28.12.11

Rianxo: el Distribunosa Xadrez participó en el Campeonato de España de Ajedrez Rápido en Barcelona

Xadrez

  • El rianxeiro Manuel Abuín superó en puntuación al actual campeón gallego, Fernando Sánchez

Rianxo, 28 de diciembre de 2011. El pasado 18 de diciembre se celebró en Barcelona el Campeonato de España de Ajedrez Rápido y varios jugadores del Distribunosa Xadrez Rianxo se desplazaron a la ciudad condal para disputar la prestigiosa competición que congregó a 167 participantes provenientes de todo el territorio nacional español.

El Torneo se celebró bajo un formato de nueve rondas de 15 minutos por jugador. Entre  los jugadores rianxeiros destacó especialmente Manuel Abuín, que quedó en el puesto 44  al obtener 5.5 puntos de un total de 9 y superando al actual campeón gallego Fernando Sánchez que obtuvo el puesto 48 y disputó una partida muy reñida con el finalmentecampeón del torneo, Ibrahim Khamrakulov.

También destacaron por Rianxo Alberto Hevia y Daniel Martínez Dourado (puestos 98 y 102 respectivamente) y Néstor Mártinez Dourado con tres puntos (puesto 136). Finalmente, Manuel Castaño obtuvo un punto y el puesto 157. El Campeón Absoluto fue el Gran maestro uzbeko nacionalizado español Ibrahim khamrakulov, seguido por el Gran Maestro Gabriel del Río y por el catalán David Ayza que sorprendió a todos por su buen juego.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Aguiño estrea o 31 de decembro a nova biblioteca popular "Francisco Lorenzo"

Ribeira, 28 de Nadal de 2011. O presidente da asociación cultural "Francisco Lorenzo Mariño", o técnico de Cultura municipal Unai González, informa hoxe de que o vindeiro sábado, 31 de decembro, porase en marcha un novo servizo para o pobo de Aguiño. "Trátase da Biblioteca Popular de Aguiño, denominada "Aula das Letras Francisco Lorenzo Mariño", e funcionará como unha pequena biblioteca onde as socias e socios da entidade en particular, e usuarios das instalacións parroquiais e veciñanza en xeral terán a posibilidade de consultar e levar ao seu domicilio mediante préstamo, distintas publicacións, así como algún dvd e cd".

Medio milleiro de volumes

Os fondos que teñen ata agora son mais de médio milleiro de temática variada, dende historia, teatro, poesia, fotografia, pintura ata enciclopédias, relixión ou infantis... na súa maioría recibidos mediante donacións de distintas institucións entre as que destacan o Concello de Ribeira a través das súas áreas de Cultura e Educación, o Ministério de Cultura e a Biblioteca Nacional, o Arquivo do Reino de Galicia, a Universidade de Vigo, a Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, a Biblioteca de Pontevedra ou a Biblioteca Municipal do Estado de Ourense, entre outras. Tamén hai exemplares asinados polo seu autor como é o caso de Torres Queiruga, Chao Rego, Dourado Deira, Plácido Betanzos, Ventoso Mariño, Erolo, etc.

Agradecementos

"Queremos agradecer a colaboración da Parroquia de Aguiño e do seu párroco, David Mohedano póla colaboración mostrada para facer realidade esta instalación deixándonos o Local Parroquial; tamén a colaboración da Deputación da Coruña que nos concedeu unha subvención para mobiliário. A Biblioteca ten varias estanterías abertas e tres acristaladas para os volumes de maior valor, tamén contamos cunha pequena oficina para a asociación onde poden verse enmarcadas as cartas que enviaron importantes persoeiros como o Rei Juan Carlos, o Papa, Benedicto XVI, Nuñez Feijoo, Roberto Varela, Zapatero sendo Presidente do Goberno, etc", explica Unai González.

O acto de inauguración será o vindeiro SÁBADO 31 DE DECEMBRO ÁS 12:00 H cunha función de monicreques para xente de todas as idades pero en especial para nenas/os, durará unha hora, e titúlase “CONTO CLÁSICO DE NADAL”. Con este acto quedará oficialmente aberta a biblioteca e xa definirán o horario.

Lambetadas e carteiro real

No acto tamén se repartirán lambetadas e está prevista a visita do Carteiro Real -o dos Reis Magos, este non cobra da casa real dos Borbóns-. Dende a asociación continúan abertos á achega de fondos bibliográficos de calquera institución ou persoa que queira donalos, polo que poden facelo poñéndose en contacto con eles no correo electrónico aflm.aguinho@gmail.com, ou envialos a R/ Mestre Xosé Sans, 21, 15965, Aguiño, Riveira, A Coruña.

Un libro viaxeiro

Unai González aproveitou este convite á inauguración para subliñar que "o libro publicado pola nosa entidade “Aguiño, 50 anos de parroquia” forma xa parte das Bibliotecas Nacionais de Bos Aires (Arxentina), Lisboa (Portugal), Washintong (USA), Vaticano ou Madrid e recentemente agasallamos con el a Frinsa e Ramiro Carregal con motivo do 50 Aniversario desta empresa senlleira en Ribeira, e seguimos a envialo a outros arquivos e bibliotecas do mundo".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno extraordinario deste xoves 29 de decembro

Dodro: os cativos recibiron a Papá Noel e participaron en obradoiros de Nadal

Dodro, 28 de Nadal de 2011. Os nenos/as de Dodro disfrutaron ao longo da tarde do día 23 de títeres e xogos para recibir despois a visita de Papá Noel.

Os máis pequenos aproveitaron para facerlle as súas peticións e Papá Noel recibiu a cambio moitos bicos e agarimos. 

No que atinxe aos obradoiros infantís de nadal que se están a realizar por primeira vez en Dodro, a tenenta de alcalde, Marisol Boga, afirma que "teñen unha grande aceptación entre a veciñanza, xa que acoden  máis de 30 nenos/as do Concello onde pasan unhas tardes divertidas con cinema, manualidades,  globoflexia, maquillaxe, xogos e outras actividades".  

Actividades este venres 30 de decembro

O día 30, este venres, a partir das 18h na Paxareira os nenos/as de Dodro disfrutarán da súa Festa de Fin de Ano particular que se celebra por primeira vez para eles no Concello. O día 2 de xaneiro ás 18 horas, tamén na Paxareira, disfrutarán de varios contacontos para recibir despois a visita do Carteiro Real que recollerá as cartas para os Reis Magos que chegarán a Dodro o 5 de xaneiro ás 5 da tarde na primeira Cabalgata de Reis que celebrará o Concello.

Relacionadas:


Programación de Nadal: vexa aquí todas as actividades


Concurso: I Concurso de Pasteis e doces o 5 de xaneiro


Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: autorizan a tala dunha árbore de Santa María a Nova

Autorización tala árbore Sta. Mª A Nova (20.12.11).pdf Download this file

  • A tuya foi derrubada onte e non afectou ao baldaquino
Media_httpfarm4static_xbiwc

Noia, 28 de Nadal de 2011. O concelleiro de Urbanismo de Noia, Bieito González, informou hoxe da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a tala da árbore que se atopaba en mal estado dentro da necrópole de Santa María A Nova. A árbore talárona onte pola mañá. Segundo o concelleiro nacionalista, "a preocupación do goberno local neste tema era grande, xa que a "tuya" atópabase perto do baldaquino que data, como é sabido, do século XVI e a súa caída podía afectar a este monumento".

Manuel Murguía -o marido de Rosalía de Castro- na súa obra titulada Galicia (Barcelona 1888), describe o baldaquino do seguinte xeito:

"Cuatro pilastras sostienen un friso en el cual afianzan y encajan las losas que forman el techo o pabellón. ¿Para qué servía? Indudablemente tenía un destino funerario, porque de los cuatro lados del friso se presentan adornados con importantes bajo-relieves: el que da frente al monumento, con grandes rosas y las cuatro fases de la luna; el de la parte opuesta, con una composición harto alegórica, cuyo verdadero sentido haya que buscar tal vez en las antiguas creencias arrianas, permanentes en el corazón de nuestra raza. Un animal, que no se adivina cual sea, huye, llevando clavado el dardo, de los perros que le persiguen y del cazador que va detrás de éstos. ....".

Antes, en Certo:


Santa María a Nova: as tuyas, en perigo

 
Pode que tamén lle interese:


Turismo e cultura: Javier Sierra "El ángel perdido" en Santa María a Nova



Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.12.11

Noia: o Liceo programa tenis de mesa o mércores 28, concerto o venres 30 e bailes o 31 e 1 de xaneiro

Noia, 27 de Nadal de 2011. A Sociedade Liceo de Noia ten previsto realizar estas actividades dende o mércores 28 de decembro ata o 1 de xaneiro de 2012.

  • 28 de decembro: I TORNEO DE TENIS MESA "LICEO DE NOIA"
  • 30 de decembro: ás 21:00h Concerto de música tradicional cos grupos "Arnela" de carral e "A Subela" do Liceo de Noia
  • 31 de decembro-1 de xaneiro: ás 01:30h Baile de Fin de Ano coa Orquestra Abanico
  • 1 de xaneiro:ás 23:00h Baile de AniNovo coa Orquestra Capitol

Aproveitan tamén para desexar o mellor para o ano 2012



tenis mesa 2011.pdf Download this file

Música Tradicional 30 decembro 2011.pdf Download this file

BAILES FIN DE ANO E ANINOVO 2011-2012.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.12.11

Ribeira: o Trofeo UNICEF ten que cambiar de datas por problemas técnicos e pasa ao 2, 3 e 4 de xaneiro

Ribeira: a vida e obra de Cunqueiro, obxectos da charla deste mércores 28 no conservatorio

  • Impártea o profesor Santiago Losada baixo o título "As mil primaveras de Cunqueiro"

Media_httpfarm6static_dvgiv

O nicho de Cunqueiro no cemiterio vello de Mondoñedo

Ribeira, 26 de decembro de 2011.- Cadrando co peche do ano 2011 en que se conmemora o centenario de D. Álvaro Cunqueiro, o Concello acolle un relatorio do profesor Santiago Losada Carregal sobre a vida e obra do mindoniense. “As mil primaveras de Cunqueiro” é o título escollido para o relatorio que se impartirá o vindeiro mércores, 28 de decembro, ás 20 horas no Conservatorio Municipal de Riveira (R/ Miguel Rodríguez Bautista, 21). Esta tarde cunqueirá gozará ademais da colaboración do profesorado do Conservatorio que abrirán o acto agasallando ao público cunha breve introdución musical. 

A biografía do autor, a narrativa de Cunqueiro, o seu teatro, a súa poesía neotrobadoresca tan coñecida grazas á voz de Amancio Prada, ou a abraiante gastronomía que estudou e describiu serán parte desta disertación sobre o home, o escritor e sobre Galicia: a razón e os soños de Cunqueiro. 

Biografía do relator

O profesor Losada Carregal é Licenciado en Filosofía pola Universidade de Salamanca e mais Licenciado en Filoloxía Clásica pola Autónoma de Madrid. Exerceu o seu traballo como profesor de Historia da Filosofía no IES Eduardo Pondal de Cangas; profesor da mesma materia no, daquela, único instituto de ensino secundario de Vilagarcía de Arousa; no Seminario de Santiago de Compostela; e continuou a súa carreira como profesor en Madrid, no IES Pérez Galdós, ata a súa xubilación. 

Logo de deixar o ensino regrado seguiu a súa longa carreira impartindo aulas para adultos e contribuíndo á difusión cultural como Coordinador de actividades da Aula Cultural “Puente de Toledo” de Madrid. Así mesmo, colabora cos Centros Galegos do centro da Península impartindo conferencias e propiciando actividades de dinamización que estendan o coñecemento sobre a cultura galega. 

A publicación de ensaios como “Hamlet y Don Quijote locura o cordura”; “Pérez Galdós. El Dos de Mayo”; “Goethe. Fausto o la nostalgia de la juventud” ou “Miguel de Unamuno y su novela Abel Sánchez” son outra parte do seu frutífero quefacer.  

Nos últimos anos relatorios con títulos tan interesantes e diversos como “O camiño de Santiago. A primeira universidade itinerante”; “O Códice Calixtino”; “A angustia vital no verso de Rosalía de Castro”; “Uxío Novoneyra”; “Lois Pereiro. Unha paisaxe de batalla”, mostran unha vida de entrega ao estudo e de paixón pola extensión dese coñecemento aos seus seguidores.

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Banda de Lousame ofrece un concerto no Liceo este martes 27

Pode que tamén lle interese:


Campamentos: para nen@s entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro de 2012


Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia



Concerto Nadal 27 decembro.pdf Download this file

Liceo_concerto_nadal_2011

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.12.11

Boiro: a asociación cultural etnográfica O Faiado 2 abriu blog e páxina de seareiros en Facebook

O_faiado_tallas

Está en http://www.ofaiadodous.blogspot.com

E xa hai fotos e información sobre a exposición que se inaugurou o pasado xoves 22, adicada a tallas de madeira.

Tamén teñen páxina de seareiros en Facebook: http://www.facebook.com/pages/O-Faiado/184452611651801?ref=pb


OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical