9.2.12

Ribeira: Xuventudes Socialistas reparte este venres 10 en Bandaorrío material da súa campaña "Rajoy bótanos da casa"

Rajoy_nos_echa_de_casa

  •     Os  mozos/as  socialistas  acusan  a  Rajoy  de  ser  un  obstáculo  para  a  emancipación  da  mocidade

Ribeira, 9 de febreiro de 2012. A  organización xuvenil  lanza  a  campaña  “Rajoy  bótanos  de  casa”  para  lembrar  a  todos  os mozos/as  que  “agora,  grazas  ao  Goberno  do  Pardo  Popular,  temos  moitas  máis dificultades  para  emanciparnos  e  iniciar  un  proxecto  de  vida  independente”. As  Agrupacións  de  Xuventudes  Socialistas  de  Santiago,  Culleredo,  Becerreá,  O  Barco,
Ribeira,  Miño,  Betanzos,  Narón  e  Ferrol  unirán  as  súas  forzas  esta  semana  para  realizar a  campaña  “Rajoy  bótanos  de  casa”  proposta  pola  Organización  a  nivel  Federal;  coa que  queren  por  de  manifesto  que  “moitos  mozos/as  veranse  obrigados  a  volver  a  casa dos  seus  pais    trala  supresión  da  renda  básica  de  emancipación  (RBE)”. 

As  Agrupacións lembran  que  a  “RBE  foi  todo  un  acerto  que  permi%u  a  moitos  mozos/as  independizarse e  agora  teñen  que  dar  un  paso  atrás  porque  non  van  a  poder  facer  fronte  ao  pago  dun aluguer”.  “Ao  parecer-­ enganden  dende  as  Agrupacións  socialistas-­ a  Rajoy  e  ao  seu equipo  segue  sen  interesarlle  que  o  mozos/as  españois  se  emancipen  e  comecen  un proxecto  de  vida  independente”.

As  Agrupacións  din que  o  PSOE  foi  o  único  partido  que  apostou  pola  RBE.  “Unha  medida  –  engaden  dende  as  Agrupacións  de  XSG-­‐  que  permitíu  que  máis  de  300.000  mozos/as   se   emancipen,   dinamizando,   á   súa   vez,   o   mercado   de   aluguer   grazas   á diminución   do   esforzo   económico   que  tian   que   facer   os   mozos/as   para   costearse unha  vivenda”. Para  os  mozos/as  socialistas  o  actual  goberno  do  PP  “abandonou  aos  mozos/as  e  se  converteu   nun   obstáculo   para   a   súa   emancipación”.   Neste   sentido,   as   Agrupacións consideran  que  “eliminar  a  RBE  foi  un  erro”  xa  que  “esta  axuda  xerou  beneficios  fiscais ás   arcas   públicas   ao   aflorar   datos   de   inmobles   cuxos   propietarios   antes  non declaraban”. Para  as  Agrupacións  socialistas  o  que  hai  que  facer  e,  moito  máis  en  época  de  crise,  é “seguir  favorecendo  o  acceso  á  primeira  vivenda  da  mocidade  a  través  de  políticas  dirixidas  ao  aluguer  que  permitan  dinamizar  a  economía  moza”.  E  lembrar  que  “os
beneficios  obtidos  polo  mantemento  da  RBE  son  maiores  que  o  aforro  orzamentario que   se   pode   derviar   da   súa   progresiva   redución”   polo   que   esixen   que   o   goberno rectifique  e  manteña  a  renda  básica  de  emancipación.

Porén,   as   Agrupacións   desprazaranse   este   venres   día   10   de   febreiro   á   localidade   de Ribeira  onde  repartirán  información  aos  mozos/as  sobre  o  tema.  Así  mesmo,  dende  o comezo  desta  semana,  as  Agrupacións  xa  presentaron  e  difundiron  esta  campaña  nas redes  sociais  con  todo  o  seu  material.  Finalmente,  a  través  dos  Grupos  Municipais  dos citados   Concellos   promoverase   unha   moción   na   que   se   inste   ao   goberno   central   a revogar  a  súa  medida  do  pasado  día  30  de  decembro  e  a  manter  a  Renda  Básica  de Emancipación  nos  parámetros  que  se  coñecían  até  o  de  agora,  así  como  a  tomar  as medidas  oportunas  para  a  consolidación  e  ampliación  da  RBE  a  través  dunha  partida orzamentaria  suficiente  para  garantir  un  maior  alcance  entre  os  mozos/as.  E,  como non   pode   ser   doutra   maneira,   que   anove   o   contrato   que   ten   subscrito   coa   nosa Comunidade  Autónoma  na  xestión  da  RBE.

O reparto de material en Ribeira será este  venres  10  de  febreiro  de  2011 en Bandaorrio, ás nove da noite.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: organizan este venres 10 un coloquio sobre Memoria Histórica

Mem

Ribeira, 9 de febreiro de 2012. A próxima actividade da asociación Pedra de Pidre terá lugar mañá, venres 10 de febreiro, como se indica no cartaz desta información.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.2.12

Ribeira: o Concello programa obras de "Riveira Atlántica 2015" e quere regular as actuacións musicais

Media_httpfarm4static_xsddu

Ribeira, 8 de febreiro de 2012.- Os membros do Equipo de Goberno estiveron a realizar no día de hoxe un repaso pormenorizado do estado das actuacións contempladas no plan "Riveira Atlántica 2015", subvencionado cunha achega de 5 millóns de euros procedentes dos Fondos Europeos FEDER. 

A voceira municipal, Herminia Pouso, anunciou o inicio da práctica totalidade dos traballos preparativos e felicitou aos servizos de contratación polo labor que están realizando. Así, a edil explicou que estase a cumprir co cronograma previsto e que aproximadamente a metade das actuacións (catro de nove) serán adxudicadas non máis aló da metade de ano. 

Pasado o Entroido, terá  lugar unha presentación oficial do proxecto, tanto aos membros da Corporación Municipal como ás principais asociacións e forzas sociais do municipio, e tamén se vai activar unha páxina web específica do Riveira Atlántica. 

A actuación máis importante en investimento cun orzamento total de 3,2 millóns de euros é o da construción do novo Mercado Municipal (e actividades complementarias), no que xa foron adxudicadas tres importantes apartados: a redacción do proxecto do novo mercado á empresa L & T 94 Arquitectura y Urbanismo por un importe de 70.564 euros), o derribo da actual praza de abastos a Obras y Viales de Galicia (Oviga) por 171.690 euros, e a compra e instalación dunha carpa a dúas augas para albergar os postos do Mercado Municipal, na que resultou adxudicataria a empresa Carpas Facal, S.L., por 62.445 euros. 

Aparcamento subterráneo

O Goberno Local segue mantendo a primeira quincena de marzo como data máis probable para o traslado dos praceiros ata un emprazamento provisional nun solar lindante coa praza de España e a rúa Canarias. As tarefas de demolición do actual inmoble teñen un prazo previsto de tres meses e espérase que o inicio dos traballos de construción do mercado sexan unha realidade neste mesmo semestre. Por outra parte, está en estudo de viabilidade unha obra complementaria a do mercado como é a construción do aparcadoiro subterráneo do Malecón. 

Outras tres actuacións están en fase de tramitación da súa contratación: a creación dunha web-gis turístico-patrimonial (138.000 euros de orzamento), o Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Riveira e accesibilidade na área portuaria (que con 276.000 euros de presuposto sería o primeiro PMUS desenvolvido en Galicia fóra das grandes cidades) e a creación dun centro social e de ocio saudable na parroquia de Oleiros (máis de 800.000 euros: está en fase de concurso de ideas para a redacción do proxecto e execución de obra). 

Hai tres proxectos que por razóns de eficiencia organizativa decidiuse aglutinar nunha única actuación: a recuperación ambiental e patrimonial do río Artes (ou Arlés), a creación dun parque biosaudable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes e o plan recuperación de núcleos tradicionais, sumando entre eles unha cantidade global de 922.000 euros. Esperarase sacar a concurso en próximas datas a redacción dun proxecto global que englobe estes tres conceptos. 

Outras das actuacións programadas é o paseo marítimo-terrestre do borde litoral de Riveira (738.000 euros), que conectará a cidade coa praia de Área Secada: está en fase de reordenación do vial a fin dun mellor aproveitamento das zonas verdes e paisaxísticas. 

As actuacións restantes son a recuperación do complexo mar-industrial de Área Secada (276.000 euros, estase no estudo de información previa), a rede de Miradoiros e Vías Paisaxísticas de Riveira (276.000 euros, previsto para o 2013) e a recuperación da antiga aldea mariñeira da Illa de Sálvora (276.000 euros, no que está pendente de licitar a redacción do plan de actuación). 

Actuacións musicais

Outros dos asuntos que ocupou a intervención de Pouso Mariño foi a relativa a intención do Equipo de Goberno de redactar unha ordenanza municipal dirixida a regular as condicións en que se poidan desenvolver actuacións musicais tanto ao aire libre como no interior dos locais. 

A este último respecto, un dos maiores problemas que se teñen detectado na actualidade é que a maioría dos locais non teñen ningún tipo de insonarización, o que condiciona enormemente os horarios nos que se poden ofrecer as actuacións musicais. 

Por iso, o Executivo quere redactar unha ordenanza que incida en asuntos tales como a regulación de horarios, días e condicións en que se poidan desenvolver este tipo de eventos.o mesmo tempo, o Concello buscará a colaboración daquelas bandas que estean interesadas en participar na Programación Cultural de Verán, mediante a celebración de concertos itinerantes ao aire libre. 

Antes, en Certo:


Riveira Atlántica 2015: adxudicada asistencia técnica a Idom


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ajedrez: dos contundentes victorias del club Distribunosa Xadrez Rianxo

Distribunosa_xadrez_rianxo_vs_

Rianxo, 8 de febreiro de 2012. Resultados de la Cuarta jornada de la liga gallega de ajedrez 2012, con dos contundentes victorias de club Distribunosa Xadrez Rianxo.

(Primera División Gallega grupo B)
El Distribunosa Xadrez Rianxo obtiene 2 puntos en la visita del Mercantil de Ribeira A.
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2 ptos) VS “Mercantil de Ribeira A”(2 ptos)
Manuel Ángel Abuín Boullón 0-1 Eduardo García Brión
Sergio Arevalillo Romero 1-0 Manuel Barros Pazos
Enrique Soutullo Figueiroa 0-1 Gerardo Gil Pérez
Daniel Martínez Dourado 1-0 Francisco Romano García

Próxima jornada: el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” visita al Ence-Ajedrez Marín “A”.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Tercera División Gallega grupo C)
Victoria en todos los tableros del Escola Xadrez Rianxo.El Distribunosa Xadrez Rianxo “B”casi obtiene pleno pero finalmente cerró un tablero con tablas.
“Gallaecia Stellae” (0 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (4 ptos)
Ángel Camba 0-1 Cristopher Ferreiro
María Rey 0-1 Carlos Penas
Francisco Fernádez 0-1 Javier Moares
Marcos Álvarez 0-1 Manuel Castaño
Escola USC (3 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (1 ptos)
Ramón Fernández 0-1 Daniel Fernández
Pedro Vieites 1-0 Vicente Cores
Martín Pena 1-0 J. Benito Cores
Manuel Corral 1-0 Luis Cernadas
Hostal Miramar (0.5 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (3.5 ptos)
Jesús Santamaría 0.5-0.5 Néstor Martínez
Javier Casas 0-1Rogelio Ferrol
Cristopher Rodríguez 0-1 J. Méndez Rial
Toño Romero 0-1 J. Méndez Somoza

Próxima jornada: el “Escola Xadrez Rianxo” se enfrenta al “Escola USC” y el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” se enfrenta al “Hostal Miramar” el “Distribunosa Xadrez Rianxo B” visita al “USC Compostela”. Lugar y fecha: Encuentros celebrados 4 jornada Liga Gallega de Ajedrez 2012, 04/02/2012.

Resumen:
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2 ptos) VS “Mercantil de Ribeira A”(2 ptos)
“Gallaecia Stellae” (0 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (4 ptos)
Escola USC (3 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (1 ptos)
Hostal Miramar (0.5 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (3.5 ptos)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: a Sociedade Galega de Historia Natural pide plans de uso e xestión para Corrubedo e outros parques naturais e humedais

Media_httpfarm8static_gowrb

Vista das lagoas de Cospeito

Barbanza, 8 de febreiro de 2012. A Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Sociedade Galega de Historia Natural consideran que a protección dos humidais galegos, en liñas xerais, é suficiente sobre o papel pero amosa eivas moi importantes no campo da súa aplicación real:

- Carencia (case) absoluta de plans de uso e xestión, mesmo para os humidais Ramsar de importancia internacional e a súa contorna (Ribadeo, Ortigueira, Valdoviño, Corrubedo e Umia-Grove-Carreirón).
- Urbanismo e acuicultura mal planificados, ou mesmo fóra de control, na beiramar.
- Contaminación agro-gandeira difusa, roturación de terras marxinais asolagables para “cazar primas” da UE e extracción excesiva de augas para regadío (A Limia, Terra Chá).
- Efectos directos e indirectos dos lumes sobre os humidais de montaña.

A nivel lexislativo é moi lamentable, di a SGHN, que a nova Lei de Augas de Galicia ignore as zonas húmidas e non adique nen un só artigo á restauración dos sistemas hidrolóxicos degradados na actualidade, nin siquera nas zonas de especial protección das rías (que acubillan os 5 humidais Ramsar galegos) onde, sexa boa ou mala a calidade das súas augas, confórmase con que non empeore.

A nivel executivo é igualmente lamentable que en Galicia a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Confederación Hidrográfica do Duero (bacía do río Támega) non estean a exercer as súas competencias para garantir “a conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos”, como establece a Convención de Ramsar, da que España forma parte.

Por outra banda, bótase en falla a necesaria colaboración entre administracións, universidades e entidades conservacionistas para avanzar na procura dos obxectivos da Convención de Ramsar en Galicia.

Malia esta problemática, os humidais galegos non son só fonte de auga e vida senón tamén de esperanza: basta darlles unha oportunidade e devolven con creces o esforzo investido, aseguran dende esta asociación conservacionista.

Hai 13 anos a biodiversidade da lagoa de Cospeito sobrevivía entre augas máis propias dunha alcantarilla. Despois dunha recuperación parcial hoxe é un humedal moi valioso dende o punto de vista botánico e de hábitats. ¿A qué agardamos para unha recuperación máis ampla, que devolva o funcionamento natural a súa contorna inmediata asolagable temporalmente? Unha intervención ben planificada e executada permitiríalle a Cospeito amosar todo o seu potencial faunístico, especialmente ornitolóxico, no caso de dúas aves coas poboacións reprodutoras ameazadas de extinción en Galicia: a avefría e o mazarico.

O éxito sería rotundo se se abordase tamén a recuperación do resto do mosaico de humedais da Terra Chá ... e, sen dúbida, de repercusións internacionais se se recuperase parcialmente Antela e o complexo húmido de A Limia.

Daquela os galegos poderíamonos gabar de que, dende un punto de vista ambiental, por fin Galicia entrou no século XXI.

SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Apartado de Correos nº 330 ; 15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA
www.sghn.org        e-mail:sghn@sghn.org


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o sábado 12 de febreiro, Campionato Provincial de Campo a Través

A Pobra, 8 de febreiro de 2012. O vindeiro sábado 12 de febreiro,  co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo, terá lugar unha das probas do Campionato provincial de Campo a través.

Na presentación de dita proba deportiva estiveron presentes o Concelleiro de Deportes pobrense, Jesús Dieste Buceta, o presidente da A.A.D. Barbanza, José Moure Muñiz, o Subdirector da Secretaría Xeral para os Deportes da Xunta de Galicia, Carlos Martínez e o Alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas.


Viaxe a Lalín: este domingo 12, á Feira do Cocido e O Corpiño


Viaxe: a Madrid, do 22 ao 25 de marzo. Anótate!


Obradoiro de Teatro: de febreiro a maio, gratuito. Proba!


Entroido 2012: programación prevista


Campionato-provincial

Campionato provincial campo a través.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: dous equipos galegos da División de Honra de fútbol sala xogan un amistoso este venres 10

Ftbol_sala

  • A entrada para este partido é gratuíta
  • A. Lobelle Santiago e Azkar Lugo medirán as súas forzas na Fieiteira 


Ribeira, 8 de febreiro de 2012.- O vindeiro venres, 10 de febreiro, vaise a disputar no polideportivo A Fieiteira un partido amigable entre os dous equipos galegos que militan na división de honra de fútbol sala: A. LOBELLE SANTIAGO – AZKAR LUGO F.S. O partido está previsto que comece ás 20.30 horas. 

A liga de primeira división de fútbol sala, nestes intres, atópase parada por motivo da participación do combinado español no Europeo de Croacia. Este parón está previsto que se alongue ata o 18 de febreiro, por isto os equipos xogan este tipo de partidos amigables para non perder a forma.  

O A. LOBELLE SANTIAGO ocupa nestes intres o 6º posto na clasificación (posto que permite participar na Copa do Rei), mentres que o AZKAR LUGO F.S. está en postos de descenso, xa que ocupa a 15ª praza da clasificación.  

Antes do comezo do encontro, de 18 a 19 horas, haberá un pequeno Campus para rapaces/zas dos equipos base do concello, no que estarán presentes 2 xogadores do primeiro equipo do A. LOBELLE SANTIAGO repartirán posters e sortearán un balón firmado por todos os xogadores da plantilla entre os cativos participantes. 

Dende o Concello agardan encher as gradas de A Fieiteira, xa que é unha gran oportunidade para ver aos dous mellores equipos Galegos que militan na 1ª división da liga nacional de fútbol sala. 

Pode que tamén lle interese:


Viaxe á neve: do 24 ao 26 de febreiro. 135 euros. Anótate!


Entroido: bases do festival de murgas e comparsas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: ata o venres 17 de febreiro, "Entre amigos" na casa da cultura

Entre_amigos



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: bases do XI Certame de Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos"

Xi_certame_literario_avils

  • Prazo de admisión de orixinais ata o 23 de marzo, venres
  • Único premio de 3.000 euros e escultura de Alfonso Costa, ademais de publicación do relato

Noia, 8 de febreiro de 2012. Estas son as bases do XI Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, que foi presentado esta mañá na casa de cultura que leva o nome deste eximio escritor:

1. Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
2. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
3. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 23 de marzo de 2012.
4. Os traballos serán remitidos a:
Concello de Noia
Rosalía de Castro, 2
15200 Noia
5. Estabelécese un único premio de 3000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.
O premio está consignado na partida 334.48000, atopándose retido o crédito necesario.
A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria ao gañador/a que deberá achegar ao Concello de Noia a certificación emitida polo banco ou caixa, correspondente á súa conta. Unha vez presentada esta certificación o Concello disporá de cinco días hábiles para a realización efectiva do pagamento.
6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos. Estará composto polo Alcalde do Concello de Noia, ou persoa na que delegue, que actuará como presidente. Un membro da revista de creación literaria e cultural Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia que actuará como secretario/a. E tres vogais nomeados/as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas. O xurado emitirá publicamente o seu veredicto o día 27 de abril de 2012.
7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruidos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.
8. O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: programación cultural do xoves 9 ao sábado 11 de febreiro

xoves 9 de febreiro. 20:30h
Pecha-Kucha: innovación e creatividade na empresa
Local da A.B.E. Boiro
Organizan A.B.E e Centro Social de Boiro

Media_httpfarm3static_jbwgr

venres 10 de febreiro. 20:30h
Xornadas sobre Nutrición
Casa da Cultura Ramón Martínez López. Boiro
Organizan Anpas e Cruz Vermella

venres 10 de febreiro. 24:00h
Concerto de Narci Rodriguez Organ Trio
Pousada das Ánimas. Boiro
Organiza establecemento

sábado 11 de febreiro. 12:00h
Ruta fotográfica pola parroquia de Bealo
Organizan Asoc. veciños Cruceiro do Monxo e asoc. Olláparo

sábado 11 de febreiro. 23:30h
Concerto de Magnifique Bande
Curral do Marqués. Taragoña
Organiza establecemento

Pode que tamén lle interese:








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical