9.1.12

Ribeira: abren prazo de inscrición para cursos de galego Celga 2012

Media_httpfarm3static_evmfj

Ribeira, 9 de xaneiro de 2012. A participación de Ribeira na Rede de Dinamización Lingüística desde o ano 2011, implica a mellora e intercambio de experiencias dinamizadoras e de formación en lingua galega. Neste marco iníciase o período de inscrición nos cursos gratuítos de formación para a obtención da titulación CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 que se impartirán no concello de Ribeira neste ano 2012. 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira informa de que o prazo de inscrición para asistir aos cursos gratuítos preparatorios dos exames CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permanecerá aberto ata o día 30 de xaneiro de 2012, tal e como reflicte a publicación do DOG do 09/01/12 a Orde do 4 de xaneiro de 2012, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis CELGA 1, 2, 3, 4. 

A reserva de prazas realizarase por estrita orde de inscrición, ata completar o límite de 30 persoas inscritas por curso. A formación é gratuíta e está  dirixida a persoas de máis de 16 anos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo programa un concerto de Leilía para o sábado 14 de xaneiro

LEILÍA.pdf Download this file

  • Trátase da presentación do último traballo deste grupo, titulado "ConSentimento".
  • Comeza ás 21:30 no salón de actos do Liceo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.1.12

Rianxo: o IES "Félix Muriel", de novo na vangarda da dinamización lingüística en galego

  • Percibirá 2.500 euros en metálico polo traballo Rianxo 2112: construíndo un pasado para o noso futuro
  • Premiados por Política Lingüística cinco traballos doutros tantos centros entre os 75 presentados

Media_httpfarm3static_mnbwx

Rianxo, 8 de xaneiro de 2012.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística premia cinco centros educativos de Galicia polo seu labor innovador en dinamización lingüística. Trátase do CPI Dr. López Suárez do Saviñao, do IES Félix Muriel de Rianxo, do IES Rodeira de Cangas, do IES Perdouro de Burela e do IES As Bizocas do Grove. Todos eles foron os gañadores dos premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2011-2012.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba esta semana a resolución dos premios, que teñen como obxectivo prioritario fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que impliquen o uso da lingua galega e o coñecemento da cultura de Galicia.

As iniciativas galardoadas, que recibirán 2.500 euros cada unha, foron seleccionadas entre un total de 75 proxectos, unha cifra que duplicou os presentados na pasada edición dos premios. Ademais, o profesorado implicado nas iniciativas gañadoras recibirá unha xornada de asesoramento e orientación. Para dar a coñecer os proxectos, a secretaría xeral difundiraos a través do seu portal web, http://www.xunta.es/linguagalega, xunto cos materiais educativos que se realicen para a súa posta en marcha.

Amplo abano de experiencias
Os proxectos premiados abranguen un amplo abano de ámbitos e de temas. O CPI Dr. López Suárez do Saviñao aposta por poñer en valor o galego a través do estudo da actividade que lle imprime máis personalidade á zona xeográfica de influencia do centro educativo e presentan o proxecto A elaboración do viño na Ribeira Sacra. No marco desta experiencia, realizarán actividades de investigación sobre o proceso de elaboración do viño na Ribeira Sacra, recompilarán vocabulario relacionado coa viticultura e empregarán o galego dialectal como vehículo para a aprendizaxe da lingua inglesa, poñendo en valor os usos lingüísticos da contorna do alumnado.

Entre os proxectos gañadores tamén se encontran algúns de centros educativos que xa viron recoñecido noutras ocasións o seu labor de dinamización lingüística e que agora propoñen novas accións para avanzar no seu traballo. É o caso do IES Félix Muriel de Rianxo (A Coruña), do IES Perdouro de Burela (Lugo), do IES As Bizocas do Grove (Pontevedra) e do IES Rodeira de Cangas (Pontevedra).

O primeiro destes centros resultou seleccionado pola iniciativa Rianxo 2112: construíndo un pasado para o noso futuro. No marco deste novo proxecto, o centro procurará a realización de actividades baseadas na lingua oral, o achegamento ao galego por parte do alumnado estranxeiro e a colaborará con diversas entidades da contorna do centro, como empresas, asociacións e o Concello de Rianxo. As novas tecnoloxías protagonizarán outras das principais accións do proxecto, entre as que se encontran a realización dun mapa interactivo de Rianxo e unha presentación multimedia sobre o seu patrimonio.

O fomento do galego no ensino
Ademais da convocatoria destes premios, a secretaría xeral promove outras iniciativas no ámbito educativo que reforzan o asentamento da lingua na actividade cotiá dos centros, entre as que destacan as axudas para os proxectos de fomento do galego. Tamén promove a realización de concursos, de seminarios de dinamización para os docentes ou de programas en colaboración con outras institucións, como é o caso do Festival OUFF Escola, das Xornadas de Normalización Lingüística de Ferega, do programa Papá Pío da Fundación Carlos Casares ou da Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela.

Con motivo da celebración do vixésimo aniversario dos equipos de dinamización da lingua galega nos centros, a secretaría xeral tamén organizou unha exposición que repasa a súa traxectoria a partir das revistas escolares que foron elaborando nos últimos vinte anos. A exposición, que pode verse ata o 15 de marzo no Museo Pedagóxico de Galicia, complétase cunha mostra virtual no web da secretaría xeral que inclúe experiencias dinamizadoras desenvolvidas polos equipos na actualidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Jacob Moraña colle a testemuña da presidencia da Cofradía da Dorna

Media_httpfarm8static_ahnzo

Jacob Moraña, de pé na votación onde saíu escollido

Ribeira, 8 de xaneiro de 2012. Na última asemblea que celebraron na Cofradía da Dorna estaba entre os puntos da orde do día a escolla do novo presidente. Saíu escollido Jacob Moraña Cabo, que estará á fronte da cofradía máis festeira do Barbanza este ano e o vindeiro 2013. Foi escollido cun total de 22 votos a favor, dúas abstencións e un voto en contra.

Media_httpfarm8static_jmchb

O presidente saínte é Arturo González Mariño, que continuará como vicepresidente, namentres que Jacob Moraña pasa de secretario a presidir a entidade.

Media_httpfarm8static_binqm

Arturo González Mariño é o que axexa detrás do monitor

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: "Terra de Outes" avoga por darlle á Cidade da Cultura o nome de Isaac Díaz Pardo

Media_httpfarm3static_hdyai


Outes, 7 de xaneiro de 2012. A Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes quere expresar "o seu pesar polo recente pasamento do  eminente polígrafo, pintor, editor e impulsor de Sargadelos D. Isaac Díaz Pardo e unirnos á petición diversas personalidades, institucións e agrupacións da vida política e cultural de Galicia para solicitar ao goberno galego o nome do xenial compostelán para a Cidade da Cultura, non só como a mellor homenaxe que se lle pode facer, senón como sinal de gratitude polo seu inmenso legado para o pobo galego."

Asina Xoán Mariño, Presidente da ACC Terra de Outes


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.1.12

Rianxo: o Concello amosa a súa "máis fonda condolencia" polo pasamento de Isaac Díaz Pardo, fillo adoptivo da vila dende 2008

  • As bandeiras institucionais están dende onte e ata mañá (tres xornadas) a media hasta

Media_httpfarm3static_xvgva

Media_httpfarm5static_idnzd

Homenaxe ás xentes do mar, conxunto escultórico que preside o parque do auditorio de Rianxo e feita polo escultor Francisco Escudero sobre unha idea de Isaac Díaz Pardo

Declaración Institucional no pasamento de D. ISAAC DÍAZ PARDO Fillo adoptivo de Rianxo

6 xaneiro 2012

no pasamento de D. ISAAC DÍAZ PARDO Fillo adoptivo de Rianxo (nomeado en sesión plenaria do 8/11/2008).

ISAAC DÍAZ PARDO amosouse durante toda a súa vida, e tamén no seu polifacético labor e amplo quefacer, como pequeno motor de grandes cousas e causas, en palabras de Rafael Dieste. Sempre unha adicación intensa e entregada, tamén animosa e xovial, sempre marcada polo seu compromiso con Galicia.
Non será fácil refacernos de tan lamentable perda pois tanto a simpatía e compromiso que lle eran propios, como as abondosas mostras de amizade con que nos agasallaba, serán difícilmente reemplazábeis.
Permaneza, pois, ainda que sexa cativo consolo, a lembranza da entrega reseñada e o exemplo do bo facer e compromiso cos seus, con Galicia e con Rianxo. Que o seu modo de traballar, a súa fortaleza física e de espíritu, e o conxunto do seu legado, sexan permanente luz inspiradora do noso traballo de agora en diante.
Esta Corporación Municipal, quere manifestar, no seu nome e no de todos os rianxeiros e rianxeiras, a máis fonda condolencia á familia, así como aos seus moitos e queridos amigos  e, en definitiva, a todas aquelas persoas que, coñecéndoo en vida, garden sentida memoria polo seu pasamento.
Asímesmo e, como pública manifestación de dor, esta Corporación Municipal dispuxo as bandeiras do Concello a media hasta durante tres xornadas e publica esta declaración institucional.

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.1.12

Rianxo: o Bng critica que Feijóo non protexa o legado de Castelao e, inda por enriba, faga desaparecer Cultura como consellería

  •   Ana Pontón: “A declaración da Xunta como BIC inmaterial é unha afrenta máis a Castelao, unha vulneración dun acordo parlamentar e unha fraude en toda regra ao conxunto da sociedade galega e á memoria de Castelao”
  •  
     

    Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2012.- O BNG denunciou hoxe "a fraude e lavado de cara do goberno de Feijoo ao declarar a obra de Castelao Ben de Interese Cultural (BIC) de carácter inmaterial xa que na práctica deixa sen protección a súa obra, e permite que se poida vender e espoliar”.  

    Así o aseguraron esta mañá en rolda de prensa o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e a portavoz de Cultura no Parlamento Galego, Ana Pontón, que coincidiron en denunciar que a decisión do Consello da Xunta do pasado 23 de decembro “é unha mera fraude do Goberno da Xunta, xa que en nada o obriga”.  

    “O mesmo goberno que deixa sen protexer a obra de Castelao é o mesmo que se carga a Consellaría de Cultura”, advertiu Guillerme, quen tamén subliñou que “quen non cre en Galiza nin no seu idioma e cultura, tampouco cre no seu autogoberno e o goberno do PP demóstrao”.  

    E é que para o líder do BNG “preténdese reducir a Castelao a un personaxe sen contido, a non máis alá dun caricaturista e ocultando o seu pensamento político, que segue sendo un gran descoñecido para a maioría da sociedade galega”. 

    “A declaración da Xunta é unha fraude política e legal” 

    Pola súa parte, Ana Pontón, explicou que “a decisión do goberno da Xunta é unha fraude tanto no ámbito político como legal”.  

    Así, lembrou que o Parlamento de Galiza aprobou en 2010 unha iniciativa do BNG na que se pedía que se declarase BIC o conxunto da obra de Castelao.  

    Ana Pontón explicou que “o obxectivo que defendía a iniciativa do BNG é que a Xunta de Galiza tivese ao seu dispor as ferramentas legais para facer unha protección real da obra de Castelao, unha obra integrada por máis de 3.000 pezas gráficas e que hoxe atópase dispersa e mesmo en paradoiro descoñecido”. Ademais, lembrou que “unha parte está depositada en institucións públicas e outra en mans privadas, e non só está residenciada en Galiza, senón espallada polo mundo, tanto en América como en Nova Iorque, e mesmo en Moscú”.  

    Unha declaración testemuñal que non protexe a obra de Castelao 

    Porén, a deputada do BNG denunciou que a declaración como BIC que fixo a Xunta “é meramente testemuñal e para nada recolle o acordo parlamentar de 2010 pois ningunha das obras de Castelao vai estar materialmente protexida e a Xunta non vai ter nas súas mans ningunha ferramenta legal para impedir a venda, a destrución ou a venda deste patrimonio”.  

    Explicou que isto é  así porque a Lei de Patrimonio Cultural da Xunta contempla que cando se declara unha obra BIC establece que é preciso detallar cales son as obras obxecto de protección. Porén, Ana Pontón advertiu de que “na declaración da Xunta ningunha obra é obxecto de protección e simplemente se fai un resumo moi superficial dalgunhas das creacións literarias e artísticas de Castelao”.  

    A declaración da Xunta incumpre a lexislación 

    Ademais, afirmou que para o BNG “estamos ante unha declaración que é unha fraude de lei porque a Lei de Patrimonio Cultural vincula os bens inmateriais con bens etnográficos, nada a ver coa obra individual dun autor”. E igualmente lembrou que a UNESCO declara como bens inmateriais “todos aqueles que non teñan que ver coa obra dun autor”.  

    Intereses para favorecer a venda e espolio do patrimonio artístico das caixas galegas 

    Por iso, Ana Pontón preguntouse  se detrás desta decisión do goberno de Feijoo hai intereses espúreos, “porque o efecto desta decisión da Xunta é  que se vai incrementar o valor especulativo da obra de Castelao, e sen que haxa ningunha ferramenta para protexer este patrimonio común dos galegos”.  

    “Pero tamén cremos -advertiu- que detrás desta decisión está o desfalco do patrimonio artístico das caixas de aforro galegas”. E é que, segundo advertiu a deputada do BNG,  “unha parte importante -máis de 200 pezas- da obra de Castelao pertence á obra social de Novacaixagalicia e o PP e tamén o director de Novagalicia Banco xa anunciaron a intención de vender a obra artística da caixa ao banco”.  

    Por iso, advertiu que “se se fixese unha declaración como Ben de Interese Cultural de carácter material esta venda non se podería realizar sen antes a Xunta de Galiza exercer o seu dereito de tanteo, polo que detrás desta declaración, polo tanto tamén pode haber unha intención de espoliar o patrimonio artístico das caixas”.  

    Ana Pontón concluíu denunciando que “para o BNG detrás desta declaración é  unha afrenta máis a Castelao, unha vulneración dun acordo parlamentar e unha fraude en toda regra ao conxunto da sociedade galega e á  memoria de Castelao”.  

    Antes, en Certo:



    Media_httpfarm3static_mxhjm
    Casa de Castelao na rúa de Abaixo: un familiar do dono opinou para Certo sobre os intentos de expropiación. Aquí


    Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

    Ribeira: remataron tres obradoiros do Nadal Cultural

    </object>

    O escultor ribeirense Jontxu Argibay deu un curso de modelado en 3D en Nadal Xogo

    Ribeira, 5 de xaneiro de 2012. A mañá de hoxe viviu dous actos cos que o Concello procedeu á clausura de tres obradoiros dirixidos á conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións de Nadal. 

    O primeiro deles tivo lugar na Aula Multimedia de Ribeira: local no que se deron cita o tenente de alcalde Juan Luis Martínez, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o axente TIC Abel Alonso, para entregar os correspondentes diplomas e algún agasallo de ambiente navideño aos nenos participantes (27 en total) no obradoiro InforNadal, dedicado á introdución nas novas tecnoloxías.  

    Unha hora máis tarde, sería o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira o escenario elixido para acoller un pequeno acto festivo co que se puxo fin aos obradoiros Nadal Concilia e Nadal Xogo.  

    Antes da entrega de diplomas (que correu a cargo da tenente de alcalde Dolores Elorduy e a edil Elvira Pisos) os tres grupos de nenos asistentes (dous de Nadal Concilia e un de Nadal Xogo) deleitaron ao público de pais e nais con outras tantas panxoliñas.  Cada un dous tres grupos tivo 30 participantes.


     


    Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

    Ribeira: o barrio de Monumento conta con nova iluminación, que aforra un 30% con respecto á anterior

    Ribeira, 5 de xaneiro de 2011.- O barrio do Monumento conta xa con 84 novos puntos de luz que substitúen ás que había con anterioridade no propósito do Executivo Local de promover actuacións que redunden nunha maior eficiencia enerxética.  

    Esta iniciativa, que tivo un orzamento final de 55.439,23 euros e contou coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), abarcou as rúas Amarella, Cristóbal Colón, Curros Enríquez, Valle-Inclán, Monumento e outras ruelas que desembocan nesta última vía. 

    Aforro dun 30%

    A tal efecto, instaláronse unhas luminarias de tipo Philips Iridium de alto rendemento que están asistidas por un equipo de regulación do fluxo luminoso que propicia un aforro dun 30% no consumo enerxético. 

    Ademais, todas as alimentarias están alimentadas por un tendido eléctrico novo, xa que o existente se atopa bastante deteriorado. Foron suplantadas lámpadas e brazos.

     


    Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

    4.1.12

    Rianxo: Castelao será obxecto de varias homenaxes estes días polo seu cabodano

    • O venres, por parte dos integrantes de Aturuxo! de Boiro
    • O sábado 7 de xaneiro, por parte do Bng
    Media_httpfarm4static_igmbf

    Rianxo, 4 de xaneiro de 2012. O venres 6 de xaneiro o Local Social Aturuxo celebra o LXII Cabodado de Alfonso D. R. Castelao, "un día de memoria para recuperar a nosa dignidade colectiva e a nosa memoria histórica, un día de loita", segundo explican no seu blog.

     
    Programación:

    19:00 - Ofrenda Floral, no busto de Castelao en Rianxo. (saída dende o local ás 18:30)

    21:30 - Cea, Pandereteiras (Xoaniñas) e sesión de música galega.

    O sábado, 7 de xaneiro, día no que faleceu Castelao, no exilio en Buenos Aires, é a data escollida polo Bng para renderlle tamén unha homenaxe.


    Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

    Twitter

    Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical