báculos e luminarias, pavimentación con aglomerado asfáltico e pavimentación de beirarrúas con baldosa hidráulica.
Á parte de moitos veciños, no acto déronse cita os alcaldes saliente e entrante, José Luis Torres Colomer e Manuel Ruiz Rivas, así como a concelleira aguiñense do anterior Executivo Esther Patiño Rey, e os dous novos edís Vicente Mariño de Bricio e Elvira Pisos Arnoso.
Ruiz Rivas e Torres Colomer quixeron destacar e agradecer a colaboración dos veciños lindantes que cederon parte dos seus terreos para poder anchear a rúa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este martes 21, concerto de fin de curso no Conservatorio de Música
Ribeira, 20 de xuño de 2011. O Concello informa de que o próximo martes día 21 de xuño, ás 20 horas, terá lugar o concerto de Fin de Curso no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira.
Dito concerto terá lugar no salón de actos do centro citado e, unha vez rematado, os alumnos recibirán dos seus profesores os correspondentes informes de avaliación final do curso 2010/2011.
A entrada é libre e gratuíta para os espectadores que desexen asistir.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
17.6.11
Ribeira: recepción no Concello ao Sálvora por tantos éxitos deportivos nesta tempada
- Foi o primeiro acto institucional de Manuel Ruiz Rivas como alcalde
- Entregáronse os trofeos de Campións de Liga en Infantil, Alevín e Benxamín
Con tal motivo, déronse cita na Casa do Concello dous membros da Federación Galega de Fútbol: o directivo Nelson Barreiro e o delegado de Santiago Quico Fernández, que se encargaron de facer entrega dos correspondentes trofeos a cada categoría, ao igual que o alcalde. Tamén estiveron na mesa presidencial o coordinador de fútbol base do club, Artola, e o concelleiro delegado de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez.
Na súa alocución, Quico Fernández destacou que esta é a primeira vez que a delegación santiaguesa da Federación desprázase ata unha localidade distinta á compostelá para celebrar un éxito deportivo. Salientou que equipos como o Sálvora van no bo camiño para que o fútbol de Ribeira volva ser unha referencia e regrese á élite.
Pola súa parte, Ruiz Rivas explicou que para el é unha gran satisfacción que o seu primeiro acto institucional como alcalde sexa para recibir a un club como o Sálvora, que practica un deporte que foi practicamente todo para el a metade da súa vida.
Así mesmo, manifestou que “o que marca a un pobo é a vontade de facer cousas sen esperar nada a cambio” e a este respecto quixo poñer en valor o labor desenvolvido por técnicos e directivos así como o sacrificio dos pais e nais, e salientou a importancia de apoiar o deporte base. Tamén declarou que “a verdadeira victoria do deporte son os valores que transmiten”, e puxo como exemplos o traballo en equipo ou o saber perder.
Manuel Ruiz informou tamén de que o Concello seguirá comprometido co mundo do deporte do municipio. O acto rematou cun intercambio de obsequios entre club e Concello.
Méritos
Noutro orde de cousas, os méritos acadados polo Sálvora son os seguintes:
Infantís:
- Campións de liga do grupo 8 de segunda infantil e ascenso a 1ª autonómica. Máximos goleadores con 154 goles e menos goleados con 11. Gañaron todos os partidos. (20)
- Campións de copa do Concello: máximos goleadores con 47 e menos goleados con 6. Gañaron todos os partidos (8)
- Campións supercopa do Concello.
- Non perderon partido oficial en todo o ano
Alevíns:
Sálvora B:
- Campións de liga do grupo IV de primeira autonómica. Máximos goleadores con 343 e menos goleados con 8. Gañaron todos os partidos (22).
- Campións de copa do concello: máximos goleadores con 108 e menos goleados con 2. Gañaron todos os partidos (8).
Sálvora A:
- Subcampeóns da supercopa do Concello.
Benxamíns:
- Campións de liga do grupo 5 de benxamíns. Máximos goleadores con 183 goles e menos goleados con 25.
- Campións de copa do Concello: máximos goleadores con 41 e menos goleados con 8.
- Campións supercopa do concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: van regular o mercadillo dos sábados para que estea máis limpo e se axilice o tráfico
- Os cambios comezan xa mañá, sábado 18 de xuño
Co fin de alcanzar o primeiro dos propósitos referidos, o Concello entregará a primeira hora da mañá a cada posto de venta unhas bolsas nas que os responsables dos mesmos deberán depositar todos os desperdicios que se xeren. A fin de facilitar a súa recollida, as devanditas bolsas deberán quedar debidamente pechadas no emprazamento do posto correspondente unha vez remate o horario de apertura. De igual forma, vanse incrementar substancialmente o número de contedores dispostos na explanada, que serán situados en lugares estratéxicos para non entorpecer o normal funcionamento da actividade nin causar molestias.
En canto ao segundo dos obxectivos, a partir de mañá aumentarase de un a cinco o número de efectivos da Policía Local que nos días de mercado velen pola fluidez da circulación e a seguridade dos peóns e vixíen que non se establezan vehículos en dobre fila no paseo do Malecón. A idea do Concello é diminuír o número de efectivos unha vez se comprobe que a situación está regulada.
Semáforos experimentais
Por outra parte, e incidindo tamén nesta finalidade, está prevista a colocación de semáforos provisionais os días de mercado no Malecón para comprobar se esta medida axuda a unha mellor fluidez do tráfico. Cómpre advertir de que esta é unha medida de carácter experimental cuxa pervivencia no tempo dependerá de si realmente axuda ao obxectivo pretendido.
Por razóns loxísticas esta última actuación aínda non poderá ser acometida mañá, pero se espera que si poda ser executada no mercadillo do seguinte fin de semana.
En último lugar, salientar que a cada usuario seralle entregada mañá unha circular na que se recollen unha serie de normas sobre a ordenación e limpeza de obrigado cumprimento.
Pode que tamén lle interese:
Ateneo: o sábado 18, Todo lo que debes saber sobre el A. Egipto
Día da Bicicleta: este domingo 19 de xuño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: denuncian o achádego dun can morto a balinazos en Bretal
Antes, en Certo:
Fotodenuncia: cadáveres de raposos ao pé do Parque Natural
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: un socio do goberno toma a iniciativa e comeza a informar dende a súa propia web
AVS leva, entre outras, a concellería de Turismo de Porto do SonPorto do Son, 17 de xuño de 2011. A parálise da web municipal durante a pasada lexislatura -gobernase PP, gobernase bipartito- foi evidente. Semella que isto vai cambiar, de cumprirse o empuxe con que Alternativa Veciñal de Porto do Son, un dos socios do equipo de goberno -o outro, e maioritario, é o PP- colleu a súa remozada páxina. Segundo explican en nota de prensa, "coa nova incorporación de Altenativa Veciñal de Porto do Son no goberno municipal, a adaptación as novas necesidades que os medios da información telemáticos demanda, fai que a actual páxina web se adapte ás necesidades co gallo de ser un instrumento útil e cercano para a información que se xenera nas concellerías nas que ten responsabilidade de goberno o grupo veciñal". Maior transparenciaAseguran que "esta adaptación de dita web será o primeiro paso cara á busca dunha
maior transparencia e información de toda a que xere tanto a Concellería de Servizos Sociais e Promoción do Emprego así, a Concellería de Deportes e Turismo. Esta ferramenta informática ten como novidades a incorporación tanto da estrutura, atribucións, e persoal que compoñen cada unha das áreas. Igualmente plantéxase a incorporación das decisión que o bigoberno municipal tome referente ás diversas consideracions dos temas a tratar tanto no Pleno como nas Xuntas de Goberno Local". Din que van engadir, dentro da información necesaria para os veciños. os diversos
teléfonos de contacto das distintas áreas asi como o teléfono dos respectivos Concelleiros Javier Quiñoy e José Manuel Dean co obxectivo de achegarse aos veciños ante calquera necesidade ou dúbida que precisen aclarar". Web de referencia: www.avsportodoson.org
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: cambian fibrocemento por tubaxe de fundición no barrio de Cubeliños
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: do 11 de xullo ao 12 de agosto, "Movida urbana"
Podes inscribirte ata o 8 de xullo. Só tes que encher o folleto e entregalo onde che indican.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: O Faiado 2 organiza a exposición "Visións infantís do Pazo de Goiáns" dende o luns 20 de xuño
A exposición é froito da visita guiada do colexio Praia Xardín -alumnos de 5º e 6º de Primaria- ao Pazo de Goiáns. Ao remate da inauguración, este luns 20 de xuño ás 12:45, entregaranse premios aos mellores debuxos.
O Pazo de Goiáns foi adquirido polo anterior goberno de Boiro por catro millóns de euros e permanece aínda no máis absoluto desleixo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
