10.7.11

Dodro: as festas de Bexo, o sábado 16 e o domingo 17 de xullo

278682_1765249942054_156330613

  • O venres 15 de xullo, un día antes, hai festa en Teaio, con verbena amenizada por América SL e Los Españoles

Dodro, 10 de xullo de 2011. As festas non paran en toda Galicia. Na parte que atinxe a Dodro, as de Bexo serán esta vindeira fin de semana.

Programa:

Sábado 16

Pola mañá gran tirada de foguetes (Prohibidos por Medio Rural en Galicia por mor dos incendios forestais, nunca tal se viu...)

Pasarrúas a cargo dos gaiteiros "Os Mersenarios"

9:30h Misa rezada na igrexa parroquial de San Xoán de Laiño.

12:30h Misa solemne na igrexa parroquial de San Xoán de Laiño.

Ó remate da misa, no campo da festa, sesión Vermout co grupo SUPER-T.

E pola noite gran verbena con:
LOS PLAYER'S e SUPER T

Domingo 17

Pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Negreira

10:00h Misa rezada na capela de San Amaro de Bexo.

13:00h Misa solemne na capela de San Amaro de Bexo.

Información recollida vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe presenta a primeira moción desta lexislatura, sobre a limpeza da praia da Corna

A Pobra, 10 de xullo de 2011. A oposición en varios concellos da nosa bisbarra (acabamos de publicar algo similar en Rianxo) quéixase da falta de limpeza nalgúns areais, agora que é a época na que se frecuentan máis, por propios e foráneos. A primeira moción desta nova lexislatura, por parte dos socialistas pobrenses, versa sobre este problema que é raro que non se dea cada verán nesta parte da Ría de Arousa, ben sexa por desleixo dos concellos ou por temporais a destempo.

Texto completo da moción:

A nosa vila está situada nun enclave privilexiado da ría de Arousa, con fermosas praias que serven na época estival como soporte para o ocio dos nosos veciños e para as numerosas persoas que nos visitan.

Nos meses de verán, o pulo do turismo ten un efecto balsámico para o comercio da nosa vila, que é preciso coidar especialmente nesta época de crise económica, e correspóndenos a todos manter as nosas praias e o conxunto da nosa vila en perfectas condicións, nomeadamente e en situación preferente como garante ao Concello.

Como de costume, a Deputación Provincial da Coruña concedeu ao Concello unha subvención para a limpeza das praias da nosa localidade, con cuxos fondos se contratou, previo concurso de méritos, a persoal a media xornada para acometer as tarefas de limpeza dos areais.

Porén a praia da Corna, pese á súa importancia e valor natural e paisaxístico, xa que se trata dunha das praias menos antropizadas desta banda da ría de Arousa, é unha vez máis a grande esquecida das accións de limpeza, circunstancia que anoada á maior afluencia de xente propia desta época e á falta de vixilancia, provoca que se acumulen notorias cantidades de lixo sobre a area e os accesos, máis aló dos habituais que se depositan pola acción do mar e do vento.

As subvencións que concede a Deputación para a limpeza das praias teñen un obxectivo claro, cal é reforzar as labores de limpeza que se desenvolven dende o Concello de cara a mellorar a imaxe turística das nosas praias e a paliar os efectos do aumento de visitantes, que inciden no valor ecolóxico e no mantemento de condicións de hixiene e salubridade esixibles nas praias abertas ao baño.

A contratación de persoal opera como un medio para ese fin, resultando a dilixente dirección dos equipos de persoal e a asignación dos lugares e quendas de traballo a ferramenta política do Concello para obter uns resultados óptimos en termos de eficacia e de eficiencia, a fin de evitar incorrer en causas de reintegro da subvención consonte o art. 33.1.b da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia -e concordantes-; e sobre todo, para tentar que o noso Concello manteña unhas condicións axeitadas que favorezan que os que nos visiten, repitan nos próximos anos.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS

1.- Que se proceda á limpeza inmediata do lixo acumulado na praia da Corna, tanto no seu areal como nos seus accesos e nas súas inmediacións.

2.- Que se adopten as medidas oportunas que eviten a acumulación de lixo no futuro, especialmente no verán.

3.- Que se realicen labores de vixilancia periódica a fin de verificar que o areal se atope en perfecto estado, así como para disuadir aos autores das condutas incívicas que ensucian a praia da Corna.

moción limpeza parai da corna.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: cartel e programa provisional da Feira Medieval 2011

Media_httpfarm6static_ldyic

VIERNES 15 DE JULIO

Tarde

17:30 h.Desfile inaugural, con todos los grupos, por las calles del mercado

Desfile infantil

20:00 h.Musica medieval (Acribreira)

21:00h.   Concierto de música medieval en Sta. María  a Nova.

 

Noche

22:00 h.Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta di Firenze)

22:00 h.Musica medieval (Acribreira)

22:00h.Cena Medieval no Claustro do Concello

01:00 h.La Santa Compaña (Comedía Andante)

 

SÁBADO 16 DE JULIO

Mañana

11:30 h.Domador de serpientes (El Indio)

12:30 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

13:30 h.Llegada de la comitiva real y lectura de la Carta Puebla (Comedia Andante)

Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta di Firenze)

Domador de serpientes (El Indio)

Música medieval (Acibreira)

Animación musical (Tuttis Catraputtis)

Tarde

18:00 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

18:30 h.Domador de serpientes (El Indio)

19:00 h.El Rey imparte justicia (Comedia Andante)

19:30 h.Musica medieval (Acribreira)

19:30 h.Domador de serpientes (El Indio)

20:00 h.Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta di Firenze)

Desfile Caballeros Participantes en el Torneo.

21:00 h.Torneo medieval (Legend Especialistas)

20:00 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

20:30 h.Musica medieval (Acribreira)

Noche

21:00 h.Domador de serpientes (El Indio)

21:30 h.Musica medieval (Acribreira)

22:30h.Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta di Firenze)

23:00 h.Ejecución de sentencias (Comedia Andante)

23:30 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

00:00 h.Acrovision (Toniton)

 

DOMINGO 17 DE JULIO

Mañana

11:30 h.Música medieval (Acibreira)

12:00 h.Torneo medieval (Comedia Andante)

Los Gremios (Comedia Andante)

12:15 h.Domador de serpientes (El Indio)

12:30 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

13:00 h.Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta di Firenze)

13:15 h.Domador de serpientes (El Indio)

13:30 h.Música medieval (Acibreira)

14:00 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

Tarde

18:00 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

18:30 h.Domador de serpientes (El Indio)

19:00 h.La Invasión (Comedia Andante)

19:30 h.Musica medieval (Acribreira)

19:30 h.Domador de serpientes (El Indio)

20:00 h.Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta di Firenze)

Desfile Caballeros Participantes en el Torneo.

21:00 h.Torneo medieval (Legend Especialistas)

20:00 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

20:30 h.Música medieval (Acribreira)

Noche

21:00 h.Domador de serpientes (El Indio)

21:45 h.Musica medieval (Acribreira)

22:30 h.Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta di Firenze)

22:30 h.Animación musical (Tuttis Catraputtis)

23:30 h.La Hoguera de la Victoria (Comedia Andante)


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: izouse a bandeira azul en Tanxil, As Cunchas e Aula Activa do Mar

  • Adolfo Muíños non quere polemizar sobre a falta de limpeza das praias que denunciou o PP: "Con medios propios do concello estase tentando adecentar desde comezos de xullo todos os areais", terciou.

Rianxo, 10 de xullo de 2011. Segundo explicou onte o alcalde de Rianxo, o nacionalista Adolfo Muíños, "unha vez incorporados ao completo á brigada de limpeza de praias, composta de dez efectivos, e instalados todos os servizos nos areais rianxeiros das Cunchas e Tanxil, procedeuse por parte do Concello este sábado 9 de xullo a erguer as bandeiras azuis outorgadas a este municipio".
O alcalde, Adolfo Muíños, o primeiro tenente de alcalde Carlos Gey e os concelleiros de turismo e medioambiente, Marité Sobradelo e Xoán Vicenzo Ces, procederon a izado oficial da bandeira en Tanxil. Xunto a eles estiveron presentes os oito socorristas que velan pola seguridade das praias.

Polémica polas Cunchas e O Porrón

No que atinxe ás fotos aportadas polo Partido Popular con datos exif do 19 de maio pero que segundo esa formación foron tomadas o 6 deste mes de xullo, o alcalde dixo que non ía polemizar nada sobre este tema. "Con medios propios do concello estase tentando adecentar desde comezos de xullo todos os areais. Xoves as Cunchas e o Porrón en concreto melloraban moitísimo o seu aspecto, incluso as ramplas de madeira. Hoxe (por sábado) volveron limpar nel. Os servizos estaban como unha patena. Desde o venres hai dez operarios especificamente de limpeza de praias que irán resolvendo os problemas día a día. O sur das chuvias e vento deste venres trouxeron argazo aos areais, que se irá sacando día a día", concretou Adolfo Muíños.
Imaxes aportadas polo Concello e tomadas onte, sábado 9 de xullo:

Media_httpfarm7static_mghgb

Media_httpfarm7static_kgpcx

Media_httpfarm7static_bbzrc

Media_httpfarm7static_swodx

Media_httpfarm7static_dsgig

Media_httpfarm7static_cfmdd

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.7.11

Rianxo: o PP denuncia o desleixo das praias das Cunchas e o Porrón en plena campaña turística

Rianxo, 8 de xullo de 2011. O PP denuncia e amosa con fotos o desleixo no que se atopan as praias de O Porrón e As Cunchas "que a dous días da segunda fin de semana de xullo, seguen sen limpar nen acondicionar, a pesares de que o señor alcalde fai uns días saíu en prensa dicindo que contratara unha brigada de limpeza para dar solución a estas necesidades".

Como se pode observar nas numerosas imaxes con que o PP ilustra a súa denuncia, a area está chea de lixo, "e a pouca que limparon tirárona a un lado xunto á praia", a praia semella un prado con matos de algas que trae o mar e que levan días sen limpar, a pasarela está tapada con area e onde non está hai herbas, ademais de que as boias de seguridade para que embarcacións non se aproximen á orela e os bañistas estean seguros están amontoadas ao pé da entrada da praia...

"É triste que unhas praias tan coñecidas e que incluso tiveron bandeira azul estean nestas condicións. E máis triste aínda que o partido que antes defendía o adecentamento das praias como xeito de conseguir para Rianxo turismo e dar servizos decentes ao pobo, ao estar gobernando se esqueza de todas estas necesidades", conclúen fontes do PP.

 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: recepción ao Atlético Riveira no Concello tras gañar a Copa do Sar

  • É a primeira vez que este equipo gaña este trofeo
Ribeira, 8 de xullo de 2011. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, recibiu na tarde de onte no Salón de Plenos da Casa Consistorial á directiva, corpo técnico e xogadores do Atlético Riveira, que veñen de conquistar a Copa do Sar por primeira vez na súa historia, en partido disputado o pasado domingo en San Lázaro contra o Lamela. Os integrantes do equipo futbolístico quixeron ofrecer o trofeo en acto oficial ao alcalde como representante de todos os cidadáns do concello. 

O presidente do club, Alberto Villaverde foi o primeiro en intervir. Tras recordar que facía pouco que o equipo fora recibido nese mesmo solemne espazo (foi o 13 de maio, con motivo da subida a primeira autonómica, en que os recibiu Torres Colomer) Villaverde tivo palabras de alabanza para os preto de mil siareiros que acudiron a San Lázaro, para os seus xogadores e corpo técnico e tamén para a propia cidade: “Sempre  representaremos a Riveira por todos os rincóns e lugares que visitemos –manifestou-, facendo o posible para conquerir os mellores logros para a cidade e a entidade”. 

Ricardo Villaverde tamén recordou o pasado de Ruiz Rivas como xogador e adestrador da entidade que el preside e felicitouno polo labor que está realizando á fronte do Concello dende que tomou posesión. 

Pola súa parte, o rexedor riveirense, quen tamén lembrou que case vinte anos da súa vida os pasou no Atlético Riveira, declarou que “un resultado como este pode cambiar a faciana dun pobo”. Así mesmo, Ruiz Rivas dixo que o fútbol ten que recuperar o potencial que lle corresponde e que o feito de poder acudir dúas veces ao Salón de Plenos en practicamente dous meses é síntoma de que se están facendo as cousas ben. “Non me cabe a menor dúbida de que dentro dun ano estaremos de novo aquí”, concluíu. 

Antes de rematar o acto oficial aínda falaría José López (“o mellor embaixador do equipo” en palabras de Ricardo Villaverde) e  ao final os integrantes do Atlético Riveira doaron ao alcalde unha camisola do club e unha placa conmemorativa.

Antes, en Certo:

foto

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o I Festival "Amigos da Música" será o vindeiro venres 15 de xullo

Noia: imparten clases de tango arxentino e bailes de salón de xeito intensivo este verán

A Pobra: a artista brasileira Di Carvalho expón na Casa Mariñeira

Exposicion_dscf5220

A Pobra do Caramiñal, 8 de xullo de 2011. Na casa Mariñeira do Parque do Castelo da Pobra do Caramiñal, está exposta o público unha exposición de pinturas de Raquel di Carvalho, en horario de martes a domingo de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00h.

Raquel di Carvalho, artista plástica, vén desenvolvendo o seu traballo paso a paso , no mundo das artes. Brasileira de orixe, Di Carvalho chegou a España hai 5 anos, e estableceuse en Galicia desde 2008. A pintura é a súa paixón. Tanto a súa técnica como os seus motivos pictóricos foron evolucionando a o longo dos 17 anos da súa traxectoria profesional, onde colleitou premios e realizou exposicións en Brasil e España. É mestra desde hai 15 anos, despois de diplomarse en Belas Artes no seu país. Artista polifacética na pintura e na formación de alumnos/as, intenta recuperar a esencia da arte nos tempos actuais.

En canto ao contido da súa obra, Di Carvalho non pode esquencer as súas raíces, onde retrata costumes, paixases, e persoas cercanas representadas de forma nostálxica. Outro tema do seu traballo son “Os camiños do camino”, paisaxes do Camiño francés na súa experiencia como peregrina. E por último, o principal de todos, a serie de cadros que expresa a visión da vida a través dos ollos dun neno. Chámase “Amén mi mundo es otro”. Esa mesma visión que impregna sentimentos de total entrega, ausente de prexuízos, críticas, cinismo e crueldade, que adquirimos no percorrido da nosa existencia. Pódese dicir que esta serie é un reflexo da súa calidade humana.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o I Curso de Saxofón, do 16 ao 18 de agosto

Rianxo, 8 de xullo de 2011. A Escola de Música de Rianxo vai organizar os días 16, 17 e 18 de agosto o seu I Curso de Saxofón impartido polo mestre Adrián Pais Abuín. Máis información no cartaz adxunto.

Pode que tamén lle interese:

Ribeira: este sábado 9 de xullo, concerto de saxo na igrexa de Sta Uxía


Pre-Guadalupe: festa Coju e póker, o 8 e 9 de xullo


Concertos fin de semana en Rianxo: venres 8 e sábado 9


Curso_i_saxofon_a3

curso I saxofon A3.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical