19.1.12

Noia: o Concello gaña un contencioso sobre a recuperación de oficio dun camiño en Orro

Media_httpfarm4static_eeifd

Noia, 19 de xaneiro de 2012. No ano 2009 presentouse recurso contencioso contra a resolución de alcaldía dictada o 27 de Maio na  que se declara non haber lugar á recuperación de oficio dun camiño no lugar de Orro, e  na que se anulaba a resolución do concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Solo Xosé Bernaldo Castro núm 1118/2008, de 22 de Abril, e na que se procede ao arquivo de recuperación de camiño.

A resolución de alcaldía que anulaba a resolución do concelleiro delegado de urbanismo foi recurrida por veciños do lugar en contencioso administrativo. Agora, case tres anos despois, o Xulgado do contencioso administrativo número 3 vén de dictar sentenza no que desestima o recurso contencioso-administrativo presentado contra a resolución da alcaldía.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ajedrez: Distribunosa Rianxo comienza la liga con buen pie

Izda_manuel_angel_abuin_boullo

Rianxo, 19 de enero de 2012. El Distribunosa Xadrez Rianxo presenta cuatro equipos para esta temporada y proclama su "gran satisfacción ante el comienzo de la Liga gallega de ajedrez 2012 y el buen rendimiento que han tenido nuestros jugadores".

Resultados

(Primera División Gallega grupo B)
El Distribunosa Xadrez Rianxo se desplazó para enfrentarse al CCD Sanxenxo. Victoria para los rianxeiros.
“Ajedrez CCD Sanxenxo” (1.5 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2.5 ptos)
David torres Domínguez 0.5-0.5 Manuel Ángel Abuín Boullón
David Dezagoire limeres 0-1 Sergio Arevalillo Romero
Alberto Devesa Limeres 1-0 Miguel Ferrol Muniz
Leonardo Leiro Vidal 0-1 Daniel Martínez Dourado
Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” se enfrenta al “Xadrez Gallaecia” en Rianxo.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Tercera División Gallega grupo C)
Enfrentamiento entre el “Distribunosa Xadrez Rianxo B” y el “Distribunosa Xadrez Rianxo C” con victoria 4 a
0 para el B.
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (0 ptos)
Alberto Hevia 1-0 Daniel Fernández
Néstor Martínez 1-0 Vicente Cores
Jorge Méndez 1-0 Nuria Domínguez
Rubén Martinez1-0 Clara Rey
“Cabo Touriñán “B” “(2.5 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (1.5 ptos)
Eleuterio Ramón Vilela 1-0 Cristopher Ferreiro
Jesús Alberto Freire 0-1 Carlos Penas
Jesús María Freire 1-0 Marco Bravo
Eloy Vilela 0.5-0.5 Manuel Castaño
Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” se enfrenta al “Escola xadrez Rianxo” y el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” viaja a Compostela para enfrentarse al Gallaecia Stellae.
Lugar y fecha: Encuentros Celebrados 1 jornada Liga Gallega de Ajedrez 2012, 14/01/2012.

Resumen:
“Ajedrez CCD Sanxenxo” (1.5 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2.5 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (0 ptos)
“Cabo Touriñán “B” “(2.5 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (1.5 ptos)
Próxima jornada: 21/01/2012

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: están a repoñer árbores danadas nos xardíns de Valle Inclán

Sociedade: o Día Escolar pola Paz celébrase o luns 30 de xaneiro con diversos actos

  • O Seminario Galego de Educación para a Paz fai un chamamento ao profesorado para que se una a esta efeméride nas aulas e centros escolares
  • Hai materiais e recursos na web para engadirse á celebración, que colleu esta data polo asasinato de Gandhi
  • En Padrón haberá un acto na Horta da Paz da casa de Rosalía de Castro
  • En Santiago, na CdC, entrégaselle o Premio PortaPaz a Paul Ríos, voceiro de Lokarri, polo seu traballo a prol do cesamento da violencia en Euskadi

Media_httpfarm6static_eslqp

Barbanza-Noia, 19 de xaneiro de 2012. Como vén sendo habitual desde hai xa 26 anos (1985), o Seminario Galego de Educación para a Paz promove, nas aulas e na vida, a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, cada 30 de Xaneiro, data na que se lembra o cabodano do asasinato de Mahatma Gandhi. Unha efeméride que contemplan a maioría dos colexios e institutos de Galicia no seu Plan de Centro e arredor do que organizan actividades diversas adaptadas ás distintas idades do alumnado, así como actos colectivos de diverso tipo.
 
    Nesta ocasión, no 64 Aniversario da morte de Gandhi (1948-2012), o Seminario Galego de Educación para a Paz, por medio da súa web: www.sgep.org, ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse de balde da rede e cos que preparar a citada celebración. Entre outros, por exemplo, un documento de José Tuvilla, en galego, titulado: A construción social e educativa da cidadanía: dereitos humanos e cultura de paz con distintas propostas didácticas; unha moi vistosa campaña denominada Paraugas pola Paz coa que o alumnado pinta e decora paraugas que logo expón ou colga por pasillos e corredores, realiza unha marcha, etc, con lemas e cores pacifistas; varias Unidades Didácticas sobre distintos contidos da educación para a paz como "Educar nos afectos, frear a violencia"; diferentes recursos e materiais sobre "Conflictividade e Convivencia Escolar"; ou unha reflexión teórica titulada "La educación, la cultura de la paz y los derechos humanos: El currículum de la noviolencia" elaborada polo Presidente do SGEP, Manuel Dios Diz.
 
    Ademais dos recursos citados, na web do Seminario, pódese acceder, tamén, a varios audiovisuais como "En son de Paz"; "Cultura de Paz" ou á curta de ficción "Por nada" sobre o ciberacoso.
 
    Por último, o Seminario Galego de Educación para a Paz, o propio día 30 de Xaneiro, luns, organiza dous actos relevantes, un pola mañán, ás 12:00 horas do mediodía, con alumnado da comarca padroesa, na Horta da Paz da Casa de Rosalía de Castro, e outro pola tarde, ás 19:00 horas, no Auditorio da Cidade da Cultura de Galicia, a Cerimonia de entrega do PREMIO PORTAPAZ 2011 a D. Paul Ríos, voceiro de Lokarri, Rede Cidadá polo Acordo, a Consulta e a Reconciliación de Euskadi, polo seu papel (e o da súa entidade) na organización da Conferencia de Paz de Aiete que dou paso ó final definitivo das accións armadas de ETA. Logo do Acto haberá unha CEA DE HOMENAXE co galardoado.
 
    O Programa do citado Acto é o que segue:
 
    19:00: Apertura Musical. Actuación de Loli Nogueira.
    19:15: Intervencións Institucionais.
19:30: Presentación dos Paraugas pola Paz por alumnado de distintos colexios e institutos.
    20:00: Entrega do Premio Portapaz 2011.
    20:15: Conferencia coloquio a cargo de D. Paul Ríos.
    21:00: Clausura Musical.
 
    A entrada será libre e gratuíta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentado avance do plan xeral de ordenación municipal aos grupos políticos do pleno

Media_httpfarm4static_legkd

Ribeira, 19 de xaneiro de 2011.- O Concello reuniu antonte a todos os grupos políticos da Corporación para presentar o Documento de Inicio e Avance do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O equipo redactor presentou ante os representantes dos grupos do Concello o “documento de inicio medioambiental e avance”, primeiro documento do plan xeral que se remitirá nestes días á Xunta de Galicia para a súa tramitación. O documento ten un alto contido informativo e de análise do territorio, e derivado do mesmo, unha primeira aproximación á clasificación urbanística do solo. 

Na reunión amosáronse os obxectivos e criterios propostos para o novo planeamento de Riveira, con especial incidencia nos aspectos potenciadores dos valores naturais do Concello e do seu medio físico, cara a actividades turísticas, económicas e de explotación dos recursos naturais do Concello. 

Os obxectivos prioritarios para o Concello, e compartidos por todos os grupos que conforman a corporación municipal, son a protección e posta en valor da “Ribeira Natural” na vertente atlántica do Concello, e a ordenación urbana do franxa litoral da ría de Arousa.  

Nesta franxa litoral da “Ribeira Urbana”, a máis poboada, preténdese a súa mellora con operacións de reforma interior para a obtención de solos para usos públicos que poñan en valor o xa construído e que completen e melloren o existente. 

A resolución dos problemas de mobilidade, infraestruturais e novas áreas axeitadas ao uso industrial, as cales non interfiran paisaxística no territorio nin funcionalmente co núcleo urbano, son outros dos obxectivos marcados pola corporación municipal e contidos neste documento urbanístico. 

O novo Plan Xeral pretende dar seguridade xurídica a todos os cidadáns e operadores que queiran facer usos do solo en Ribeira, ao adaptarse a toda as novas normativas urbanísticas e medioambientais dos últimos anos.  

Así mesmo, o Plan Xeral será un elemento dinamizador da actividade económica do Concello.

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 20, concerto de "Os tres tenedores" na casa da cultura ás oito da tarde

3garfos

Ensalada de Instrumentos

Espectáculo innovador de teatro, música e humor onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicáis máis relevantes, instrumentos de refugallo...ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, dirixido a un público infantil e familiar.

Máis información (con vídeo) aquí

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.1.12

Noia: van mellorar o lugar de A Igrexa en Argalo con cargo ao PEIM

La_foto


Equipo de Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo

Noia, 18 de xaneiro de 2012. A concelleira de Medio Rural noiesa, Marisol Villar Ageitos, informou hoxe que o concello de Noia destinará o orzamento do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas Municipais) a diversas melloras no lugar de A Igrexa en Argalo. 

      Marisol Villar Ageitos considera que "debemos ir completando os servizos do noso rural, e cun orzamento de 43.176,73 € do PEIM o concello de Noia poderá dotar de novos servizos municipais á aldea de A Igrexa, renovando as instalacións e adoquinando zonas viarias que neste momento se atopan nun estado moi deteriorado". 

      Estas obras permitirán ir completando outras intervencións no lugar de A Igrexa, algunhas  xa rematadas, como o urbanizado diante da igrexa parroquial  cun orzamento de 72 mil euros a través do mesmo plan PEIM financiado pola consellería de Medio Rural e polo MARM e que permitiu adoquinar a zona, ou como as obras que se están realizando de mellora do acceso á aldea cun orzamento de 75 mil euros (financiado pola Deputación Provincial de A Coruña) e que neste intre está en execución e que permitirá anchear a estrada de acceso ao lugar de A Igrexa e dotala de servizos.

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: "Castelao contado para nenas e nenos" percorrerá os centros culturais das parroquias como contacontos

Castelao_para_a_nenez

  • Desenvolto polo grupo de teatro amador máis lonxevo de Galicia, "Airiños", de Asados

Rianxo, 18 de xaneiro de 2012. Un espectáculo familiar do Cadro Artístico "Airiños", no marco da programación Actos Castelao 2012, a modo de sesións de contacontos arredor da figura e obra de Castelao.
Realizaranse de xeito itinerante, en colaboración con diversas entidades veciñais e parroquiais, nos Centros Culturais das Parroquias e co calendario que, de seguido, se detalla:

Sábado, día 21:
Centro Cultural de Taragoña - 17.00 h.
Escola de Buía - Araño - 18.00 h
C. Cultural “Simón Varela” - Asados - 19.00 h.

Sábado, día 28:
Casa da República - Isorna - 17.00 h.
C. Cultural “Vicente Vidal” - Leiro - 18.00 h
Auditorio de Rianxo - 19.00 h.

Antes, en Certo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.1.12

Rianxo: actos programados para o que resta de xaneiro dentro do Ano Castelao

Tamén hai un ciclo de cinema os venres

Xaneiro castelao2012.pdf Download this file

Rianxo_cinema

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: recollen datos para intentar porlle remedio aos batifondos no ocio nocturno local

  • Iniciativa da "comisión para unha movida san e contra o vandalismo" (sic), disque servirá para saber as medidas "disuasorias ou punitivas" a adoptar


Ribeira, 17 de xaneiro de 2012.- O Salón de Sesións do Consistorio ribeirense deu cabida este mediodía á reunión constitutiva da Comisión para unha Movida San e contra o Vandalismo, coa que se pretende analizar o estado de situación do ocio nocturno na cidade e acometer todas aquelas medidas orientadas a promover hábitos saudables e prácticas respectuosas co mobiliario público no conxunto da mocidade.

Nesta primeira xuntanza déronse cita representantes das diferentes áreas afectadas do Equipo de Goberno Local (concelleiros de Servizos Sociais, Atención Cidadá, Xuventude, Educación e Comercio, ademais do alcalde), forzas de orde público (policías nacional e local), axentes de carácter asistencial (Asociación Renacer, UAD e Departamento de Servizos Sociais) e sector hostaleiro. 

Influencia do alcohol

Os alí reunidos tomaron a decisión de realizar en primeiro unha minuciosa recollida de datos para coñecer con exactitude cal é a situación da movida en Ribeira e a evolución rexistrada nos últimos anos, especialmente no que atinxe a altercados nos que o consumo de bebidas alcohólicas fose un factor determinante. A tal efecto, os corpos de policía nacional e local recollerán os datos pertinentes en canto a denuncias rexistradas nos tres últimos anos sobre este tenor, mentres que os técnicos da UAD encargaranse da captación de información no centro de saúde e no Hospital da Barbanza. 

Ademais, os membros da Comisión coincidiron e que escoitar a opinión dos propios mozos debe ser prioritaria. A este respecto, a Asociación Renacer encargarase de confeccionar unhas enquisas aos alumnos de ESO de todos os centros educativos do municipio. 

A Comisión emprazouse a unha nova reunión na que, con todos estes datos na man, se concreten as medidas de carácter tanto preventivo e informativo como (se se considerase necesario á luz da información recollida) de carácter disuasorio e punitivo que se van adoptar.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical