Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
25.10.11
Noia: Fran Lareo amosa as súas esculturas do 4 ao 30 de novembro no Liceo
23.10.11
Ribeira: case 2.000 euros para Paula na Xuntanza dos Maiores
- 1.300 xubilados déronse cita na praza de España da cidade
Ribeira, 23 de outubro de 2011.- Máis de 1.300 persoas participaron na sexta edición da Xuntanza dos Maiores de Ribeira, que ten lugar no transcurso do día de hoxe na carpa habilitada para a ocasión na Praza de España da cidade.
O evento contou coa presenza de distintas autoridades, como a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato; o senador José Luis Torres Colomer; Ramiro Carregal, fillo adoptivo de Riveira; ou os alcaldes de Riveira, A Pobra, Boiro e Porto do Son, entre outros.
O rexedor riveirense, Manuel Ruiz, quixo ensalzar e agradecer durante a súa intervención o labor desenvolvido polos maiores do municipio ao longo da súa traxectoria vital; e salientou que esta festa é unha maneira de corresponderlles por tantos anos de dedicación e sacrificio.
Un dos principais actos enmarcados dentro da xuntanza (na que os maiores puideron degustar un menú a base de marisco, pescado e carne, ademais de postre, café e bebidas varias) foi a rifa solidaria promovida dende a Concellería de Servizos Sociais para axudar á pequena boirense Paula. Recadáronse case 2.000 euros na iniciativa e a gañadora do sorteo (cun premio consistente nunha estancia en fin de semana para dúas persoas nun spá de Lalín) recaeu na xubilada Francisca Vidal, ao mercar o número 0095.
Transparencia: o alcalde publica a súa nómina na web
Deporte: entregadas becas e presentado decálogo de boas prácticas
Arrecó: programación deste trimestre
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o luns 7 de novembro, obradoiro sobre dietas e menús para diabéticos no Liceo Marítimo
Ribeira, 23 de outubro de 2011. O vindeiro luns, día 7 de novembro, terá lugar nos locais do LICEO MARÍTIMO de Ribeira un taller sobre DIETAS E MENÚS PARA DIABÉTICOS.
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia impartirá un taller gratuito, previa inscripción, de 17:00 a 20:00 horas. Os contidos do programa, entre outros, consisten en coñecer que alimentos pode e debe comer un paciente diabético, ou como facer planificación e receitas específicas, así como saber da alimentación en situacións especiais: vómitos, febre, probas exploratorias, etc.. As prazas están limitadas a unhas 30 persoas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o alcalde publica a súa nómina na web para evitar faladurías
Ribeira, 23 de outubro de 2011. "Moitas veces unha imaxe (ou dúas) vale máis que mil palabras. Así que en aras á transparencia e co obxecto de clarificar certas dúbidas sobre o que percibe este Alcalde e cal é a súa remuneración como Deputado Provincial, acompañan a este texto as nóminas correspondentes ao mes de setembro nun e noutro concepto.
Por propia vontade, Manuel Ruiz decidiu unha rebaixa do 6% no soldo anual do Alcalde e dos membros do Goberno con dedicación exclusiva. E cómpre dicir tamén que as cantidades percibidas nos dous cargos que Ruiz Rivas ocupa na actualidade suman unha cantidade sensiblemente inferior á que recibía como Voceiro Popular no Parlamento de Galicia: un posto ao que expresamente renunciou coa ilusión de traballar por Riveira". Así se explicou o pasado xoves, 20 de outubro, o alcalde de Ribeira na súa web ,http://www.manoloruiz.org.
Con estas explicacións, o alcalde sae ao paso das acusacións do Bng sobre que tiña maiores ingresos, que publicou o grupo nacionalista no seu blog.
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: onde vai o Skate Park prometido?
A Pobra do Caramiñal, 23 de outubro de 2011. Hai arredor dun ano, Jesús Dieste Buceta, concelleiro de Deportes e Xuventude da pobra do Caramiñal, tivo unha reunión cos skater´s e rider´s da Pobra Do Caramiñal, na que se tratou a instalación dun skate park, semellante ao que hai en Boiro (ver imaxe superior), e que iría fronte á casa da cultura Raquel Soler. Alí estaba prevista a montaxe de unha cancha de baloncesto, un campo de fútbol e un skate park: xa fais uns meses que están completamente instaladas a cancha de baloncesto e o campo de fútbol, pero do skate park non se sabe nada. Un grupo de rapaces preguntoulle o día do pregón do Nazareno (en setembro deste ano) ao concelleiro de Deportes, o citado Jesús Dieste Buceta, cando se ían instalar os módulos, e a resposta deste señor foi: "Eso non é cousa miña, preguntádello ao alcalde". Por suposto, esta resposta non sentou nada ben e estes rapaces queren saber que foi do prometido.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cultura: Ana Romaní, Jorge Mira, Son de Seu, Proxecto Terra, Ángela de la Cruz e Chévere, premios da Crítica Galicia 2011
Baixo o lema “Eis o canto eterno dunha terra”, recollido dun verso de Lois Pereiro, xuntáronse catrocentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega; Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística; Francisco López Rodríguez, director xeral do Libro, Arquivo e Bibliotecas; Lucía Molares, delegada da Xunta en Vigo; Xosé Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Delfín Fernández, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE; Carmela Silva, concelleira de Urbanismo do concello de Vigo; Santiago Domínguez Olveira, voceiro do BNG no concello de Vigo; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Luís González Tosar, presidente do PEN Club e Francisco Castro, presidente de GALIX, entre outros.
Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Comba Campoy, saudando aos asistentes e lembrando que ao longo de máis de tres décadas os Premios da Crítica Galicia baseáronse no galeguismo integrador, “que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como FORTITER IN RE SUABITER IN MODO, man forte con luva de seda, sen confundir a luva coa man, que seguiremos ofrecendo por Galicia, sempre”.
“Estremas” de Ana Romaní, Premio de Creación Literaria
O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Suso de Toro, Manuel Forcadela, Isabel Soto López, María Xesús Nogueira, Carme Pérez-Sanjulián, Eulalia Agrelo Costas e María López Sández, que actuou como secretaría, acordou outorgar o premio a Estremas, o poemario de Ana Romaní, publicado pola editorial Galaxia. Así mesmo, fai constar unha mención como finalistas a O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e Periferia de Iolanda Zúñiga.
“Jorge Mira” , Premio de Investigación
O xurado da modalidade de Investigación, formado por María Xosé Agra Romero, Senén Barro Amenedo Miguel Barros Puente, Domingo Docampo Amoedo, Uxío Labarta Fernández, Isabel Mociño e Blanca-Ana Roig Rechou, que actuou como secretaria, acordou outorgar por maioría a Jorge Mira por liderar un traballo titulado “A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo equilibrado cando dúas linguas compiten”, realizado cos seus colegas Luís Seoane e Juan Nieto, publicado en inglés nunha das revistas máis prestixiosas, e seleccionado polo ArXiv Physics Blog que acolle diariamente a mellor idea de entre todos os traballos publicados no Physics Arxiv un dos principais colectores de artigos científicos do mundo. Neste artigo hai un achegamento concreto ao caso galego e non se augura a desaparición da lingua seguindo os parámetros usados, aínda que si se comenta que perdería uso, de non ser suficientemente apoiada. Un traballo, dos poucos, que concilian a investigación en ciencias experimentais coas humanidades e as ciencias sociais e que tivo e está a ter unha grande recepción e impacto en Galicia e nos circuítos científicos internacionais.
Un investigador que contribue á comunicación da cultura científica con traballos como A Ciencia no punto de mira, publicado por Auga Editora, por poñer ao alcance da sociedade, cunha linguaxe sinxela, os beneficios da investigación, utilizando o galego como vehículo da universalización da ciencia.
“Son de Seu”, Premio de Música
O xurado da modalidade de Música, formado por Joám Trilho, Victor Carou, Ramón Castromil, Uxía Senlle, Xurxo Souto Eiroa, Berta Fresco e Antón Pulido, que actuou como secretario, acordou por unanimidade outorgar o premio á orquestra folk Son de Seu, como un proxecto pioneiro e singular que a partir da música tradicional e popular galega creou un novo modelo de interpretación en formato orquestral que xa se converteu nun referente inspirador noutros países europeos. Outros argumentos que fundamentan esta elección inclúen a dimensión pedagóxica do proxecto, a escola E-trad, xerme de Son de Seu. Todo isto quedou reflectido duante o ano 2010 na edición do seu magnífico disco Barlovento.
“Proxecto Terra”, Premio de Iniciativas Culturais
O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Natalia Balseiro, Chelo Loureiro Vilarello, Manuel Gago, Manuel P. Rúa, Alfonso Blanco Torrado, Daniel Salgado e Marcos Lorenzo, que actuou como secretario, outorgar o premio ao PROXECTO TERRA iniciativa impulsada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, apoiada pola Xunta de Galicia, polo seu labor exemplar na formación das xeracións máis novas de galegos e galegas en aspectos tan sensibles para o noso país como a cultura territorial, urbanística e arquitectónica, e polo impulso dunha reflexión crítica sobre o estado dos nosos recursos patrimoniais e paisaxísticos.
“Ángela de la Cruz”, Premio de Artes Plásticas e Visuais
O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Enrique Acuña, Antón Castro, Mercedes Rozas, Manuel Vilariño, Alfonso Penela, Jaime Asensi e Antón Sobral, que actuou como secretario, acordou outorgar o premio a Ángela de la Cruz pola súa actitude renovadora e de risco na súa linguaxe deconstrutiva coa que rompe os límites, tal como puxo de manifesto cos seus traballos e propostas de 2010.
“Citizen” de Chévere, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais
O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado Manolo González, Euloxio Ruibal, Nerea de Valenzuela, Cristina Domínguez Dapena, Camilo Franco, Miguel Castelo e Comba Campoy García, que actuou como secretaria, outorgar o premio por maioría outorgar o premio ao espectáculo “Citizen” da compañaía de Teatro Chévere pola orixinalidade da súa linguaxe dramatúrxica e da posta en escena, xurdidas dun proceso creativo pouco convencional que emprega como materia prima a historia de Galicia das útimas décadas. O resultado é un espectáculo potente que acada unha forte conexión co público ratificada ao longo das súas numerosas representacións na recentemente desaparecida Sala Nasa. O xurado quere tamén chamar a atencíón sobre a dificutade de escoller entre obras de dúas linguaxes moi distintas como son a escénica e a audiovisual que teñen ademais mecanismos de produción, creación e distribución completamente diferentes. Esta dificultade foi aínda maior nun ano especialmente vizoso no número e calidade de producións.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: entregan becas a trece deportistas como apoio ás súas salientables traxectorias
- Tamén foi presentado o decálogo de boas prácticas no deporte
- O alcalde asinou convenios de colaboración con nove clubs do municipio
Ribeira, 23 de outubro de 2011.- O Auditorio Municipal de Riveira acolleu un acto convocado pola Concellería de Deportes cun dobre propósito: por unha parte dar a coñecer o Decálogo de Boas Prácticas elaborado por esta Área Municipal co fin de promover e inculcar unha serie de valores entre todos os axentes que gardan relación co mundo do deporte e, por outra banda, entregar becas a trece deportistas destacados do municipio co fin de apoialos nas súas traxectorias.
Foi o edil e tenente de alcalde Juan Luis Martínez Queiruga quen exerceu de mestre de cerimonias dun evento no que o alcalde non puido estar presente por xurdirlle unha obriga familiar irrenunciable. Non obstante, Manuel Ruiz Rivas si que puido estar no Auditorio uns minutos antes do inicio do acto para asinar convenios de colaboración con nove clubs deportivos de Riveira e colaborar así cos mesmos no desenvolvemento dos seus obxectivos estatutarios.
Todas as persoas que acudiron ao acto recibiron un díptico co Decálogo de Boas Prácticas para o Deporte: un documento que pretende servir de ferramenta de traballo para que adestradores, clubs, pais e nais, corpo arbitral, deportistas e o resto de axentes involucrados no deporte base do municipio asuman un código de conduta que mire polas boas prácticas e o xogo limpo dos nenos e nenas do municipio, ao tempo que avogue pola promoción dos mellores valores inherentes á práctica deportiva, tales como o respecto, a tolerancia, o esforzo ou a responsabilidade.
En canto aos deportistas destacados, estes foron o regatista Helmuth Bande (recibiu unha beca de 568,72 euros), a saltadora de vallas Virgina Villar (540,72 euros), os loitadores de taekwondo Lara Ouviña (511,84 €), Francisco Javier Sieira (511,84 €), Ángel Parada (483,41 €), Adrián Jiménez (426,54 €), Alejandro Vidal (426,54 €), Miguel Martínez (398,10€) e Miguel Cobas (369,66 €), os nadadores Iván Brión (483,41 €), (426,54 €) María Vilas e Manuel Davila (426,54 €), e a triple saltadora Ana Peleteiro (426,54 €).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: o vindeiro venres 28 de outubro, festa do Samaín na lonxa vella
- Organizada pola Comisión de Juadalupeñas (Coju) e a asociación cultural Fogo Fatuo
Para comezar a celebración haberá a partir das 20:00h xogos para os mais cativ@s: obradoiros de maquillaxe, construción de caretas, xogos populares..., ademáis de un concurso de cabazas para fabricar a túa lanterna cabazo, para participar só tendes que levar a vosa cabaza decorada, ou ben decorala e fabricala alí mesmo.
Este concurso realizarase para os mais cativ@s e para os que xa non o son tanto.
Ademáis realizarase un concurso de disfraces durante a tarde para os máis cativ@s e outro pola noite durante o baile de disfraces para os adult@s. Levade instrumentos para montar unha boa foliadaPola tardiña poderedes degustar castañas asadas e outros productos típicos e se queredes tocar un pouco traede o voso instrumento e montaremos unha boa foliada. A partires das 00:00 da noite realizarase unha grande queimada con conxuro e todo e logo comezará o baile de disfraces e a actuación de dous pinchadiscos. "Ademáis tende coidado porque pola noite saen as CRIATURAS. A que esperas busca un disfrace divertido, construe a túa cabaza e ven celebrar a festa do SAMAIN", rematan invitando os organizadores.
www.fogofatuo.es
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: presentado o libro do noiés Ramón Carredano "Anacaona. El fin de una raza", no auditorio do Museo Valle-Inclán
A Pobra, 23 de outubro de 2011. Como parte do calendario de actos da celebración da XIII edición de Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, o venres 21 de outubro ás 20:30 h., tivo lugar a presentación da novela de corte histórico “Anacaona. El fin de una raza”, do veciño noiés Ramón Carredano Cobas. Para este acto de presentación no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra, déronse cita acompañando ó escritor, o historiador e veciño pobrense, Carlos Mosteiro, a concelleira de cultura, Encarna González Montemuíño, e a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Paola García Paz.
Foi a concelleira de cultura a encargada de abrir o acto dando a benvida a tódolos veciños que se achegaron ó auditorio e presentando á monologuista Isabel Beiras, que meténdose na pel de Anacaona explicou ós presentes o sufrido polo seu pobo cando se sucederon os acontecementos que sobreviñeron ó momento en que Cristóbal Colón arribou ás terras americanas no ano 1492.
O historiador Carlos Mosteiro, amigo de Carredano, encargouse de presentar ó propio escritor e maila súa obra e de ler ó público algúns dos párrafos ó seu xuízo máis destacados da novela, e con elo deu paso ó autor, que logo de falar do proceso seguido na elaboración da obra, entrou nun debate co público e con Mosteiro sobre a mesma.
Pechou o acto a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán agradecendo a presenza de todos e convidando ós veciños ós actos que aínda restan na conmemoración desta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.
Relacionadas:
Xornadas Valle-Inclán: imaxes da presentación e da exposición. Programa
Valle-Inclán: a revista Cuadrante adícalle un monográfico
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Concello reunirase cos directores dos centros educativos para montar o Consello Escolar
- Na cita queren abordar a reorganización do mapa escolar municipal
- Van convocar tamén ás Anpas a unha xuntanza
Ribeira, 23 de outubro de 2011.- A Concellería de Educación do Concello de Ribeira sigue dando pasos cara a constitución dun Consello Escolar Municipal e, a tal efecto, convocou a unha reunión de traballo a todos os directores ou representantes dos centros de ensino de Ribeira.
Esta xuntanza celebrarase o próximo mércores, 26 de outubro, ás 11 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial e foi convocada porque é a aspiración do Goberno Local que a formación deste órgano consultivo sexa o resultado do traballo en común de todos os axentes implicados. Precisamente por iso, proximamente haberá outra nova reunión cos representantes das ANPAs dos centros educativos.
Compre destacar que outro dos asuntos que se tratará no orde do día da reunión do vindeiro mércores é a reorganización do mapa escolar municipal.
A intención do Executivo Local é someter a Pleno a creación do Consello Escolar antes de finalizar o 2011.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
