9.11.11

Noia: o Concello aclara que o Stand non vai ir para Lousame, para acalar a rumoroloxía

Sofa_caamao_lado

Noia, 9 de novembro de 2011. "O Concello de Noia tén vocación de ser cabeza de comarca no que atinxe á promoción e uso de distintos servizos comarcais. Por tanto, respecto ao rumor que correu meses atrás sobre o traslado das dependencias do STAND a Lousame, temos que aclarar que do que se estaba a falar era das dependencias da Asociación de Pais do STAND, nunca das dependencias do propio Servizo do STAND, que está moi firme e seguro en Noia. Ainda así, a Asociación de Pais do STAND está en conversas co Concello de Noia para poder ampliar as súas instalacións", explicou hoxe en nota de prensa a concelleira de Servizos Sociais, a nacionalista Sofía Caamaño Lado.

Que é o STAND?

O Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidades (STAND), créase no ano 1990, por decisión política do goberno municipal do BNG, tendo continuidade até a actualidade pola vontade dos gobernos municipais posteriores. É un Servizo social comunitario específico (atención a nenos con discapacidade ou risco de padecela e ás suas familias), de carácter público e gratuíto. Realízase atención temperá (0 a 6 anos) e atención á discapacidade infantil (6 a 14 anos). O ámbito de atención abranxe, ademais do Concello de Noia, os de Outes, Lousame, Muros e Porto do Son. Desde o seu comezo, o finanzamento do Servizo corre a cargo do Concello de Noia (162.824,14€ anuais), recebindo anualmente subvención da Xunta de Galicia dentro do Plan Concertado (31.000€) e nalgunha ocasión unha pequena achega da Deputación Provincial. Se excluímos ao de Noia, o resto dos concellos da comarca aportan 0 € a este servizo.  

A Asociación de Pais do STAND é unha entidade privada sen ánimo de lucro constituída no ano 1993 por familias de nenos con discapacidades que xa acudían ao STAND. A súa creación foi promovida polos propios pais, co estímulo das profesionais do Servizo municipal, co fin de complementar o labor que se estaba a facer desde o mesmo. O ámbito de atención esténdese á comarca de Muros-Noia. 

O STAND e a Asociación de Pais do STAND, son dúas entidades independentes, tanto a nivel organizativo como económico e funcional, que comparten local (parte do local está cedido polo Concello á Asociación) e parte dos recursos materiais. O ámbito de atención é similar. 

Pode que tamén lle interese:


Recital poético-musical: o venres 11 de novembro


San Martiño: o 11 de novembro, patrono, co bispo de Compostela


Congreso Educación Saúde: o 12 e 13 de novembro. Menciñas non convencionais



Liceo: sábado 12, magosto e domingo 13, Ghazafelhos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: está en marcha o programa "Xuntos polo Nadal", cuxo prazo de inscrición remata o 30 de novembro

Ribeira, 9 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social informa da posta en marcha pola Concellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia dunha nova edición do Programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a que as persoas maiores con escasos recursos económicos e que se atopen soas poidan pasar en compañía os días de Nadal.

O programa é totalmente gratuíto e terá lugar dende o 23 de decembro de 2011 ata o 1 de xaneiro de 2012, co aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), onde poderán tomar parte das distintas actividades socioculturais que se organizarán ao efecto.

Todas aquelas persoas maiores deste concello, que se atopen soas nestas datas e que cumpran os requisitos para participar neste programa, poden presentar a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais sito na praza 8 de marzo (edificio Miradoiro de Padín). O prazo de inscrición remata o 30 de novembro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: supervisan e dan o visto bo ás instalacións deportivas da cidade dende a Deputación

Deportes_deputacin_2

  • Van amañar os servizos da rúa Cervantes, en obras xa adxudicadas, informou tamén hoxe o Concello
Ribeira, 9 de novembro de 2011. A Deputación de A Coruña está supervisando estes días as instalacións deportivas localizadas nos concellos da provincia e, dentro desta liña de actuación, o técnico da devandita institución Pablo Prieto tivo oportunidade de acudir a Ribeira e departir na Casa Consistorial co concelleiro Juan Luis Martínez e distintos técnicos locais, como Miguel Ruiz, acerca da política municipal en materia deportiva.  

Ademais, o traballador da Deputación visitou distintos campos de fútbol e escolas deportivas, así como o complexo de A Fieiteira para comprobar in situ o funcionamento das instalacións e detectar posibles necesidades de mellora. A valoración do estado das mesmas e da política deportiva municipal foi positiva.

Rúa Cervantes, pavimento en pedra


foto

O anuncio do arranxo de Cervantes xa o fixeramos en  certo.posterous.com/ribeira-amanaran-a-rua-cervantes-e-pa...

O Concello tamén anunciou hoxe que vén de adxudicar unha actuación para renovar os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Cervantes e o seu entorno, no vello barrio de Bandourrío. 

A empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L,. será a encargada de realizar a obra, por un prezo final de 168.120,16 euros. O prazo de execución da actuación é de 3 meses. 

En canto aos detalles da actuación, no que se refire ao abastecemento de auga, hanse suplantar as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. 

Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros. 

En canto ao saneamento de pluviais, se disporá un colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios primixenios de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 12 de novembro, charla do piragüista David Cal no auditorio ás seis da tarde

Media_httpdavidcalcom_suuzh

Imaxe que encabeza a páxina web oficial do deportista

Rianxo, 9 de novembro de 2011. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado, 12 de novembro, ás 18 h. unha charla-coloquio protagonizada polo piragüista David Cal, disque "mellor deportista galego de tódolos tempos", segundo o servizo de Deportes de Rianxo (Gómez Noya non lles debe sonar), que estará acompañado do seu adestrador Suso Morlán.

Os asistentes terán a oportunidade de escoitar en primeira persoa a traxectoria dun deportista olímpico ao tempo que poderán formular cuestións relativas á súa formación e actividade deportiva.

Esta actividade, organizada polo Club Piragüismo Rianxo, coa participación e patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo, vai dirixida a tódolos afeccionados ao piragüismo e ao deporte en xeral.

As entradas poderán recollerse na sede do club de Piragüismo ao longo de toda a semana.

Máis información sobre David Cal, na súa web

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.11.11

Proba con grafitti para ver se furrula o Posterous en Facebook

Media_httpfarm5static_rhugd

Hoxe, como contribución -outra máis! a ver se remata xa a lexislatura e non a miramos máis- de González-Sinde á cultura da tortura de animais, instituíuse o Premio Nacional de Tauromaquia. 30.000 eurazos de nada cada ano.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: dan a coñecer aos gañadores do concurso escolar "Barbanza 2061" organizado polo club Exxpopress

  • Gañaron estudantes do colexio Castelao de Rianxo, do Aguiño de Ribeira e do instituto A Cachada de Boiro
  • O certame foi organizado polo club de xornalistas ExxpoPress
  • O vindeiro 11-11-2011 soterrarán os traballos nunha cápsula de tempo no paseo marítimo de Ribeira, obxecto que se deberá levantar en medio cento de anos

Ribeira, 8 de novembro de 2011. Tres alumnas de terceiro da ESO do IES A Cachada de Boiro resultaron gañadoras do concurso escolar comarcal Barbanza-2061 na categoría de Secundaria-Bacharelato, organizado polo Club Exxpopress. A temática do certamen era Como imaxinas o mundo en 2061?

     O traballo gañador é unha peza audiovisual de dous minutos de duración titulada A escultura no ano 2061 (). O premio consiste nunha viaxe dunha fin de semana a Valencia para visitar a Cidade das Artes e as Ciencias.

     Polo que respecta á categoría de Educación Primaria, as gañadoras foron catro alumnas de sexto de Primaria do CEIP de Aguiño (Ribeira), pola portada dun xornal titulada A Voz de Aguiño. O premio consiste nunha viaxe a Madrid para visitar o Parque Warner.

     Finalmente, os gañadores do concurso na categoría de Infantil foron 19 alumnas e alumnos da aula C de 4 anos do C.E.I.P. A.D.R. Castelao (Rianxo), que realizaron un mural de casi dous metros de longo. O premio consiste nunha macro festa infantil para toda a aula no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira), con merenda, piscina, hinchables, tiro con arco, tren infantil, cuadriciclos, Festa da Espuma, etc.

     Os premios serán entregados o vindeiro venres día 11 ás 13.00 horas nun acto que presidirá o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña, no polideportivo municipal de Coroso (Ribeira) e no que participarán tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o presidente do Club Exxpopress, Jesús Souto Rodríguez, e un coñecido empresario da zona. Será despois dunha gran festa organizada para escolares de toda a comarca polo Club Exxpopress en colaboración co Concello de Ribeira e na que haberá sorteo de centos de regalos.

     Os tres traballos gañadores introduciranse na Cápsula do Tempo que será soterrada a continuación no paseo marítimo de Ribeira.

Antes, en Certo:


Festival Acción: deuse a coñecer a curta gañadora de "Barbanza 2061"

Pode que tamén lle interese:


Homenaxe en Boiro: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves 10, reunión coas Anpas para crear o Consello Escolar

Media_httpfarm7static_bvida

Imaxe da reunión cos centros o pasado 26O

Ribeira, 8 de novembro de 2011. Despois de que o pasado 26 de outubro tivera lugar unha primeira reunión de membros do Concello con directores  dos centros de ensino de Ribeira, o Ente Local a través da Concellería de Educación que dirixe María del Carmen Vizcaya convocou -tal como estaba previsto- un novo encontro de traballo, esta vez cos representantes das ANPAs do municipio para seguir avanzando na formación dun Consello Escolar. 

A xuntanza terá  lugar este xoves, 10 de novembro, ás 18 horas na Casa Consistorial e, ademais da creación do citado órgano consultivo, abordará no seu orde do día outra cuestión de importancia, que é a reorganización do mapa escolar municipal. 

O Executivo Local reafírmase na intención de someter a Pleno a creación do Consello Escolar antes de finalizar o 2011. 

Antes, en Certo:

Bo ambiente na reunión para crear o Consello Escolar municipal

Pode que tamén lle interese:



Curso: o 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva


Ponte a Andar 2011: este domingo 13, Porto do Son

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o terceiro torneo de tenis de Nadal dispútase entre o 29 de novembro e o 8 de xaneiro

Rianxo_torneo_tenis_nadal

Rianxo, 8 de novembro de 2011. A partires do 29 de novembro e ata o 8 de xaneiro do 2012 vaise desenvolver a 3ª edición do Torneo de Tenis de Nadal de Rianxo.

Está organizado polo Club de Tenis Rianxo coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello. O prazo de inscrición está aberto ata o sábado 26 de novembro. Pódese formalizar a inscrición no Servizo de Deportes a través do teléfono 981.86.63.81 ou ben nos correos electrónicos do Servizo de Deportes deportes@concelloderianxo.es ou do Club de Tenis clubtenisrianxo@hotmail.com. A inscrición é gratuíta para os socios do club e de 10 € para os non socios.

Regulamento III Torneo de Tenis do Nadal

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: "Paraísos non tan lonxanos", fotografía submarina dende o xoves 10 de novembro na casa de cultura

Ribeira: os dous aventureiros ao Everest toman terra en Lukla, o aeroporto máis perigoso do mundo

Ribeira, 8 de outubro de 2011.- Despois de varios días agardando a que as condicións meteorolóxicas foran propicias, os expedicionarios ribeirenses José Antonio Sobrado Silva e Roi Fontaíña Martínez xa conseguiron voar en avioneta dende Katmandú -capital de Nepal- ata Lukla, localidade situada ao este deste país que alberga o considerado aeroporto máis perigoso do planeta.

Os aventureiros cualificaron a experiencia de “emocionante” e cunha aterraxe “do máis espectacular” pois o pequeno aeroporto, situado a 2.860 metros de altitude, conta cunha pista de tan só 460 metros de lonxitude que está ubicada ao borde dun precipicio en plena montaña. 

Agora mesmo están en Namche Bazaar, a capital da rexión de Khumbu, e que está considerada “a porta do Himalaia” polos viaxeiros. 

Sobrado Silva e Fontaíña Martínez indican que nos vindeiros días estarán sen posibilidade de conexión a internet nin calquera outro tipo de comunicación con Ribeira, xa que están listos para emprender a ruta planeada. 

Impresións de Katmandú

Non obstante, aínda tiveron oportunidade de relatar as súas impresións respecto a súa estancia previa en Katmandú, que se demorou máis do previsto ao ter o Goberno de Nepal pechados todos os voos nacionais polo mal tempo.  

A este respecto, cualifican de moi grata a posibilidade de cear e compartir mesa con Toni Aguilar e cos nenos e mulleres da fundación promovida en Nepal por este cooperante catalán que entre outros obxectivos brinda labores de axuda á orfandade de alfabetización das mulleres. 

Na súa estancia en Katmandú  mesmo puideron coñecer a dous viaxeiros madrileños que coincidiron cos ribeirenses na impresión de que este é un país “ecléctico e colorista”, no que se está a desenvolver unha emerxente industria dedicada ao turismo de aventura. 

Ruta

A partir de agora, a ruta ascenderá polo val do “Bothe Koshi” aproveitando as antigas vías que utilizaban as caravanas tibetanas de “Jaks” para atravesar o Himalaia, e que máis recentemente usaron os refuxados tibetanos para escapar da represión china. Ademais, dende a remota rexión fronteiriza co Tibet terán que atravesar dous dos pasos de montaña máis elevados da terra e o glaciar “Drongzba” para chegar ata a base do Everest. Dende alí, descenderán o val do “Dudhi Koshi” para regresar de novo a Lukla. Durante a travesía ascenderán dous picos de máis de 5500 metros. A cota mínima ao principio do percorrido é de 2800 metros, e a máxima altitude será de 5700 metros.

Antes, en Certo:


Aventura en Nepal: chegaron os dous expedicionarios á capital

Pode que tamén lle interese:

Curso: o sábado 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva


Ponte a Andar 2011: este domingo 13, Porto do Son



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical