8.8.11
Ribeira: entregados os premios aos xardíns máis fermosos do municipio
- O alcalde recibiu no Concello ás Raíñas da Flor esta mañá
No apartado dos mellores xardíns, recibiron sendas placas de pedra conmemorativas os veciños da praza pública de Oleiros da Igrexa (Oleiros) e os veciños da rúa do Barbanza en Santa Uxía.
Ademais, foron distinguidos os xardíns pertencentes a Josefa Muñiz Castro (Aguiño), Manuel Vilar Vilar (Castiñeiras), Josefa Sampedro García (Carreira), rúa do Medio (Palmeira), Ángeles López Pego (Olveira), Mª Carmen Dios (Artes).
O acto presidido polo alcalde contou tamén coa participación da presidenta das Amas de Casa, Magdalena Bringas, e da concelleira de Medio Ambiente (e responsable da Área de Parques e Xardíns) Elvira Pereira.
O rexedor tivo palabras de felicitación aos premiados e ás raíñas da flor, así como á Asociación de Amas de Casa e á Comisión de Festas. Ademais, na súa intervención apelou á que o pobo que goberna traballe conxuntamente para recobrar a beleza que tiña este concello hai 60 anos, cando foi declarado municipio máis fermoso de toda España. A este respecto, considerou que iniciativas como a impulsada polas Amas de Casa “recuperan ese espírito de facer as cousas ben” e serven para que as nove parroquias de Ribeira unidas teñan unha identidade propia.
Erros no protocolo do pregón
Por outra parte, o Executivo quixo recoñecer os erros protocolarios acontecidos durante o pregón das festas, ao verse desbordada a organización polas numerosas persoas que, sen estar autorizadas nin contar con invitación, entraron na Casa do Concello durante o desenvolvemento do acto. O Concello tomará as medidas oportunas para que este tipo de sucesos non se volvan repetir en ulteriores acontecementos desta natureza.
Onte, en Certo:
- Festas do verán: imaxes da procesión marítima
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: Carreira conta cunha delegación comarcal da Sociedade de Ornitoloxía de Compostela
- Barbanza ten unha vintena de grandes criadores de aves de diversas especies
- Canarios e xílgaros, o máis criado
Ribeira, 8 de agosto de 2011. – Esta pasada fin de semana quedou constituída na parroquia de Carreira unha delegación comarcal da Sociedade Compostelá de Ornitoloxía. A sede estará radicada no aviario que ten o ornicultor Manoel Somoza, quen exercerá o cargo de delegado do novo ente.
Para formalizar oficialmente a creación da delegación acudiu ás instalacións aviarias o concelleiro natural de Carreira Víctor Reiriz Lampón, xa que era requisito imprescindible para o nacemento da mesma que un representante do Goberno Local dese fe do acto.
Tamén estiveron media ducia de criadores de distintos puntos da comarca, como Boiro ou Rianxo, que quixeron respaldar a Manoel Somoza nesta recén comezada andaina.
Cabe salientar que a comarca de Barbanza conta cuns 18 grandes criadores de aves de distintas especies, ademais de moitos outros a pequena escala. Polo que respecto a Manoel Somoza, está a criar actualmente medio milleiros de paxaros repartidos en dous aviarios: o mencionado de Carreira, que alberga canarios das especies factor vermello e timbrado español liña descontinua e outro en Boiro no que cría xílgaros, camachuelos siberianos e diamantes de Gould.
O feito de que haxa unha delegación da sociedade na comarca entrañará diversos beneficios para os criadores asociados da zona, como por exemplo un menor custe nos portes derivados do transporte de aves.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: este mércores 10 de agosto estará exposta a Copa do Mundo de Fútbol
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o domingo 14, presentación do libro "Ángel Baltar Cortés, maestro de cirujanos" no Ateneo Valle-Inclán
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
7.8.11
Deportes: Mudega denuncia o descarado machismo e discriminación da Federación de Remo
Pero o trato desde esta federación, á hora de repartir os premios non é igual. Para os mozos: Trofeo e recompensa económica. Repartíronse 44.000 euros. "O premio para as nosas campionas: TROFEO SOAMENTE. Cansámonos de esixir, A IGUAL ESFORZO, IGUAL RECOMPENSA. Miles de quilómetros temos que percorrer, para conseguir a igualdade, é incrible, que nestas datas nos atopemos con discriminacións desta índole", explican dende Mudega (Mulleres Deportistas Galegas).
"Felicitamos ás campionas porque é un orgullo para o deporte galego contar cun equipo como a SD Rías Baixas que engade un título máis (neste caso o Trofeo Federación) á súa colección de éxitos desde que saltaron ao mar na Concha no verán do 2008", rematan no seu comunicado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: remataron as Festas do Verán, coa coroación das Raíñas da Flor e os concertos da mocidade
Magdalena Bringas, presidenta da entidade promotora desta histórica iniciativa das Raíñas da Flor, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira, foi encargada de presentar o acto de coroación, que contou coa activa participación das concelleiras de Cultura e de Parque Natural e Medio Ambiente, Elvira Pisos e Elvira Pereira, e á do propio alcalde, Manuel Ruiz Rivas, quen destacou a importancia deste acontecemento que conta xa con 22 anos de traxectoria.
Tras a coroación tivo lugar o gran desfile de carrozas que partiu unha vez máis dende o recinto portuario para percorrer as rúas principais da cidade para disfrute dos espectadores. A marcha estivo acompañada dos espectáculos Cabarédeambulante do elenco Femme Fatale e Bloqinho de Percusión de Aperta.
Mañá ao mediodía, as pequenas serán recibidas polo alcalde na Casa Consistorial.
No apartado Xuvenil, as Raíñas de Flor son Lucía Gómez Pazos (Aguiño), Ana Dosantos Blanco (Artes), Lara Lorenzo Lustres (Castiñeiras), Loli Prego Prego (Carreira), Irene María Calo Franco (Corrubedo), Saray Santos Alonso (Olveira), Ángela Fernández Bello (Palmeira) Pura Ageitos Mos (Oleiros) e Sara Ageitos (Santa Uxía de Riveira).
E no apartado Infantil: Natalia Mariño González (Aguiño), Andrea Olveira Vila (Artes), Carla García Campaña (Castiñeiras), Marta Paz Pazos (Carreira), Yudit Sobrido Quintela (Corrubedo), Andrea Ageitos Rey (Oleiros), Saray Martínez Rama (Olveira), Lucía Miranda (Palmeira), e Aitana Cadabal (Santa Uxía).
Antes, en Certo:
- Ribeira: rematan hoxe as Festas do Verán. Onte houbo procesión marítima con destacados devotos do Carme
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: as Festas do Verán rematan este domingo
- Onte reviviuse a tradicional procesión mariñeira, á que asistiron máis dun milleiro de devotos da Virxe do Carme, entre os que figuraban a conselleira de Mar, o novo presidente de Portos, o alcalde e o ex-alcalde
- Dúas coroas de flores ao mar homenaxearon aos mariñeiros mortos en faena
Ribeira, 7 de agosto de 2011. – Máis de 1.200 persoas participaron, segundo cálculos da organización, na procesión marítima en homenaxe da Virxe do Carme que se celebrou onte, no marco da programación das festas de verán, que rematan hoxe, domingo 7 de agosto. Previamente á procesión, celebrouse a tradicional misa solemne na lonxa, que estivo oficiada polo párroco de Santa Uxía, Cesáreo Canabal. A asistencia á cerimonia foi tamén multitudinaria e, entre outros, estiveron presentes o alcalde, Manuel Ruiz Rivas; o senador José Luis Torres Colomer, a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o presidente de Portos, José Juan Durán, membros da Corporación e distintas autoridades civís e militares e representantes da vida social e mariñeira do entorno. Rematada a eucaristía, embarcouse á Virxe do Carme no Praia do Castro e acto seguido zarpou a procesión. Ata tres catamaráns, 23 embarcacións de envergadura e outros moitos barcos de menor calado formaron parte da comitiva. Tras unha media hora de singradura, lanzáronse simultáneamente dúas coroas de flores ao mar: unha desde o citado Praia do Castro, polo alcalde, o cura párroco, o patrón maior da Confraría de Riveira e o patrón do barco; e a outra dende o Julimar por parte de Torres Colomer, a conselleira do Mar e o patrón deste barco. Unha vez alcanzada de novo a terra, a procesión proseguiu polas rúas de Ribeira ata a igrexa de Santa Uxía. Esta vindeira semana en Ribeira:
Charla sobre seguridade viaria: o martes 16 de agosto
Antes, en Certo:
Comezaron as Festas do Verán: monicreques de Duendesico
Deportes nas Festas do Verán: tenis, xadrez e basket
Festas do Verán: do 3 ao 7 de agosto. Programa completo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: fotoxornalismo sobre feitos de Santiago na casa da cultura e obras de Luisa Valdés na casa mariñeira
A Pobra, 7 de agosto de 2011. Dúas foron as salas de exposicións temporais que protagonizaron un cambio de mostra na Pobra na tarde-noite do venres 5 de agosto. A primeira que abríu as portas para proceder a unha nova inauguración, foi A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, onde ata finais do mes de agosto, poderemos disfrutar dun manifesto de fotoxornalismo titulado “Compostela, un ano de Voz”, no que a través das imaxes tomadas por Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez, todos eles fotógrafos da delegación dun coñecido xornal tradicional, faise un percorrido polos acontecementos máis destacados no acontecer compostelano durante o ano 2010.
A segunda exposición abríu as portas ás 21:00 h. nas dependencias da oficina de turismo da Pobra do Caramiñal. Neste caso é a artista Luisa Valdés quen achega unha mostra da súa obra a través dunha colección de fotografía e lapis e de acrílicos e acuarela sobre tea, que leva o título “Caldo de cultivo”. Trátase dunha mostra onde se xoga cun fondo aberto e dinámico, e un primeiro plano máis cercano ó espectador trazado a través de tramas, celas e estructuras que actúan como liñas de modulado. Acompañando a Luisa Valdés, estiveron presentes na inauguración o alcalde en funcións, Manuel Fontao, a concelleira de cultura, Encarna González, e o concelleiro de turismo, Jesús Dieste. A mostra estará aberta durante o mes de agosto.
Antes, en Certo:
Pintura: a brasileira Di Carvalho expón na Casa Mariñeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
