Máis información en
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Máis información en
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
As materias impartidas son as seguintes:
As clases impartiranse nos locais da banda na Casa da Cultura de Portobravo ou na escola do Sanguiñal (San Roquiño-Tállara), así como no local social de Cruído en función da materia de que se trate e comenzarán no mes de outubro (día 3).
Os impresos de matrícula podense recoller na conserxería do Colexio da Silva ou na Casa da Cultura e o prazo de matrícula está aberto ata o día 7 de outubro de 2011. A matrícula realizarase entregando o impreso na Casa da Cultura en horario de 09:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00, enviando os datos por correo electrónico á dirección banda@concellodelousame.com ou por teléfono nos números 676982604 (César) ou 652808122 (Fernando).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Libro: este venres 9, presentación dun de María Isabel Muñoz
Turismo: visitantes de Carral no Museo Valle Inclán
Motos Antigas: o 10 e 11 de setembro, V Xuntanza Internacional
Fotografía: "Os Adeuses" e fotos de Olláparo, en setembro
Nuevas Tecnologías: desde septiembre, notificaciones del catastro por Internet
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 8 de setembro de 2011.- Co obxecto de diminuír o impacto visual que provocan algúns dos contedores de superficie en certas zonas da cidade, o Concello de Ribeira informou hoxe que vai instalar arredor deles unha serie de soportes informativos que servirán ademais para facer promoción dos recursos turísticos do municipio.
O primeiro destes paneis promocionais xa se pode observar na rotonda de Padín, confluencia que serve de principal zona de entrada e saída ao casco urbano de Ribeira. O parque dunar e o dolmen de Axeitos son os motivos cos que está decorada esta estrutura.
Nas próximas datas colocaranse outros soportes semellantes pero con motivos distintos ante outras illas de contedores localizadas en zonas da cidade con gran tránsito de vehículos ou peóns, e non se descarta que de ter éxito a iniciativa se expandan polas parroquias no futuro.
O Concello desexa "que a cidadanía acolla con respecto a iniciativa, que constitúe outra fórmula máis para embelecer o pobo". Ou sexa, que non os esbandallen os túzaros de case sempre ás primeiras de cambio.
Así enganaba Potemkin a Catalina II a Grande, emperatriz de Rusia
A todos nos gusta ver os nosos pobos engalanados e que se coiden os detalles e se tapen, como fai neste caso o Concello de Ribeira, o que pode resultar desagradable á vista. Parécenos unha boa iniciativa, sobre todo cando é explicada e transparente.
Un personaxe sinistro que pasou á historia, non só polas súas ruindades, senón por esaxerar e enganar co asunto do embelecemento dos pobos foi Gregorio Potemkin, militar ruso que tivo por amante á mesmísima emperatriz Catalina a Grande. A ela fíxolle crer que coa súa terrible conquista de Crimea, un auténtico xenocidio levado a cabo por el e o seu exército, a zona mellorara moitísimo. Como Catalina non o cría, decidiu viaxar ata alí: cando Potemkin se veu acurralado, argallou uns decorados de cartón pedra para que dende a enorme carruaxe da emperatriz só se viran aldeas marabillosas. Aquel "tour de Crimea" supuxo que só se pintaran as fachadas das casas que daban ao camiño, que se levaran aos vellos e enfermos lonxe dos seus pobos, que árbores e setos de papel tapasen o máis feo daquela zona masacrada. Obrigouse, baixo ameazas de morte, a sorrir á xente antes asoballada. Os lugares por onde Catalina pasaba non existían: eran decorados, onde ata o gando pastaba enerxicamente porque o fixeran pasar fame días antes. As enciclopedias soviéticas chamaron ao engano de Potemkin "o maior da historia deste país".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 8 de setembro de 2011. Mañá, venres 9 de setembro, ás 21:00 na casa de cultura de Carreira terá lugar a Conferencia "Historia de Carreira segundo a tradición oral", a cargo de Juan Francisco Ramallo Dorca. Organiza a activa asociación veciñal de Carreira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 7 de setembro de 2011. A Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia vén de conceder unha subvención para equipamentos comerciais no Casco Histórico de Noia a través da convocatoria do programa de subvencións para a modernización de equipamentos comerciais: Ágora Recomercia 2011 para zona peonís comerciais.
O proxecto realizado polo concello e denominado Remocicar II ten un orzamento de 100.400 euros e servirá para instalar mobiliario (bancos, bolardos, papeleiras, puntos de información ao consumidor, xardineiras), sinaléctica, iluminación de baixo consumo e outros elementos. A finalidade é crear unha liña de mobiliario propia para o Casco Histórico de Noia, e que permita homoxeneizar os distintos compoñentes do mobiliario público.
A subvención da Dirección Xeral de Comercio cobre o 70% do orzamento de 100.400 euros, aportando o resto o Concello de Noia, e está dividida en dúas anualidades, unha para o 2011 de 56.224,00 euros e para o 2012: 44.176,00 euros.
A concelleira de Comercio Mónica González Eiras considera "moi importante este investimento xa que permitirá mellorar a imaxe do Casco Histórico e por tanto potenciar a zona comercial. Para eso consensuaremos coa Asociación de Empresarios Noia Histórica a implementación do programa a través de Mesa Local de Comercio. Debemos seguir traballando na mellora do noso casco histórico, para iso son esenciais este tipo de medidas que complementan outras liñas moi importantes como as de rehabilitación de vivendas no casco histórico que se levan desde a concellería de Urbanismo de Bieito González, para a mellora global do Casco Histórico que é un dos principais atractivos da nosa vila, ademais de concentrar boa parte da actividade comercial da mesma".
Mobiliario identitario noiés
González Eiras destaca que unha das singularidades do proxecto é que os equipamentos comerciais que se instalarán serán deseñados especificamente para o casco histórico noiés, "fuxindo de elementos estándar que existen noutras vilas. Preténdese un mobiliario identitario propio do noso casco histórico; un casco histórico como o noiés precisa de elementos específicos diferenciados doutras zonas ou vilas para o que se creará unha liña identitaria exclusiva. Ademais tentaráse na medida do posible que os elementos sexan elaborados por artesáns da nosa vila".
Rehabilitación: comeza a novena fase, con 22 actuacións
Arqueoloxía: Capítulo 0 adícalle unha entrada a Taramancos Vello
Ponte da Chaínza: están a destapala. Dous metros de altura no arco!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Outes, 7 de setembro de 2011. Este venres, 9 de setembro, a partires das 21:30 terá lugar a presentación oficial da Asociación Cultural “ Aquelar”, que terá como principal foco de acción o concello de Outes.
O obxectivo principal desta organización é "marcar a axenda local no eido cultural, deportivo, músical e xuvenil en Outes", sinalan os responsables. Este sábado presentan a directiva, a cal será a encargada de
Memoria histórica: quen era Luis Barrena?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra, 6 de setembro de 2011. O vindeiro venres 9 de setembro ás 21:00 h. vai ter lugar no auditorio do Museo Valle-Inclán, a presentación do libro “Coche Amarillo, Gorra de Plato, Ropa Tendida y Perro”, unha obra de tinguidura autobiográrfica escrita por María Isabel Muñoz Sotés, unha madrileña avogada e xornalista íntimamente ligada á Pobra do Caramiñal desde que, no ano 1955 veu pasar por primeira vez a tempada estival nesta vila xunto coa súa familia..
A través dun vocabulario sinxelo vai narrando as súas vivenzas desde a máis tenra infancia ata os derradeiros anos e consegue captar a nosa atención para levarnos ó longo de diversos episodios cos que non podemos evitar botar a vista atrás e darnos conta de tantas vivenzas que hoxe son tan habituais e que no seu tempo eran tan curiosas, como aquel no que describe como foi a unha inauguración de curso cunha amiga montada nunha vespa e acabou saíndo fotografada en xornais e revistas.
Aínda hoxe segue achegándose María Isabel á Pobra no verán e noutras ocasións se lle resulta posible, e a mesma Pobra do Caramiñal axudouna en moitos momentos para atopar a inspiración que fixo posible que estas memorias viran a luz.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia