31.8.11

Noia: o XI Encontro de Habaneras, este domingo 4 de setembro na igrexa de San Martiño

O ano pasado as habaneras coincidiran co San Bartolomeu

Noia, 31 de agosto de 2011. Este domingo, 4 de setembro, terá lugar o XI ENCONTRO DE HABANERAS NA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE NOIA ÁS 21:00 horas.

As corais participantes son: A coral Polifónica de Noia, A Coral "Virxe do Carme " de Porto do Son, A Coral "A Xuntanza" de Santiago e a Coral Liceo de Noia
 
Este encontro está organizado pola concellería de cultura do Concello de Noia. e colaboran as corais Liceo de Noia, Polifónica de Noia e a Deputación provincial da Coruña. 

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: as Festas do Carme de Abanqueiro celébranse esta fin de semana, 3 e 4 de setembro

Carme_2011

Boiro, 31 de agosto de 2011. A comisión de Festas de Abanqueiro voltou dar exemplo e gabeou un banzo máis para acadar unhas festas do Carme moi completas.

Este sábado, 3 de setembro, haberá mexilloada e pinchos todo o día. Pola tarde, inchables para os nenos mentres un grupo de mulleres e homes farán unha capela floral no peirao, na cal se oficiará a misa do Carme do Domingo.
Xa pola noite, as orquestras que animarán a verbena a partires das 22:00 horas son o Trío Cibeles de Vigo e un conxunto de rapaces dun grupo local que está comezando.

O domingo, 4 de setembro, é o Día do Carme en Abanqueiro. Ás 10:45 baixarán santos en procesión ata o peirao co grupo de gaitas "A Buxaina". De seguido haberá misa cantada no peirao do Bodión e dará o remate unha procesión marítima coa súa correspondente ofrenda floral polos defuntiños do mar. Á volta vaise recibir á Virxe cunha gran tirada de foguetes mentres anima A Buxaina coas súas gaitas.

Dende as 12:30 haberá mexilloada, churrascada e unha paella farturenta no peirao do Bodión. Ademais, este ano contan cunhas empanadas de categoría, feitas para o Día do Carme por un restaurante local.

A verbena do domingo vai ser amenizada polo trío V3 e sobre as 11:45 haberá unha boa tirada de fogos de artificio acuáticos dende unha plataforma fondeada no mar á que contribuíron Otero e Losada así como o asteleiro de bateas de Manuel Sánchez.

A comisión agradece a veciñas, veciños, negocios e empresas que contribuíron economicamente a que estas festas puideran saír adiante.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe propón liquidar as cinco delegacións territoriais, ás que tacha de "minideputacións"

  • Os socialistas aseguran que se aforrarían xa tres millóns de euros por ano con este cambio e apunta outras medidas, como a fusión de empresas públicas, co que se chegaría a un aforro de 50 millóns
  • Unha das fusionadas debería ser Xestur (hai catro) e avoga pola integración no Igape das funcións, recursos, persoal e patrimonio de BIC Galicia, Xesgalicia, Sodiga e Inesga
  • Lage Tuñas denuncia que no Igape hai case tanta xente mandando como traballando (42 directivos para 91 operarios) e foi moi crítico co Goberno de Feijóo, ao afirmar que "Galicia leva un mes sen Goberno mentras no Estado o goberno reuniu tres veces ao Consello de Ministros para facer fronte á crise".

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2011. O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, presentou hoxe en rolda de prensa unha proposición non de lei para reclamar ao Goberno galego que modifique a estructura organizativa da Xunta para facela máis racional, máis operativa e máis eficiente.

“Os socialistas facemos unha proposta construtiva para que a actual estrutura da Xunta de Galicia sexa modificada co obxecto de acadar unha maior eficiencia na administracción dos recursos públicos, podendo chegar a aforrar cincoenta millóns de euros no caso de levar á práctica a proposta que vimos de presentar”, explica Lage Tuñas.

O deputado do PSdeG afirma que “na actualidade existen centros directivos claramente prescindibles, moito máis aínda na situación actual de crise económica, e é aí onde se deben practicar os recortes, no gasto corrente improductivo”.

Mini-deputacións

O deputado socialista reclamou “celeridade” ao Goberno de Feijoo para sacar adiante esta reforma “para dar carpetazo a un mal invento como son as delegacions territoriais, xa que o único que pretender facer destes organismo é ser unha mini-deputacion para repetir o modelo clientelar das administración onde goberna o PP”, como por exemplo as deputacións de Ourense e Pontevedra.

Nesta liña os socialistas defenden a supresión das 5 Delegacións Territoriais da Xunta. Lage dixo que estas Delegacións operan dentro da administración autonómica como se foran “mini-deputacions” e están supoñen un gasto improdutivo de máis de 3 millóns de euros. Asegura que son organismos prescindibles e que non aportan nada á mellora dos servicios que se lles presta aos galegos na estrutura periférica da Xunta, xa que ésta funciona razoablemente ben baixo a coordenación dos/as xefes/as territoriais (antigos delegados/as provinciais) de cada consellería da Xunta.

O parlamentario socialista advirte que os Superdelegados foron nomeados por Feijóo como comisarios políticos para controlar a asignación de convenios e subvencións no ámbito local e como “unha extensión do PP dentro da Xunta, seguindo o modelo clientelar co que opera xa dende fai tempo o PP nas Deputacións de Pontevedra e Ourense”.

Lage Tuñas recorda que estas estructuras conta dende a súa creación cun potente gabinete de apoio, dotado con persoal eventual e asesores ao servizo dos novos/as delegados/as territoriais.

“A creación das figuras dos delegados e delegadas territoriais non ten suposto ata a data ningunha mellora na administracción dos asuntos ordinarios das galegas e dos galegos, e á vista da súa nula repercusión supón un claro despilfarro, dado que se ten demostrado que son postos absolutamente prescindibles. “

“A súa presencia é irrelevante no funcionamento da administracción pública galega, polo que é razoable a supresión inmediata da citada estructura o que permitirá aforrar máis de tres millóns de euros ao ano á Xunta de Galicia.”

Proposta construtiva

Afirma Lage que na actualidade hai centros directivos da Xunta que son prescindibles. Dixo que a folla política de Feijóo caracterizase “pola ausencia de ideas: só hai que ver como se aproban máis informes nos consellos da Xunta que acordos ou proxectos lexislativos”.

Na súa iniciativa Lage Tuñas propón tamén que se fusionen as catro empresas Xestures, nunha única Xestur, e integrar no Igape os recursos, persoal e patrimonio de BIC Galicia e das sociedades Xesgalicia, Sodiga e Inesga procedendo a súa disolución.

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista reclama que se racionalice o volume de cargos directivos e do persoal de libre designación do IGAPE así como racionalizar a estrutura directiva da Presidencia da Xunta evitando duplicidades.

Denunciou que o IGAPE ten 42 directivos e persoal de libre designación para unha plantilla de 91 empregados, co que ve necesario “racionalizar o gasto en persoal directivo neste organismo público”.

Lage pretende con esta proposta evitar o deterioro dos servizos públicos da nosa Comunidade e facer unha proposta constructiva para que o goberno recorte gasto improductivo e non o faga en sanidade ou educación como xa fixo no exercicio 2011

Fundacións Comarcais seguen sin disolverse

O deputado do PSdeG fixo alusión “á publicidade engañosa á que nos ten acostumados o sr. Feijóo pregonando racionalización ou austeridade” e puxo como exemplo do engano a situación das Fundacións Comarcais creadas baixo os gobernos do Partido Popular.

“Como pode observarse dous anos e medio despois da súa toma de posesión e de reiterados anuncios, aínda non foi quen de disolver as trinta e catro (34) fundacións comarcais a pesares de que o anuncia cada tres meses.”

Lage considera “intolerablecomprobar que o goberno galego en dous anos e medio aínda non acometeu a disolución da totalidade das fundacións comarcais pero si foron dilixentes para practicar recortes e diminuir os fondos públicos no ámbeto da educación, da investigación, da sanidade, da cultura ou dos servizos sociais.”

Goberno ausente

O parlamentario criticou con dureza as previsións estivais da Xunta e afirmou que “Galicia leva un mes sen Goberno mentras no Estado o goberno reuniu tres veces ao consello de Ministros para tomar medidas fronte á crise e as Cortes tiveron actividades tanto en xullo como en agosto”.

Lage dixo que “nun contexto de crise económica como o actual é difícil entender que non houbese reunións do Consello da Xunta durante un mes. O Goberno Galego esta desaparecido e Feijóo esta “missing”, parece a Bella Durmiente, parece que está esperando a que veña Mariano Rajoy e o esperte o vindeiro 3 de setembro”.

Dixo que esta actitude pon de manifesto “a escaseza de ideas e de proxectos lexislativos do Goberno de Feijoo”. E resumiu “Feijoo non ten ideas para Galicia e ten a cabeza noutro sitio”, espetou. Dixo que “os Conselleiros teñen que adicarse a algo mais que asistir a festa da da tortilla ou da ostra, a Xunta ten que ser algo mais que unha Comisión de Festas”, espetou.

Lage_tuas-2011a

69050-PNP Simplificar actual estrutura institucional Xunta de Galicia.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: piden explicacións á Consellería polo "alarmante e escandaloso" aumento do furtivismo en Galicia

69055-poc-datos furtivismo.pdf Download this file

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, quere coñecer, entre outros asuntos, cantos recursos adica a Xunta de Galicia á persecución, detección e prevención do furtivismo e cantos deles van diretamente ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores

Media_httpfarm4static_ipqky

Barbanza-Noia, 31 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, anunciou hoxe que rexistrou unha inactiva na Cámara Autonómica na que reclama explicacións á Conselleira Mar polo “alarmante e escandaloso aumento do furtivismo en Galicia”. 

Soneira lembra que o furtivismo é un vello problema que ten moitas casuísticas que, englobadas todas baixo esa denominación, abrangue situacións que van dende persoas en situación de exclusión social que non ven outra saída que o saqueo das concesións marisqueiras, ate o profesional do mar que, por vulnerar algunha disposición da normativa aplicable a súa actividade, sofre a correspondente sanción.  

A portavoz de Pesca dixo que a Consellería do Mar asignouse o louvable obxectivo de erradicar o furtivismo das nosas costas e rías pero advirte que “os resultados obtidos non parece que teñan acadado o éxito anunciado”. Replica que ao longo de mais de dous anos de exercicio do goberno o único resultado que nos amosa a Xunta de Galicia son datos estatísticos -algúns deles mais que cuestionables- sobre o número de artes aprehendidas ou o número de denuncias feitas polos servizos de inspección pesqueira.  

A parlamentaria socialista dixo que “o problema de fondo non só non ten remitido senón que parece estar fóra de control xa que os datos feitos públicos ao longo deste verán son moi preocupantes en canto ao número de episodios e en canto a gravidade dos mesmos nalgún caso”. 

Por todo esto Soneira reclama coñecer, e con iso tamén os cidadáns aos que representa o seu partido, o seguinte:

1.ª) Como valora a Xunta de Galicia a evolución do fenómeno do furtivismo, nas nosas costas e rías, no período de Goberno en que Dna. Rosa Quintana está o fronte dos intereses pesqueiros e marisqueiros de Galicia? 

2.ª) Da experiencia adquirida durante o período, cantos dos expedientes incoados foron a profesionais do mar e cantos a persoas alleas á actividade pesqueira ou marisqueira? 

3.ª) Das denuncias feitas, cantas foron por accións que precisaban dunha embarcación e cantas onde non era necesario? 

4.ª) Cantas denuncias se teñen feito a pescadores deportivos por infracción en materia de pesca? cantas a establecementos depuradores, comercializadores ou de hostalaría? 

5.ª) Cantos recursos dedica a Xunta de Galicia á persecución, detección e prevención do furtivismo? cantos deles van directamente ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores? 

6.ª) Como valora a Sra. conselleira os resultados acadados polo seu departamento na resolución deste problema endémico?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.8.11

Xadrez: 59 inscritos na I Copa Barbanza que se celebrou en Rianxo

Media_httpfarm3static_cqhfi

Rianxo, 29 de agosto de 2011. O Club Distribunosa-Xadrez Rianxo non cabe en si de ledicia trala exitosa celebración da Copa Barbanza 2011 de Xadrez, a primeira da historia. O certame xadrecístico, organizado por este club, contou con gran afluenza de participantes e público. O 59 inscritos amosaron un gran nivel de xogo e tamén fixeron gala dunha excepcional camaradería, polo que se puideron ollar grandes partidas e un ambiente san e competitivo que fixeron desfrutar a todos os afeccionados que se achegaron a Rianxo. Segundo os organizadores, "isto déixanos moi bo padal como preámbulo do III Torneo Internacional Distribunosa Guadalupe 2011, que se vai disputar o sábado 10 de setembro.

Os resultados do club Distribunosa-Xadrez Rianxo nesta I Copa Barbanza foron:
2º clasificado categoría Absoluta: Manuel Ángel Abuín Boullón (Distribunosa-xadrez rianxo).
1º clasificado categoría Femenina: Clara Rey Vicente (Escola Xadrez Rianxo).
Campeón sub 16: Daniel Fernández Romero (Escola Xadrez Rianxo).
Campeón sub 14: José Benito Cores Rañó (Escola Xadrez Rianxo).

Campiona sub 12: Tania Rey Vicente (Escola Xadrez Rianxo).
Campión sub 10: Jorge Méndez Rial (Distribunosa-xadrez rianxo B).
Campeón sub 8: Marco Bravo Rodriguez (Escola Xadrez Rianxo B).

Trofeo en categoría absoluta:
1º Clasificado: Diego Espiñeira Gonzalez (C.A. Padrón)
2º clasificado: Manuel Ángel Abuín Boullón
(Distribunosa-Xadrez rianxo).
3º Clasificado: Jesús Rodríguez perez (Marquiño).

Ademais, para acabar de rematala, o axedrecista Manuel Abuín Boullón gañou o primeiro posto en categoría absoluta no XVI Torneo Activo Lalín Pontiñas CCO Haley, que se disputou o pasado sábado 27 de agosto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o Curro da Enxa, esta fin de semana, o 3 e 4 de setembro

Curro_da_enxa

Vía Paco do Martelo, aquí

E non se esqueza de que as Festas de Nebra son este 31 de agosto e 1 de setembro. Ten toda a información no internauta que máis e mellor informa de Nebra, aquí

Noia: o venres 2 de setembro e o sábado 3, segunda edición do Cantón's Jazz&Blues Festival

Canton_jazzblues_2011

Noia, 29 de agosto de 2011. Esta fin de semana, dende o venres 2 de setembro ata o sábado 3, terá lugar a segunda edición do Cantón Jazz & Blues Festival, organizado polos locales Tasca típica, Resto pub, Trócolo e Cafetería Babilonia coa colaboración do Concello de Noia.

Nesta ocasión haberá unha innovación en forma de Obradoiros para todos aqueles músicos noveles ou non que estean interesados.

Bandas que participan:

DROPS QUARTET (venres 2 as 22:00h na Praza do Cantón)

Juan Manuel Varela Louro naceu en Noia. Inicia seus estudios de Piano da man de Martín Millán, obtendo o Título Superior coas máximas calificacións. Dende o 1.996 cursa estudios de I...mprovisación con Suso Atanes na “ Escola de música Estudio” continuándoos con Abe Rábade. Na escola “Drops” toma clases con Andrés Rivas.
Participa no WORKSOP de Big-Band encadrado no VII Festival de Jazz de Oporto, impartido por CECIL BRIDGEWATER, quen, a súa vez encargase das clases de improvisación.
Realiza master-class de improvisación con BARRY HARRIS, ULF RADELIUS, SKIP HADEN a JARMO SAVOLAINEN.
Forma parte do grupo de Jazz KIN GARCÍA TRÍO con que leva a cabo a presentación de diferentes traballos discográficos.Actualmente e Profesor de Piano é Harmonía no Conservatorio de Música de Noia (A Coruña) “Felipe Paz Carvajal”.

JAZZ FREQUENCY GROUP (venres 2 as 23:30h na Praza do Cantón)
Paco Charlin nace en Vilanova de Arousa e a súa formación musIcal comeza aos 8 anos de idade con profesores privados de solfexo e baixo eléctrico, pasando mais tarde a formarse en diversas escolas de música. En 1996 obtén duas Becas da mais prestixiosa Universidade de jazz e música moderna do mundo “Berklee College of Music”. Ten actuado en diferentes festivais nacionais e internacionais (Grecia, Cuba, Uruguay, Dinamarca, Israel, Estados Unidos, Argentina, Tánger, Helsinki, Isla de Madeira, etc.) e participou en numerosas grabacións xunto con músicos como Mark Turner, Lage Lund, Sheila Jordan, Chris Cheek, Steve Kuhn, Miguel Zenon, Jaleel Shaw, Logan Richardson, Jonathan Kreisberg, Marcus Gilmore, Tommy Crane, Johnathan Blake, Aaron Goldberg, John Riley, E..J. Strickland, Ambrose
Akinmusire, Donald Edwards, Marcus Strikland, etc…
Logan Richardson: Sax
Iago Vázquez: Piano
Paco Charlín: Contrabaixo
Máx Gómez: Bateria

BLUESMAKERS (sábado 3 as 22:30h na Praza do Cantón)

Banda lexendaria dentro do panorama musical galego, que dende o ano 92 ganouse a pulso a admiración do público. Despois de dezanove anos de andadura, o grupo ten as sus costas preto de 500 actuacións (entre elas o 1ero Festival de Blues das Ilas Açores e o 8º Matosinhos em Jazz onde compartiron cartaz con Toots Thielemans, Larry Coryell, John Abercrombie, Rufus Reid, Shemekia Copeland...), varias aparicións ao vivo na radio e televisión, a participación en diversas actividades audiovisuais, e catro CDs gravados , o último deles editado pola discográfica "Pai música".
No estilo inicial do grupo enmarcouse dentro do Blues eléctrico, pero ao largo deste anos evolucionaron cara o son acústico da música negra de principios del século pasado. Este viaxe, procurando as orixes do Blues, permitiu recuperar a tradición das "street bands" ou bandas de rúa, utilizando instrumentos pouco usuais e sorprendentes como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres a mandolina ou o kazoo.

SPOONFUL OF BLUES (sábado 3 as 23:59h na Praza do Cantón)

Banda que vive dende finais do 2009 é liderada por Edy “O zurdo” Evans que toca a armonica, a guitarrra e canta.
O inglés Evans, gran cantante e compositor con máis de corenta anos de experiencia leva 20 anos vivindo en Tomiño (pontevedra) coa súa familia.
Formou parte da prestixiosa banda de blues “DR.HELLO” durante 10 anos(1991-2001) e tamén tocou con estrelas do blues como Jonhy Copeland, Magic Slim, Pau Orta, Grant Stewart e un longo etc.

Atención, músicos e afeccionados interesados:

Para apuntarse ao Obradoiro de música, só tendes que enviar un mail a esta dirección: cantonjazzbluesfestival@gmail.com, e recibiredes información sobre os horarios, inscricións,etc

Páxina en Facebook

Para seguir todas as novidades deste festival hai unha páxina creada en Facebook, aquí

27.8.11

Literatura: Francisco Rodríguez presenta a Rosalía en Noia: o desencanto e a lucidez

Por Ramón Torrado

Da Matanza de Padrón ó antigo Matadeiro de Noia, que é onde está ubicado o novo Edificio Administrativo Espírito Santo, foi trasladada por un día a presenza de Rosalía de Castro a través da persoa que probablemente máis sabe dela no mundo. Onte, 26 de agosto do 2010, tivo lugar unha resurreción, ou alomenos un achegamento profundo á máis xenial muller galega, e tamén a todos nós.

      A sala de conferencias quedou pequena para o público, no que se encontraban escritores como Carlos Mosteiro, Ramón Carredano Cobas e Xerardo AgraFoxo, e políticos da esquerda, xunto con investigadores e algunha xuventude de aspecto estudiantil. Había varias fotógrafas profesionais e axitadores culturais, como Lois o irmán do malogrado dramaturgo noiés Xosé Agrelo.

      Como facía Agrelo, o home complexo que é o ferrolán Francisco Rodríguez transfórmase con facilidade nun orador electrizante. Onte, o seu rostro era unha personificación do desencanto. El leva toda a vida loitando pola súa terra galega, e loitando por revelar a imaxe verdadeira de Rosalía, rebelándose contra os escurecedores.

      Unha vez máis no curso dos anos, el esta vez prestouse a desvelar algo do misterio que rodea á estrela de Padrón. A ocasión era presentar un libro no que leva traballando … 30 anos! Trátase de “Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe)”. Un home incansable, congresista moitos anos que mesmo gañou a admiración do Presidente Zapatero, apenas se permitiu uns risos irónicos, brutais e para si mesmo, durante a dura elocución.

      Contou as últimas novidades, case todas basadas en cartas, que van aportando pezas do puzle que retrataría á muller e persoa que era Rosalía: “simpática, imaxinativa, talentosa, honesta, boa cociñeira (preparaba deliciosas empanadas de muxo), e en especial alguén en quen se podía confiar plenamente, como facía o editor católico Soto Freire, que mesmo lle contaba por carta os seus problemas matrimoniais”. Con furia reprimida, Paco contou que aínda hai pouco na Universidade de Santiago se presentaba nas aulas a Rosalía como unha muller inculta, case analfabeta, á que igual era o marido Manuel Murguía quen lle escribía as obras.

      Xa no seu vídeo persoal inicial, duns 12 minutos, no que se ofrece un percorrido polas casas de Rosalía en Compostela – un vídeo moi emocionante, en especial na parte final adicada a Cornes e Conxo – se avisaba do ocultamento que fan os poderes conservadores con Rosalía, deixada a un lado polo Xacobeo, cando Santiago debería ser como o Dublín de Joyce ou a Praga de Kafka, coa diferenza de ser unha muller o corazón cultural. Pois ben, como sinalou o ferrolán, ela segue a ser vítima de nós mesmos na actualidade.

      Así, nun instituto Rodríguez viu como no 125 aniversario do pasamento da autora, as paredes estaban cheas de cartaces honrando a Miguel Hernández, pero nada, tampouco oficialmente, lembraba a Rosalía. Tamén explicou, nun intre vibrante do seu discurso, o contraste en vida de Rosalía coa villana no día de onte: unha muller moi lista, moi rica, moi esixente coa moral excepto para si mesma, e unha muller que loitou contra o galego e a cultura galega. Emilia Pardo Bazán, reaccionaria e vanidosa en extremo, paradoxalmente reverenciada por algunhas feministas segundo sinalou Rodríguez, non dubidou en atacar a Rosalía mesmo cando esta acababa de morrer.

      Con tristura tivemos que escoitar neste novo edificio, grazas a unha das moitas acertadas preguntas que fixo o presentador Xabier Castro, das dramáticas condicións vitais da nosa amada escritora nos derradeiros anos. Sen mencionar xa o cancro de útero, visionamos a súa pobreza, cavando ela mesma na casa da Matanza, abandoada por Murguía (revelouse que nunhas fichas biográficas o escritor de Pontevedra Víctor Said Armesto apunta a que o grande defensor intelectual de Rosalía tiña unha amante daquela en Santiago), quedaba sumida (como o seu fillo Ovidio!, outra revelación) no alcohol, e incluso se adentraba en pensamentos suicidas. Todo, mentres que Dona Emilia era regada con flores e múltiples honores (uns versos ácidos de Rosalía demostran que esta era consciente da inxustiza).

      Máis, preguntouse con ironía Rodríguez, onde está agora Pardo Bazán? Non debería ter unha estatua en Guadalajara? Ela, e os outros escritores galegos en español, “asimilados” – mencionou a Torrente Ballester – acaban sendo esquecidos pola cultura española.

      Pero non por nós! Rosalía de Castro non deberá ser nunca esquecida pola xente da terra que ela tanto amaba. Francisco Rodríguez fundeuse nun abrazo comigo cando xa rematara a presentación. El foi quen me animou a engadir catro capítulos máis á miña biografía novelada inédita da poeta do río Sar. Tal vez porque non coincidimos na relación que ela tivo con Aurelio Aguirre (que non foi mencionado onte, como si o foi outro fiel amigo, Eduardo Pondal), Paco non lembraba o meu nome, pero si tivo o detalle de apuntar na dedicatoria que me fixo o seguinte: “a un fan de Rosalía e a súa obra, que sabe canta bondade e enerxía contén”.

      Quédame por engadir que, durante este memorable acto, que debería ter sido gravado en vídeo para ser reproducido con frecuencia por toda a nosa xeografía, só unha persoa, a amiga Isabel, do Bierzo leonés, se atreveu a intervir. A miña decepcionante timidez impediu que eu preguntase algo, aínda vendo que cada pregunta traía respostas interesantísimas e apartaba sombras. Isabel, como eu mesmo, discrepaba da afirmación de Rodríguez de que Rosalía non é unha escritora romántica. O propio escritor tivo que recoñecer que a primeira novela rosaliana, La hija del mar, creada ós 20 anos, é romántica, e engadiu unha noticia extraordinaria: un prestixioso crítico literario da Universidade de Cambridge, non atado a ningún lastre de autoodio ou prexuízo, quedou abraiado lendo esta novela, e declarou que está entre as mellores en español do século dezanove, e aínda máis: que conta, no episodio da tormenta, cun dos mellores relatos eróticos feitos na lingua de Cervantes.

      Canto queda por descubrir. Se “En las orillas del Sar” é en efecto a mellor obra poética española do século 19, “Follas novas”  é a mellor obra literaria feita en galego de tódolos tempos, e teremos que esperar para ver como é recoñecida no ámbito da literatura universal, ó igual que hai que esperar a que apareza por fin unha biografía de Rosalía de Castro digna dela.

      Polo de agora, grazas a Francisco Rodríguez e a outras persoas encargadas de aportar luces e verdade, iremos xuntando fíos para estar máis fortemente unidos a quen tanto nos dou.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical