5.10.11

Solidariedade: a axuda á pequena Paula de Boiro implica a institucións e particulares por igual

Eva_outeiral_blusa

  • O Concello de Ribeira mete unha rifa solidaria na Festa do Maior, que é o 23 de outubro
  • En Boiro, este venres 7 de outubro, na rúa peonil, actuación benéfica con Mar Davila e gaiteiros  Arume
  • Unha deseñadora, Eva Outeiral, deseñou unha blusa para vendela e doar todo á causa de Paula, que xa está a ser tratada en Alemania da súa falta de óso sacro

Barbanza, 5 de outubro de 2011.- O Concello de Ribeira quere unirse aos actos de colaboración e apoio que están a xurdir por toda a comarca de Barbanza en axuda da pequena Paula, a veciña de Boiro que naceu sen sacro e está a ser tratada en Alemania. 

Para tal fin, o Executivo local decidiu que no transcurso da sexta edición da Xuntanza dos Maiores de Ribeira teña lugar unha rifa solidaria coa que recadar fondos que contribúan a axudar á nena e á súa familia. 

Cabe recordar que a festa terá lugar este 23 de outubro nunha nova ubicación: a céntrica praza de España, segundo anunciou hai uns días o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio. 

Dende hoxe mércores os maiores interesados xa poden retirar as súas entradas na Casa Consistorial (nas dependencias de Tesourería). O prezo son 15 euros. O evento combinará o clásico xantar multitudinario con música e baile, todo elo a resgardo nunha carpa por si houbera incidencias meteorolóxicas. Na edición do ano pasado congregáronse máis dun millar e medio de participantes.

Festival benéfico en Boiro este venres 7

Por outra banda, este venres 7 de outubro, está prevista unha actuación benéfica para Paula a cargo da cantante Mar Davila e o grupo de gaitas Arume de Boiro. Comezará ás dez da noite na rúa Santos Mieites (a peonil, detrás do Concello). Está organizada por cafetería Ría de Arousa, bar Plaza e Cafetería 3,14, todas ubicadas nesa rúa. O caché de Mar Davila é integramente para Paula e o grupo de gaitas Arume colabora de xeito desinteresado. Haberá furna para colaborar con donativos

Precisan traxes de Pai Noel e Nai Noel, para calendario solidario

Tamén informan de que precisan traxes de Pai e Nai Noel, coa intención de tomar unhas imaxes para o "Calendario Solidario por Paula". Os organizadores desta acción precisan tamén once empresas que se queiran publicitar neste calendario, que non sexan de hostalería.

Ata  unha deseñadora puxo o seu gran
Para poder colaborar co caso de Paula, a deseñadora Eva Outeiral deseñou unha blusa de satén branco cun broche conformado por follas de seda, organza e veludo. O seu prezo é de 99 euros, que se van destinar integramente á conta de Paula. Para todos os que queiran vela, probala ou adquirila, está á venta en LuzDoVilar. 

Máis información en:

http://www.facebook.com/PaulaNecesitaAyuda

http://www.youtube.com/watch?v=1K0Qyd3F3gQ


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: imaxes da presentación das XIII Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán e da exposición "As comedias bárbaras e o teatro"

A Pobra do Caramiñal, 5 de outubro de 2011. O pasado luns 3 de outubro tivo lugar a presentación dunha nova edición das xornadas culturais dedicadas a don Ramón María del Valle-Inclán, edición que este ano se convirte na número XIII e se corresponde co 75 aniversario do falecemento do escritor. No acto estiveron presentes a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Paola García Paz, a secretaria do mesmo grupo, Dolores Devesa, e a Concelleira de Cultura, Encarna González Montemuíño. 

Desde o día 4, data en que se inaugura a mostra “As Comedias Bárbaras e o teatro” na Casa da Cultura de Raquel Soler, ata o día 31 deste mes de outubro, vaise suceder un amplo abano de actos, entre os que hai que salientar, ademais da citada exposición, a proxección de dúas películas baseadas en obras do escritor: “Divinas Palabras” e “Tirano Banderas”, e un concerto o día 28 a cargo  do músico Teo Cardalda, coñecido no seu día como compoñente do grupo “Cómplices”, no que o artista interpretará algúns poemas de don Ramón musicados por el mesmo. A xa tradicional ofrenda na Praza Cantón da Leña, ante a escultura de Valle-Inclán, terá lugar o día 30 ás 12:30 h. e contará coa presenza de autoridades locais e de varias institucións, ademais de membros da familia Valle-Inclán. 

Programa de actividades completo: 

          DÍA  4  : Inauguración exposición “As Comedias Bárbaras e o teatro”

                      Casa da Cultura Raquel Soler

                          Del 4 al 21 de octubre

 

          DÍA  13: Proxección da película “ Divinas palabras “

                         Auditorio del Museo Valle-Inclán ás 20:30 h. 

          DÍA  14: Proxección da película “ Tirano Banderas“

                         Auditorio do Museo Valle-Inclán ás 20:30 h. 

          DÍA  21: Presentación do libro “Anacaona. El fin de una raza”

                        De Ramón Carredano Cobas

                         Coa presenza da monologuista Isabel Veiras

                        Auditorio do Museo Valle-Inclán ás 20:30 h 

          DÍA  28: Concerto Teo Cardalda

                         Teatro Elma ás 21:00 h. 

          DÍA  30: Ofrenda floral de homenaxe a Valle-Inclán.

                          Praza do Cantón da Leña ás 12:30 h.

                          Acompañado polo Grupo de gaitas XIADA

                          e o grupo de pandereteiras LUMINARIA da Pobra do Caramiñal.

         

            DÍA 30: Grupo de teatro “Bradomín” da Asociación Amas de Casa da Pobra

                        Presentación da representación “Levadas polo vento”

                        No Teatro Elma ás 20:00 h 

          DÍA  31: Magosto organizado pola Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán

                       Amenizado polo dúo de gaitas “MALVASÍA” de Ribeira

                       Na Praza Maura e Rúa Unión a partir das 20:00 h 
 
Amigos do Museo Valle-Inclán, o Museo Valle-Inclán e o concello da Pobra do Caramiñal agradecen a súa colaboración a todas as partes colaboradoras e convidan a todos os vecinos a participar destas xornadas.

EXPOSICIÓN  “AS COMEDIAS BÁRBARAS E O TEATRO” 


 O martes, 4 de outubro, tivo lugar na Casa da Cultura Raquel Soler a Inauguración da mostra “As Comedias Bárbaras e o teatro”, programada por iniciativa da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán. Estará aberta ó público ata o vindeiro día 21. 

Trátase dunha exposición que quere achegar ó público a relación que a famosa triloxía de Valle-Inclán, ambientada sobre todo na Pobra do Caramiñal, tivo e ten co mundo do teatro. Componse de varias partes: na primeira ofrécense uns trazos biográficos sobre o escritor, o nacemento das Comedias Bárbaras e unha breve reseña sobre as mesmas;  un segundo contido no que se explica que son os figuríns e se ofrece unha mostra deles asinadas por Pedro Moreno que pertencen ó fondo da Familia Valle-Inclán Alsina depositado no Museo da Pobra; e unha derradeira parte de carteis e fotografías de representacións tetrais sobre as os tres títulos que compoñen a triloxía, onde as coleccións correspondentes a “Águila de Blasón” e “Romance de lobos” pertencen ó mesmo fondo da familia Valle-Inclán Alsina, e a correspondente a “Cara de Plata”, foi cedida de xeito desinteresado polo Centro de Documentación Teatral para esta mostra e para engrosar os fondos museísticos. 

Amigos do Museo agradece a tódalas partes implicadas nesta exposicióna súa colaboración: o Concello da Pobra do Carmiñal, o Museo Valle-Inclán, a familia Valle-Inclán Alsina e o Centro de Documentación Teatral. 

Esta nova manifestación cultural foi inaugurada ás 20:30 h. pola concelleira de cultura Encarna González Montemuíño, acompañada polo concelleiro de turismo, Jeús Dieste, a concelleira de Servizos Sociais, Balbina Lojo, e a Secretaria de Amigos do Museo Valle-Inclán, Dolores Devesa Casais.

Antes, en Certo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este venres, 7 de outubro, presentan o libro "Dr. Ángel Baltar Cortés (1868-1934). Maestro de cirujanos"

Baltar Cortes.pdf Download this file

Media_httpfarm7static_ytoee

Rianxo, 5 de outubro de 2011. Este venres, 7 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, a presentación do libro "Dr. Ángel Baltar Cortés (1868- 1934) Maestro de Cirujanos" do autor Fernando J. Ponte Hernando. Contará coa participación de Xavier Baltar, Xosé Luís Axeitos -secretario da Real Academia Galega- e o alcalde, o nacionalista Adolfo Muíños Sánchez.

Un gran médico cirúrxico galego pero mal poeta (entre as súas estrofas adicoulle varias a Castelao e á Virxe da Guadalupe). Era de Padrón mais con forte ligazón familiar a Rianxo -Xavier Baltar, un dos presentadores, é parente seu-. Ademais de cirurxián foi inventor de aparatos médicos, como se encarga de explicar o autor do libro que se vai presentar no documento seguinte:

Pode que tamén lle interese:


Clase maxistral: de jazz, con Steve Brown, este sábado 8


"Airiños": "Ata que a morte nos separe", o 7 e o 9 no auditorio


Roberto Somoza Trío: jazz no auditorio o sábado 8


Rosalía sempre viva: do 1 ao 15 de outubro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Pesca: o Bng acusa a Mar de prohibir toda actividade pesqueira e marisqueira no Parque Nacional das Illas Atlánticas

  • En Ribeira inclúe os arredores da illa de Sálvora
  • O deputado de BNG engadiu  que mentres a Xunta permite “un campamento ilegal” na Illa de Ons, quer impedir o asentamento dos seus veciños

Ribeira, 5 de outubro de 2011. O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira formulou onte unha pregunta en Comisión sobre a prohibición do exercicio da pesca e o marisqueo no ámbito denominado “Parque Nacional das Illas Atlánticas”. Na súa intervención, o nacionalista acusou á Consellería do Mar de manter “un dobre raseiro” por amosarse en contra dos asentamentos humanos na Illa de Ons e o tempo manter un “campamento xuvenil ilegal”.

O nacionalista afirmou que existen zonas nas que se prohibe a actividade pesqueira e marisqueira e noutras restrinxe as condicións de usos o que –na súa opinión- “non ten ningún sentido” xa que a propia consellaría do Mar ten establecido “ cupos de captura, topes e  vedas de especies reguladas”.

Trala resposta do Director de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón que afirmou a inexistencia de calquera prohibición para desenvolver a actividade pesqueira e marisqueira, o deputado do BNG afirmou que “o Partido popular considera o parque  como temático e incompatible coa pesca e o marisqueo” e reiterou que esta actividade desenvolvese na zona “desde hai séculos” e ten demostrado que poden convivir “a conservación da natureza coa actividade pesqueira e marisqueira”.

O deputado do BNG apelou tamén á conservación de miles de postos de traballo e a un caladoiro que representa o 60% da actividade que desenvolve a flota de baixura das Rías Baixas e acusou de “mentir” a García Borregón por afirmar que na actualidade non existen ningunha restrición na zona para a activade pesqueira e marisqueira. 

Antes, en Certo:


Sálvora: o alcalde pide que se deixe faenar como antes


Sálvora: 15 fondeos e 125 persoas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: presentan "El legado celta" o venres 14 e o sábado 15 de outubro

Legado_celta

  • O venres, pase para a prensa
  • O sábado, no cinema local, proxeción ás dez da noite

Serie de fotos de cando se rodou o documental. Non o busquen, o castro xa non está
Porto do Son, 5 de outubro de 2011. O documental sobre a cultura castrexa que se rodou nas bisbarras de Barbanza e Noia o ano pasado, por Explora Films, e titulado "El legado celta" estréase a vindeira fin de semana. O venres 14 será presentado á prensa, ás once da mañá, e a continuación será proxectado no cinema de Porto do Son. Para todos os interesados haberá un pase ao día seguinte, ás dez da noite, tamén no cinema de Porto do Son.
No documental achégase a historia do Noroeste da Península Ibérica dende a época megalítica ata a romanización da cultura castrexa. Entre outras cuestións, preténdese respostar ao que sucedía na Gallaecia mentres se estaba a construír Stonehenge, que significado tiñan as antas, de quen se defendían os construtores dos castros amurallados, se existiu realmente unha cultura celta nestas terras, cal era o fluxo de intercambios no Atlántico norte ou que se agochaba detrás do símbolo da C invertida.
En Certo falamos no seu día da rodaxe, e mesmo o noso colaborador Xurxo Ayán participou como asesor neste documental, sobre o que escribiu:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.10.11

A Pobra: denuncian, unha volta máis, a evidente contaminación do Río Morto

A Pobra, 4 de outubro de 2011. Un grupo de veciños do lugar da Devesa, do Concello da Pobra do Caramiñal, vén de denunciar, outra volta máis, "a contaminación continuada que está a sufrir o Río Morto, coa que están a converterlo nunha autentica cloaca, cun cheiro isoportable, e as augas nun estado de podremia permanente. Hai uns días certo xornal da provincia facíase eco dunha nova sobre unha vertedura ao río. Por suposto,para aclarar tal asunto, non saíron as autoridades municipais, que éstas non deben ter competencias sobre o tema, quen sí saíron, agora convertidos en voceiros do goberno local, foron os membros da empresa Aquagest, dicindo, que a vertedura fora producida polas máquinas das obras que actualmente están a traballar na zona, e que a vertedura non tiña ningunha importancia_: algo sen repercusión, un asunto leve".

Aquagest minte sobre o das obras


Estes veciños queren dicir ao respecto que esa aclaración por parte da empresa Aquagest "é unha verdadeira mentira, e os veciños sentímonos ofendidos diante do que consideramos unha verdadeira tomadura de pelo. As máquinas actualmente están ben lonxe do cauce e non propiciaron ese vertido. As máquinas, que nós saibamos, non verten morca e outras lindezas. As marxes do río, no que actualmente o Concello da Pobra está a facer unha inversión de máis dun millón douscentos mil euros, non se traduce ao río, que a estas alturas segue a estar contaminado, un día si e outro tamén, coma hai un ano, dous, tres, ou cinco".

Augas de Galicia e Goberno municipal: ningún fai nada

"Parécenos lamentable que Augas de Galicia, despois de tanto tempo, non se tome este problema en serio, parécenos lamentable que os serviciós de protección do ambiente non aparezan por ningún lado para rematar con esta lacra. O máis, ou o mesmo de grave, son os propios responsables do goberno municipal, que, xunto co señor alcalde, non son quen de deter estes vertidos e abrirlle un expediente aos responsables de tal desfeita, a pesar, de que o propio alcalde, unha e outra vez, cando se lle tercia, e non usa aos seus portavoces, nos prometa, dende hai anos, que o asunto da localización dos presuntos contaminantes, cada vez, está máis perta. Véxase a hemeroteca", finalizan os veciños, que tamén envían imaxes de diversas verteduras ao Río Morto ao longo destes anos.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Atletismo: o mércores 12 de outubro, XIII Carreira Pedestre de Lestrobe

Triptico Carreira Pedrestre.pdf Download this file

  • O prazo para anotarse remata o 10 de outubro, o vindeiro luns

Dodro, 4 de outubro de 2011. O Concello de Dodro organiza a XIII Carreira Pedestre de Lestrobe 2011.
Nesta ocasión a carreira conta coa axuda da Deputación de A Coruña que destinará 2.500 euros para a súa realización despois das xestións realizadas polo goberno municipal que dirixe Valentin Alfonsín.
Celebraráse o vindeiro 12 de outubro (festivo nacional) a partir das 17,30 horas. O control técnico correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo-Delegación de Santiago e poderán participar atletas federados e non federados.
O prazo de inscricións rematará o luns 10 de outubro ás 22 horas.
A entrega de trofeos realizarase no lugar da Devesa en Dodro aproximadamente sobre as 20 horas
Máis información no documento adxunto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: el Museo del Grabado de Ribeira prorroga el envío de grabados al III Premio Atlante

  • Se podrán enviar hasta el 31 de noviembre
  • También está preparando una exposición sobre Dalí en una comparación con los grabados de Goya
Media_httpfarm5static_utccb

Ribeira, 4 de octubre de 2011. El  Museo del Grabado de Artes ha decidido prorrogar la recepción de grabados de su III Premio de Grabado Atlante por lo que se podrán enviar hasta el 31 noviembre (este día inclusive). Se invita a la participación de los diversos artistas a este certamen con temática libre y con más de 11.000€ en premios.

Destacan que este año el Premio del Barbanza, pasa a denominarse Premio Del Barbanza -RÍa de Arousa, pues están incluidos todos los municipios pertenecientes a la Ria de Arousa.

Más información www.fundartes.com o tlf: 981871342.

CAPRICHOS DE DALÍ:

El Museo del grabado de Artes está preparando durante este mes una exposición de los Caprichos de Dalí,  mostrado en una comparativa con los grabados de Goya, por lo que la inauguración se retrasara a noviembre.

Los grabados pertenecen a los fondos de la Fundación y estarán por primera vez en las salas del Museo, aunque de forma parcial ya se expuso en Santiago  de Compostela y en la Universidad de Cantabria, en la muestra de Goya a Dalí y en su totalidad se expuso por vez primera en las Salas de la Fundación Canal en  Madrid en el 2010.

Salvador Dalí toma la estampa crítica, satírica y claramente comprometida en los Caprichos, las ochenta láminas que completaron la serie del inmortal aragonés son recreadas por el no menos genial Dalí, recrea el nombre de Goya en todas las estampas, reconociéndole de esta manera como inventor de todas las composiciones.

Para resaltar la importancia de la obra grabada que nos presenta Dalí, para “comprender “ el dibujo añadido”, hay que comprender la obra de Goya. Así, en 1796 el maestro aragonés elaboró una serie de dibujos a los que el propio artista denominó "Sueños" y de los que tuvo el propósito de título "Idioma Universal". Entre estos dibujos fue muy afamado el conocido como “El Autor soñando sobre una mesa” que prestaría como imagen introductoria del resto de las composiciones con el fin de perpetuarlas.

Media_httpfarm5static_yevsc

Ochenta fueron  los dibujos que Goya eligió y ordenó para formar parte de la serie que conocemos como Los Caprichos y que fueron grabados en su mayoría al aguafuerte y al aguatinta consiguiendo efectos técnicos que nos se conseguían desde Rembrandt, hay que destacar el trabajo del aguafuerte con un concepto de la línea amplia, trabajada con magistral libertad, se desenvuelve ligera sin obstáculos. El buril y la punta seca las utilizará para los detalles, el aguatinta para las sombras y fondos.

En 1799 salió a la luz esta serie de asuntos caprichosos de donde la caricatura es fiel reflejo de una sociedad enfermiza a través de la cual Goya nos expresa su particular y decepcionada visión del mundo .

Dalí retoma y recrea, dibuja en el dibujo, en estos ochenta Caprichos no solamente pone color a las líneas entintadas, sino que consigue , a través del heliograbado, la imagen propuesta por Goya y sobre ella actúa su imaginación  fantástica dando salida a otros Caprichos que, en su resultado, vienen a ser tan originales y desprender  tanta vida como aquellos del maestro aragonés.

La serie las abrió Goya con su retrato, aspecto que Dalí respeta añadiendo algunas imágenes que, en su rareza, nos hablan de lo extraño del inframundo.

En los Caprichos el mote o lema se dispone bajo la imagen y supone la síntesis semántica de lo representado. Dalí añade los dibujos de Goya  los suyos propios, dibuja en el dibujo y a convertir la estampa en una recreación diferente cambia los motes o juega con sus palabras. Si Goya propone: Si amanece, nos vamos, Dalí señala; Si no amanece nos quedamos. Dalí respeta la fígura de Goya.En resumen, lo que vemos en las salas del museo de artes, mejor dicho lo que miramos, no es otra cosa sino sueños sobre otros sueños olvidados que, en negro sobre blanco, reposaban durmientes en el tiempo y que, el genio catalán, supo despertar para construir nuevamente, sueños en papel.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: "Un escultor con memoria", por Gonzalo José Sarasquete

Imaxes:
Camión levando balea a Porto
Testemuñas e un activista canadense que veu a Ribeira co que colaboramos miña nai, eu e os da caseta do carro de obras de Porto


"Agora resulta que o homenaxeado na praza de España non son dous traballadores, senón a Frinsa, a mesma que para moitos significa a especulación co traballo dos demais: compro barato e vendo despois máis caro. Por outra banda, unha actividade do máis honrada, pero non digna de louvanza e menos de dar como resultado un monumento con dous sufridos traballadores.

Vos preguntaredes que teño eu que ver como escultor e persoa: eu sufrín e vinme afectado. Primeiro diferenciaría a vella Frinsa da nova, ésta procura moitos postos de traballo, pero nas dúas sempre con Don Ramiro á fronte,

A principios dos oitenta estiven a colaborar coa  Sociedade de Historia Natural de Galicia, primeiro mergullándome pola ría e despois tomando conciencia ecolóxica.  Os primeiros compromisos nos que me vin embolicado pasaban por conseguir que entrásemos na moratoria da pesca das baleas. Por aquelas datas, Frinsa colaboraba ca empresa IBSA, a concesionaria da explotación de tan noxento negocio. En Frinsa almacenábase, conxelábase, cortábase en anacos, cualificábase a balea, para despois mandala a Xapón.

Eu colaborei de varios xeitos: un deles foi a protesta cunha balea inchable no peirao e unha pegada de carteis. O obxectivo era que tomásemos conciencia e as oficinas de Frinsa no mercado de Ribeira foron o destino ideal, polo que os mandamases desta empresa mandáronme  o día seguinte un “”anónimo ameazador””, elixiron parte do cartel que o día anterior peguei eu mesmo, en el a imaxe moi gráfica dun arpoeiro disparando o arpón e meteume un pouco de medo, que agora non teño.

Por outra banda, tamén lle mandaba a información á Sociedade Galega de Historia Natural das toneladas que se carregaban no porto. Recordo moi ben un barco e concreto: chamábase SEKY-REX, un dos máis grandes que entraron no porto, de triste lembranza, pois un de nós chegou a caer na adega e case morre. Só neste, e segundo os membros da SHNG, carregouse a concesión anual de captura que tiña España, para un ano, pero nese verán carregáronse tres barcos máis e como detalle: a uns de nós rompéuselle un saco de graxa de balea, quedando logo ben sorprendidos, pois alí dentro había unha aleta caudal moi pequena dunha cría acabada de nacer..

Anos despois a Frinsa e Don Ramiro volvéronse cruzar na miña vida como para dar unha segunda volta de torca a vinganza: corría o ano 1988 e dous escultores de Ribeira eramos seleccionados pola Universidade de Verán Menéndez Pelayo, eu e Xoán Cabeza, para participar nunha importante exposición nas rúas da Coruña.

Naquel outono organizábanse unha das primeiras feiras de mostras “EXPOBARBANZA” , uns da Pobra encargados da organización souberon da miña presenza na devandita exposición e propuxéronme traela e poñela, abrindo o espazo, pero eu apuntei unha posible reforma sobre da peza que era un imán que apuntaba ó ceo,  mudando a orientación a oeste, pois a expo estaba dedicada á emigración, detalle poético- simbólico. Só pedín, como eu xa estaba incorporado á Universidade de Salamanca, que se me pagase un billete para vir  facer a modificación da escultura, e gratis. O último que souben foi por un telegrama dos organizadores: "NOM SEI QUE LLE FIXECHES A D. RAMIRO QUE SE NEGA EN ROTUNDO A TUA PRESENCIA E DA TUA ESCULTURA  NA EXPOSICIÓN"

Por isto se me mandasen a min a realización da famosa escultura da praza de España, seguramente  negariame e non a faría ou se cadra agocharía unha mensaxe con moita retranca.  Retranca tan necesaria coma o ar que respiramos, como o pan que comemos. A culpa de todo isto tería que ver coa boa memoria que teño".



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: exposición sobre o Cambio Climático ata o luns 17 de outubro nos baixos da Casa do Concello

Exposicion_cambio_climatico

Dodro, 4 de outubro de 2011. A Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo do Concello de Dodro que dirixe Cristina Codesido, inaugurou onte a mostra "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción". A exposición  é unha iniciativa do Servizo de Educación para a Sostibilidade da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que o Concello de Dodro quere ofrecer para o coñecemento dos veciños, "xa que o cambio climático é un dos maiores retos cos que se enfronta a sociedade", aseguran dende o equipo de goberno..

A través de paneis, videos e algo de práctica, trátase de expoñer de forma amena e pedagóxica a situación actual sobre os efectos da contaminación a nivel planetario, así como as iniciativas industriais e as individuais que se poden tomar para facer fronte a estas ameazas.

A exposición toma en conta o ámbito global pero resulta especialmente de interese nos aspectos máis próximos como os índices de contaminación en Galicia, respecto das expectivas do Acordo de Kyoto para a súa reducióne, as iniciativas que se están a desenvolver para mellorar o noso entorno e a posición que ocupamos dentro desta loita internacional.

Para iso a exposición conta con elementos visuais, multimedia e interactivos que informan de forma concreta, ilustran respecto das interaccións e conxunto dos cambios que se están producindo e tamén permiten comprobar de forma directa e práctica a importancia e transcendencia de considerar alternativas para o transporte e a produción de enerxía co audiovisual “Cambio climático: ti tamén decides”, así como diminuír dentro do posible a nosa pegada ecolóxica mediante a redución de emisións contaminantes con pilas de combustible de hidróxeno a partir da radiación solar ou co uso da bicicleta para os desprazamentos persoais “E mais eu. Cantas emisións podo evitar?

A exposición estará aberta nos baixos da Casa do Concello de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas para todos os públicos ata o día 17 de outubro, e recoméndase a visita en grupos de menores acompañados dos seus maiores para o maior aproveitamento. Realizaránse algunhas visitas guiadas sempre que se soliciten con antelación.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical