26.9.11

A Pobra: Jorquera asegurou nun acto preelectoral que o Bng "cumpriu" para que se celebrase un referendo sobre a reforma constitucional

Media_httpfarm3static_boojc

Retrato de Jorquera nun vello valado de propaganda electoral


A Pobra do Caramiñal, 26 de setembro de 2011. O portavoz do BNG no Congreso, e candidato do BNG por A Coruña, afirmou o pasado venres nun acto celebrado na Pobra do Caramiñal, que “o PP e o PSOE demostraron que non cren nen teñen ningunha intención de mellorar a calidade democrática e aproximarse á cidadanía”.

Jorquera fixo esta afirmación no marco dun acto do BNG adicado a explicar a reforma da Constitución pactada entre o PP e o PSOE para establecer o límite de défice na Carta Magna.

O referendo: unha oportunidade perdida

O parlamentar do BNG explicou que precisamente o xoves pasado remataba o prazo para rexistrar no Congreso as 35 sinaturas necesarias para que se convocase un referendo, “tan necesario non só polo contido da reforma senón para facer partícipe á sociedade de decisións que van afectar o seu futuro”.

Jorquera lamentou que só 18 deputados e deputadas procedesen a dar o paso e manter “a coherencia política, as nosas firmes convicións democráticas demostrando que queremos que a cidadanía se pronuncie en temas de tanta relevancia como o tratado”. Neste sentido, chamou a atención sobre o feito de que a Carta Magna vaia recoller unha “única política económica. Érguese a norma constitucional un dos principios máis duros do neoliberalismo, e se establece unha política económica que se demostrou contraproducente para a recuperación económica e inxusta socialmente”.

O deputado do BNG ten claro quen son os responsábeis da falla de consulta popular e será “ao PP e ao PSOE a quen se teña que peder explicacións por unha decisión adoptada de costas ao xogo democrático, unha decisión adoptada con nocturnidade e alevosía, a instáncias de poderes non democráticos e que convertiu aos parlamentares en meras máquinas de votar”.

Salientou o feito de que “dos 23 deputados/as galegos electos, tan só 2 estampamos a nosa sinatura, e serán os outros 21 os que se teñan que explicar ante a sociedade”, en referencia a PP e PSOE, que pactaron esa controvertida e áxil reforma que ningún levaba no seu programa electoral.

Jorquera tamén engadiu que “a rexeneración da vida política e a mellora da democracia son asignaturas pendentes pero lamentabelmente non todos compartimos estes valores. No  BNG temos claro onde hai que estar”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: cortes discontinuos na glorieta de Pontenafonso debido ás obras da variante. Taramancos, arrasado

Taramancos_arrasado

  • Por mor das actuacións na Variante de Noia, cortarase un dos carrís da glorieta e outro do ramal de incorporación á VAP dende hoxe luns 26 de setembro ata finais de xaneiro

  • O Castro de Taramancos está a ser usado como recheo para os cimentos da ponte que sobrevoa Testal. Xa finiquitaron o muro da parte romana e hoxe xa non había unha estrutura circular das cabanas castrexas
  • As obras, que se farán en dúas fases, realizaranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos
  • A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico

 

Noia, 26 de setembro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realiza cortes parciais na glorieta de Pontenafonso, concretamente na conexión da Vía de Alta Capacidade (VAP) Brión-Noia coa estrada AC-550 que une as localidade de Taramancos con Noia, concretamente no punto quilométrico 69,5, como consecuencia das obras da Variante de Noia. Estas restricións levaranse a cabo dende este luns, día 26, ata finais do mes de xaneiro.

As ocupacións parciais da vía desenvolveranse en dúas fases, posto que ao principio, na Fase I, requerirase cortar os carrís interiores da glorieta e do ramal da Vía de Altas Prestacións e, posteriormente na Fase II, será preciso cortar os exteriores. Os cortes de tráfico executaranse de modo alterno e sen coincidir nunca no tempo.

As obras nas súas dúas partes e o paso dunha a outra faranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos.

Esta actuación, que levará a cabo a empresa Puentes Infraestruturas S.L.U., suporá a finalización da execución de cimentacións e alzados do viaduto 4+560 que voa sobre á estrada Taramancos-Noia e conecta coa glorieta de Pontenafonso.

A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico.

Destrución do castro de Taramancos

Media_httpfarm7static_dfjdp

Esta imaxe é do 30 de agosto. A outra, de hoxe mesmo. Aló vai a estrutura circular

Segundo conta o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, están a destruír todo o atopado en Taramancos. O outro día acabaron co muro da parte romana e agora xa non se ve a estrutura circular dunha cabana castrexa que fotografamos no seu día. Nin unha explicación de Patrimonio nin da Xunta polo momento. Tampouco agardamos que condenen este atentado como si o fixeron por un artefacto explosivo na casa de Manuel Fraga. Lóxicas deste país.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.9.11

Ribeira: Palmeira, Aguiño e Ribeira acollen cursos de alfabetización dixital ata decembro

  • O luns 26 de setembro abre o prazo para inscribirse neles. Son de balde e para todos, pero en especial para maiores, inmigrantes, parados e amos/amas de casa
  • No primeiro semestre de 2012 estenderanse ás outras parroquias 

Ribeira, 23 de setembro de 2011.- O Concello informa de que este luns 26 de setembro ábrese o período de inscrición nos Cursos de Alfabetización Dixital que terán lugar nas parroquias de Ribeira, Palmeira e Aguiño no último trimestre do ano: concretamente, entre o 10 de outubro e o 16 de decembro. 

Estes primeiros cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son moi indicados especialmente para certos colectivos como maiores, ama/os de casa, inmigrantes ou parados. 

A este respecto, cabe engadir tamén que esta acción estenderase ao resto das parroquias do concello no primeiro semestre do ano que ven, desenvolvendo esta iniciativa formativa nas casas de cultura ou locais sociais das mesmas. 

Por de pronto, os interesados en anotarse nesta primeira quenda de Cursos de Alfabetización Dixital poderán facelo na Aula Multimedia  (planta baixa da confraría de Pescadores) de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 7 de outubro. 

Cada grupo recibirá  unha formación de dous días semanais con hora e media por clase. Nos casos de Aguiño e Ribeira impartiranse nas súas correspondentes Aulas Multimedia, mentres que en Palmeira vanse facer na sede da Sociedade Hijos de Palmeira. 

O calendario lectivo inicialmente planteado é o seguinte:
 

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
De 10 a 11:30 h AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º C)

AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º C)

 
Aula Aberta
De 11:30 a 13 h AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º D)

AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º D)

 
Aula Aberta
De 16 a 17:30 h RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º A)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º A)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º A)

 
Aula Aberta
De 17:30 a 19 h RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º B)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º B)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º B)

 
Aula aberta
De 19 a 20:00 h Aula Aberta para todos ós usuarios (martes e xoves de 19:30 a 20:00)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello prevé ceder en outubro dous pisos tutelados a Ámbar e Amicos

  • Situados na praza "8 de Marzo" e de 112 metros cadrados cada un, para contribuír ao labor solidario que realizan ambas asociacións


Ribeira, 23 de setembro de 2011.- O Concello está dando remate aos trámites preceptivos para entregar en cesión dous pisos tutelados ás asociacións  Amicos e Ambar, cumprindo así outro dos compromisos adquiridos polo Executivo local que dirixe Manuel Ruiz Rivas cos colectivos representativos das persoas con diversidade funcional, no sentido de axudalos non só economicamente senón tamén mediante outro tipo de actuacións dirixidas a favorecer os seus obxectivos estatutarios. 

As dúas vivendas, cada unha das cales conta cunha superficie total de 112 metros cadrados (uns 88 metros útiles), están situadas na praza 8 de marzo, na mesma edificación que ocupan os Servizos Sociais municipais (residencial Miradoiro de Padín). Ambas dispoñen de cociña, salón comedor, vestíbulo, corredor, baño e tres dormitorios. 

Esta entrega (que está  previsto someter á aprobación do pleno no vindeiro mes de outubro) ten como obxectivo favorecer o labor que prestan as dúas asociacións, facilitando que as persoas con diversidade funcional poidan dispoñer dun inmoble axeitado para que as persoas usuarias desenrolen a súa autonomía persoal, aumenten a súa autoestima e fomenten a responsabilidade nas tarefas ocupacionais. 

A Creba

Nesta liña de apoio aos colectivos de discapacitados, cabe lembrar tamén que a principios de ano o Concello de Ribeira xa cedera en uso un local situado nas rúas Padre Sarmiento e Abesadas á Asociación Pro Saúde Mental A Creba. 

Dende a Área Municipal de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo estivéronse a levar a cabo un bo número de iniciativas nestes primeiros 100 días de lexislatura, entre as que cabe recordar os traballos preparatorios do proxecto do novo mercado municipal, xa moi avanzados; a posta en marcha dun mercadillo os venres en Palmeira, a estrea dunhas novas dependencias para o Departamento de Servizos Sociais, a celebración por primeira vez de actividades específicas para maiores no período de verán ou a activación dun protocolo de limpeza e seguridade viaria no mercadillo dos sábados de Ribeira.


Pode que tamén lle interese:


Servizos Sociais: os vellos das parroquias tamén son xente


Gardería: 74-72: fáltannos un par da promesa!


Ámbar: a toda vela cunha nova embarcación


  Obras: comezan as de Romero Ortiz o 22 de setembro


Nova lonxa: este ano non comezan as obras. Só rematan o proxecto


Escolas Deportivas: haberá once. Anótate ata o 30 de setembro!


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!


Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: solicitan que se modifique o planeamento en Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro

  • Co obxecto de poder construír un local social para a veciñanza

Noia, 23 de setembro de 2011. Segundo informa o concelleiro de Urbanismo, o nacionalista Bieito González, están a traballar na elaboración do expediente de modificación puntual das actuais Normas Subsidiarias de planeamento municipal no lugar de Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro.

Nunha xuntanza mantida o pasado mes de febreiro, entre a Xunta de Voceiros do Concello de Noia e a Directiva da Asociación de Veciños, chegouse ao compromiso de dotar ao citado lugar dun local social. Naquel encontro constatouse que os terrenos dispoñibles para a ubicación do citado equipamento colectivo tiñan a consideración de solo rústico, en consecuencia, non aptos para o emplazamento da demanda formulada polos veciños.

"Este compromiso é  o que agora se trata de materializar mediante a modificación puntual do planeamento urbanístico en vigor. A área obxeto de modificación ten unha superficie total de 2.484 metros cadrados, e como xa dixemos a súa cualificación urbanística é a de solo rústico común, é decir, sin ningún tipo de protección especial. A parcela en cuestión é propiedade municipal e sobre parte da mesma xa se actuou no pasado construindo nela unha zona de esparcimento e que tamén actúa como mirador das vistas sobre a ría", explica o concelleiro de Urbanismo noiés.

A modificación puntual calificará a parcela como de equipamento colectivo, sendo de aplicación a ordenanza número 7, no apartado correspondente ao socio-cultural, no que teñen cabida: casas de cultura, bibliotecas, museos, salas de reunión e polivalentes, filmotecas e semellantes. A modificación puntual proposta será a número 13, desde que entraron en vigor as Normas Subsidiarias de planeamento municipal, no mes de xaneiro do ano 1991.


 


11091310490.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: solicitan que se modifique o planeamento en Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro

  • Co obxecto de poder construír un local social para a veciñanza

Noia, 23 de setembro de 2011. Segundo informa o concelleiro de Urbanismo, o nacionalista Bieito González, están a traballar na elaboración do expediente de modificación puntual das actuais Normas Subsidiarias de planeamento municipal no lugar de Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro.

Nunha xuntanza mantida o pasado mes de febreiro, entre a Xunta de Voceiros do Concello de Noia e a Directiva da Asociación de Veciños, chegouse ao compromiso de dotar ao citado lugar dun local social. Naquel encontro constatouse que os terrenos dispoñibles para a ubicación do citado equipamento colectivo tiñan a consideración de solo rústico, en consecuencia, non aptos para o emplazamento da demanda formulada polos veciños.

"Este compromiso é  o que agora se trata de materializar mediante a modificación puntual do planeamento urbanístico en vigor. A área obxeto de modificación ten unha superficie total de 2.484 metros cadrados, e como xa dixemos a súa cualificación urbanística é a de solo rústico común, é decir, sin ningún tipo de protección especial. A parcela en cuestión é propiedade municipal e sobre parte da mesma xa se actuou no pasado construindo nela unha zona de esparcimento e que tamén actúa como mirador das vistas sobre a ría", explica o concelleiro de Urbanismo noiés.

A modificación puntual calificará a parcela como de equipamento colectivo, sendo de aplicación a ordenanza número 7, no apartado correspondente ao socio-cultural, no que teñen cabida: casas de cultura, bibliotecas, museos, salas de reunión e polivalentes, filmotecas e semellantes. A modificación puntual proposta será a número 13, desde que entraron en vigor as Normas Subsidiarias de planeamento municipal, no mes de xaneiro do ano 1991.


 


11091310490.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: cursos en outubro para emprendedores e interesados en formar cooperativas

Rianxo Emprende.pdf Download this file

Rianxo, 23 de setembro de 2011. Segundo informa o Concello de Rianxo, o vindeiro mes de outubro realizaranse cursos de formación gratuítos no ámbito da creación de empresas.

Os cursos serán os seguintes:
- Motivación emprendedora: 5, 6 e 7 de outubro
- Formación para a posta en marcha dunha cooperativa: 10, 11, 13, 14, 17, 18 e 19 de Outubro

Máis información:
Servizos Sociais
Tlfn: 981860061
correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.9.11

Ribeira: planean levar o programa de dinamización dos vellos a todas as parroquias

Programa_maiores

  • A festa do Maior celebrarase o 23 de outubro na praza de España 

 

Ribeira, 22 de setembro de 2011.- O concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social de Ribeira, Vicente Mariño de Bricio, deu a coñecer hoxe o Programa de Dinamización para os Nosos Maiores organizado dende a súa área municipal, e que afronta como gran reto para este curso 2011/2012 a aspiración de que todas as parroquias de Riveira dean cabida a algunha das actividades da iniciativa. 

Con este motivo, os Servizos Sociais confían en que haxa demanda suficiente tamén nas tres parroquias que aínda non albergaron ningunha actividade para maiores, é dicir, Artes, Corrubedo e Oleiros, para que se poidan sumar a Olveira, Carreira e Corrubedo (que dan cabida a este tipo de actuacións dende o ano pasado) e ás xa tradicionais Olveira, Carreira e Corrubedo, lugares onde este tipo de oferta está totalmente consolidadas.  

Illamento

Vicente Mariño, que estivo acompañado pola xefa de servizo María Francisca Vidal e pola coordinadora da programa, María José Carreira, incidiu en que o plan de dinamización promovido coa colaboración dos clubs de xubilados existentes no concello, ten como o obxectivo romper a situación de illamento e soidade que teñen que sufrir moitos dos maiores, así como mellorar a súa saúde física e mental e aumentar a súa autoestima colectiva. 

Para tal fin, os obradoiros organizados serán os xa tradicionais de Enriquecemento Educativo (con grupos en Ribeira, Aguiño, Palmeira, Artes e Oleiros, con posibilidade de ampliación ao resto das parroquias segundo a demanda), Estimulación Cognitiva (en Ribeira), Informática (tanto de iniciación como de perfeccionamento, que ademais de en Santa Uxía se intentará celebrar tamén na aula multimedia de Aguiño), As Nosas Historias (obradoiro en galego en colaboración con Normalización Lingüística) e Bailes de Salón e Pandeireta (en colaboración coas Amas de Casa, con grupos en Ribeira, Aguiño e Palmeira).  

A maiores e como novidade, haberá tamén un novo taller de Inglés impartido polo voluntariado social. 

A día de hoxe xa hai varios centros de persoas anotadas nalgúns destes cursos, pero todos os maiores interesados poden facelo ata o día 5 de outubro nas novas dependencias dos Servizos Sociais na praza 8 de marzo (número 981 874 131). 

Xuntanza do maior e escola de Braille

Mariño de Bricio anunciou tamén que a sexta edición da Xuntanza dos nosos Maiores celebrarase o domingo 23 de outubro e que cambiará de escenario con respecto a convocatorias anteriores e celebrarase na praza de España. Preténdese que este evento sirva de xornada lúdica en que os maiores gocen dun distinto, con música e baile, ademais dun xantar. 

Aproveitando a súa intervención, o edil municipal tamén avanzou que se está a preparar unha Escola de Braille que estará aberta a calquera persoa con independencia da súa idade que queira aprender a linguaxe dos invidentes e que será impartida polo voluntariado social.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: presentan "Lume de Cobiza" este sábado 24 de setembro. Logo, debate co autor, Miguel Anxo Fernández

Miguel_anxo

Boiro, 22 de setembro de 2011.        Este sábado 24 de Setembro terá lugar a presentación da última novela de Miguel Anxo Fernández, titulada "LUME DE COBIZA". Será ás 21.00 horas no local social de Aturuxo (r/Principal nº118 Boiro). Prometen dende este colectivo xuvenil ter "un interesante debate arredor da produccion literaria e do mundo do cinema na Galiza e ao remate teremos uns pinchos".

Nota biografica do autor:

O Carballiño, Ourense, 1955.

Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, escritor, ensaísta e director da revista trimestral Audiovisual Galego .

Crítico de cine e televisión en La Voz de Galicia .

Colaborador do programa Planeta Cine (Televisión de Galicia) e do espazo Diario cultural (Radio Galega).

Membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega .

Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia desde 2003.

Director do curso de verán promovido anualmente pola Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005, especializado en audiovisual.

Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España, á Academia Audiovisual Galega, ó Patronato del Museo do Pobo Galego e ó Pen Club de Galicia.

Foi presidente-fundador da Federación de Cine Clubs de Galicia e vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual .

Dirixiu entre 1984 e 1995, as Xornadas de Cine e Video en Galicia, Xociviga.

Presentou e dirixíu na Televisión de Galicia o programa Galicia no cine Versión orixinal nos anos 1986 e 1987.

Asesor cinematográfico da CRTVG (1985-1987).

En 1989 foi comisario en Vigo da mostra única Cinegalicia na que se presentaron as tres primeiras longametraxes galegas de ficción: "Sempre Xonxa" (Chano Piñeiro), "Continental" (Xavier Villaverde) e "Urxa" (Alfredo G. Pinal/Carlos A.L. Piñeiro).

Autor de numerosa obra de ensaio, entre os seus títulos destacan Crónica de Cine. O Carballiño 1900-1994 (I Premio ex-aequo Historia Cinematográica de Galicia, CGAI, 1994), Carlos Velo. Cine e exilio (A Nosa Terra, 1996), As imaxes de Carlos Velo (Premio Sempre en Galiza, A Nosa Terra, 2001), A Bella Otero, pioneira do cine (V Premio Historia Cinematográfica de Galicia, CGAI, 2003), Emilio Baños Santos. Unha vida entre películas (Xunta de Galicia/Festival de Cine de Ourense, 2003),Rodado en Galicia (Consorcio Audiovisual de Galicia, 2005, 2007), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007) e Las huellas del exilio (VV AA., Tébar, 2008). Tamén editou Os amigos de Chano Piñeiro (Xunta de Galicia, 2007) e 25 anos de Mamasunción (Xunta de Galicia, 2008). Coordinador xunto a José Luis Cabo de Diccionario del Cine en Galicia 1896-2008(CGAI, 2008).

Como escritor de ficción en galego, é autor da triloxía protagonizada polo detective privado Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (Premio de Novela García Barros, 2002), Un luar no inferno (2006) e Tres disparos e dous friames (2008), publicadas na editorial Galaxia. Tamén escribiu O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004) e O sangue dos Cortiña(2004).

Entre os numerosos recoñecementos recibidos, destacan o premio de honra Fernando Rey concedido pola Academia Galega do Audiovisual en 2001 e o Premio Honorífico da Fundación AISGE no 2004.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a segunda "Galiña Azul" acubillará a 72 nenos, dúas prazas menos das que prometera xa a conselleira Mato a Torres Colomer

Visita_servizos_sociais

  • O alcalde anunciou que o proxecto básico estará  listo este ano
  • A secretaria xeral de Familia, Susana López Abella, visitou hoxe as novas dependencias de Servizos Sociais

Ribeira, 22 de setembro de 2011.- A segunda gardería pública de que disporá o concello de Ribeira terá capacidade para albergar a 72 nenos e nenas do municipio. Así o anunciou hoxe o alcalde, Manuel Ruiz Rivas, no transcurso dunha visita que realizou ás novas dependencias dos Servizos Sociais e o CIM, acompañando á secretaria xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, Susana López Abella. Nun primeiro anuncio desta "Galiña Azul", na pasada precampaña electoral autonómica, a conselleira Beatriz Mato faláralle a Torres Colomer de 74 prazas, como publicamos -nota do Concello tamén- aquí.

Ruiz Rivas explicou outros datos referentes á gardería, como que estará dividida en 8 unidades ou que o seu proxecto básico estará terminado antes de rematar o ano (as previsións apuntan a que a construción da instalación estea lista antes de finalizar o 2012). 

A visita de Susana López Abella serviu tamén para deixar testemuña das excelentes relacións de colaboración existentes entre Secretaría Xeral e Concello. Así, tanto a responsable da Xunta como o rexedor local fixeron fincapé en que están garantidas as achegas autonómicas para dependencia ao Concello nun importe de 198.000 euros e resaltaron tamén o feito de que en Ribeira non existe lista de espera en atención domiciliaria, grazas en boa medida a que este servizo conta con seis profesionais adicionais contratados grazas a colaboración da Xunta vía Secretaría Xeral de Familia e Benestar e Dirección Xeral de Formación. 

Centro de Día

Outra das novidades que transcenderon durante o encontro foi o feito de que o Centro de Día de ámbito comarcal existente na cidade ribeirense vai contar con outras 10 prazas novas, destinadas aos enfermos que padecen alzhéimer ou outras doenzas dexenerativas. 

López Abella loou durante a súa visita as novas dependencias de Servizos Sociais e fixo fincapé na intimidade e comodidade destas instalacións. Pola súa parte, Ruiz Rivas indicou que se está a traballar en dotalas de máis mobiliario. 

Con 581 metros cadrados de superficie, nas oficinas están a prestar o seu servizo dez traballadores. 

O Departamento de Servizos Sociais está distribuído nun espazo de recepción/administración, 11 despachos de técnicos, dúas salas de espera para usuarios, una sala de xuntas unha sala para equipamento informático, un office, un carto da limpeza, un almacén, dous arquivos, dous baños públicos e dous baños para persoal. 

Polo que respecta ao CIM, dispón dun recibidor, tres despachos, dúas aulas, unha sala de espera, dous baños, un carto da limpeza e un arquivo. 

Entre as súas funcións do persoal figuran a de dar información, orientación e asesoramento (3.057 persoas se beneficiaron de xeito directo no 2010 deste concepto), o servizo de axuda no fogar (con atención a 77 unidades familiares), o programa de educación familiar (cun volume de 197 usuarios, 65 deles menores de idade), o proxecto de axudas á escolaridade (29 beneficiarios), prevención e inserción social (con 153 persoas ás que se lle cubriron necesidades básicas e outros casos de aloxamento con carácter de urxencia), acollida e integración de inmigrantes e emigrantes retornados (275 persoas atendidas), programas de dinamización e animación sociocomunitaria para maiores e un longo etcétera.

Antes, en Certo:

Media_httpfarm6static_jsvom

Gardería de 74 prazas para finais de 2012, promete Mato

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical