Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
22.6.11
Dodro: composición do goberno e retribucións por dedicacións e asistencias a plenos
Ribeira: remataron os obradoiros de reforzo educativo para maiores en Ribeira, Palmeira e Aguiño
Organizados polo Departamento de Servizos Sociais, estes obradoiros foron impartidos por integrantes do grupo de voluntariado municipal: concretamente, por Cruz Rivadulla, Maruja Gago e Ana Sampedro, quen causou baixa e foi substituída no seu labor por Ana Schmitt.
O novo concelleiro de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo de Ribeira, Vicente Mariño de Bricio, estivo presente neste acto de clausura, que se celebrou na aula de formación que teñen os Servizos Sociais na rúa Cristóbal Colón de Santa Uxía. O edil aproveitou para presentarse e poñerse a disposición dos maiores, na procura de que prestarlles un mellor servizo coas actividades que se desenvolven dende a Administración Local e aumentar a súa calidade de vida.
Durante o evento a aula foi escenario dunha exposición sobre cruceiros e outros elementos etnográficos do municipio, que estivo a ser elaborada polos alumnos dos talleres ao longo do curso.
Pode que lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a Festa da Dorna recibe a colaboración do Club Baloncesto Riveira, que a promocionará en Asturias
Dorna: novos xogos e novidades para este ano
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o conselleiro de Industria visitou a conserveira Jealsa-Rianxeira en compaña do empresario conservador Alonso e o seu ex-empregado, o actual alcalde Juan José Dieste
- Segundo a Xunta, "o concurso eólico incentiva a innovación na industria conserveira de Boiro con investimentos de 10,6 millóns e a xeración de 74 empregos"
- Presentouse o proxecto para a instalación dunha planta de comida para mascotas
Ademais, o conselleiro destacou que “a Xunta confía nas posibilidades de desenvolvemento do Concello de Boiro e do seu potencial económico, que pode ser aproveitado por moitos emprendedores”. Neste sentido, engadiu que a Xunta traballa para incentivar aos emprendedores que apostan pola creación de emprego e apuntou que, nesta lexislatura, a Consellería de Economía e Industria facilitou a mobilización de investimentos empresariais no concello por valor de preto de 25 millóns de euros e a concesión de préstamos a empresarios de Boiro, superiores aos 26,8 millóns de euros. Podería interesarlle:

- Día das Peñas: o 4 de xullo. Anótate ata o 30 de xuño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
20.6.11
A Pobra do Caramiñal: este martes 21, pleno para nomear o novo goberno
O Concello da Pobra seguirá cos mesmos inquilinos outros catro anos, trala cuarta maioría absoluta de Isaac Maceiras
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
