11.1.12

Rianxo: Pere Tobaruela presenta "Poñente" no auditorio o venres 27 de xaneiro

Ponente

Rianxo, 11 de xaneiro de 2012. A asociación cultural Barbantia convida a todo o mundo á presentacion do libro de Pere Tobaruela POÑENTE, nun acto que tera lugar o venres 27 de xaneiro, as 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, e no que, ademais do autor, estarán presentes a escritora e profesora Ana Isabel Boullón; o director de Xerais, Manuel Bragado; os socios de Barbantia Xesús Laíño e Carlos Mosteiro; e mais o alcalde de Rianxo, o nacionalista Adolfo Muíños.

Antes, na Pobra:
Pere Tobaruela presenta Poñente no Museo Valle-Inclán

Antes, en Certo:
Anuncio da presentación deste libro, con tráiler incluído

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: sábado 14 e domingo 15 de xaneiro, "Ata que a morte nos separe", teatro solidario con Paula

Rianxo_teatro_airios

Rianxo, 11 de xaneiro de 2012. Esta fin de semana preséntase solidaria en Rianxo. Unha volta máis, a beneficiaria é a nena Paula de Boiro, que naceu sen sacro e está a tratamento en Alemania. O grupo de teatro amador máis lonxevo e vello de Galicia, "Airiños", porá sobre o escenario do auditorio rianxeiro "ATA QUE A MORTE NOS SEPARE",  unha obra baseada na farsa "4 corazones con freno y marcha atrás" de Enrique Jardiel Poncela, versión de Esther F. Carrodeguas,


Con esta proposta, organizada polo CADRO ARTÍSTICO "AIRIÑOS", en colaboración ca Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística e distintas entidades do Concello, co fin de recadar fondos a beneficio de Paula (a través do sorteo de varios lotes de productos doados polo empresariado / comercio local), dase inicio ao programa dos Actos Castelao 2012.

Datas e horarios das representacións:
SÁBADO DÍA 14 - 20.30 Horas
DOMINGO DÍA 15 - 20.00 Horas   (Previa a representación teatral do domingo, os PEQUENOS AIRIÑOS, porán en escea a obra "O dragón empachado")
Entrada de balde.  Interesados / as poden retirar as invitacións (max 2 por persoa) 1 hora antes das representacións

Colaboran nesta causa benéfica a Asociación Rianxeira de Empresarios, o Centro Comercial Aberto de Rianxo, A Asociación de Hosteleir@s de Rianxo, o Centro Cultural "Simón Varela" e o Moto Club "Jas a Tope".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: César Cunqueiro fala sobre seu pai, Álvaro Cunqueiro, este venres 13 de xaneiro

Marcador_ramo_de_loureiro_i

  • Será a primeira das charlas do ciclo "Ramo de Loureiro"

Noia, 11 de xaneiro de 2012. Este venres, día 13 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia  a concellería de cultura de Noia organiza a primeira das charlas do ciclo literario RAMO DE LOUREIRO.
 
Nesta ocasión, e co gallo da celebración no 22 de decembro deste ano pasado 2011 do centenario do nacemento de ÁLVARO CUNQUEIRO organízase unha charla  sobre a  obra e proxecto literario do escritor mindoniense. Impartirá a charla César Cunqueiro González-Seco, fillo do senlleiro autor- e moderará o profesor Xavier Castro Rodríguez.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.1.12

Ribeira: abre o prazo para anotarse nos cursos de alfabetización dixital nas parroquias

  • O Concello valorou hoxe os bos resultados da campaña de actividades de Nadal

Media_httpfarm6static_ywwas

En xuño do ano pasado xa houbera outros cursos de alfabetización

Ribeira, 10 de xaneiro de 2012.- O Concello informa de que mañá mércores, día 11 de xaneiro, ábrese o período de inscrición nos Cursos de Alfabetización Dixital que no presente trimestre terán lugar en seis parroquias do municipio: Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Olveira e Ribeira. 

Estes cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son moi indicados especialmente para certos colectivos como maiores, amas de casa, inmigrantes ou parados. 

As clases estenderanse dende o 30 de xaneiro ata o 4 de abril e os interesados en anotarse poderán facelo na Aula Multimedia (planta baixa da confraría de Pescadores) de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. O prazo de inscrición expira o 27 de xaneiro. 

O calendario lectivo inicialmente planteado e os lugares nos que se impartirán as clases son os seguintes: 

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
De 10 a 11:30 h CARREIRA

Casa da Cultura

9:45 – 11:15

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º E)

CARREIRA

Casa da Cultura

9:45 – 11:15

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º E)

 
Aula Aberta
De 11:30 a 13 h CASTIÑEIRAS

Casa da Cultura

11:30 – 13:00

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º F)

CASTIÑEIRAS

Casa da Cultura

11:30 – 13:00

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º F)

 
Aula Aberta
De 16 a 17:30 h OLVEIRA

Casa da Cultura

16:30 – 18:00

(Grupo 1º C)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º G)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º G)

OLVEIRA

Casa da Cultura

16:30 – 18:00

(Grupo 1º C)

Aguiño

Aula Informática

17:00 – 18:30

De 17:30 a 19 h ARTES

Casa da Cultura

18:15 – 19:45

(Grupo 1º D)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º H)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º H)

ARTES

Casa da Cultura

18:15 – 19:45

(Grupo 1º D)

Aguiño

Aula Informática

18:30 – 20:00


Valoración do Nadal

Por outra banda, a voceira do Equipo de Goberno do Concello, Herminia Pouso Maneiro, deu conta dos principais asuntos tratados hoxe durante a reunión semanal que este grupo mantén todos os martes. Un dos temas que ocupou boa parte do encontro desta xornada foi o de facer balance da organización das actividades de Nadal, que foi cualificado de “éxito” e sobre o que se destacou especialmente que a implicación de asociacións e empresas resultou determinante para a boa acollida da programación. 

Herminia Pouso explicou que á hora de confeccionar o programa se tiveron en conta as demandas de todas as franxas de idade e, sen ánimo de ser exhaustiva, enumerou algunhas das accións realizadas, como os obradoiros de Nadal (de arte floral e decoración de Nadal; cociña e repostería de Nadal; arte e iniciación ás artes plástica; Nadal Xogo e, como novidades, os talleres de informática e novas tecnoloxías e Nadal Concilia), a estrea da película Sinbad (con localizacións en Corrubedo e outros puntos do concello), o cine de Nadal e os espectáculos infantís de teatro, maxia e monicreques que se sucederon polas tardes no Auditorio Municipal.  

Tamén destacou a boa acollida da comida de Nadal para xente sen recursos e da campaña comercial de Nadal que se puxo en marcha conxuntamente coa Deputación Provincial e coa Asociación de Empresarios, co obxectivo de incentivar as compras durante estas épocas que son esenciais para o pequeno e o mediano comercio da nosa cidade. Mención aparte mereceu a Cabalgata de Reis, na que foi un acerto que despois de varios anos se retomase a idea de que o carteiro real visite todas as parroquias do municipio para recibir as cartas dos nenos. 

Tamán louvou a implicación das asociacións de persoas con diversidade funcional A Creba, Ambar e Amicos, que contribuíron a engalanar á cidade con decoración navideña. E quixo eloxiar o labor a pé de rúa dos membros de Protección Civil e dos axentes da Policía Local que velaron pola seguridade dos cidadáns. 

Pouso Maneiro cifrou en máis de 30.000 euros o recortado con respecto ao ano anterior "grazas ao esforzo xestor das Concellerías implicadas".  

Autocrítica

En canto aos erros detectados, a voceira fixo alusión a que o aforo para os espectáculos do Auditorio e para o cine de Nadal foi limitado e houbo xente que se quedou sen participar. Ademais, manifestou que o reparto de caramelos durante a Cabalgata non foi o máis axeitado. A edil afirmou que o Equipo de Goberno tomou nota destas incidencias a fin de solucionalas de cara o próximo ano. 

Abesadas

Noutro orde de cousas, o pasado 5 de xaneiro saíu unha orde da Consellería de Presidencia na que se convocan unhas subvencións para a revalorización de espazos públicos. Neste sentido, segundo comunicou Herminia Pouso, é propósito do Equipo de Goberno solicitar unha subvención para a renovación do barrio de Abesadas.  

“Estamos poñéndonos a traballar na redacción dun plan de actuación integral que contemple inicialmente a urbanización da rúa Pai Sarmiento, a adecuación do entorno da pista deportiva de Abesadas, o arranxo do parque de Abesadas e a mellora da súa zona axardinada, un cambio de luminarias que as faga máis acordes co tecido edificativo da zona e a reordenación da circulación de vehículos”, manifestou. 

Outro punto tratado na reunión de hoxe foi a creación dunha comisión encargada de redactar un plan contra o vandalismo e a promoción dunha movida san no municipio. A tal efecto, o Concello convocará aos axentes implicados nas áreas educativa, asistencial, empresariais e de orde público do municipio a fin de desenrolar entre todos fórmulas dirixidas a concienciar á xuventude sobre que é posible unha diversión máis san, ao tempo que máis respectuosa coas instalacións e o mobiliario urbano.

Pode que lle interese:


Liceo Marítimo: asemblea o 15 de xaneiro


Carreira popular de Nadal:  fotos e clasificación


Nadal Cultural: imaxes de tres obradoiros


Cursos de galego: aberta inscrición para Celga 2012

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a exposición do V premio Castelao de banda deseñada estará na casa da cultura ata o domingo 22 de xaneiro

  • Trátase de "Sen mirar atrás", de Dani Montero, oriundo de Catoira (Pontevedra), obra coa que gañou a edición 2010 deste premio de cómic que convoca a Deputación da Coruña
  • A novela gráfica que se expón, publicada e escrita orixinalmente en galego, xa foi traducida ao alemán
  • A Deputación tirou 3.000 exemplares da mesma, 2.000 en galego e 1.000 no idioma de Valle Inclán
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: fotos e clasificación da Carreira Popular de Nadal

A Pobra: lixeira suba das visitas ao Museo Valle-Inclán con respecto ao ano pasado

  • Máis de 10.500 persoas pasaron polo recinto adicado á vida e obra do xenial escritor en castelán

A Pobra, 10 de xaneiro de 2012. Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do pasado ano 2011, pasaron polas dependencias do Museo Valle-Inclán un total de 10.541 persoas procedentes dos máis diversos lugares, non só da xeografía galega, de onde proceden 5.069 das visitas, senón tamén de toda a xeografía española, desde territorios como Madrid, Castela e León, Andalucía, Canarias, etc, segundo informou hoxe a técnica do Museo, Begoña Olveira.

No caso do estado español a comunidade madrileña é o lugar de procedencia do maior número de usuarios cun  total 1.524. Por detrás de Madrid situaríase a comunidade de Castela e León con 1.092 orixinarios desta rexión, Andalucía con 683 e Asturias con 414. No que se refire ós chegados desde máis alá da fronteira española, de lugares tan variados como Francia, Inglaterra, Arxentina ou Brasil, o
total é de 148.

Se se fai unha comparativa coas cifras que se manexaban en 2010 por esta mesma data de 31 de decembro, cun total de 10.442 persoas, percíbese un aumento total de 99 visitas, o que sitúa en cifras totais de lixeiro aumento. A tónica xeral na distribución do usuario non disinte da de anos anteriores: son os meses invernais os máis desfavorecidos e segundo avanza a primaveira tamén aumentan as visitas, acadando o seu máximo no mes de agosto con 2.975 persoas. Especial relevancia tiveron os grupos neste ano 2011, cun total de 117, no que tivo particular
importancia o feito de que algunhas axencias se fixeron habituais durante toda a tempada estival, elevando a 75 o número de colectivos promovidos por axencias e turoperadores que pasaron polas instalacións ó longo deste exercicio, dos que máis da metade recorreron á modalidade de visita guiada concertada; preferindo os outros optar pola visita libre. Tamén nos grupos (coma no caso dos rexistros individuais), foi maioritaria a procedencia das visitas chegadas desde a área de Madrid, Castela e León e Asturias.

Botando unha ollada ás gráficas tamén se fai  unha diferenciación clara en canto á época do ano que prefieren a maioría dos colectivos para realizar as súas viaxes, sendo a partir do mes de maio, durante os meses estivais e comezo de outono cando se rexistran as cifras máis altas, particularmente polo que se refire ás axencias e turoperadores. No tocante ós colexios os meses seleccionados son sobre todo os previos ás vacacións de verán, maio e xuño.

Máis información, coas gráficas, no arquivo inserido

VISITAS Ó MUSEO VALLE-INCLÁN.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medios: a campaña "Vitaminas para o galego" supera as expectativas de recadación

  • Este proxecto arrexunta a 16 cabeceiras e radios en galego

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.- A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 4.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación.

O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.

Media_httpfarm8static_rakef

Medios que comezaron coa campaña. Pouco a pouco vanse sumando máis

Colaboran 16 medios, Certo entre eles, mais está aberto a novos socios

Os medios de comunicación que organizan esta iniciativa queren agradecer o apoio deste músico e dos máis de 100 mecenas que xa contribuíron en liña. Os cartos destinaranse integramente ao financiamento da propia campaña e o resto repartirase entre as cabeceiras que participan en Vitaminas para o Galego.

Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor Info, Praza Pública, Terracha Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), Radio Nordés (Cadena Ser Vimianzo) e Que Pasa na Costa. Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia. Ademais, están invitados a sumarse todos os medios ou proxectos de medios que publiquen na lingua propia do país.

Segunda fase da campaña

Agora comeza unha segunda fase da campaña, que consistirá na difusión dos obxectivos de Vitaminas para o Galego a través das redes sociais e da organización de relatorios e actos de promoción por toda a xeografía galega.

Entre os obxectivos de “Vitaminas” destaca contribuír á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como, entre outros, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. Asemade, búscase contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega.

Máis información nas webs http://www.vitaminasparaogalego.gl/ e http://vitaminasparaogalego.blogspot.com/

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

9.1.12

Deportes: a Deputación coruñesa colabora economicamente na Vuelta Ciclista a España pero non dá cifras

  • Namentres valora, segundo os organizadores, a repercusión económica nestas bisbarras de Barbanza e Noia en máis de medio millón de euros, non ofrece na súa nota de prensa a cantidade que adica dos nosos impostos a financiar unha actividade totalmente privada dunha única empresa, Unipublic
  • Unipublic é do grupo mediático de Antena 3 e dende 2008 está participada por outro grupo francés, o que organiza o Tour de Francia
  • A última vez que pasou por esta provincia da Coruña a Vuelta foi en 2007. Desta vez percorrerá 330 quilómetros
  • Dende a xornada 12 percorrerá a costa de Barbanza, a ría de Muros e Noia e a zona sur da Costa da Morte

Media_httpfarm8static_xcwzj

  • A etapa que remata no mirador do Ézaro, cunhas pendentes impresionantes dun 25% de desnivel, será a máis espectacular
  • A etapa 13 comenzará en Santiago de Compostela e rematará en Ferrol, pasando por máis de 27 puntos da provincia 

Repercusión mediática


  • Segundo a Deputación, os presuntos beneficios do paso de La Vuelta ciclista a España "no deja de crecer cada año. Primero por el eco mediático que supone, ya que es retransmitida en 143 países del mundo y cada sede (tanto de llegada  como de salida) tiene una presencia media en televisión superior a los 10 minutos.Durante La Vuelta 2011, la etapa más vista fue seguida por el 18,9% de la gente que estaba viendo la televisión en esos momentos, es decir, por 2.277.000 espectadores. La media de espectadores de La Vuelta fue más vista que la semifinal de la Copa Davis o la liga Eurobasket, por ejemplo. Además, más de 6.000 noticias en radio, prensa y televisión hicieron seguimiento de cada jornada durante el 2011, lo que supuso un incremento del 6,24% de seguimiento con respecto al año anterior".
  • Cifran en 1.765.000 persoas as que asistiron o año pasado como público á Vuelta, en máis de 6 millóns que visitaron a páxina oficial e os seguidores que acumulan nas redes sociais e as 227.500 visualizaciones de La Vuelta que se realizaron na canle oficial de Youtube, o que suporía unha presenza en medios por enriba dos 300.000 euros -ignoramos como se calcula isto, nun mercado publicitario á baixa cada ano que pasa-
  • Aseguran que a activación da economía na zona pola que pasa La Vuelta "aumenta además al ocurrir el evento en las mismas calles de la ciudad. La organización calcula que el incremento de gasto en consumo de una jornada con el paso de los ciclistas con respecto a una ordinaria es de 60.000 euros para la ciudad". 


En total, o retorno medio calculado polos organizadores desta marcha ciclista, cada ano máis polémica polos escándalos de dopaxe dos atletas, din que supera os 560.000 euros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: Clara Caamaño, de sexto de Primaria, gañou o certame de deseño do logotipo do Ano de Añón

Gaadora

  • Francisco Añón Paz naceu hai 200 anos en Boel, Outes, un 9 de outubro
  • A alumna gañadora é escolar do colexio da Serra de Outes. Houbo un accésit, que recaeu en Nerea Cambeiro

Outes, 9 de xaneiro de 2012. O pasado sábado, 7 de xaneiro, no transcurso do festival musical que, organizado polo Concello de Outes, se celebrou na Casa da cultura da Serra, tivo lugar a entrega do premios á gañadora do certame convocado polo propio Concello para o deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do Ano de Añón, con motivo da conmemoración neste ano 2012 do 200 aniversario do nacemento do poeta outense Francisco Añón.

O concurso, que estaba dirixido á poboación escolar de Outes, foi gañado por Clara Caamaño, alumna de 6º de Primaria do Colexio da Serra de Outes, a cal recibiu da man do Concelleiro de Cultura, Manuel García, o vale de 200 € canxeables por material escolar ou deportivo, con que estaba galardoado o premio.

No mesmo acto, tamén foi agasallada cun premio de 50 € a alumna do Colexio do Cruceiro de Roo Nerea Cambeiro, gañadora do único accesit concedido polo xurado, formado éste por representantes de todas as asociacións culturais, veciñais e musicais que van participar na celebración de charlas, recitais, concertos e outras actividades que van ter lugar ao longo do presente ano e culminarán no mes de outubro nun acto solemne coa presencia de autoridades municipais, da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega.

 

Informou desta actividade Xoán X. Mariño, presidente da asociación cultural "Terra de Outes" e comisario designado polo Concello de Outes para a organización do Ano Añón.


Quen era e que fixo? Francisco Añón Paz?



Consulte na Galipedia, aquí


Antes, en Certo:



Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical