Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
8.11.11
Natureza: vídeo completo da conferencia sobre o roubo de ovos de aves rapaces no Barbanza
Ribeira: este martes, último día para "adorar" a Copa do Mundo de Fútbol
Boa parte dos edís municipais, co concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez á cabeza, xa tiveron ocasión de ollar o trofeo conquistado pola Selección Española o ano pasado en Sudáfrica, ao igual que un grande número de nenas e nenos que non se quixeron perder esta oportunidade única, como foi o caso dos alumnos e profesores do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras.
Outro dos atractivos que brinda a Corporación Local con motivo da estadía en Ribeira da copa do mundo é unha fotografía de gran formato na que quen así o queira se pode retratar ocupando as facianas de dous xogadores da Selección.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
7.11.11
Boiro: este xoves 10 de novembro, "Contos coas mans abertas" na casa da cultura
http://youtu.be/IVjArsRGZXgBoiro, 7 de novembro de 2011. Este xoves, día 10 de novembro, preséntase na casa da cultura "Ramón Martínez López" de Boiro o espectáculo "Contos coas mans abertas", a cargo da compañía A Tropa de Trapo. É unha representación escénica, na modalidade decontos con músicaen directo, dirixida a adultos e adolescentes, a partires do 16 anos. O espectáculo denominado “CONTOS COAS MANS ABERTAS” recopila historias reais, humanas, sinceras, cheas de esperanza, humor e amor. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos…todo misturado cun ritmo entretido. Ás oito da tarde, no salón de actos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: novo ciclo de "Ponte a andar". Este domingo 13, camiñata en Porto do SonTA DE SENDEIRISMO POLAS FURNAS E RÍO SIEIRA
A primeira das rutas de sendeirismo programadas terá lugar na data indicada, en horario de saída ás 10 da mañá e chegada estimada ás 12 do mediodía. Partirá do colexio de Xuño (Cámping Frafa Balada) e despois de descorrer polas praias das Furnas, Río Sieira e O Lago regresará ao punto de partida, completando unha distancia aproximada de 10 quilómetros.
A ruta descorre toda pola costa cun perfil practicamente chan, e moi asumible, polo que se cualifica coma de "dificultade baixa".
A inscrición é libre e gratuíta. Non fai falla anotarse en ningún sitio, aínda que se agradece que se notifique a asistencia á dirección corgo@cofradiadadorma.com.
Os únicos requisitos que se piden é:
- Puntualidade na hora da saída e no lugar que se indica en cada ruta.
- Roupa e calzado cómodo e apto para o tipo de actividade que se vai levar a cabo.
- Algo de beber para o camiño, ou un recipiente no que poder portar líquido.
- E, por suposto, atende-las instrucións dos monitores en cada ruta.
A ter en conta que:
- Os nenos e menores de 16 anos deben ir acompañados dos pais ou titores que se farán responsables deles e lle notificarán ós monitores cal é o adulto que os tutela.
- Non se permiten animais de compañía.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: alumnos e profesores do instituto están en Grecia esta semana, no programa Comenius
Parlamento grego. Imaxe da WikipediaA Pobra, 7 de novembro de 2011. Un reducido grupo de profesores e alumnas do Ies da Pobra está en Grecia, no marco das actividades do proxecto Comenius “Let´s eat history”.
Ao longo da semana realizarán sesións de traballo sobre o tema do proxecto: productos alimenticios con grande repercusión económica e social de cada unha das rexións participantes. Nestas sesións as alumnas da Pobra presentarán os traballos que varios grupos de alumnos veñen desenvolvendo dende o curso pasado. Pero mais importante é que convivirán cos profesores, alumnos e familias, aprendendo os costumes, modos de vida e xeitos de ensino-aprendizaxe distintos ós nosos. Tamén tentarán aprender algo de grego, pero prevense mellores resultados co inglés como idioma de comunicación (aínda que o francés, o italiano e o español tamén serven para entenderse neste grupo tan hetereoxéneo). Está previsto que realicen tamén varias viaxes e visitas culturais: Museo Etnolóxico de Tracia, Soufli a “cidade da seda”, o bosque de Dadia para avistar diversas especies de páxaros, o espazo arqueolóxico de Messivra, percorrido en barco polo delta do rio Evros (fronteira natural de Grecia e Turquía), etc. Tamén serán recibidos polo alcalde da cidade, e realizarán visita guidada pola mesma, percorrendo o centro histórico e a catedral. "Os que non poidemos participar directamente na viaxe, esperamos impacientes o seu regreso para que nos transmitan as súas experiencias, e nos traian unha valoración en primeira persoa dos convulsos momentos que está a vivir Grecia, pais ao que xa nos sentimos dende agora un chisco máis vencellados", explican dende o instituto pobrense.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Natureza: a Sociedade Galega de Historia Natural edita o "Paspallás" 50 en aberto
- Conmemora tres décadas desta revista
- Chama a atención aquel artigo de 1993: "Unha vez máis, nunca máis". E 11 anos despois chegaría o Prestige co señor dos "hilillos" que agora se presenta a presidente do Goberno
- Tamén é salientable a sesuda análise do conselleiro Del Álamo: "a Sociedade Galega de Historia Natural está en pleno declive e non representa a ninguén". Alguén se lembra de Del Álamo? Lean a carta que lle adican en 2000.
- A editoral de maio de 2009 foi profética: xuntar a consellería de Medio Ambiente coa de Infraestruturas está a sepultar baixo formigón e asfalto máis e máis territorio, sexa protexido ou non.
- E a de abril de 2010 mete o dedo na ferida: malia a crise, os proxectos de paseos marítimos ou fluviais caros e absurdos seguen sen límite
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
5.11.11
Noia: o Liceo organiza un magosto o sábado 12 de novembro e programa o "Frankenstein" de Ghazafelhos o domingo 13
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
4.11.11
Ribeira: Aguiño celebra a súa III Mostra de Teatro "Francisco Lorenzo Mariño" cada sábado de novembro
- O vindeiro sábado 12 a sesión cobrarase para axudar a Paula, a neniña de Boiro con agnesia sacra que está a ser tratada en Alemania
- Todas as funcións son no conservatorio de música ás 20:30
Onte foi a presentación da nova edición da Mostra de Teatro de Aguiño
Ribeira, 4 de novembro de 2011. Mañá comeza unha nova mostra de teatro en Aguiño, e van xa pola terceira edición. "Nunha nova ocasión dende esta entidade comprácenos poder convidarvos á Mostra de Teatro Afeccionado Francisco Lorenzo Mariño que terá lugar durante os sábados do mes de novembro no noso pobo. A asociación fixo un grande esforzo para poder achegar a arte dramática de compañías de teatro de recoñecemento en Galicia como é o caso de Teatro de Cámara Ditea de Santiago, Carrachanacacha de Narón, Charamela de Melide ou o Grupo de Teatro do Liceo de Noia; recordamos que con estas, xa serán máis dunha ducia as compañías que pasaron por Aguiño para escenificar distintas obras como é o caso de Candelexas de Noia, Ateaco de Oleiros, Talía de Cee, Duendesico de Santiago, Ad Libitium de Ferrol, A Pombiña de Narón ou Salmonela da Coruña entre outras", explica o presidente de da asociación organizadora, Unai González.
"Esta mostra nada no ano 2009 con motivo da celebración do 50 Aniversario da Fundación da Parroquia de Aguiño, serviu de base para afianzar as artes escénicas no noso pobo, que contan cunha grande acollida, o que levou á nosa entidade a darlle continuidade. A deste ano enmárcase tamén dentro dos actos de conmemoración do V Aniversario da asociación, que como sabedes celebramos co lema de “Asociación Francisco Lorenzo Mariño, 5 anos sementando Cultura”. En Nadal deste ano faremos o sexto aniversario, polo que seguramente algunha actividade –de carácter infantil- dará por finalizado este lustro de existencia. Agradecemos a colaboración das entidades, institucións e empresas que fixeron posible este evento, así como o apoio mostrado polas socias/os, veciñas e veciños de Aguiño durante a nosa existencia. Resaltamos a colaboración do Concello de Riveira e a súa Área de Cultura dirixida por Elvira Pisos; das Asociacións Ardora de Aguiño e A Gandaina de Palmeira e das empresas que colaboran", continúa González.
A entrada será coma sempre de balde, pero nesta ocasión aproveitan para facer unha función solidaria a beneficio de Paula -a nena de Boiro con agnesia sacra que precisa a axuda de todos e todas para a súa custosa curación en Alemania-. O día elixido será o 12 de novembro cun prezo por persoa de 3 € e os donativos que cada quen queira facer; a recadación íntegra será entregada á familia de Paula e non descartan organizar algunha actividade máis, en solitario ou en colaboración con outras entidades, para recadar máis fondos para esta fin e aproveitan para solicitar a colaboración particular, por pouco que sexa, de todas as persoas.
Programa
Sábado 5 de Novembro
CARRACHANACACHA de Narón
“Comendo pimentos de Padrón con Tarantino”
Dirixida por Leandro Lamas.
Comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ate a fama en todo o mundo mundial.
Duración 85 minutos – Recomendado para maiores de 13 anos.
..........................
Sábado 12 de Novembro
TEATRO DE CÁMARA DITEA de Santiago
“Farsa Plautina”
Dirixida por Xan Casas.
Farsa ou comedia onde desfilan un maremagnum de personaxes arquetípicos da Roma clásica, dende cidadáns, matronas ou políticos ata cortesáns e deuses que como mestura ao estilo do xenial dramaturgo do século II A.C., Tito Plauto, e co bo facer de Ditea, encherán a sala de risas infinitas.
Nota: Esta función terá unha entrada solidaria de 3 € e cuxa recadación íntegra será destinada a axudar a Paula na súa curación da agenesia sacra.
...................................
Sábado 19 de Novembro
GRUPO DE TEATRO SOCIEDADE LICEO de Noia
“Smóking” de Santiago Moncada.
Dirixida por Leandro Lamas.
Comedia con situacións inesperadas e diálogos chispeantes nos que se alude ao paso do tempo; a chegada da vellez, a relación de parella, a amizade, a infidelidade, o machismo… son temas que o seu autor, Santiago Moncada vai tocando ao longo da peza. Representada con grande acerto polo Grupo Liceo de Noia, foi merecedora do 2ª Premio no Certame de Teatro Candilejas Don Bosco da Coruña en xuño deste ano.
……………….
Sábado 26 de Novembro
TEATRO CHARAMELA de Melide
“O Achado do Castro” de Manuel Núñez Singala.
Dirixida por Jesús Gómez Lareo.
Comedia de enredo que xira en torno ao achado dun manuscrito nun castro que nos traslada á época romana onde o emperador, a súa filla, unha mercante, escravos e ladróns se mesturan nun descontrol case sen sentido para facer morrer de risa ao público asistente.
Entrada de balde ata encher aforo e agás función solidaria! – www.aguiño.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
3.11.11
Noia: programa previsto para o IV Congreso de Educación para a Saúde, que se adica a menciñas non convencionais
As sesións do congreso serán este ano no edificio administrativo da rúa Espírito Santo Noia, 3 de novembro de 2011. Na fin de semana do 12 e 13 de novembro, sábado e domingo, vai ter lugar o IV Congreso de Educación para a Saúde de Noia. Desta volta apostouse polas terapias alternativas. En Certo, como escépticos con este tipo de remedios, seguimos aconsellando aos nosos lectores que vaian ao médico e empreguen a Seguridade Social deste país. ProgramaSÁBADO 12 de novembro,
16:30 Recepción e entrega de documentación
17:00 Fabiola Ghilardi: "Saúde e benestar polas prantas medicinais"
18:00 Jesús Alcaide: "Chi Kung e Meditación: Saúde, Enerxía e Consciencia"
19:00 Alberto Bidarra. "Cuncas tibetanas e a terapia do son" DOMINGO 13 de novembro
18:00. Dr. Gabriel Camacho "Recomendacións nutricionais para unha alimentación san e natural"
18:50 Intervalo Musical Conservatorio de Noia.
19:00 Dr. Fernando Pinto Blanco: "O que nos aporta a cultura, o chamanismo e as etnomedicinas á nosa saúde"
19:50 Intervalo musical a cargo do Conservatorio Municipal
20:00 Ágape de sensacións
Clausura e entrega de diplomas.
Farase unha mención e recoñecemento aos asistentes das ediccións anteriores do Congreso para a Saúde.As inscricións neste congreso deben facerse no Concello de Noia ou no correo electrónico saudenoia@gmail.com Antes, en Certo:
Porto do Son: O Live H2O, un timo new age
Outras novas relacionadas con pseudociencias
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
