2.12.11

Rianxo: o colexio "Brea Segade" acada o terceiro Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares

Rianxo, 2 de decembro de 2011. O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á dirección do colexio "Xosé María Brea Segade" de Taragoña que a Biblioteca Escolar do mesmo centro acadou o terceiro premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas na xestión e dinamización de bibliotecas escolares.

Este premio é un recoñecemento ao traballo feito no CEP Brea Segade  nestes últimos anos para converter a biblioteca nun espazo de lectura, de acceso á información e de aprendizaxe.  Polo tanto, supón tamén un recoñecemento ao compromiso cun ensino público de calidade nas escolas rurais.

Nesta convocatoria do Concurso Nacional de Boas Prácticas resultaron premiadas a un total de seis bibliotecas escolares galegas poñendo de manifesto o excelente traballo que desde as bibliotecas de Galicia se está a realizar.

Weblog da Biblioteca Escolar Brea Segade: www.blogoteca.com/bbs

Relacionada:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: adxudican asistencia técnica a Idom para o proxecto de fondos europeos "Riveira Atlántica 2015"

Media_httpfarm7static_usjjm

Entre as accións en "Riveira Atlántica 2015" está a recuperación da aldea da illa de Sálvora

Ribeira, 2 de decembro de 2011. O Concello informa que adxudicou no día de hoxe os servizos de asistencia técnica para o impulso, apoio e xestión das accións incluídas no proxecto "Riveira Atlántica 2015", que está cofinanciado nun 75% por fondos Feder, dentro do eixo 5 de desenvolvemento sostible local e urbano. 

A adxudicación recaeu na empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom S.A. por un prezo total de 203.904 euros. O contrato estenderase ata o 31 de decembro de 2013. 

Cabe recordar que este ambicioso plan está presupostado en 7.208.597,03 euros e ten como principal obxectivo a dinamización turística do municipio baseándose na posta en valor dos seus recursos naturais, patrimoniais e industriais, contribuíndo deste xeito ao crecemento do emprego e a diversificación da actividade económica. O proxecto abrangue un total de once actuacións en distintos espazos da cidade e das parroquias. 

As once actuacións contempladas no marco do proxecto Riveira Atlántica son: 

  1. Creación dun centro social e de ocio saúdable de Oleiros
  2. Construción dun paseo marítimo-terrestre polo borde litoral de Riveira
  3. Creación dun parque biosaúdable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes.
  4. Recuperación ambiental e patrimonial do río Artés ou Arlés
  5. Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria
  6. Recuperación da antiga aldea mariñeira na illa de Sálvora e promoción de visitas á illa
  7. Construción dun novo mercado municipal
  8. Creación dunha web turístico-patrimonial
  9. Creación dunha rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Riveira
  10. Plan de recuperación de núcleos tradicionais
  11. Recuperación e interpretación do complexo mar-industrial de Área Secada.

Antes, en Certo:


Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a casa de cultura acollerá o sábado 17 de decembro o fallo do XI Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal

  • Un clásico xa neste tipo de premios, fállase á unha da tarde e logo hai un ágape para os asistentes
  • Agora patrocínano só os concellos, logo da desaparición das Fundacións Comarcais
  • Os Concellos de Carnota, Lousame, Muros, Outes e Porto do San manteñen a súa dotación
  • A data escollida coincide co axustizamento en Mondoñedo do mariscal Pero Pardo de Cela, en 1483
  • O ano pasado foi concedido en Carnota a Marcos Fernández Ferreiro, cunha obra sobre servos e escravos na Idade Media

Media_httpfarm3static_wrypu

Monolito na praza da Catedral en Mondoñedo que lembra a decapitación de Pardo de Cela por opoñerse aos Reis Católicos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentado "Sempre Riveira", un libro con 200 imaxes que percorre o municipio

Ribeira, 2 de decembro de 2011. O Salón de Sesións acubillou na noite de onte un agarimoso acto de presentación do libro “Sempre Riveira”, nova publicación da editorial Teófilo Comunicación que o próximo mércores, día 7 de decembro, chegará ás librerías de toda Galicia.  

O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o editor José Luis Teófilo Piñeiro foron os encargados de describir este volume no que se recollen preto de 200 fotografías da xeografía de Ribeira tomadas por Alberto Peiteavel. Pero antes houbo tempo para a música a través da actuación de Rosa Leiro acompañada ao piano por Juan Carlos Cambas, interpretando primeiramente os temas “Honra-la vida” e “Alma viaxeira. 

A continuación tomou a palabra José Luis Teófilo manifestou que “Sempre Riveira” é un libro que fai un percorrido fotográfico e panorámico do municipio polas distintas horas do día, dende as oito da mañá ata as dez da noite, e “no que se poden contemplar ademais os distintos cores que ten esta fermosa vila mariñeira”. Teófilo Piñeiro referiuse tamén ás súas orixes ligadas á ría de Arousa (a súa nai era de Vilaxoán) e o seu contacto con Ribeira. 

Despois de que Rosa Leiro agasallara ao público cun novo tema (“Sostesme ti”) Manuel Ruiz manifestou que este libro “fai honor á beleza natural que ten o noso concello” e destacou o colorido que ten a cidade nas imaxes tomadas por Alberto Peiteavel. “Creo que vivimos un lugar privilexiado e temos que agradecer a aqueles que queiran que o coñeza toda Galicia a xentileza de publicar un libro tan fermoso”, manifestou. 

O acto finalizou cunha nova intervención musical: “Negra sombra”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Amicos celebrou este venres 2 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Vídeo cortesía de Antonio Lijó en Youtube

Ribeira, 2 de decembro de 2011. A asociación Amicos celebrou hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, lendo un manifesto titulado "SOÑAMOS CON", e elaborado polos rapazes de AMICOS, no que expresan as súas inquedanzas e os seus soños. Leuno Javier Freijo, autoxestor de AMICOS, que fixo de portavoz desta entidade.


 

 


Dia_discapacidade_amicos

SOÑAMOS CON MANIFESTO AMICOS.doc Download this file

MANIFESTO INSTITUCIONAL.doc Download this file

CARTA ABERTA.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: a Agrupación Socialista renóvase ao correr as actas de concelleiros ata cinco postos

  • Serán concelleiros na oposición Paula Blanco e Jacobo Tanoira, este último secretario de organización actual do Psoe dodrense

Media_httpfarm4static_ntdvy

Dodro, 2 de decembro de 2011. O pasado mércores, 30 de novembro de 2011, no concello de Dodro celebrouse un pleno extraordinario cun único punto da orde do día: a aceptación das renuncias ás súas actas como concelleiros de dous dos candidatos seguintes presentes na lista da Agrupación Municipal Socialista. 

A agrupación socialista de Dodro manifesta "a intención de levar a cabo unha renovación do partido e, polo tanto, das persoas que os representan dentro do concello. As dúas persoas encargadas de tomar posesión das súas actas, agardamos que antes do vindeiro pleno ordinario do concello, serán dona Paula Blanco Giráldez e don Jacobo Tanoira Janeiro, ámbolos dous mozos residentes en Dodro, cunha grande implicación na política do concello, no funcionamento da propia Agrupación Socialista e completamente preparados para afrontar esta nova etapa política que chega".

Foi a propia Agrupación a que, unanimemente, decidiu os novos concelleiros, "aos que brindamos o noso apoio incondicional e colaboración, tanto por parte dos concelleiros saíntes, que no seu día tomaron posesión na constitución do novo goberno, coma dos que agora mesmo renuncian ás súas actas. Tamén temos que aclarar que o Secretario Xeral, don Xabier Castro Tourís, colabora estreitamente cos que serán os novos concelleiros do Concello de Dodro", explicou en nota de prensa Jacobo Tanoira Janeiro, actual secretario de organización da Agrupación Municipal Socialista de Dodro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.12.11

Boiro: o Psoe láiase de que o goberno municipal do PP vaia "contra o interese xeral dos veciños"

  • Os socialistas boirenses acusan ao goberno local de "pasividade e inacción" tralo último pleno celebrado
Media_httpfarm6static_utqst

Juan Jesús Ares é o máximo responsable do Psoe de Boiro

Boiro, 1 de Decembro de 2011. O Partido Socialista de Boiro denuncia "a falta de implicación do goberno local coa defensa do benestar dos veciños e veciñas do municipio a raíz da súa actuación no pleno do día 28 de novembro. Dende a Executiva Local Socialista denúnciase que ante as mocións presentadas e incorporadas na orde do día o Partido Popular dou as costas á protección dos intereses dos boirenses. Así, sinalan que na moción na que o grupo socialista instaba a que non se recortase o investimento no ensino público por parte da Xunta de Galicia, os membros do Partido Popular votaron en contra da moción, priorizando o seu partido e acatando e antepoñendo as ordes de Feijoo ás necesidades e salvaguarda dos veciños e veciñas —
precisamente quenes votaron a este partido nas pasadas Elecións Municipais—".

Segundo declaran dende a propia executiva socialista: “Este tipo de conducta resulta lamentable e propia dun goberno irresponsable”. No referente á moción presentada en relación coa adopción de medidas cautelares en Calizas Marinas S.A. —como consecuencia dos problemas actuais de convivencia e malestar que xenera a empresa— o PSdeG de Boiro denuncia que o PP fixo unha defensa a capa e espada da citada firma, a pesares do tono conciliador amosado polo portavoz socialista, Juan Jesús Ares, ao longo de toda a intervención. Os socialistas quixeron amosar o seu apoio a tódalas empresas boirenses, sempre e cando as súas actividades se atopen dentro da legalidade e non causen ningún tipo de malestar aos cidadáns. De non ser o caso, sinalan que deben tomarse as medidas necesarias para encauzar estas actividades baixo a lexislación vixente. “Non podemos permitir que pola inacción dun goberno, 19.000 persoas teñan unha merma na súa calidade de vida, soportando a cotío cheiros e verquidos que mesmo poderían chegar á rede de abastecemento de augas”, declarouse dende a executiva.

O Grupo Municipal Socialista propuxo, asemade, crear unha comisión formada por membros da propia empresa., xunto con veciños afectados, membros da corporación e representantes da Xunta, para tratar de solventar esta situación coa maior brevidade posible. Dende a executiva do PSdeG de Boiro tamén quixeron deixar claro que lamentan “que teñamos un goberno que afirma que hai creba económica, que non hai cartos, pero sorprende cando, podendo adicar o 60% do POS (Plan de Orde e Servizos) a gasto
corrente, non destina nin un euro. ¿Cales son as prioridades deste goberno, o interese privado ou xeral? Para os socialistas boirenses a resposta é clara: o PP defende e defenderá sempre o privado en detrimento do interese público e xeral”. Por último,
reiteran que as empresas en Boiro son, evidentemente, necesarias, pero a súa actuación debe estar sempre amparada baixo a legalidade das súas tarefas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Campionato Galego de Combate Xunior congregou a cen medallistas de taekwondo

Noia, 1 de decembro de 2011. O pasado sábado 26 de novembro celebrouse en Noia o Campionato Galego Absoluto de Combate. Informabamos que Arte e Movemento presentou dous deportistas Juan Luis Lista e Uxia Gonzalez. Como agardaban, volveron sen ningún metal pero o seu entrenador, Juan Carlos, confesouse satisfeito co traballo dos deportistas, que fixeron un moi bo papel. En especial mencionou a Uxía González que estivo empatada ata que nos ultimos minutos foi derrotada e quedou a 2 puntos de acadar o podio
Ambos deportistas teñen o cinto marrón pero nesta competición competiron sen distinción de cintos, competindo contra cintos negro de altos dan. Por iso é o Campionato Galego Absoluto.
Segundo explican en nota de prensa, "asistimos a esta competición sen ambición de lograr altos postos, pero coa mellor das disposicións, xa que os dous mozos con 16 e 15 anos respectivamente aprenderon moito durante toda a xornada. Competiron contra Campións Galegos, Campións de España, de Europa e do Mundo, xa que o Taekwondo Galego logrou dististos títulos ao longo dos últimos anos".
Resultados:

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO  NOIA  2011 

CLASIFICACIÓN POR PESOS

MASCULINO                                                          FEMININO

 

MINIMOSCA                                                            MINIMOSCA

1º_PABLO  CAROU                                                 1º_LAURA  LORENZO

2º_ALEJANDRO  VIDAL                                           2º_EREA  ALONSO

3º__________________________________                3º_ALICIA  LOJO

3º__________________________________             3º_CARLA  M  ALONSO

 

MOSCA                                                                  MOSCA

1º_JUAN  FDEZ                                                       1º_AINARA  BRION

2º_MIGUEL  CORTEGOSO                                      2º_MIRIAN  DOCAMPO

3º__JOSE C.  PEREIRA                                           3º_LEIRE  ARBIZU

3º__DAVID  CARRIL                                                3º_JANICE  LOPEZ

 

GALO                                                                     GALO

1º_BORJA  RIOS                                                     1º_OLAYA  RGUEZ

2º_MANUEL  BARROS                                            2º_NAZARET  LICER

3º_ALEJANDRO  CARREÑO                                    3º__MARTA  COLON

3º__JUAN  R.  MILLARES                                        3º_MARIA  URIA

 

PLUMA                                                                   PLUMA

1º_JOSE  FDEZ                                                       1º_MARIA  DGUEZ

2º_OSCAR  GLEZ                                                    2º_CRISTINA  LEBOREDO

3º_EFREN  ALONSO                                               3º_IRIS  VIDAL

3º_DAVID  VIDAL                                                    3º________________________________

 

LIXEIRO                                                                  LIXEIRO

1º_SANTIAGO  J. VARELA                                      1º_LARA  OUBIÑA

2º_ROI   PAZOS                                                      2º_JANET  DIEGUEZ

3º_ISMAEL  CASTRO                                              3º_IRIA  DIEGUEZ

3º_FACUNDO  G. VIDAL                                          3º________________________________

 

SUPERLIXEIRO                                                       SUPERLIXEIRO

1º_FERNANDO RASCADO                                      1º__LUA  PIÑEIRO

2º_ANGEL  PARADA                                               2º________________________________

3º_CRISTIAN  CONDE                                             3º________________________________

3º__Fº  JAVIER    GARCIA                                       3º________________________________

 

SEMIMEDIO                                                            SEMIMEDIO

1º__________________________________                1º________________________________

2º__________________________________                2º________________________________

3º__________________________________                3º________________________________

3º________________________________                   3º________________________________

 

MEDIO                                                                    MEDIO

1º_Fº  SIEIRA                                                          1º_SARA   BAÑOS

2º_JOSE  A.  ANDRADE                                          2º_NATALIA  VAZQUEZ

3º_ALBERTO  C.  PAZ                                             3º________________________________

3º_LUIS  R.  GLEZ                                                   3º________________________________

 

SEMIPESADO                                                        SEMIPESADO

1º__________________________________                1º________________________________

2º__________________________________                2º________________________________

3º__________________________________                3º________________________________

3º________________________________                   3º________________________________

 

PESADO                                                                PESADO

1º   CRISTOBAL  AMOEDO                                      1º_CARLA  BALADO

2º_JULIO  GRAÑA                                                   2º_ANDREA  CASTIÑEIRA

3º_ANGEL  LEMA                                                   3º_JENNIFER  CORTES

3º________________________________                   3º________________________________

 

CLASIFICACIÓN POR CLUBS

MASCULINO

1º_NATURAL

2º_MACE - SPORT

3º_AREA

 

FEMININO

1º_AS  SPORT

2º_NATURAL  SPORT

3º_MACE – SPORT

XERAL

1º  NATURAL  SPORT

2º  MACE – SPORT

3º  AS  SPORT

 

MELLOR COMPETIDOR MASCULINO

1º__BORJA  RIOS

 

MELLOR COMPETIDORA FEMININA

1º_OLAYA  RODRIGUEZ

  

Noia foi a vila elixida para a celebración do Galego, que é a competición de maior nivel deportivo que se celebra en Galicia de taekwondo, polo magnífico traballo que está a desenvolver o club Maniotas e polo bo proxecto presentado por este club para o desenvolvemento deste torneo. 

Actualmente, o Maniotas conta con magníficos resultados deportivos. O seu deportista Pablo Carou, que competía na súa casa, é subcampión de España absoluto, medalla de prata no Open de Croacia e bronce no Open Británico. Ademais, o cadete Álvaro García está acadando grandes resultados. Este ano proclamouse campión de España na súa categoría (peso minimosca) e tamén gañou o Open de España. Un magnífico traballo do Maniotas, con Chema Salanova ao fronte do ximnasio.

 No Campionato Galego Absoluto participaron case a totalidade dos clubs galegos, 100 deportistas, 30 árbitros e outros tantos adestradores. Entre os participantes destacou a presenza de medallistas estatais (Darío González, José Fernández, Carla Balado, Katia Calvar, Lua Piñeiro, Lucía Ferrari, entre outros) e internacionais coma Raúl Bouzas, Andrade, Fernando Rascado, Manuel Barros, por exemplo.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Pelos na lingua" pon o remate á Mostra de Teatro de 2011 este venres 2

Media_httpwwwtaliatea_rbwie

A obra terá lugar a partir das nove e media da noite no auditorio de Ribeira

Ribeira, 1 de decembro de 2011.- A Mostra de Teatro de Ribeira chega ao seu fin coa representación no día de mañá venres, a partir das 21.30 horas, da obra “Pelos na Lingua”, que correrá a cargo da compañía Talía Teatro. 

Cun texto de varios autores, baixo a dirección de Avelino González, e coa participación actoral de María Ordóñez, Toño Casáis e Artur Trillo, a compañía Talía Teatro afronta esta nova montaxe chea de humor e ironía, cun ritmo áxil, dinámico e fresco.  

Na mesma liña do seu anterior espectáculo “Bicos con lingua”, aseguran a continuidade da temática que tan bo resultado lles dou daquela, poñendo en valor a importancia da lingua galega. 

O acceso é gratuíto. As entradas poderanse retirar media hora antes do inicio da función.

Máis info na web de Talía Teatro, en http://www.taliateatro.es

Pode que lle interese:

Bicos con Lingua, en Letra en Obras, por Carla Capeáns

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: declaración institucional no Día Mundial contra a Sida

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CO MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SIDA.doc Download this file

Media_httpcertoesuplo_teews

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical