15.11.11

Ribeira: xuntanza o xoves 17 para organizar os actos do Día Internacional dos Dereitos do Neno, que é o 20N


A presentación das actividades o ano pasado fora tamén o 17 de novembro

Ribeira, 15 de novembro de 2011. Unicef, Manos Unidas, Cáritas, Médicos sen fronteiras, Cruz Roja e Intermón Oxfam coa asociación Bastantes llons organizan unha reunión o próximo xoves, día 17 de novembro, ás 18:00 horas, no local de Cáritas situado na praza da igrexa, con motivo da celebración do Día dos Dereitos do Neno o 20 de novembro para a presentación dos seguintes actos:

.- O primeiro deles celebrarase o 9 de decembro no Auditorio de Ribeira, e consistirá nun festival no que o mesmo tempo que diversas testemuñas falarán da situación da infancia tanto nos países en vías de desenvolvemento como no noso entorno, actuarán diferentes grupos musicais do Barbanza.

.- O segundo deles consistirá nunha serie de concertos a celebrarse do 26 ao 30 de decembro, en distintos bares de Ribeira, para sensibilizar á poboación sobre a situación de fame no corno de Africa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: a Rede Cemit da Xunta convoca un concurso de curtas co móbil para estudantes de ESO e Bacharelato

  • O prazo de inscrición iníciase hoxe, 15 de novembro, e establécese o 29 de febreiro como data límite para a recollida de curtametraxes

  • O obxectivo é espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, ato tempo que se fomenta o traballo en equipo e se dan a coñecer as posibilidades que se abren no eido da formación e o coñecemento de novas tecnoloxías a través das aulas CeMIT
  • A iniciativa implica tanto ao alumnado, como creador das curtas; como aos centros educativos, como titores e facilitadores das inscricións; e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, validación e recollida das inscricións e traballos presentados
  • Haberá diversos premios, tanto a nivel provincial como autonómico, para os participantes e o centro educativo ao que pertencen. A partir do 7 de marzo comezará o proceso de votación dos vídeos presentados, mediante o sistema ‘Gústame’ de Facebook, a través do portal Facebook/IMit Xunta
Media_httpfarm7static_nwejf

Entrada ao Cemit de Noia

Barbanza-Noia, 15 de novembro de 2011.- A rede de centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, rede CeMIT, por iniciativa das aulas CeMIT dos concellos de Vimianzo e Abegondo, acaba de convocar o I Concurso de Curtas realizadas co móbil, dirixido a mozos matriculados na ESO ou no Bacharelato dos centros educativos da Comunidade Galega.

Este concurso, que se convoca por primeira vez na administración autonómica a través do Facebook da web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica, http://www.facebook.com/imitxunta, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Os obxectivos do certame son espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, fomentar o traballo en equipo e dar a coñecer as posibilidades que se abren no campo da formación e coñecemento das novas tecnoloxías que se veñen ofrecendo a través das actividades programadas nas aulas CeMIT dos distintos concellos e comarcas galegos.

Neste I Concurso de curtas realizadas co móbil os mozos da ESO e Bacharelato que teñan entre 14 e 20 anos poderán participar, de xeito individual ou colectivo, e mostrar a súa destreza cinematográfica coa gravación de curtas orixinais cunha temática que exprese aqueles valores e ideas relacionadas coas funcionalidades que ofrece a rede de aulas CeMIT como referente no acceso á formación en novas tecnoloxías e o seu impacto na vida cotiá.

Axentes implicados e fases do concurso
Os estudantes que desexen participar nesta iniciativa, cuxo prazo de inscrición se abre hoxe e permanecerá aberto ata o 29 de febreiro para a recollida das curtametraxes, contarán coa axuda activa da comunidade educativa e dos responsables das aulas CeMIT. Así, neste programa implícase tanto ao alumnado -como creador das curtametraxes-, como aos centros educativos -como titores dos alumnos participantes e facilitadores das inscricións das curtas que os representarán-, e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, resolución de dúbidas, validación e recollida das inscricións e traballos presentados ao concurso.

Media_httpfarm6static_fbcao

Unha vez recollidos todos os vídeos participantes, subiranse a internet para someterse á votación mediante o sistema ‘Gústame’ de Facebook a partir do 7 de marzo de 2012.  Tanto os alumnos das obras seleccionadas coma o centro educativo ao que representan poderán optar a unha serie de premios, tanto a nivel provincial como autonómico. Así, o centro educativo gañador a nivel provincial será obsequiado cunha cámara dixital compacta e o equipo gañador recibirá ata un máximo de 5 Ipod, que poderán ser distribuídos, a criterio do titor, no caso de que o grupo que presenta a curtametraxe estea formado por un número superior de integrantes.

A nivel autonómico entregaranse distintos premios aos centros educativos gañadores: no caso de quedar en primeiro lugar, o premio consistirá nun Netbook; e no caso de quedar en segunda posición o premio será unha videocámara.

Os alumnos e centros educativos interesados en participar neste concurso poderán inscribirse na aula CeMIT máis próxima ou a través da web www.cemit.xunta.es. As bases completas da iniciativa poderán consultarse en http://www.facebook.com/imitxunta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: homenaxean a Cunqueiro coa etiqueta #ACunqueiro en blogs e redes sociais dende o 26 de novembro ata o Día do Gordo de Nadal

Media_httpmanuelgagoo_svdgl

"Queremos que a xornada do 26 de novembro en Santiago de Compostela non sexa máis que o inicio dunha extensa homenaxe a Don Álvaro Cunqueiro a través dos blogs e redes sociais, así como nos medios de comunicación. Unha homenaxe que debería prolongarse ata o día 22 de decembro, data na que se conmemora o centenario do nacemento do escritor.

Para participar nesta homenaxe non tes máis que publicar no teu blog ou web ou nos teus perfís das redes sociais post, notas, receitas, comentarios e referencias a Álvaro Cunqueiro, a súa obra literaria e o seu amor pola gastronomía e os viños.

Con esas publicacións contribuirás a levar a estender polo mundo enteiro o coñecemento sobre Cunqueiro e a súa obra.

Empregaremos o hagstag ou etiqueta #ACunqueiro, que reúne a inicial do nome e o apelido completo do autor, pero tamén porque dedicamos esta iniciativa “A Cunqueiro”.

Contamos coa túa colaboración e agradecemos que remitas un enlace co que publiques a soledadfelloza[arroba]gmail.com ou info[arroba]colineta.com para enlazalo dende esta web.

Mil primaveras máis para a obra inmortal de Álvaro Cunqueiro!"

Vía

Media_httpfarm7static_gadvx

Media_httpfarm6static_smphb

Media_httpfarm5static_oddhd

Media_httpfarm5static_jijvk

Media_httpfarm3static_fatjk

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programa da Semana da Música, do martes 22 ao domingo 27 de novembro


Os concertos serán na igrexa de San Martiño

Noia, 15 de novembro de 2011. Como xa é tradicional, Noia celebra a súa Semana da Música na honra de Santa Icía. O programa deste ano é o seguinte:


Día 22, martes, Día de Santa Icía:
19:30 h. misa solemne
20:30 h. Concerto ESCOLA DE MÚSICA DE LOUSAME

Día 23, mércores:
QUINTETO CIMARRÓN
Programa: Piazzolla en Cuba
20:30 h.

Día 24, xoves:
CUARTETO SAIVA NOVA
20.30 h.

Día 25. venres,.
CONSERVATORIO municipal de música "Felipe Paz Carbajal"
20:30 h.

 Día 26, sábado,
Concerto coa Banda de MÚSICA DE LOUSAME
20:30 h

Día 27, domingo, 20:30 h.
CLAUSURA
DÍA DO CANTO CORAL . Interveñen CORAL PAZO DE OCA -A Estrada (Pontevedra), CORAL POLIFÓNICA DE NOIA e CORAL POLIFÓNICA DE MONTERROSO (Lugo)

A semana músical está organizada pola Coral Polifónica de Noia e o Concello colabora, pero non na totalidade da programación. En setembro tivo lugar en San Martiño un certame de habaneras onde participaron ambas corais de Noia xunto con outras invitadas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.11.11

Cultura: denuncian la censura del libro "Hay alternativas" por parte del Grupo Prisa. Descárgatelo aquí

hayalternativas.pdf Download this file

Libro censurado por el Grupo Prisa: alternativas al capitalismo

 

NOTA DE LOS AUTORES


     Hace un par de meses, la Editorial Aguilar, mostró su interés por publicar nuestro libro HAY ALTERNATIVAS. Propuestas para crear empleo y bienestar en España, que nos prologó Noam Chomsky.

 

     Cuando ya se había concretado como fecha de publicación el libro el 19 de octubre y se había comenzado su promoción en la web de Aguilar y en librerías, los editores nos comunicaron que la empresa deseaba retrasarla sin otra explicación de por medio, lo que nos obligó lamentablemente a desestimar su publicación en esa editorial. Se confirmaba así lo difícil que resulta difundir en España, en los momentos en que son más necesarias que nunca -como ahora en periodo pre-electoral-, ideas alternativas al pensamiento único que predomina en el debate político y social.

 

    Para solventar esta situación hemos optado por ofrecer nuestra obra gratuitamente en formato pdf a través de la red y en una nueva edición impresa en Ediciones Sequitur que, con la colaboración de ATTAC España, se ha arriesgado a publicar rápidamente este libro que estará en librerías al precio de 10 euros a partir del 31de octubre.

 

Tenemos la firme convicción de que solo haciendo que la ciudadanía sepa lo que de verdad está sucediendo en nuestra economía y divulgando las alternativas que existen a esta aguda crisis del capitalismo podremos salir de ella con más empleo y bienestar social, como demostramos en este libro.


Por eso llamamos a divulgar esta versión en pdf, a estudiarla y difundir sus propuestas y pedimos a todos los lectores que se conviertan ellos y ellas mismas en distribuidores del libro una vez que se encuentre impreso. Contra la censura de los grandes oligopolios y el pensamiento único que imponen los poderes económicos, financieros y mediáticos defendamos la pluralidad y la libertad de pensamiento conociendo y difundiendo el pensamiento crítico.

 

      Puedes descargar el libro gratuitamente aquí o en Web de Vicenç Navarro Web de Alberto Garzón Web de ATTAC España Web de Editorial Sequitur —- Nota de IDP: La editorial Aguilar forma parte, junto con Alfaguara, Altea, El País-Aguilar, Santillana y Taurus, entre otras, del Grupo Santillana, perteneciente, a su vez, al holding PRISA.

 

     Los accionistas mayoritarios de PRISA son la familia Polanco (35,016% de las acciones) y, desde mediados del año pasado, un fondo de inversión norteamericano, la Liberty Acquisition Holdings Corp. (57,7% de las acciones).

Este hedge fund agrupa a más de 70 grandes inversores, entre los que figuran GLG, Taurus, Glenhill, Millenium, T Rowe Price, First Eagle, Soros Fund, Fortress, Teachers Advisors, Canada Pension Plan y los bancos Citigroup, Credit Suisse, Deutsche Bank y Morgan Stanley.


            Os pedimos a tod@s vuestra colaboración para demostrar a quienes han intentado silenciar este texto que su tiempo se está terminando:


Difundid todo lo posible el pdf.


La ocultación de alternativas en los falsimedia convencionales es ya más que indignante. La ciudadanía toda tiene que luchar para que algún día se les puedan exigir responsabilidades. El silencio o la manipulación están tratando de tapar estafas, saqueos, asesinatos… Cuando lo que se ocultan son crímenes, el silencio también es criminal.

 

Los medios de desinformación se han convertido hace ya tiempo en cómplices de la barbarie.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: charlas e cinefórum sobre medicina preventiva e vida saudable, ata o 1 de decembro


As charlas son na casa da cultura de Portobravo

Lousame, 14 de novembro de 2011. O Concello de Lousame organizou durante este mes unha serie de preguntas e respostas sobre medicina preventiva e hábitos de vida saudable. As actividades, non recomendades para menores de 16 anos (??), celébranse ás 8 da tarde na casa da cultura de Portobravo.

As charlas que quedan son:

- Xoves, 17 de novembro.

Dr. Miguel Sobrino: ´Ardor de estómago`

 Mércores, 23 de novembro.
Dr. Víctor Pedrosa: ´Hipertensión e colesterol`

- Mércores, 30 de novembro.
Dr. Ramón Orozco: ´Factores de risco no cancro de mama`

 

Media_httpfarm3static_aqbwb

CINE FÓRUM

- Mércores, 16 de novembro.
Depresión, inactividade e alcoholismo:
´Los lunes al sol` (2002)

- Xoves, 24 de novembro.
Drogodependencia e inserción social:
´Heroína` (2005)

- Xoves, 1 de decembro.
Discapacidades, tabaco e alcohol de fin de semana:
´Yo, también` (2009)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o mércores 23 de novembro, obradoiro sobre dores neuropáticas e fibromialxia

  • Impárteo Ángel Manuel Aneiros Díaz, especialista en Neuroloxía da área sanitaria de Ferrol
  • Será no Liceo Marítimo, de 18:00 a 20:00 horas
Media_httpfarm4static_iwngb

Ribeira, 14 de novembro de 2011. O vindeiro mércores, 23 de novembro, nos locais do Liceo Marítimo haberá un obradoiro de saúde impartido polo especialista en neuroloxía da área sanitaria de Ferrol, o doutor Ángel Manuel Aneiros Díaz. O obradoiro servirá para informar sobre as dores neuropáticas en relación coa fibromialxia e os recursos para facerlles fronte.
 
    É outra actividade organizada pola Escola Galega de Educación para a Saúde (Consellería de Sanidade). O límite do curso é de 30 persoas e hai que inscribirse previamente no teléfono 670 458 406 ou nesta web.
  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: a Banda de Música participa no Certame Galego de Bandas o 25 de novembro

  • Animan aos veciños que o desexen a que os acompañen na viaxe
  • O bus sairá da praza do Concello e custará 4 euros ida e volta

Lousame, 14 de novembro de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame participa o día 25 de novembro no V Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Este concurso, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, é o máis prestixioso en Galicia no ámbito das bandas de música.


A Banda de Lousame compite por primeira vez neste certame facéndoo na sección terceira que agrupa ás bandas de ata 50 músicos. Xunto coas bandas de Arteixo, Lira de Ribadavia, Belesar e Airiños do Morrazo, a Banda de Lousame aspira a acadar algún dos premios que se darán ás mellores interpretacións.

Con motivo deste encontro o Concello de Lousame pon a disposición de tódolos veciños do concello e arredores un autobús que sairá da Praza do Concello ás 6 da tarde do día 25 para chegar ó comenzo do certame as 8 da tarde, xa que ademáis a Banda de Lousame actúa en primeiro lugar. Os interesados en acompañar á banda e darlle ánimos para acadar un premio deben inscribirse chamando á Casa da Cultura (teléfono: 981 825780). O custo da viaxe é de 4 €.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Ciclo de Outono trae de convidada á Banda de Lousame para o concerto de Santa Icía este venres 18

Ciclo_de_outono_lousame_rianxo

Rianxo, 14 de novembro de 2011. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao 2º Concerto do Ciclo de Outono, adicado a Sta. Icía, e que dentro das actividades do X Aniversario da Escola de Música de Rianxo, ofrecerán a Banda de Música Municipal de Lousame e a Banda da Escola de Música de Rianxo:

  • CONCERTO "Sta. Icía 2011":
  • BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE LOUSAME
  • BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
  • DÍA: venres 18 de novembro
  • HORA: 20h30
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo

Programa:

Banda de Música Municipal de Lousame
Coruña de Faustino del Río
Monte Medulio de Andrés Álvarez
O Demo de Carboeiro de Manuel Blanco

Lousame e a Banda da Escola de Música de Rianxo
Eugenia López de Bernardo Adam

Man, o ermitán de Camelle de Antón Alcalde
Song of Sailor and Sea de Robert W. Smith

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Airoas" rematou máis do 90% do previsto no obradoiro a un mes da súa clausura

  • O parque de San Roque foi o principal beneficiario do traballo deste obradoiro
  • 35 alumnos-traballadores en carpintería, xardinería e pavimentación con lastros aproveitan esta iniciativa para completar a súa formación


Ribeira, 14 de novembro de 2011.- O obradoiro de emprego Airoas -a través do cal se están a formar un total de 35 alumnos maiores de 25 anos- xa está na recta final e a veciñanza xa pode disfrutar da meirande parte dos traballos levados a cabo dende que principiara a iniciativa en decembro do pasado ano. De feito, a falta de pouco máis dun mes para a clausura do taller, xa foron executadas máis dos 90% das actuacións programadas nas tres especialidades que foron habilitadas: carpintería, xardinería e pavimentación con lastros. 

Unha vez máis, o Parque Periurbano de San Roque erixiuse na principal área beneficiada dos traballos desenvolvidos ao longo do curso. Tanto é así que os labores de pavimentación e axardinamento da entrada principal dende a estrada de Frións e a zona de aparcamento xa están practicamente rematados a falta de dar os últimos retoques. 

Outras intervencións realizadas no parque de San Roque foron a pavimentación con adoquinado de granito das catro rampas existentes de acceso ao parque e a canalización e recollida de pluviais en diversas zonas do mesmo (pavimentación), a conformación de sementeiros e plantas no invernadoiro do enclave (xardinería), ou a elaboración e colocación dunha pasarela de madeira de acceso ao Centro de Interpretación, de diversos puntos de luz e dun arco de madeira na entrada principal (carpintería). 

Pero as actividades desenvolvidas foron máis aló do recinto periurbano e, por exemplo, os alumnos inscritos na especialidade de pavimentación desenvolveron diversas actuacións dirixidas á eliminación de barreiras arquitectónicas, como a colocación de rampas en Amicos e nos colexios de Frións e Oleiros, e unha beirarrúa en Cubeliños. 

Polo que atinxe á  especialidade de carpintería, algunhas das actuacións dos alumnos centráronse na fabricación, mantemento e reparación no seu caso de mobiliario urbano nas distintas parroquias do concello (fabricación de taboleiros informativos, bancos, papeleiras, bancos, xardineiras, mobles de oficina,  reparación de pasamáns e de casetas vestiarios...). Tamén levaron a cabo traballos de reparación na Casa da Xuventude. 

En canto a xardinería, ademais dos traballos no parque antes citados, procederon a realizar labores de axardinamento e instalación de rego no CEIP de Aguiño e o mantemento de distintos espazos verdes do Concello. 

Paralelamente a estas e a outras actuacións que repercutiron no benestar e calidade de vida da veciñanza, o curso dou cabida a outras accións que incidiron na formación dos propios participantes. Así, 14 dos alumnos matriculáronse na ESA a distancia (Educación Secundaria de Adultos), tiveron ocasión de asistir a un ciclo de alfabetización informática e a senllos cursos de prevención de riscos laborais, primeiros auxilios ou motivación emprendedora. 

A día de hoxe, no obradoiro se está a traballar en diversos aspectos ligados á inserción laboral dos alumnos traballadores (elaboración de currículo, carta de presentación, entrevista de traballo...) e xa se iniciaron contactos con empresas da zona a fin de sondear o mercado.  
 
 
 
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical