5.9.11

Dodro: visita institucional do alcalde en Coruña á súperdelegada da Xunta nesta provincia

Beln_docampo_valentn_alfonsn

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña aproveitou o encontro institucional para ofrecerlle ao alcalde todo o apoio e colaboración do Goberno

Dodro, 5 de setembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, mantivo esta mañá na Coruñun primeiro encontro de traballo co alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín. Na reunión, Do Campo e Alfonsín analizaron a situación dos diferentes proxectos que desenvolve o Goberno autonómico no municipio e as necesidades actuais.

O rexedor aproveitou a reunión para trasladarlle as demandas do Concello ao Goberno galego, que pasan por melloras en materia de seguridade viaria na estrada AC-307. Pola súa banda, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia comprometeuse a estudialas e a traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.

Ademais, Do Campo expresoulle ao primeiro edil “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” con fin de obter a coordinación necesaria coa administración local para dar resposta ás demandas dos veciños.

Plan de Cooperación
Por outra banda, a delegada destacou o compromiso da Xunta coa creación de emprego e lembrou que o Concello de Dodro conta este ano cunha subvención de preto de 117.000 euros para a contratación de 10 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. Todos os contratos son a xornada completa.

Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación, que este ano destina 33.300 euros máis ao municipio que en 2010.

O de hoxe foi un encontro institucional enmarcado na rolda de contactos iniciada pola delegada da Xunta na Coruña dende que tomou posesión do seu cargo. Do Campo asegurou que nas vindeiras semanas visitará o concello de Dodro, dentro do seu percorrido polos 94 municipios da provincia.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: abren o prazo ata o 9 de setembro para a viaxe de maiores a Santo Andrés de Teixido

  • Terá lugar o 16 de setembro. Custa 27,30 euros

Camiño a San Andrés de Teixido pódense ver os enormes cantís da Capelada

Ribeira, 5 de setembro de 2011. O Concello informa de que hoxe abriu o prazo para inscribirse na saída cultural para maiores con destino a Santo Andrés de Teixido que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social.  

A viaxe (última das programadas para este ano) terá lugar o 16 de setembro e o prezo por  participar é de 27,30 euros, incluíndo desprazamento en autocar, comidas, guía  e seguro de viaxe. 

Os interesados en anotarse poden facelo ata o día 9 de setembro nos Servizos Sociais.  Ademais da propia capela de Santo Andrés de Teixido, durante o itinerario realizaranse visitas breves a Pontedeume e Ortigueira e tamén a Vixía e Herbeira, que son os cantís máis altos de Europa, na Serra da Capelada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ligazóns renovadas entre Adeje e Ribeira trala visita dunha delegación institucional do municipio tinerfeño

  • O alcalde Manuel Ruiz recibiu á comitiva insular no salón de plenos 
  • Hoxe van facer unha excursión pola Ría de Arousa e visitar a Sala Museo

Ribeira, 5 de setembro de 2011.– O salón de sesións da Casa Consistorial foi o escenario da recepción oficial que o Concello brindou á delegación institucional de 19 persoas chegada onte a Ribeira dende o municipio tinerfeño de Adeje. 

O alcalde de Ribeira e o seu homólogo da vila canaria, Miguel Rodríguez Fraga, sentáronse na mesa presidencial xunto co senador José Luis Torres Colomer, antigo rexedor, en cuxo mandato cristalizou o irmanamento que une aos dos concellos; e tamén o tenente de alcalde de Adeje, Gonzalo Castro. 

Ruiz Rivas deu a benvida a comitiva insular co desexo dunha agradable estancia no concello e destacou o potencial turístico excepcional que posúe o municipio canario. Pola súa parte, o senador Torres Colomer puxo de relevo que este foi un irmanamento eficaz, con lazos que chegan incluso ao afectivo ata o punto de que hai matrimonios entre cidadáns de ambos concellos; mentres que Miguel Rodríguez Fraga expresou a súa vontade de seguir avanzando no afianzamento das relacións de colaboración existentes entre as dúas localidades. 

A recepción finalizou cun intercambio de obsequios por parte das dúas Corporacións, de tal xeito que o encabezado por Manuel Ruiz entregou á delegación canaria unha creación obra do escultor Miguel Couto (a mesma que da imaxe aos Premios Concello de Riveira); mentres que o que rexenta Miguel Rodríguez correspondeu ao pobo ribeirense cun gravado que recolle unha localización tradicional de Adeje.  

Escultura volcánica

Unha vez rematado o acto no Salón de Plenos, as persoas congregadas alí foron ata a esplanada que conecta o paseo de Coroso co das Carolinas, lugar ata onde se trasladou recentemente a escultura volcánica “En reposo”, obra do escultor canario Paco Palomino e regalo do pobo de Adeje ao de Ribeira no ano  2003. 

Nese mesmo emprazamento tamén se puideron observar os cinco paneis informativos sobre a historia de Adeje, as súas tradicións máis significativas como a Semana Santa, os recursos turísticos e o seu patrimonio monumental e natural, con especial fincapé no seu Convento, a praza de España, a Casa Fuerte, a Igrexa e o Morro Grueso. 

Despois tomaron dúas embarcacións nos pantaláns do Club Náutico de Ribeira para realizar unha ruta pola ría de Arousa e, tras comer en Aguiño, está previsto que pola tarde (en torno ás 17.30 horas) visiten a Sala Museo Municipal.

Antes, en Certo:


Irmandamento: visitan Ribeira 22 de Adeje. Do 4 ao 6. Todo listo

Pode que lle interese:


Festas de Santa Uxía: o luns 12 de setembro, concurso de baile

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Turismo: últimos días para anotarse ao Curso de lnterpretación do Patrimonio sobre Ecoturismo

A Pobra: veciñas de Carral visitan o Museo Valle-Inclán e outras zonas do municipio

A Pobra, 5 de setembro de 2011. Un grupo de 35 veciñas da localidade coruñesa de Carral programaron unha xornada de lecer para o pasado sábado 3 de setembro que as animou a chegarse ás terras barbanzanas da Pobra do Caramiñal. Logo de subir á cima da Curota e coñecer o entorno das romarías e do curro das Canizadas, animáronse  a percorrer tamén as instalacións do Museo Valle-Inclán, onde unha vez máis foron recibidas e guiadas polas distintas dependencias e contidos, pola técnica Begoña Olveira Sanisidro.

Non rematou aquí no seu paseo pola Pobra do Caramiñal, posto que tamén quixeron achegarse ata a parroquia do Divino Nazareno, Santiago do Deán, e ás mostras fotográficas que estes días se exponen nas salas da Oficina de Turismo e na Casa da Cultura pobrenses.

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe acusa a Feijóo de apoiar "co seu silencio" o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional contra os matrimonios gais

  • O portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, participou en Cerceda (A Coruña) no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB que organiza o Grupo LGTB do PSdeG-PSOE
  • Lage di que o modelo de sociedade que defendo o PP "priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual e nas eleccións do 20N están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns. O PP opúxose a todas as leis que significaron ampliación de dereitos sociais"
Media_httpfarm4static_ygarf

Visto en Chueca. Flickr de Brocco Lee

Barbanza-Noia, 5 de setembro de 2011. O grupo de Gais, lesbianas, transexuais e bisexuais do PSdeG-PSOE celebrou o seu "III XANTAR RURAL POLA VISIBILIDADE RURAL LGTB" no concello de Cerceda, na área recreativa de Portobrea, na parroquia de Queixas, a pasada fin de semana.

Con este acto o grupo LGTB do Partido dos Socialistas de Galicia quere tamén dar apoio a todalas mulleres lesbianas, homes gais e transexuais que viven o seu día a día nas aldeas e vilas do rural galego. Este Grupo do PSdeG quere revindicar a loita diaria que fan todas as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais que viven no noso rural. En especial ás persoas que son acosadas pola homofobia.

O deputado socialista José Manuel Lage amosoulles o seu apoio “polo gran traballo que están a facer para que as leis e o traballo institucional teña reflexo real na sociedade e poder así superar vellas pantasmas e a rancia homofobia aínda existente en diferentes ámbetos sociais”.

Lage Tuñas durante a súa intervención no citado acto afirmou que “nas vindeiras eleccións do 20-N están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns. E cabe recordar que o PP opúxose a tódalas leis que significaron ampliación de dereitos sociais”

O deputado do PSdeG entende que “o modelo de sociedade que defende o PP priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual”. Nesta liña recordou que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo “apoia co seu silencio o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”.

“O Sr. Feijóo e o Sr. Rajoy fixeron oídos xordos ás constantes peticións dos grupos LGTB de todo o estado para que o PP retirase o recurso diante do Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”, explicou José Manuel Lage.

Pasos atrás do PP

Os socialistas galegos tamén foron moi duros coas decisións tomadas no ámbeto parlamentario galego pola maioría absoluta do Partido Popular “coa aprobación de lei como a da REDE MADRE, contraria aos dereitos das mulleres ou coa Lei de Familia, un paso atrás no recoñecemento da sociedade plural e diversa na que vivimos”.

Lage Tuñas recordou na súa intervención no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB do PSdeG-PSOE que “en Galicia o Partido Popular aprobou unha lei de familia retrógrada, claramente involucionista, que mereceu a reprobación do Consello Económico e Social, por negar a realidade social e polo seu carácter regresivo e patriarcal, tentando recortar dereitos á muller”.

O dirixente socialista destacou tamén que “nos últimos oito anos en España tense avanzado de xeito importante na ampliación e recoñecemento de dereitos, sempre da man do Partido Socialista”.

Así, destacou “a aprobación en Xuño de 2005 da Ley que modificou o código civil para permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a adopción conxunta. Cabe recordar que máis de 20.000 parellas en España ya exerceron este dereito”.

“Tamén a aprobación da LOE, da asignatura de Educación para a Cidadanía, da Lei de identidade sexual que recoñece a dignidade das persoas transexuais ou a creación de Unidades e Servizos de Referencia para o cambio de sexo se teñen materializado nestes últimos oito anos”, rematou.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a Avenida da Constitución ten varios sinais con deficiencias

Algunha semella que está camuflada para que non a vexan e outras medio deterioradas (hai moito túzaro destruindo patrimonio de todos, dálle o mesmo que sexa urbano ou rural). A ver se os responsables de coidar as estradas e os seus elementos remedian de contado esta situación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música:"Broncodilatador", novo traballo da esperanza negra da música muradá, Terbutalina

Barbanza-Noia (e arredores), 5 de setembro de 2011. Terbutalina, a esperanza negra da música muradá, presenta o seu novo traballo Broncodilatador. Despois do seu  disco de presentación "Live in Catoira"(2011), sacan un EP chamado Que-de-leite! que recolle tres temas do LP Broncodilatador, que será posto a navegar o próximo 8 de setembro en formato dixital para libre descarga, para que os amigos de Teddy Bautista non gañen un euro máis.

 

Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada.

Bailen, hostia! Bailen!



INFO BRONCODILATADOR.pdf Download this file

DOSSIER TERBUTALINA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.9.11

Ribeira: 257 participantes na IX Andaina Popular de Ribeira

Ribeira, 4 de setembro de 2011. A IX Andaina Popular de Ribeira tivo lugar onte, e nela participaron 257 persoas. O primeiro andarín en completar os 50 quilómetros chegou ás 16.15 horas (saíuse ás 9:10) e o derradeiro pasadas as 19.30 horas.


A climatoloxía acompañou todo o día, prestándose ideal para esta actividade tan saudable.Os participantes pasaron por distintos puntos de control e avituallamento nos que se lle ofrecían bebidas, froitas, bocadillos e empanada (esto último só no ubicado no Dolmen de Axeitos -qm. 29-); e ao chegar ao polideportivo de Coroso -de onde se saíra- ademais de todo o anterior ofrecéuselles paella e mexillóns ó vapor. Tamén se sortearon distintos productos cedidos por un establecemento comercial de Ribeira.

O percorrido da andaina constaba de 50 quilómetros (aínda que se podía facer polo tramo "corto" de 36 km.) e levou aos sendeiristas por algún dos lugares máis destacados de Ribeira: Vixán, Sirves, Axeitos (dolmen), Espiñeirido, Tahume,  Balteiro, Moldes, e de volta para Coroso.

Salvo as incidencias típicas desta actividade (ampolas nos pés, calambres, ou falla de forzas) a organización non acusou ningún outro tipo de feito a destacar, salvo a excelente participación e comportamento de tódolos participantes e colaboradores das actividades organizadas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.9.11

Arqueoloxía: a asociación "Terra de Outes" pronúnciase a favor de que se preserve todo o achado en Taramancos

  • "A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un cámping ou unha estación de esquí acuático", argumentan no seu comunicado.


Noia, 3 de setembro de 2011. A asociación cultural "Terra de Outes" vén de pronunciarse sobre os recentes achádegos no poboado de Espiñeira ou Taramancos Vello, na parroquia noiesa de Boa, que corren perigo ao ir situado ao seu carón o viaducto e ponte da variante de Noia. Como é xa tradición en Certo, publicamos o comunicado íntegro:

"Terra de Outes cre que de proseguir coas obras de Taramancos tal como están trazadas se consumará un gravísimo atentado contra o patrimonio histórico galego e, en particular, da comarca Muros-Noia, e por conseguinte as consecuencias serán nefastas para un territorio, no que se inclúe o noso concello, que ten no turismo cultural unha importantísima fonte de ingresos.
Todo achado arqueolóxico debe ser preservado. A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un camping ou unha estación de esquí acuático, ou que se arrasara o dolmen de Axeitos para facer unha estrada máis ampla de Ribeira a  Corrubedo e os bañistas chegaran antes á praia, ou as mesmas dunas para ampliar o parking. por razóns de comodidade as propias murallas de Lugo estarían xa derrubadas.

Os gobernantes deben pensar non só en función das constructoras e a opinión pública debe empeñarse en que os representantes da nación non se aparten do cometido para o que foron elexidos".

Relacionadas:



Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos

Pode que lle interese:


Ponte da Chaínza: están a destapala. Dous metros de altura no arco!


Memoria histórica: quen era Luis Barrena?


Xardín da memoria: onde asasinaron a Barrena

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical