7.11.11

A Pobra: alumnos e profesores do instituto están en Grecia esta semana, no programa Comenius

Media_httpuploadwikim_jrzsu

Parlamento grego. Imaxe da Wikipedia

A Pobra, 7 de novembro de 2011. Un reducido grupo de profesores e alumnas do Ies da Pobra está en Grecia, no marco das actividades do proxecto Comenius “Let´s eat history”.

Dende o pasado venres e ata este vindeiro sábado, catro profesores e catro alumnas visitan Atenas e logo trasladaranse a Alexandroupolis, onde serán recibidos pola comunidade educativa do 2 Epal of Alexandroupolis. Alí reuniránse tamén con representantes do Liceo Scientifico Michele Cipolla de Italia, Athénée Royal Jean Rey de Bélxica e Lapiu Pagrindine Mokykla de Lituania. Este último centro xa exerceu de anfitrión o pasado mes de maio nos encontros que se celebraron en Klaipedos.
  Ao longo da semana realizarán sesións de traballo sobre o tema do proxecto: productos alimenticios con grande repercusión económica e social de cada unha das rexións participantes. Nestas sesións as alumnas da Pobra presentarán os traballos que varios grupos de alumnos veñen desenvolvendo dende o curso pasado.

Pero mais importante é que convivirán cos profesores, alumnos e familias, aprendendo os costumes, modos de vida e xeitos de ensino-aprendizaxe distintos ós nosos. Tamén tentarán aprender algo de grego, pero prevense mellores resultados co inglés como idioma de comunicación (aínda que o francés, o italiano e o español tamén serven para entenderse neste grupo tan hetereoxéneo).

Está previsto que realicen tamén varias viaxes e visitas culturais: Museo Etnolóxico de Tracia, Soufli a “cidade da seda”, o bosque de Dadia para avistar diversas especies de páxaros, o espazo arqueolóxico de Messivra, percorrido en barco polo delta do rio Evros (fronteira natural de Grecia e Turquía), etc. Tamén serán recibidos polo alcalde da cidade, e realizarán visita guidada pola mesma, percorrendo o centro histórico e a catedral.

"Os que non poidemos participar directamente na viaxe, esperamos impacientes o seu regreso para que nos transmitan as súas experiencias, e nos traian unha valoración en primeira persoa dos convulsos momentos que está a vivir Grecia, pais ao que xa nos sentimos dende agora un chisco máis vencellados", explican dende o instituto pobrense.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Natureza: a Sociedade Galega de Historia Natural edita o "Paspallás" 50 en aberto

Paspallas 50 - tres decadas.pdf Download this file

  • Conmemora tres décadas desta revista
  • Chama a atención aquel artigo de 1993: "Unha vez máis, nunca máis". E 11 anos despois chegaría o Prestige co señor dos "hilillos" que agora se presenta a presidente do Goberno
  • Tamén é salientable a sesuda análise do conselleiro Del Álamo: "a Sociedade Galega de Historia Natural está en pleno declive e non representa a ninguén". Alguén se lembra de Del Álamo? Lean a carta que lle adican en 2000.
  • A editoral de maio de 2009 foi profética: xuntar a consellería de Medio Ambiente coa de Infraestruturas está a sepultar baixo formigón e asfalto máis e máis territorio, sexa protexido ou non.
  •  E a de abril de 2010 mete o dedo na ferida: malia a crise, os proxectos de paseos marítimos ou fluviais caros e absurdos seguen sen límite
Barbanza-Noia, 7 de novembro de 2011. A Sociedade Galega de Historia Natural celebra o acadar a publicación de 50 números da súa revista de protección e estudo da natuteza do Reino de Galicia cunha edición en aberto, da que nos fan partícipes.

Este número especial celebra 50 exemplares e tres décadas desta entidade, que algúns deron por morta antes de tempo. Dende Certo desexámoslles outras tres décadas e 50 números máis, alomenos, na defensa do patrimonio natural galego. E convidamos aos lectores de Certo a que espallen este Paspallás entre os seus amig@s e coñecid@s.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.11.11

Noia: a parroquia de San Martiño celebra ao seu patrono o vindeiro venres 11 de novembro

Noia: o Liceo organiza un magosto o sábado 12 de novembro e programa o "Frankenstein" de Ghazafelhos o domingo 13

Noia, 5 de novembro de 2011. O vindeiro sábado, 12 de novembro, a partir das 17:30 horas e ata as 20:30, como vén sendo habitual nos últimos anos, celebrarase un magosto onde, por suposto, haberá castañas e tamén animación con xogos tradicionais para tod@s, a cargo de "Brinquedia". Será no salón de actos da Sociedade Liceo de Noia.

Xa o domingo 13, a Sociedade Liceo de Noia acolle un dos mellores espectáculos para o público familiar: "Frankenstein, treme o misterio..." de Ghazafelhos. De 19:30 a 22:30.

Existe realmente Frankenstein?

Que pode agacharse nun castelo perdido nas montanas? Algo que non quere ser descuberto? Ou algo que espera que o descubran? Dous científicos, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío embarcaranse nunha nova aventura para tratar de botar luz sobre tal misterio... Existe ou non o monstro de Frankenstein? Perdidos nunha tormenta chegan a un castelo e atópanse cun personaxe estraño: o chepudo Igor.

http://www.youtube.com/watch?v=zKATia8e52U

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.11.11

Ribeira: Aguiño celebra a súa III Mostra de Teatro "Francisco Lorenzo Mariño" cada sábado de novembro

  • O vindeiro sábado 12 a sesión cobrarase para axudar a Paula, a neniña de Boiro con agnesia sacra que está a ser tratada en Alemania
  • Todas as funcións son no conservatorio de música ás 20:30
Media_httpfarm7static_idnvz

Onte foi a presentación da nova edición da Mostra de Teatro de Aguiño

Ribeira, 4 de novembro de 2011. Mañá comeza unha nova mostra de teatro en Aguiño, e van xa pola terceira edición. "Nunha nova ocasión dende esta entidade comprácenos poder convidarvos á  Mostra de Teatro Afeccionado Francisco Lorenzo Mariño que terá lugar durante os sábados do mes de novembro no noso pobo. A asociación fixo un grande esforzo para poder achegar a arte dramática de compañías de teatro de recoñecemento en Galicia como é o caso de Teatro de Cámara Ditea de Santiago, Carrachanacacha de Narón, Charamela de Melide ou o Grupo de Teatro do Liceo de Noia; recordamos que con estas, xa serán máis dunha ducia as compañías que pasaron por Aguiño para escenificar distintas obras como é o caso de Candelexas de Noia, Ateaco de Oleiros, Talía de Cee, Duendesico de Santiago, Ad Libitium de Ferrol, A Pombiña de Narón ou Salmonela da Coruña entre outras", explica o presidente de da asociación organizadora, Unai González.  

"Esta mostra nada no ano 2009 con motivo da celebración do 50 Aniversario da Fundación da Parroquia de Aguiño, serviu de base para afianzar as artes escénicas no noso pobo, que contan cunha grande acollida, o que levou á nosa entidade a darlle continuidade. A deste ano enmárcase tamén dentro dos actos de conmemoración do V Aniversario da asociación, que como sabedes celebramos co lema de “Asociación Francisco Lorenzo Mariño, 5 anos sementando Cultura”. En Nadal deste ano faremos o sexto aniversario, polo que seguramente algunha actividade –de carácter infantil- dará por finalizado este lustro de existencia. Agradecemos a colaboración das entidades, institucións e empresas que fixeron posible este evento, así como o apoio mostrado polas socias/os, veciñas e veciños de Aguiño durante a nosa existencia. Resaltamos a colaboración do Concello de Riveira e a súa Área de Cultura dirixida por Elvira Pisos; das Asociacións Ardora de Aguiño e A Gandaina de Palmeira e das empresas que colaboran", continúa González. 

A entrada será coma sempre de balde, pero nesta ocasión aproveitan para facer unha función solidaria a beneficio de Paula -a nena de Boiro con agnesia sacra que precisa a axuda de todos e todas para a súa custosa curación en Alemania-. O día elixido será o 12 de novembro cun prezo por persoa de 3 € e os donativos que cada quen queira facer; a recadación íntegra será entregada á familia de Paula e non descartan organizar algunha actividade máis, en solitario ou en colaboración con outras entidades, para recadar máis fondos para esta fin e aproveitan para solicitar a colaboración particular, por pouco que sexa, de todas as persoas. 

Media_httpfarm7static_adtic

Media_httpfarm7static_vgrjr

Programa 

Sábado 5 de Novembro

CARRACHANACACHA  de  Narón

“Comendo pimentos de Padrón con Tarantino”

Dirixida por Leandro Lamas. 

Comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ate a fama en todo o mundo mundial.

Duración 85 minutos – Recomendado para maiores de 13 anos.

.......................... 

Sábado 12 de Novembro

TEATRO DE CÁMARA DITEA de  Santiago

“Farsa Plautina”

Dirixida por Xan Casas. 

Farsa ou comedia onde desfilan un maremagnum de personaxes arquetípicos da Roma clásica, dende cidadáns, matronas ou políticos ata cortesáns e deuses que como mestura ao estilo do xenial dramaturgo do século II A.C., Tito Plauto, e co bo facer de Ditea, encherán a sala de risas infinitas. 

Nota: Esta función terá unha entrada solidaria de 3 € e cuxa recadación íntegra será destinada a axudar a Paula na súa curación da agenesia sacra.

................................... 

Sábado 19 de Novembro

GRUPO DE TEATRO SOCIEDADE LICEO  de  Noia

“Smóking” de Santiago Moncada.

Dirixida por Leandro Lamas. 

Comedia con situacións inesperadas e diálogos chispeantes nos que se alude ao paso do tempo; a chegada da vellez, a relación de parella, a amizade, a infidelidade, o machismo… son temas que o seu autor, Santiago Moncada vai tocando ao longo da peza. Representada con grande acerto polo Grupo Liceo de Noia, foi merecedora do 2ª Premio no Certame de Teatro Candilejas Don Bosco da Coruña en xuño deste ano.

………………. 

Sábado 26 de Novembro

TEATRO CHARAMELA de Melide

“O Achado do Castro” de Manuel Núñez Singala.

Dirixida por Jesús Gómez Lareo. 

Comedia de enredo que xira en torno ao achado dun manuscrito nun castro que nos traslada á época romana onde o emperador, a súa filla, unha mercante, escravos e ladróns se mesturan nun descontrol case sen sentido para facer morrer de risa ao público asistente.

Entrada de balde ata encher aforo e agás función solidaria! – www.aguiño.com

Media_httpfarm7static_wzhju

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.11.11

Noia: programa previsto para o IV Congreso de Educación para a Saúde, que se adica a menciñas non convencionais

Media_httpfarm6static_vjtcb

As sesións do congreso serán este ano no edificio administrativo da rúa Espírito Santo

Noia, 3 de novembro de 2011. Na fin de semana do 12 e 13 de novembro, sábado e domingo, vai ter lugar o IV Congreso de Educación para a Saúde de Noia. Desta volta apostouse polas terapias alternativas. En Certo, como escépticos con este tipo de remedios, seguimos aconsellando aos nosos lectores que vaian ao médico e empreguen a Seguridade Social deste país.

Programa

SÁBADO 12 de novembro,
16:30 Recepción e entrega de documentación
17:00 Fabiola Ghilardi: "Saúde e benestar polas prantas medicinais"
18:00 Jesús Alcaide: "Chi Kung e Meditación: Saúde, Enerxía e Consciencia"
19:00 Alberto Bidarra. "Cuncas tibetanas e a terapia do son"

DOMINGO 13 de novembro
18:00. Dr. Gabriel Camacho "Recomendacións nutricionais para unha alimentación san e natural"
18:50 Intervalo Musical Conservatorio de Noia.
19:00 Dr. Fernando Pinto Blanco: "O que nos aporta a cultura, o chamanismo e as etnomedicinas á nosa saúde"
19:50 Intervalo musical a cargo do Conservatorio Municipal
20:00 Ágape de sensacións
Clausura e entrega de diplomas.
Farase unha mención e recoñecemento aos asistentes das ediccións anteriores do Congreso para a Saúde.

As inscricións neste congreso deben facerse no Concello de Noia ou no correo electrónico saudenoia@gmail.com

Antes, en Certo:
Porto do Son: O Live H2O, un timo new age
Outras novas relacionadas con pseudociencias

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: contacontos para adultos, este sábado 5 en Casa Pachín con Soledad Felloza

Soledad_felloza


Rianxo, 3 de novembro de 2011. Este sábado, 5 de novembro, a contacontos Soledad Felloza ofrecerá unha sesión en Casa Pachín, que dará comezo ás dez da noite e se alongará ata a unha da mañá do domingo. Unha boa opción para fuxir de varios perigos destas datas: a soidade, a tristura, o telelixo e a política-lixo.

De que irá esta sesión de contacontos para adultos?
No Facebook de Soledad Felloza aparece esta información:

"BAR DEL FONDO DEL MAR

No sé si me creeréis. Pasamos la mitad de la vida ridiculizando aquello en lo que los demás creen, y la otra mitad creyendo en aquello que los demás ridiculizan.

Caminaba una noche por la orilla del mar de Brigantes, donde las casas se asemejan a navíos hundidos, inmersos en la niebla y en los vapores marinos, y donde el viento da a las ramas de las adelfas lentos movimientos de algas.

De improviso, del silencio oscuro salió un elegante viejo, vestido de negro, con una gardenia en el ojal, y al pasar cerca de mí se inclinó ligeramente. Me puse a seguirlo intrigado. Yo andaba a buen paso, pero me costaba estar cerca porque parecía que se movía volando a un palmo de la tierra, y sus pies no hacían ruido sobre la madera húmeda del muelle.

El viejo se detuvo un momento, trazando en el aire gestos con los que parecía calcular la posición de las estrellas. Luego asintió con la cabeza y empezó a descender una escalerilla que del muelle bajaba hacia las aguas oscuras.

Sin pensarlo, le seguí y así llegué a la tertulia del bar del fondo del mar, de allí llegan las historias que voy a contar.

Hay para elegir.
1-El primer hombre con sombrero;2-El segundo hombre con sombrero;3-El tercer hombre con sombrero;4-El dueño del bar; 5-La rubia; 6-El vendedor de alfombras, 7-El marinero;8-El hombre invisible;9-El hombre de la cicatriz;10-El joven del tupé;11-La chica del mechón;12-La señora con sombrero;13-El enano;14-El cocinero;15 El hombre de gafas negras;16- La niña;17-El viejo de la gardenia;18-El niño serio;19-El hombre de la capa;20-La anciana;21-La sirena;22-El perro negro;23-La pulga del perro negro"

Non sabe quen é Soledad Felloza?

Pois olle a súa web, donde conxuga fermosísimas fotografías con historias para nenos e adultos, en http://soledadfelloza.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: un magosto puxo case fin ás actividades de homenaxe a Valle-Inclán

A Pobra, 3 de novembro de 2011. O pasado día 31 de outubro celebrouse un magosto por iniciativa da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán na praza Maura e Rúa Unión coa colaboración dos hostaleiros da zona, o concello da Pobra e dúas empresas privadas. Durante dúas horas degustáronse castañas e queimada de xeito gratuíto. Deste xeito púxose case remate ás numerosas actividades de homenaxe a Valle-Inclán que se están celebrando este ano, co gallo do 75 cabodano do seu pasamento.

Antes, en Certo:


Valle e Martí: ofrendas florais nas súas tumbas



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: un magosto puxo case fin ás actividades de homenaxe a Valle-Inclán

A Pobra, 3 de novembro de 2011. O pasado día 31 de outubro celebrouse un magosto por iniciativa da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán na praza Maura e Rúa Unión coa colaboración dos hostaleiros da zona, o concello da Pobra e dúas empresas privadas. Durante dúas horas degustáronse castañas e queimada de xeito gratuíto. Deste xeito púxose case remate ás numerosas actividades de homenaxe a Valle-Inclán que se están celebrando este ano, co gallo do 75 cabodano do seu pasamento.

Antes, en Certo:


Valle e Martí: ofrendas florais nas súas tumbas



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: tratan de evitar o deterioro das árbores de Santa María a Nova

Noia, 3 de novembro de 2011. O Concello de Noia informou hoxe de que se vai dirixir á Dirección Xeral do Patrimonio a fin de que lle permitan a tala dunha “tuya” que se atopa nun estado de deterioro avanzado para evitar que a súa caída produza dano ás persoas, ou aos elementos patrimoniais existentes na necrópole.

Lembran dende o equipo de goberno que todo o recinto de Santa María A Nova foi declarado no ano 1973, “monumento histórico-artístico”, o que leva aparellado que calquera actuación que se realice no seu interior deberá contar coa autorización previa deste organismo da administración galega.

A maiores está previsto a realización dun “test de resistencia” ao outro exemplar da mesma familia que se atopa a carón do anterior para coñecer o verdadeiro estado do mesmo. Tamén sinalan que, unha vez que se autorice a tala do exemplar que se atopa en mal estado, procederase á plantación doutro de similares características. Nos próximos días, os servizos de parques e xardíns procederán a un poda selectiva de todas as árbores existentes no recinto.

O problema das laudas no exterior

Media_httpfarm4static_xwzih

Noutra orde de cousas, e tamén dentro do cemiterio e no que respecta á preservación da laudas gremiais apiladas á intemperie, o concelleiro de Casco Histórico e Patrimonio está a agarda de que o Director Xeral do Patrimonio o reciba para tratar da casuística específica destas pezas de incalculable interese e que o paso do tempo e o seu almacenamento están a poñer en perigo.

Pode que tamén lle interese:


Monólogo: este venres 4, Cándido Pazó con "Cunqueiradas"


Axuda a domicilio: o pleno, incluso o PP, rexeitan os recurtes


Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro


Recital poético-musical: o venres 11 de novembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical