19.9.11

Ribeira: o goberno local non ten avoa e louva os seus cen días de lexislatura

  • Están listos os orzamentos, de case trinta millóns de euros, os máis altos da historia ribeirense grazas a un programa europeo

Ruiz Rivas na Festa do Percebe de Aguiño coa conselleira de Mar

Ribeira, 19 de setembro de 2011. O Executivo Local que lidera Manuel Ruiz Rivas cualifica en nota de prensa como "moi positivos estes 100 primeiros días de lexislatura, nos que se asentou a acción de goberno para os próximos 4 anos".

E seguen co autobombo ao longo de toda a nota:

"Un dos logros máis importantes dos acadados ao longo destes pouco máis de 3 meses foi o do financiamento con 5 millóns de euros da Unión Europea do proxecto Riveira Atlántica: un plan comezado co goberno anterior que, cun orzamento total de 7,2 millóns, engloba 11 actuacións dirixidas a transformar a fisonomía da cidade e das parroquias de aquí ao 2015 

Entre as actuacións incluídas no Riveira Atlántica figura a construción dun novo mercado municipal no mesmo lugar onde se sitúa o existente. O equipo de Goberno espera poder proceder xa este mesmo ano co traslado dos praceiros e praceiras a un emprazamento temporal nun solar anexo á praza de España e iniciar a demolición do edificio actual. 

A creación dun centro social e de ocio saudable en Oleiros, a construción dun paseo marítimo-terrestre polo borde litoral de Riveira, un parque biosaúdable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes, un plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria, a recuperación da antiga aldea mariñeira na illa de Sálvora, a creación dunha rede de miradoiros e vías paisaxísticas, a recuperación de Área Secada  ou a rexeneración ambiental e patrimonial do río Artés ou Arlés son outras das actuacións incluídas.  

Precisamente gardando relación con esta última acción cabe recordar que o último día de xuño se soltaron 5.000 alevíns de troita común na parte alta do río Arlés. Outra importante iniciativa dende o punto de vista medioambiental foi o da solta de 100 perdices en San Amedio (Oleiros), Artes e Carreira. 

Por outra parte, o Executivo foi quen nestes 100 días de elaborar os borrador dos orzamentos municipais e aprobouse a oferta de emprego público que consolidará 95 postos municipais. 

O tráfico rodado e a seguridade viaria rexistraron unha importante reordenación na zona do Malecón a través de instalación de semáforos (por agora provisionais e moi pronto definitivos) para regular toda esta céntrica, dando resposta así á demanda da cidadanía. Cabe lembrar que esta actuación incluíase inicialmente dentro dun novo plan de regulación do mercadillo dos sábados que tamén está a incidir na mellora da limpeza durante o funcionamento desta acción comercial. Cómpre lembrar aquí que outra das novidades desenvolvidas por este Goberno foi a creación os venres dun novo mercado ambulante en Palmeira que está axudar a dinamizar a actividade comercial da parroquia e en especial da súa praza de abastos. 

No apartado de mellora das infraestruturas viarias e renovación de servizos de saneamento, nestes 100 días iniciáronse actuacións na rúa Lepanto, o barrio de Cubeliños, Rocapellón (vía situada en Corrubedo, xa rematada) e O Vilar (Carreira). Ademais, atópanse en distintas fases de tramitación do expediente outras accións na praza Uxía Novoneyra e nas rúas Cervantes e Cristóbal Colón e a estrada de Deán Grande, ao igual que o proxecto de ampliación de beirarrúas e supresión de aparcamentos na vía posterior á Casa Consistorial. 

Atención cidadá

Estanse ultimar unhas novas dependencias na Casa do Concello no espazo onde estaba situada a Policía Local que teñen por principal obxectivo convertelo nunha Área de Atención Cidadá de nova creación. Cabe destacar tamén a recente apertura das novas instalacións dos Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller na praza 8 de marzo ou a próxima entrada en funcionamento no mes do outubro da tan esperada Casa da Xuventude 

No transcurso do verán puxéronse en marcha tamén novas iniciativas específicas para a estación estival como un autobús turístico que se potenciará o ano que ben ou a creación dunha patrulla policial de proximidade en bicicleta para rúas peonís e paseos marítimos. 

No aspecto cultural cabe salientar a recuperación da procesión marítima e o feito de que na Feira Artesanal e Mariñeira cobrou maior protagonismo que nunca este último adxectivo, grazas á implicación no evento do tecido empresarial e hostaleiro do municipio. Ademais, o Concello xa está inmerso ina organización dunha Semana do Mar para o verán de 2012 que avogará pola promoción e comercialización dos produtos do mar. Outro aspecto relevante foi a supresión temporal dos cátering nos eventos festivos e culturais en liña coa política municipal de austeridade (os cartos aforrados serán doados a algunha ONG riveirense). 

A destacar tamén a boa sintonía do Goberno Municipal con outras Administracións, como se constata con actuacións tan importantes para o municipio como a nova lonxa (o proxecto técnico está practicamente ultimado), a estrada de Xenxides a Corrubedo (xa foi adxudicada e está previsto que as obras comecen en outubro), a futura creación dunha rotonda na estrada do Vilar, a redacción dun plan especial para o Parque Natural ou a próxima instalación de alumeado de tecnoloxía LED nas rúas 9 de agosto, Rosalía de Castro e Otero Pedrayo, entre outros proxectos".


O goberno ribeirense evitou pronunciarse nesta valoración sobre as modificacións na oferta educativa, que continúa a crear polémica no municipio

Nin unha pinga de autocrítica. E á oposición non se lle agarda, alomenos na Rede, onde a súa actividade baixou a mínimos históricos xusto agora que é cando máis están a medrar os  usuarios de internet activos, en especial nas redes sociais.


Orzamentos

Case doce millóns de euros de investimento

O orzamento municipal do Concello de Ribeira para o exercicio 2011 que será sometido á consideración do pleno o vindeiro luns ascende a un total de 29,24 millóns de euros: un 37,28% máis que o orzamento da anualidade anterior, o que significa a maior contía orzamentaria na historia do municipio. 

Cabe salientar "moi especialmente", explica o goberno local, o importante incremento rexistrado no capítulo de investimentos, que alcanza un total de 11,89 millóns de euros (o que equivale ao 40,67% do total do orzamento), a pesar dos difíciles momentos que están a atravesar os entes locais por mor da crise económica e pola práctica paralización da actividade construtiva (de feito, a previsión de ingresos polo ICIO baixa a mínimos históricos por un criterio de prudencia nas contas) 

Este notable aumento nos investimentos é posible grazas sobre todo á obtención de fondos europeos para executar o proxecto Riveira Atlántica 2015, que foi aprobado por unanimidade en sesión extraordinaria do pleno celebrada o pasado 12 de xullo. Así mesmo, tamén influíu substancialmente nesta suba o canon obtido pola contratación da xestión de auga e saneamento no 2010. 

O importe global do orzamento representa 1.050,51 euros por habitante, se consideran unha poboación de 27.837 individuos do último padrón aprobado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: xa se pode ver na Rede o adianto do documental sobre "Airiños", "Esta noite velada"

<br />TRAILER AIRIÑOS <i>por antonxxxl</i>

En Certo entrevistamos hai anos a Xesús Santos, actor e director deste grupo de teatro, dos máis vellos de Galicia en activo. Aquí

E un tempo despois, entrevistamos ao autor deste documental, Antón Caeiro, que ten xa unha morea de documentais sobre asuntos de memoria histórica centrados en Galicia sobre todo. Poden ver a entrevista a Caeiro aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: xa se pode ver na Rede o adianto do documental sobre "Airiños", "Esta noite velada"

En Certo entrevistamos hai anos a Xesús Santos, actor e director deste grupo de teatro, dos máis vellos de Galicia en activo. Aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.9.11

Arte: o lousamián Veiras Manteiga expón en Espace Scoman, na localidade francesa de Laval

Ribeira: a Lan Party UxíaNet 1.1 será do 14 ao 16 de outubro na casa da Xuventude

  • Prometen 60 horas ininterrompidas para partillar arquivos e coñecementos sobre informática, ademais de xogar en rede
  • Só 55 prazas, ollo! Hai que preinscribirse en uxianet.com. Ata se pode durmir dentro, pero só hai 50 liteiras

Ribeira, 16 de setembro de 2011.- A casa da Xuventude de Ribeira iniciará -e agardamos que non haxa marcha atrás, como outras veces- no mes de outubro a súa andadura pública, e vaino facer coa segunda edición da lan party Uxíanet 1.1, unha actividade na que os anotados poderán partillar arquivos a maior velocidade que á que lle deixan na súa casa as operadoras oligopólicas deste país e coñecementos sobre informática e novas tecnoloxías. 

Para falar desta convocatoria, déronse cita a concelleira de Xuventude e Igualdade do Concello, Aroa Fernández; o técnico municipal Mario Vidal; e Adrián Lorenzo e Fernando Ferro no nome de PHP Software Factory, que se encarga da coordinación técnica da actividade. 

Uxíanet 1.1 terá  lugar durante case 60 horas ininterrompidas: dende as 10 horas do venres 14 de outubro ata en torno ás 18 ou 19 horas do domingo 16. Hai 55 prazas convocadas e os interesados poden facer a súa preinscrición na páxina web www.uxianet.com

Esta festa informática está  dividida en dúas áreas diferenciadas: por unha parte será intranet, é dicir, a zona na que as persoas anotadas disporán dunha alta velocidade de conexión para compartir arquivos ou xogar en rede a través dos seus ordenadores, entre moitas outras posibilidades; e por outra parte haberá un espazo de libre acceso denominado extranet no que terán lugar charlas sobre tecnoloxía e informática, unha exposición sobre a historia da informática, etc... O programa definitivo será dado a coñecer proximamente. 

Con esta actividade vanse aproveitar "ao completo" as instalacións da Casa da Xuventude, ata o punto de que os participantes teñen a oportunidade de durmir no sector do inmoble dedicado a albergue (dispón de 50 liteiras). 

O desenvolvemento da lan party Uxianet 1.1 marcará o inicio do funcionamento regular da Casa da Xuventude e, ao fío disto, e segundo informou Aroa Fernández, pronto se darán a coñecer outras actividades que se están ultimando co fin de dinamizar este espazo tan importante e aínda sen usar polos mozos e mozas do municipio, logo de varios anos de estar rematada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello recorre o prezo dunha parcela municipal na Barquiña ante o Xurado de Expropiación de Galicia

11091612470 (plano expropiación parcela municipal).pdf Download this file

  • O solar afectado ía destinado a construír unha escola infantil que a Xunta deixou nun caixón
  • O Concello pide máis de medio millón de euros fronte aos 126.000 que quere pagar a Xunta


Cando remate a variante de Noia, a paisaxe da Barquiña variará moito

Noia, 16 de setembro de 2011. Como consecuencia das obras de construción da estrada variante de poboación, a parcela de titularidade municipal situada no lugar dos Carballiños-A Barquiña, ficou completamente afectada polo trazado da mesma. A parcela en cuestión conta cunha superficie de 1.553 metros cadrados, sendo o destino da mesma, a nivel urbanístico, o da construción de equipamentos colectivos. No mandato pasado, o Concello de Noia iniciara os trámites para construir no lugar a escola infantil, unha Galescola -agora Galiña Azul- que pasou a "mellor vida" ante o cambio de goberno na Xunta.

As discrepancias manifestadas polo Concello diante da Consellería e do Xurado de Expropiación van en duas direccións, segundo explica o concelleiro nacionalista encargado do departamento de Urbanismo, Bieito González: "A primeira, fai referencia ao xusto prezo ofertado pola administración galega e a segunda, á petición de expropiación da totalidade da parcela en contra da proposta inicial que contemplaba só, a expropiación de 973 metros cuadrados, deixando os 580 metros restantes en poder do Concello, pero que xa non tería utilidade algunha xa que ficarían afectados pola franxa de servidume de protección da futura estrada", aclara.

O prezo ofertado para expropiación de 123,59 €/metro cadrado está "absolutamente desfasado e non argumentado", argumenta Bieito González, e pola súa parte o Concello esixe un valor de 358,27 €/metro cadrado. Iso fai que a Xunta de Galicia só ofreza polas parcelas expropiadas 126.489,56 euros, mentres que o Concello de Noia "na valoración máis prudente" calcula o valor da parcela total en 553.365,92 euros. 

O Concello de Noia, con criterios de prudencia e no ánimo de manter unha correcta colaboración entre administracións asumiu o máis baixo dos criterios dos que dispuña para valorar a finca, "non tentando lucrarse da expropiación", asegura o nacionalista que dirixe a concellería de Urbanismo. A administración municipal baseouse para acadar o valor de 358,37 €/metro cadrado na valoración feita na Xunta de Compensación cando se desenvolveu a Unidade de Actuación nº11. Outros valores moi superiores saían calculalo en base ao convenio urbanístico do Eroski nesa unidade de  actuación onde o Concello vendeu o metro cadrado a 420 euros daquela data, ou calculando a repercusión da urbanización pola edificabilidade total saen cantidades superiores, ou incluso das expropiacións feitas polo Concello na mesma unidade de actuación tamén sairían datos superiores na valoración. 

O Concello de Noia reitera que "está pola colaboración entre administracións, e dada a prudencia nas actuacións municipais non é doado entender a negativa da Xunta de Galicia a atender as demandas plantexadas, tanto no relativo á expropiación total da finca como á valoración que do xusto prezo fan", remata Bieito González.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: O Faiado 2 organiza un roteiro a antigos camiños de gando o sábado 8 de outubro

Roteiro_terceiro


Ollo: sáese da Pobra do Caramiñal, enfronte dos Xardíns Valle-Inclán

Antes, O Faiado 2:


O Faiado 2: O 27 de agosto foron pola calzada do Ordenario

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro de escultura: comeza en outubro. Vaite anotando!


Cursos: de alemán e tempo libre, en outubro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: aberto o prazo para anotarse ás once escolas deportivas deste curso

Dptico_actividades_2011

  • O prazo remata o vindeiro venres 7 de outubro. As clases comezan o 17, luns
  • Hai ximnasia, artes marciais, atletismo, basket, multideportes, patinaxe, tenis, ximnasia rítimica, bici de montaña, triatlón e deportes náuticos


Ribeira, 15 de setembro de 2011.- A Concellería de Deportes informa de que o vindeiro luns 19 de setembro, e ata o día 7 de outubro, estará aberto o período de inscrición para as 11 Escolas Deportivas para Nenos que pon en marcha a Administración Municipal. 

Existe un número limitado de prazas en todos os grupos de adestramentos, que se asignarán por estrita orde de inscrición. As clases darán comezo o 17 de outubro e rematarán a última semana de maio. O prezo do curso completo é de 52,29 euros por neno. As incricións poderán realizarse na oficina de deportes situada no Auditorio Municipal en horario de mañá de 9 a 12.30 horas (teléfono: 981 835 650). 

As Escolas Deportivas organizadas son: Actividades Ximnásticas e Acrobáticas (50 prazas ofertadas), Artes Marciais (50 prazas), Atletismo (50), Baloncesto (120 prazas distribuídas en catro grupos en función das idades), a Escola Multideportiva (40 prazas), Patinaxe (25 prazas de nova incorporación),Tenis (45 prazas segundo a idade), Ximnasia Rítmica (25 prazas de nova incorporación), Mountainbike (20 prazas), Triatlón (50 prazas) e Deportes Náuticos: esta última disciplina está composta de vela lixeira, vela tradicional e remo e comezará no mes de febreiro de 2012. 

Todas as escolas desenvolveranse no Complexo Deportivo da Fieiteira, agás o Baloncesto e o Mountainbike (que o farán no polideportivo de Santa Uxía, en Coroso), Patinaxe (no polideportivo de Sirves) e Tenis (no de Artes). 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o venres 30 de setembro preséntase "Máxico Tear Natural", de Xosé Lobato Martínez

Media_httpalvarellosi_vfcjz

Boiro, 16 de setembro de 2011. A Asociación Cultural Barbantia vén de anunciar que o vindeiro 30 de setembro, venres, preséntase o libro "MÁXICO TEAR NATURAL", de Xosé M. Lobato Martínez, escritor e socio de Barbantia, nun acto que terá lugar ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro. Estarán presentes, amais do autor, o directivo de Barbantia Xosé Ricardo Losada; o director da editorial, Henrique Alvarellos Casas; o director da Galería Sargadelos do Barbanza, Jesús Lojo Alcalde; o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro; e mais a concelleira de cultura do Concello de Boiro, Helena Teixeira Barcala.

Quen é Lobato Martínez?

Media_httpalvarellosi_xpfhb

XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ (Lestedo-Boqueixón, 1958): “Nacín, crieime e formeime no halo místico do ar que protexe o contorno do Pico Sagro”. Manifesta que foi capturado por unha especie de magnetismo: o legado natural e intransferible que é Galicia. É autor dos libros Autoconcepto en hijos de emigrantes (2001), Diáspora.com (2002) e Cos pés na peneira (2005). En 2009 publicou Retorno a Natura (Alvarellos Editora)

Máis info na web da editorial, en http://alvarellos.info

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: memorice as datas dos obradoiros de memoria e alfabetización, ou imprima esta táboa

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical