8.12.11
Porto do Son: mellorarán o saneamento e abastecemento de auga para evitar problemas cando chegan os veraneantes
A delegada territorial da Xunta e o alcalde de Porto do Son asinaron a acta de conformidade da axuda destinada a estas melloras, con máis de 127.000 euros aportados polo Fondo de Compensación Ambiental
O proxecto consistiu na modificación das instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e no acondicionamento do depósito regulador
A Coruña, 8 de decembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, asinaron o documento de conformidade para a concesión da subvención destinada á realización de varias actuacións para a mellora do sistema de abastecemento de auga do municipio, co fin de evitar problemas de subministro nas épocas de maior incremento da poboación.
Os traballos foron financiados integramente polo Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Do Campo comprobou o resultado das obras, para as que o Executivo autonómico aportou 127.421 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental.
O proxecto consistiu na modificación das instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e no acondicionamento do depósito regulador. Para iso, levouse a cabo a instalación de tres grupos motobombas, substituíndo os existentes, como aceleradores do caudal afluente do depósito regulador da auga bruta. Ademais, acometéronse labores de mantemento do depósito, coa renovación de filtros e válvulas en mal estado.
Do Campo destacou o apoio do Goberno autonómico aos Concellos e, no caso de Porto do Son, agradeceu a colaboración do rexedor, que permitiu levar a cabo diversos proxectos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. A delegada territorial expresou a súa disposición a manter “todo o diálogo e cooperación” co Executivo local para seguir incrementando o benestar dos cidadáns.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: Ámbar, Amicos e A Creba colaboraron na decoración de Nadal das rúas
Ribeira, 8 de decembro de 2011.- As tres asociacións de persoas con diversidade funcional radicadas no municipio de Ribeira –Ambar, Amicos e A Creba- quixeron implicarse activamente na decoración nadaleña da cidade capital da Barbanza, e tanto é así que ao longo da mañá de onte, e despois de que na noite pasada tivera lugar o acendido oficial da iluminación de Nadal, membros pertencentes a estes tres colectivos, coa asistencia de Protección Civil, estiveron a adornar boa parte do centro urbano de Santa Uxía.
Concretamente, a Asociación Ámbar ocúpase de adornar o tramo comprendido entre a rúa Ramón y Cajal (o chamado callejón de Sinda) e a praza de Compostela. O colectivo de Amicos faino dende a rúa Santa Uxía ata a praza de España (pasando pola rúa Galicia); mentres que A Creba tomou cargo da decoración da fachada do Malecón.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: Flor de Toxo inaugurará oficialmente a pista de herba artificial da Casa da Xuventude o 6 e 7 de xaneiro
- O prazo para anotarse vai ata o día que sae "La Vos de Jalisia" dorneira, ou sexa, o 28 de decembro
- Hai que destacar o novidoso do torneo, por ser o único 3x3 de fútbol da comarca, realizarse en herba artificial e alongarse ata altas horas da madrugada.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
7.12.11
Rianxo: a vila acubilla o domingo 18 de decembro as IV Xornadas "Lois Obelleiro" de Historia, Pensamento e Cultura
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: festival de patinaxe artístico benéfico para axudar a Paula este sábado 10
- Participan patinadoras e patinadores de Ribeira, Noia, Porto do Son, A Coruña e A Pobra
- Actuará, como estrela, Sabela, campiona nacional de patinaxe artístico
A Pobra, 7 de decembro de 2011. Este sábado 10 de decembro ás 19:00 horas no Polideportivo Municipal de Venecia, terá lugar un Festival de Patinaxe Artístico Benéfico para Axudar a Paula, a nena de Boiro con agnesia sacra que se está a tratar en Alemania.
Participarán as nenas e nenos dos clubs de Patinaxe e Escolas deportivas de Noia, Porto do Son; Ribeira e A Pobra. Ademais, virá un club de patinaxe de A Coruña e, como estrela do espectáculo, actuará Sabela, campiona Nacional de Patinaxe Artístico.
Organizan os clubs de patinaxe A Pobra e Ribeira e colabora o Concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Lousame: a Xunta adicará 256.000 euros para un restaurante nun edificio das minas de San Finx
- O restaurante vaino xestionar o Concello por un mínimo de cinco anos
- A xestión destes restos industriais é cada vez máis errática e semella ter tanta improvisación como as actuacións da Consellería de Cultura na Cidade de Ídem
Imaxe de febreiro deste ano, no remate do obradoiro de emprego de San Finx Lousame, 7 de decembro de 2011. O Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura e Turismo investirá 256.000 euros no Concello de Lousame para a rehabilitación dunha edificación que se transformará nun café bar e restaurante nas Minas de San Finx. Este lugar é un espazo mineiro de características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e da maquinaria que alí se atopan. Con esta nova oferta de restauración, asegura a Xunta, "xérase un atractivo complementario á visita ás Minas, ao tempo que é un negocio que dinamizará o espazo, creará postos de emprego e rendibilidade no contorno". Semella que a explotación de novo da mina, anunciada para o verán de 2009, en que contaban con sacar xa 50.000 toneladas de material (principalmente wolfram e estaño), quedou en nada.
As Minas de estaño e volframio de San Finx están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que segundo o IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) convén preservar para a investigación e o seu uso turístico. A posta en marcha do restaurante será financiada con fondos FEDER, dentro do programa ‘Axuda á mellora dos servizos turísticos: recuperación arquitectónica de
inmobles para uso turístico’.A Consellería de Cultura e Turismo realizará esta actuación nas Minas de San Finx "co obxectivo de potenciar o uso turístico deste espazo histórico que contribuirá a dinamizar este municipio". É importante recordar que este lugar é un espazo mineiro de
características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e a maquinaria que alí se encontran. Pola súa banda, o Concello de Lousame encargarase da xestión, mantemento e conservación do café bar restaurante, e comprométese a garantir o seu funcionamento por un período mínimo de cinco anos. As Minas de estaño e volframio de San Fins en Lousame están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que figura no inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico realizado polo IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) en Galicia nos
anos 1980-82. Posteriormente, en 1983 o IXME publicou o libro ‘Puntos de Interese Xeolóxico de Galicia’ onde incluíu as Minas de San Finx. O inventario do IXME é resultado dun proxecto no cal se quixo pór de manifesto aqueles lugares de interese científico, didáctico ou recreativo, que permiten recoñecer, estudar e interpretar a evolución xeolóxica dunha rexión. Trátase dos elementos máis relevantes da xeoloxía de cada rexión que convén preservar para a investigación, o ensino e, en determinados casos, para o seu uso turístico e recreativo. O IXME está a realizar traballos, en coordinación con Concello de Lousame, para pór en valor elementos xeolóxicos e mineiros (afloramentos xeolóxicos, estruturas mineiras). Estes traballos realízanse no marco do proxecto europeo Atlanterra, que aglutina a nove socios das antigas rexións mineiras de vertente atlántica europea, que desexan conservar mellor o seu patrimonio mineiro co fin de crear novas formas de riqueza, promovendo a posta en valor dalgún dos centros mineiros históricos como foco de atracción turística e cultural. Esta singularidade é a que explica a necesidade da actuación proposta para incidir favorablemente no impacto turístico dunha zona de primeira orde no referido á rama da arqueoloxía industrial. Motor económico de Lousame grazas á Segunda Guerra MundialA historia documentada das Minas de San Finx comeza cando o británico Sir Thomas Burbury chegou á area de Noia na década de 1880 e solicitou unha concesión mineira de estaño que máis tarde doaría ao seu sobriño Sir Henry Winter Burbury. Este
xacemento chega a ser o motor económico de Lousame e de toda a comarca nas décadas centrais do século XX. A maior importancia das Minas de San Finx correspóndese coas anos 40 e 50 do século pasado cando comeza tamén a extracción do volframio, un mineral que había en gran cantidade e con moita pureza. Nos arredores da infraestrutura mineira, debido ao
gran número de xente que alí traballaba constrúese un poboado para o uso dos traballadores da empresa (o Cuartel Novo, o Cuartel Vello, as Casa Baratas, a Casa do Páramo, etc.). A partir da década dos 60 o prezo dos minerais foi decaendo e con el o
progresivo abandono da explotación e dos edificios. Máis información sobre estas minas: http://minasdesanfinx.es
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: programación cultural de Nadal
Santa María a Nova
- 15, Xoves, PRESENTACIÓN E SINATURA DO ÚLTIMO LIBRO DE JAVIER SIERRA
JAVIER SIERRA presenta EL ÁNGEL PERDIDO
12:00 h. Igrexa de Santa María “A Nova”
En Certo estivemos na presentación que fixo en Almería deste mesmo libro. Pode ollala aquí
- 16, Venres MUNDO LITERARIO: 2011 ANO DE ÁLVARO CUNQUEIRO
CÉSAR CUNQUEIRO: COSMOVISIÓN, PROXECTO LITERARIO E OBRA DE ÁLVARO CUNQUEIRO
20:00 h. Casa da Cultura
- 17, Sábado, EXPOSICIÓN, PREMIOS DE HISTORIA E TEATRO NENOS (AGADIC)
-12:00 h. Inauguración Exposición: Casas en Miniatura de Mª Jesús Lires
Casa da Cultura
-13:00 h. Fallo Xurado Premio Hª Medieval de Galiza e Portugal
(Organizada pola Edi.Toxosoutos e Concello)
Casa da Cultura
-18:30 h. Teatro Sarabela: Konrad o neno que chegou nunha lata de conservas
Salón de Actos do IES “Campo de San Alberto” de Noia
- 18, Domingo. CONCERTO DE NADAL BANDA DE MÚSICA DE NOIA
Acompañados polo CORO do IES “ Virxe do Mar” de Noia e por Sechu (José M.Barreiro Pérez)
19:30 h. Igrexa de San Francisco
- 21, Mércores. CONCERTO SOLIDARIO A BENEFICIO DE CÁRITAS
Alumnos CONSERVATORIO MUNICIPAL “FELIPE PAZ CARBAJAL”
20 h.30 Casa Cultura “A.Avilés de Taramancos” de Noia
- 22, xoves. TÍTERES PARA NENOS (AGADIC)
Compañía BABALUVA: CAMA e CONTO
18:30 h. Salón de actos do IES “CAMPO DE SAN ALBERTO”
- 23, Venres. TÍTERES PARA NENOS (AGADIC)
TEATRO CARAMUXO: PIO
18:30 h. Salón de Actos do IES “Campo de San Alberto” de Noia
- 26, Luns; PALLASOS (AGADIC)
OS SETE MAGNÍFICOS + 1: DOUS PALLASOS EN APUROS
18:30 h. Salón de Actos do IES. “Campo de San Alberto”
- 27, martes TEATRO FAMILIAR (AGADIC)
MATAPIOLLOS TEATRO: A REBELIÓN DO MONICREQUE
18;30 h. Salón de Actos do IES “Campo de San Alberto”
- 28, mércores –MAXIA (AGADIC)
CHRYSTIAN MAGIC: A MAXIA DO NADAL
18:30 h.Salón de Actos IES “Campo de San Alberto de Noia”
- 29, xoves , TÍTERES FAMILIAR (AGADIC)
LA TIRITA DE TEATRO: BAJO MI CAMA UNA ESTRELLA
18:30h. SALÓN DE ACTOS DO IES “CAMPO DE SAN ALBERTO” de Noia
XANEIRO
- 5, xoves. CABALGATA REIS MAGOS
17:30 h.
EXPOSICIÓNS na Casa da Cultura
“Antón Avilés de Taramancos”:
- AS CASAS DE Mª JESÚS LIRES: A TÚA CASIÑA. 17 de decembro ao 5 de xaneiro
- BANDA DESEÑADA do 10 ao 23 de xaneiro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
6.12.11
Ribeira: dase por inaugurada a tempada de Nadal
Ribeira, 5 de Nadal de 2011.- O alcalde, Manuel Ruiz Rivas; o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey; membros do equipo de Goberno (como os edís de Cultura e Enerxía, Elvira Pisos Arnoso e Emilio Pérez Outeiral) e numerosos veciños de todas as idades asistiron este serán ao acendido da árbore de Nadal, que xa loce diante da praza do Concello, así como xa brila o alumeado navideño nas nove parroquias do municipio.
A árbore de Nadal ten unhas dimensións de 12,5 metros de alto por 4,90 de diámetro na súa parte inferior e está patrocinado pola empresa conserveira local que este ano cumpre medio século. Está adornada con distintos elementos ornamentais e luminosos e conta cunha inscrición na que o Concello e Frinsa desexan unhas felices festas a todos.
Antes, en Certo:
- Ribeira: árbore de Nadal e beléns previstos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: festival de Cáritas este xoves 8 de decembro para que todos os pequenos disfruten do Nadal
Noia, 6 de decembro de 2011. O vindeiro xoves, 8 de Nadal, celébrase no pavillón polideportivo de Noia a partires das 18:30 horas un Festival Infantil da Solidaridade, organizado por Brétema e Cáritas. A intención é reunir cartos para que ningún neno nin ningunha nena se queden sen Nadal.
O prezo das entradas é de 2 euros para os pequenos e de 5 para os adultos. Haberá sorteo de agasallos doados polos patrocinadores.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
