21.7.11

Rianxo: este venres 22, tradicional roteiro de sendeirismo nocturno

Media_httpfarm3static_ebjca

Rianxo, 21 de xullo de 2011. O Servizo de Deportes programou para o venres, 22 de xullo, o xa tradicional roteiro nocturno polos camiños do Concello. Este ano sairase de Rianxo en dirección a Isorna, pasando por Leiro. En breve publicarase o percorrido completo.

Datos que cómpre saber:

ROTEIRO NOCTURNO:
Venres, 22 de xullo, a partires das 22:30 h.
Dirixido a maiores de 16 anos.
Dificultade media

ROTEIRO NOCTURNO CIRCULAR ASADOS - MONTE DAS CERCAS (Isorna)

- Punto de Encontro: Aparcadoiro do novo Campo de Fútbol Municipal (Vilas – Asados).
- Horario agrupamento: 22: 15 h.
- Horario saída: 22: 30 h.
- Duración estimada: 3 horas e media
- Dificultade: media

- Material: (Prégase respectar rigorosamente as indicacións dadas neste apartado)
• Calzado axeitado para camiñar polo monte.
• Pantalón (en homes e mulleres).
• Lanterna (opcional)
• Roupa de abrigo (cando cheguemos ó alto a sudar vaise notar o frío).
• Chuvasqueiro, en función do tempo que faga.

- Observacións:
• A auga será proporcionada pola organización.
• Estaremos acompañados por Protección Civil de Rianxo
• A organización dispón de dispositivos reflectantes para os participantes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Literatura: o ribeirense Antonio Piñeiro gaña o "García Barros" de novela que convoca o Concello da Estrada

Media_httpfarm4static_dbbcs

Ribeira, 21 de xullo de 2011. A obra gañadora do "García Barros" de novela deste ano é "As Fiandeiras". Por este título, que asina o editor e escritor ribeirense Antonio Piñeiro, recibirá 9.000 euros en outono e verá publicada a novela na Editorial Galaxia. A peza está ambientada na Estrada do século XIX, segundo desvelou hoxe o xurado en rolda de prensa na Estada, Concello que convoca este certame para divulgar a figura de Ken Keirades, seudónimo de Manuel García Barros.

Trátase da XXIII edición deste premio, na que o xurado estivo formado por Bieito Iglesias Araúxo, escritor ourensán que xa o gañou no seu día;  Inmaculada Otero Varela; o crítico literario mindoniense Armando Requeixo Cuba; Carlos Lema Malvar e Valentín García. Concorreron nesta ocasión 26 textos.  

O Concello da Estrada coa colaboración coa Consellería de Educación e OU, a Secretaría Xeral de Política Lingüística a Deputación de Pontevedra, e Editorial Galaxia leva 22 anos convocando este premio de novela longa en homenaxe a Ken Keirades, no ano 1989 inicia esta andaina e saca a luz “Paisaxe con muller e barco” de Manuel Forcadela e ten no seu haber obras como “Magog” de María Gándara, “O espírito de Broustenac” de Álvarez Cáccamo, “Tal vez melancolía” de Xoan Carlos Caneiro, “As rulas de Bakunin” de Riveiro Coello, “Un nicho para Marilyn” de Miguel Anxo Fernández, “A vida que nos mata” de Xavier López López, “Lois, Helena un día de Tormenta” de Manuel Veiga e “As palabras da Néboa” de Francisco Castro ou “Un tipo listo” de Xosé Monteagudo entre outras.

Todas as convocatorias e gañadores, na Galipedia, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: deu comezo o obradoiro interxeneracional na Casa do Mar

Ribeira, 21 de xullo de 2011. O Obradoiro de Coñecemento Interxeneracional que promove o Concello deu comezo esta mañá na sede do club de xubilados situada na Casa do Mar de Santa Uxía. 

Sete avós dos dez inscritos con outros tantos netos déronse cita nesta primeira sesión, na que o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social quixo darlles a benvida e salientou a idoneidade da nova actividade para procurar a conciliación familiar e como un instrumento co que permitir o intercambio de valores entre as dúas xeracións. No acto tamén estivo presente a xefa de servizo do Departamento de Servizos Sociais, Francisca Vidal. 

Ao longo das oito sesións de que consta a actividade (celebrarase todos os xoves de 10.30 a 13 horas) unha monitora encárgase de coordinar esta experiencia que procura o xurdimento de actitudes empáticas entre ambas xeracións.  

A metodoloxía das sesións fan referencia á práctica de habilidades de intelixencia emocional mediante distintas técnicas socioafectivas, como dinámicas individuais e grupais, charlas expositivas, xogos de rol, choiva de ideas, adestramento en solución de problemas e exercicios de rexistro. 

Entre os contidos que se van abordar, figuran as tradicións e costumes da zona, os xogos tradicionais e actuais, os contos populares e debuxos animados, o cine de antes e de agora, e a Internet para todos.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o PP volta reclamar que haxa touradas polo San Bartolomeu

Media_httpfarm5static_zssol

Pintada en Noia a prol das touradas

Noia, 21 de xullo de 2011. O PP de Noia, partido da oposición, presentou unha moción para reclamar que se volten programar corridas de touros nesta vila. Os conservadores noieses alegan que é unha tradición "antiquísima en toda Galicia". Na súa moción comparan o despotismo ilustrado do mellor alcalde de Madrid, Carlos III, co do actual equipo de goberno, ao que chaman "despotismo menos ilustrado".

Como é habitual en Certo, poñemos o texto íntegro da moción:

"O Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formula, para o seu debate e, no seu caso aprobación no Pleno Ordinario a celebrar o vindeiro día 29 a seguinte

                                                                               MOCIÓN

 

Exposición de motivos:

Desde o ano 2008 o bipartito local e posteriormente o goberno en minoría do PSOE do mandato anterior decideu suspender a celebración das tradicionais corridas de touros, rachando de xeito arbitrario e sin consenso plenario unha tradición secular e identitaria.

Esta tradición é antiquísima en toda Galicia, e xunto co porto marítimo sitúabanos con Pontevedra como puntos de referencia de Galicia. Moito máis antiga son as soltas que se facían na rúa do Curro que debe precisamente o seu nome aos encerros da época.

En Noia hai mencións da festa dos touros dende o século XVII aínda que segundo Pérez Constanti esta tradición remontaríase ao século XI.

Posteriormente as reais ordenanzas ilustradas de Carlos III foron as responsables da desaparición das corridas de touros na maioría das vilas galegas quedando máis arraigadas noutros puntos da xeografía estatal. Eran os tempos do Despotismo Ilustrado (todo para o pobo pero sen o pobo).

Douscentos anos despois, en Noia, outro despotismo, esta vez menos ilustrado, e froito dunha mentalidade pechada nun corral ideolóxico dogmatizado e que en absoluto se corresponde coa realidade e a demanda social, pretende extirpar unha tradición polo sinxelo feito de non ser do gusto persoal dos nosos dirixentes, sen ter en conta as importantes repercusións que, por exemplo, no sector da hostelería supón a celebración deste evento dentro dos programas de festexos das festas e feira de San Marcos e das festas patronais de San Bartolomeu.

Estes sectores e a cidadanía en xeral teñen os mesmos dereitos que calquera outro a ter unha actividade festiva do seu interés, atendendo á diversidade e complexidade da sociedade aberta na que vivimos, sobre todo tendo en conta que supón un importante polo de atracción de veciños e visitantes que contribúen directamente a paliar os efectos da crise en moitos dos sectores da maltreita economía local e ó mantemento e creación de postos de traballo no sector servicios, hostelería, transporte, alimentación, etc.

Coa supresión dos festexos taurinos deslúcense e devalúanse as nosas festas, e ao final perdemos todos, tanto os que van ós touros como os que non.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular presenta para a súa aprobación se procede, os seguintes

ACORDOS:

  1. Incluir no programa de festexos das próximas festas patronais de San Bartolomeu os festexos taurinos, así como nos sucesivos eventos festivos propios da nosa vila.

  2. Que se xestione e se promocione estos tradicionais eventos para que teñan a brillantez e calidade de antaño coa dobre finalidade da difusión e promoción da nosa vila e as repercusións económicas nos distintos sectores estratéxicos de Noia.

En Noia, a 21 de xullo de 2011

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: esta fin de semana, o sábado 23 e domingo 24 de xullo, concurso canino nacional

Porto_do_son_cans


NORMAS XERAIS

  • Concurso Nacional para tódalas razas, rexirase polo Reglamento de Morfoloxía da R.S.C.E..
  • Inspección Itinerante veterinaria.
  • A entrega dos catálogos será por expositor e non por número de exemplares inscritos.
  • Os exemplares propiedade dos expositores extranxeiros inscritos en Libros de Oríxes extranxeiros recoñecidos pola F.C.I. deberán enviar coa folla da inscripción, fotocopia do pedigree orixinal.
  • Todo exemplar que conseguise algunha das calificacións mellor de raza e non se presente na final do grupo correspondente, será descalificado. Igualmente todo exemplar que consiga a calificación necesaria para a gran final de Cachorros, Razas Españolas ou Mellor Can da Exposición e non esté presente na mesma, será tamén descalificado.
  • Todolos exemplares extranxeiros propiedade dos expositores españoles e que compitan na Clase Xove, Intermedia, Aberta uo Campeóns deberán estar inscritos no LOE. Igualmente deberán estar inscritos no LOE os exemplares dos expositores extranxeiros residentes en España. En caso de que cambiase o can de propietario, ten que rexistrarse nos libros da RSCE, al menos cun mes de antelación da data de celebración da Exposición.
  • Todo can de raza española que non cumpla a normativa vixente non podrán acceder a presentación dos Concursos e Exposiciones Caninas.

NOTAS IMPORTANTES

  • Os exemplares inscritos nos libros de oríxes extranxeiros deberán enviar unha fotocopia do pedigree orixinal coa folla da inscripción.
  • Se deben inscribir os cans a nome das persoas que figuran no libro de oríxes. Non poderán inscribirse cans a nome de criaderos ou afixos.
  • Os exemplares inscritos na clase traballo deberán presentar ao comisario de ring a cartilla coa calificación exixida homologada; de non facelo competirán na clase aberta.
  • Os ejemplares na clase xoven e seguintes, se o propietario reside en España e obligatorio facilitar o nº do LOE.
  • Todolos cans participantes no  concurso quedan suxeitos a que o organizador verifique a sua identificación, dentro do recinto do concurso, polas persoas desinadas para este fin. O expositor queda obligado ao cumplimento desta norma e facilitará as tareas de control da identificación.


RECLAMACIÓNS

  • As reclamaciones concernientes o concurso deberán facerse por medio sun escrito dirixido a Comisión Executiva do Concurso. En ningún caso admitiránse reclamacións transcurridos oito días dende a data da clausura.

Toda a información en http://www.caninagalega.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.7.11

Ribeira: campus de fútbol base para nenos de 6 a 11 anos do 1 ao 4 de agosto

  • O prazo de inscrición abre este venres 22 de xullo e pecha o xoves 28

Santa Uxía de Riveira, 20 de xullo de 2011.- Durante os catro primeiros días do mes de agosto, as Concellerías de Deportes e de Turismo do Concello e o equipo de fútbol local Sálvora C.F. van organizar o Campus de Fútbol Base Cidade de Riveira. Trátase dunha iniciativa dirixida a rapaces e rapazas nados entre o 2000 e o 2004 (6 a 11 anos de idade), ambos inclusive.  

Esta é a terceira edición en que se implanta a iniciativa (e a segunda na que colabora o Sálvora) e para ofrecer detalles da mesma déronse cita hoxe na Casa do Concello os concelleiros de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez Queiruga, e de Fomento do Emprego, Comercio, Turismo e Pemes, Anxo Orellán Fernández, así como o coordinador de fútbol base do Sálvora C.F, Siño Campaña. 

O campus desenvolverase no campo de herba sintética, que acollerá actividades específicas vinculadas co fútbol alterándoas con outras de ocio e tempo libre. Tamén se utilizarán instalacións anexas. 

Os obxectivos desta iniciativa son ofrecer unha alternativa de ocio a través da actividade física e a recreación, ocupar o tempo de lecer dos nenos en época de vacacións, promover hábitos saudables, fomentar as relacións sociais entre os rapaces e aprender e executar elementos básicos do fútbol. 

O prazo de inscrición comeza o venres 22 de xullo e prolongarase ata o 28 de xullo. Os interesados poden anotarse na Oficina Municipal de Deportes situada no Auditorio Municipal (teléfono 981 835 650). O horario de atención é de 9 a 13.30 horas. Hai 60 prazas ofertadas. 

Tanto Juan Luis Martínez como Anxo Orellán e Siño Campaña quixeron animar aos rapaces do entorno a apuntarse no campus, que conxuga fundamentos deportivos con obxectivos sociais e culturais.

Tamén lle pode interesar:


Narcotráfico: charla o martes 26 de xullo no Liceo Marítimo


Recepción: María Vilas, Ana Peleteiro e Adrián Jiménez, campións


Policía infantil: nova promoción


Programación "Fiestra da Cultura": Amancio Prada e moito máis

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: posta a primeira pedra do centro de día, que terá 40 prazas e debería estar listo en xullo de 2012, e funcionando no último trimestre dese ano

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe o inicio das obras deste centro, que duplicará coa súa posta en marcha a oferta de prazas públicas en centros de día no Barbanza (ou sexa, só hai 40, en Boiro)

A Pobra do Caramiñal, 20 de xullo de 2011.- A Xunta de Galicia destinará un total de 707.989 euros á obra de construción dun centro de día no Concello de A Pobra do Caramiñal, que foi adxudicada este mesmo mes. O futuro centro ofertará 40 prazas para persoas maiores. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, colocou hoxe a primeira pedra deste servizo social específico para as persoas que sofren algún grao de dependencia non só para prestarlles a atención que precisan, senón tamén para axudalas a preservar a súa autonomía persoal durante o máximo tempo posible.

Unha vez que rematen as obras, que contan cun prazo de execución de 12 meses, a Xunta licitará o seu equipamento para poñelo en marcha no último trimestre do próximo ano. O centro de día, que estará situado ao carón do pavillón polideportivo municipal, terá na planta baixa a zona de servizos cun acceso independente dende o exterior coa cociña, o comedor, unha sala polivalente e de terapia ocupacional, así como un patio semicuberto, segundo recolle o proxecto. Na planta primeira situaranse os despachos para o persoal do centro e outras salas, como a de curas, de rehabilitación ou de espera.

Dóbranse as insuficientes 40 prazas actuais

Mato apuntou que con este centro de día, A Pobra terá unha oferta completa en materia de atención social, xa que lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar tamén xestiona nesta localidade unha residencia para maiores de 48 prazas e o centro sociocomunitario, que hoxe tamén visitou a titular do departamento autonómico.

Neste senso, resaltou que esta infraestrutura tamén contribuirá a mellorar a dotación social para persoas maiores na comarca do Barbanza, xa que as prazas públicas do centro da Pobra duplicará a oferta pública en centros de día que ata a data existía. Así, as 40 prazas do futuro centro de día sumaranse ás 40 que xa están a disposición dos veciños e veciñas no centro de día de Boiro. Ademais, o departamento autonómico tamén conta cun centro de día de 45 prazas na localidade de Dodro.

“Esta é aposta do Goberno galego, seguir a esforzarnos pese a crise económica para dotar a Galicia da oferta de servizos sociais que requiren os cidadáns”, salientou a conselleira. Mato afirmou que a Xunta está aumentando en toda a Comunidade autónoma as prazas en residencias, centros de día e de alzhéimer en máis de 2.000 desde o principio da lexislatura. Nos próximos meses, esta oferta crecerá, xa que a Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha 22 novos centros de día, infraestruturas nas que se investirán 10 millóns de euros e que atenderán a 1.000 persoas máis.

“Isto significa que ao remate deste ano as prazas en centros de día incrementaranse nun 160 por cento en dous anos”, explicou, ademais de agradecer a colaboración institucional amosada polo Concello da Pobra para a materialización deste proxecto, lembrando que a Administración local cedeu os terreos necesarios para a súa construción.

“A colaboración institucional é o mellor dos camiños posibles para dar respostas ás necesidades dos nosos veciños e veciñas e, especialmente, ás necesidades sociais, das que os concellos son coñecedores de primeira man”, indicou.

Visita ao centro sociocomunitario
Tras a colocación da primeira pedra do centro de día da Pobra, Mato desprazouse ata o centro sociocomunitario da localidade para presidir a entrega de diplomas aos participantes que ao longo do ano tomaron parte nos diferentes cursos impartidos nestas instalacións. A conselleira de Traballo e Benestar indicou que este centro é un emblema en Galicia, xa que comezou a súa andaina hai 26 anos.

“Trátase dun espazo que os propios usuarios e usuarias converten nun sitio para o intercambio interxeracional e as relacións sociais, valores que estamos a impulsar desde o Goberno galego a través do Plan de Actuación Social 2010-2013”.

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este xoves 21 de xullo, rastro de antigüidades no paseo de Felipe de Castro e alameda

Dodro: o Bng reclama que non se peche a escola unitaria de Bexo

Ana Pontón amosa o seu respaldo ás  máis de 400 sinaturas que demandan o mantemento da escola e pide que a Xunta rectifique

Media_httpfarm2static_aqtrx

Dodro, 20 de xullo, 2011- A deputada do BNG, Ana Pontón rexistrou onte no Parlamento galego varias iniciativas sobre a supresión de  Educación primaria na Escola Unitaria de Bexo, no concello de Dodro. Pontón cre este peche "errado” e  asegura que esta é unha nova decisión do Goberno galego na liña de desmantelar servizos públicos no rural.

Para a nacionalista, a decisión da Consellaría de Educación non conta co apoio da comunidade educativa que durante todo este curso ven demandando a continuidade da educación primaria en Bexo, “petición avalada por máis de 400 sinaturas”.

A deputada reclama que a Xunta “rectifique” e teña en conta o alto grao de satisfacción co modelo educativo deste centro que provoca que moitos pais, tendo outros centros de referencia con dereito a transporte gratuíto, opten por acudir a esta escola.

Pontón cuestiona a “teórica preocupación” da Xunta de Galicia co despoboamento e as tendencias demográficas e a adopción de certas medidas como a anunciada recentemente pola Consellaría de Educación  e pregunta se a Xunta considera que pechando servizos se equiparan as condicións de vida entre quen reside no ámbito rural e  urbano.

A deputada do BNG tamén preguntará ao Goberno como xustifica non atender a demanda de pais e nais, avalada por máis de 400 sinaturas para que esta escola sega mantendo a súa oferta educativa.

O Alcalde de Dodro non se pronuncia

Pola súa parte, a portavoz do BNG no Concello de Dodro, Vitoria Rei Mariño salienta que o BNG presentou unha pregunta ao alcalde sen conseguir ningunha resposta o que –ao seu xuízo- evidencia a “falta de diálogo” e sobre todo a “nula preocupación do rexedor pola educación en Dodro”. Rei Mariño reitera que a decisión  do peche desta escola “vai contra a vontade das nais e  pais” e mostra o “desleixo” do goberno municipal para negociar unha solución ante o “goberno amigo” da Xunta.

A portavoz nacionalista en Dodro avanza que dende o BNG seguirán presentando iniciativas ao fin de acadar a continuidade da Escola Unitaria de Bexo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: medio cento de maiores saíron ás Illas Cíes. Próxima saída cultural á Mariña luguesa

Ribeira, 20 de xullo de 2011. Medio cento de maiores do municipio participaron o pasado venres na saída cultural que con destino ás Illas Cíes  promoveu a Concellería de Promoción Social, Servizos Sociais, Mercados e Consumo do Concello de Ribeira.

Media_httpfarm2static_bygwj

A viaxe incluíu unha visita previa á cidade de Vigo (con percorrido por monte de O Castro e polo mercado da Pedra), excursión en barco ata as illas Cíes e, tralo xantar, regreso á cidade olívica e posterior visita ao mosteiro de Poio. 

Próximo destino: A Mariña

Media_httpfarm4static_uucst

A iniciativa estivo organizada polo Departamento de Servizos Sociais, que xa a está a traballar na próxima saída: unha ruta pola Mariña Lucense que se desenvolverá do 8 ao 12 de agosto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical