15.3.12

A Pobra do Caramiñal: os madrileños teñen predilección por Valle-Inclán

A Pobra do Caramiñal, 15 de marzo de 2012. O bo tempo e o adianto da primavera -disque- animan ás primeiras visitas procedentes de Madrid a achegarse ata a vila da Pobra do Caramiñal e incluír no seu percorrido unha reserva para unha visita guiada polas dependencias do Museo Valle-Inclán.


Nesta ocasión, e semella que os madrileños teñen fervor polo inventor do esperpento, foi un grupo de 45 veciños o que  incluíu como parte do programa das súas vacacións por Galicia unha visita polas terras barbanzanas ligadas a Ramón María del Valle-Inclán para a xornada do xoves 15 de marzo. Cara as 17:30 h. chegaron á esplanada do porto da Pobra para dirixirse ata a Torre de Bermúdez, onde a técnica do museo, Begoña Olveira, os recibíu e os conducíu durante o percorrido polas distintas salas. Ademais non deixaron pasar a ocasión de facer un retrato de grupo ante a entrada principal co que poder recordar o seu paso por este nobre edificio.

Ao remate do seu paseo polo Museo continuaron coñecendo os lugares máis emblemáticos da vila pobrense, entre os que non podía faltar unha suba ao alto do monte Curota para disfrutar da inmensidade das súas vistas sobre a ría de Arousa.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: homenaxearán a Prudencio Romo na Cidade da Cultura o xoves 22 de marzo

  • O Concello de Noia, de onde é natural Prudencio Romo e a quen lle adicaron o local de ensaio, non foi nin avisado
  • A actividade pretende galeguizar máis as festas que se celebran en Galicia. Ignoramos se asistirá a concelleira de Cultura do PP de A Coruña, Ana Fernández, que consideraba as festas que había co bipartito "demasiado gallegas"
Pode que tamén lle interese:




Manifesto.pdf Download this file

Invitacion Mil Festas Mais.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o Concello encaixa unha viaxe pola Costa da Morte o 7 de abril

Excursion-camarias

A Pobra, 15 de marzo de 2012. O concello da Pobra do Caramiñal ten previsto levar a cabo unha excursión á localidade de Camariñas o vindeiro sábado 7 de abril.


A localidade de Camariñas, ubicada en plena Costa da Morte, é unha pequena poboación que conta con algo máis de 6.000 habitantes e que é coñecida sobre todo pola súa arraigada tradición na elaboración de encaixe de bolillos, unha arte recoñecida a nivel internacional que comeza a súa andaina nesta zona da costa galega alá polo século XV, momento no que, segundo conta unha lenda, naufragou fronte as costas de Camariñas un barco de orixe italiana, e unha das superviventes, en agradecemento pola axuda recibida, aprendeulle ás mulleres do lugar esta forma de facer encaixe.


Muxía e Muros no percorrido


Tamén está prevista a visita  a veciña localidade de Muxía, poboación que vive do mar e que rivaliza con Camariñas na elaboración do encaixe de bolillos, e a localidade de Muros, que presume de ter un dos cascos antigos de orixe medieval mellor conservados de Galicia, cunha das xoias galegas do gótico mariñeiro dedicada a San Pedro, e unha sucesión de rúas rebautizadas a finais do século XIX con nomes típicos dunha época histórica na que o home tomaba conciencia de si mesmo e dos sentimentos: soidade, tristeza,…

Media_httpfarm8static_qdaxf

Rúa Venus en Muros

Para anotarse ou solicitar máis información, os interesados poden dirixirse ó concello e preguntar por Lola.


O mesmo día:



Pode que tamén lle interese:






 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: mostra de break-dance na pista multideporte "Irmáns Parada Alvite" este venres 16

  • Tamén na Casa da Xuventude serán recibidos mañá estudantes de Alemania
  • En Artes, no Centro Recreativo, terá lugar a presentación dun equipo de Kempo

Media_httpfarm8static_wtnte

Pista multideporte da casa da xuventude, adicada aos irmáns Parada Alvite

Ribeira, 15 de marzo de 2012. A recentemente inaugurada pista multideporte “Irmáns Parada Alvite”, situada detrás da Casa da Xuventude, en Abesadas, vai dar cabida mañá ás 10.45 horas a unha exhibición de breakdance, que será levada a cabo por membros da Asociación Vella Escola de Noia.

Ao espectáculo asistirán alumnos do veciño colexio Galaxia. O que se persegue con esta acción é fomentar, por unha parte, o uso e disfrute das instalacións públicas municipais entre a xuventude e, por outra, achegar a disciplina do breakdance aos máis novos, promovendo os seus moitos beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas das persoas.

Estudantes xermanos traídos pola ex-muller do dono de Zara

Este venres 16 e o sábado 17 de marzo estarán en Ribeira, aloxados no Albergue da Casa de Xuventude, dezaoito  mozos alemáns, con idades comprendidas entre os 16 e os 24 anos, procedentes do Estado de Brandenburgo.

Os mozos e mozas (Philipp, Sandy, Mathias, Dennis, Justyna, Yvonne, Kevin, Anne, Immanuel, Christoph, Andy, Jonny, Mark, Riva, Denny, Oliver, Irina, Dominic, Vanessa) están realizando prácticas pre-laborais dun mes en empresas das comarcas de Sar, Barbanza, Muros e Noia. Os rapaces, en situación de desemprego no seu país de orixe, veñen acompañados por tres traballadores sociais e forman parte do proxecto “La Ida”, financiado polo Estado Federal Alemán e que conta coa colaboración da Fundación Paideia, detrás da que está Rosalía Mera, ex muller de Amancio Ortega, dono do imperio Inditex e o home máis rico de España.

Os rapaces foron recibidos por esta entidade e tiveron oportunidade de visitar as súas instalacións, radicadas no municipio de Padrón. O obxectivo principal do proxecto “La Ida” no que participan é proporcionar aos mozos en desemprego unha experiencia transnacional que lles sirva como orientación profesional, e como aprendizaxe lingüística. O goberno alemán pretende deste xeito contribuír a aumentar as capacitacións destes mozos, facilitándolles a reincorporación a itinerarios formativos e de emprego, unha vez retornen a Alemaña.

Ademais das prácticas en empresas, os mozos tamén participan en actividades deportivas, como medio para realizar unha aprendizaxe lingüística, así como recurso para a socialización con mozos galegos.

Chegada ás 17.30 horas

Chegarán a Riveira en torno ás 17.30 horas de mañá. De 18 a 19 horas levarán a cabo un obradoiro de malabares nas instalacións da Casa da Xuventude de Riveira e de 19 a 20 horas realizarán unha actividade de orientación urbana polas rúas de Riveira.

O sábado 17 de marzo levarán desenvolverán tamén neste municipio unha xornada de convivencia con mozos e mozas da Asociación Xuvenil Arrecó. Os rapaces de Arrecó elaboraron unha serie de actividades no medio natural para deste xeito pasar un día inesquecible.

Así, haberá unha ruta de sendeirismo que saíndo de Riveira pasará polo Parque Periurbano de San Roque, polo Miradoiro da Pedra da Rá e rematará no Parque Natural de Corrubedo, onde visitarán o CIELGA. En caso de que as condicións climatolóxicas non sexan as adecuadas, faranse actividades predeportivas no polideportivo da Fieteira.

Media_httpfarm3static_kkpaj

Programa
da ruta de sendeirismo e xornada de convivencia entre mozos e mozas de Alemaña pertencentes ao proxecto “La Ida” da Fundación Paideia e mozos e mozas da Asociación Xuvenil Arrecó de Riveira.

Sábado 17 de marzo de 2012:

Ruta clasificada de dificultade baixa cun percorrido total de 4,39 Km. O punto máis elevado é o Miradoiro da Pedra da Rá cunha altura sobre o nivel do mar de 172 metros.

10.00 h. Saída da Casa da Xuventude e a través do monte vaise cara ao Parque Periurbano de San Roque.

10.30 h. Recibimento por parte da técnica do Centro de Interpretación e breve explicación do Parque e das exposicións.

11.30 h. Unha vez rematada a visita ao Parque de San Roque continuarase a ruta ata chegar ao Miradoiro da Pedra da Rá.

12.00 h. Chegada ao Miradoiro da Pedra da Rá desde onde verán o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Media_httpfarm4static_oiwlx

12.15 h. Saída rumbo ao Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural de Corrubedo (Casa da Costa).

13.00 h. Recibimento por parte dos técnicos do Parque Natural e visionado dun vídeo de cómo se formou o Parque. Visita ao CIELGA (Centro de Interpretación da Natureza de Galicia).

13.30 – 13.45 h. Fin da actividade e comida de confraternidade.

Equipo de Kempo en Artes

Tamén informa o Concello de que o edil Anxo Orellán vai asistir mañá ás 21 horas á presentación do club Kempo Barbanza no Centro Recreativo de Artes. Acompañará ao presidente do citado club, Iván Parada, quen ademais de explicar os obxectivos e proxectos de futuro que ten a entidade, dará detalles da próxima participación de deportistas do club no Campionato do Mundo de Torres Novas en Portugal.

Segundo comunican os organizadores do acto, ao final do mesmo haberá uns petiscos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Bng local anóvase e deixa paso a outra xente coa dimisión dos seus concelleiros

http://www.bng-ribeira.org/wp-content/themes/primepress/rotating.php?image=8
Imaxe do Bng de Ribeira no seu blog oficial

Ribeira, 15 de marzo de 2012. Como continuación da XIII Asemblea Nacional do BNG, a Asemblea Local do BNG de Ribeira procedeu na tarde de onte á renovación do seu Consello Local que estará formado polas seguintes persoas:

- Vicente Paz Carou (Responsable Local)
- Dores Vidal Peón
- Xosé Antón Vázquez Cobas
- Silvia Varela Rodríguez
- Xosé Antón Parada Fernández
- Luís Pérez Barral
- Dominga Brión Sanmiguel
- Xavier Seco González
- Tareixa Prol
- Luís Teira Parada
- Xosé L. Groveiro

A Asemblea tamén recibiu notificación da renuncia aos seus cargos por parte
dos actuais concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal do BNG por motivos
persoais.

Media_httpfarm3static_jktvo

Vázquez Cobas, á esquerda, é ata o de agora presidente da A.C. Altofalante

Procedeuse ademais a nomear os e as integrantes que formarán o novo Grupo Municipal e que, unha vez cumpridos os trámites legais, serán:

- Xosé Antón Vázquez Cobas (Voceiro Municipal)
- Antón Parada Fernández
- Dores Vidal Peón e
- Luís Pérez Barral

Últimas iniciativas presentadas polo Bng en Ribeira:
Moción para que non se privaticen as Galiñas Azuis
Moción para tomar medidas contra os desafiuzamentos
Iniciativa en defensa da Sanidade Pública





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.3.12

Ribeira: continuará o obradoiro de teatro social ante a boa acollida da primeira edición

Ribeira, 14 de marzo de 2012.- Representantes da Concellería de Servizos Sociais e da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Ribeira expresaron a súa satisfacción polo bo resultado da representación teatral celebrada na tarde de onte no Auditorio Municipal, e que viu supoñer o punto e final ao Obradoiro de Teatro Social que, desenvolvido dende o pasado outubro, estivo dirixido a persoas en risco de exclusión e con problemas de dependencias.

Unha quincena de actores tomaron parte na escenificación teatral coordinados por Alejandro Sarmiento. O programa estivo formada por unha peza dramática titulada “Trotamundo y el Rey”, tres sketch de Roll-Playing e unha danza-teatro sobre as drogas.

Aplauso unánime

Asistiron medio cento de persoas que quixeron despedir entre aplausos e postos en pé o desenvolvemento da función. Entre eles, figuraban o edil de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño; o xefe de servizo da UAD, Jesús Cartelle; e a presidente de Renacer, María González.

Dado o éxito da iniciativa, dende a UAD xa se está pensando en darlle continuidade a través da posta en marcha de novos obradoiros que axuden á reinserción social deste segmento de poboación.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: o Bng cuestiona a credibilidade da alcaldesa e o novo asesor xurídico do Concello

Muros, 14 de marzo de 2012. Segundo explican hoxe en nota de prensa dende o Bng de Muros, "o escrito que presenta a alcaldesa socialista Caridad González ante o xulgado do contencioso-administrativo nº 3 dos da Coruña, por medio do asesor xurídico que contratou para o concello é unha mostra máis da nula credibilidade que merece".


Para os nacionalistas muradanos, "este escrito é a oposición á demanda que a nacionalista María Xosé Alfonso lle ten interposto á alcaldesa por ter sido expulsada do pleno celebrado o 7 de xullo de 2011 no que, grazas a esta expulsión, o grupo socialista tivo a maioría suficiente para aprobar as súas retribucións como equipo de goberno municipal. Non hai máis que ler este escrito e ler a acta do citado pleno para ver as claras contradicións nas que incurre a alcaldesa no seu afán de xustificar o inxustificable.Na acta dese pleno celebrado o 7 de xullo de 2011, acta aprobada posteriormente polo grupo socialista, pódese comprobar con só leela como a alcaldesa Caridad González expulsa á concelleira nacionalista María Xosé Alfonso durante o debate do 5º punto da orde do día, sen ningunha advertencia previa e estando a concelleira no uso do seu turno de palabra.  Pois ben, por medio da oposición á demanda, Caridad González di ter expulsado á citada concelleira porque ésta non estaba no seu turno de intervención, porque a estaba insultando e ameazando a súa integridade física e que fora advertida dúas veces. Pero o curioso do tema é que ao mesmo tempo di que non comezara o pleno, algo totalmente contradictorio coa afirmación de que fora advertida dúas veces".

 

"Isto non é máis que outra proba da maneira de actuar da alcaldesa de Muros, para xustificar un claro abuso de poder expulsando a un membro da corporación para quedarse coa maioría suficiente e sacar adiante as súas retribucións agora míntelle descaradamente ao xulgado", aseguran os do Bng.


Case 3.000 euros ao mes por traballar dous días á semana

 

Os nacionalistas de Muros tamén cuestionan o soldo e a idoneidade do novo asesor xurídico: "Vemos tamén cal é o estilo do novo asesor xurídico contratado pola alcaldesa pola frioleira de case 3000 €/mes por acudir ao concello dous días á semana:  pode estar contenta e tranquila a cidadanía de Muros con este “asesor”?", pregúntanse.

Rolda_prensa_contestacin_deman

CONTESTACIÓN Á DEMANDA (CONCELLO DE MUROS E FISCALÍA)[1].pdf Download this file

Borrador pleno 07.07.2011.ppt Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: imaxes e pequeno vídeo da presentación de "Corazón Branquiazul", peña do Deportivo

Media_httpfarm8static_wgvgf

Unha peña que se prece ten que ter bandeira. Velaquí a de "Corazón Branquiazul"


Rochela e Lauren fixéronse fotos cos xiareiros do Depor presentes no acto

Media_httpfarm8static_ruavc

Fran Riaso na presentación, pronunciando unhas verbas coa camiseta tuneada

Media_httpfarm8static_wkcsf

A Taberna do Riaso encheuse de xente para apoiar ao equipo coruñés en Segunda

Media_httpfarm8static_dbgyr

Sorrían para a foto! (Que guiadiñ@s!)

Media_httpfarm8static_psjdj

Fran Riaso, nunha das súas típicas gargalladas ensaiadas


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: anovarán o saneamento dun tramo da rúa Mexilloeiro en Corrubedo

Ra_mexilloeiro_-_corrubedo

  • Inversión de 47.172 euros a cargo de "Sonense de Granitos S.L." , a empresa que presidía o actual alcalde -do PP- de Porto do Son, Luis Oujo, ata 2011

 

Ribeira, 14 de marzo de 2012.- O Concello informou dunha próxima actuación en Corrubedo que consiste na instalación de pluviais e renovación de saneamento nun tramo da rúa Mexilloeiro, vía situada no casco histórico da referida parroquia.

 

A empresa “Sonense de Granitos S.L.” acometerá esta actuación, por un importe de 47.172 euros.

 

Actualmente, no tramo referido non hai un funcionamento óptimo da súa rede de saneamento, dado que o seu pouco desnivel provoca episodios de atascos, tanto na rede xeral como nas acometidas domiciliarias. Por outra parte, o vial carece de rede de pluviais.

 

Así e logo, o proxecto plantexado prevé renovar a rede de saneamento colocando unha tubaxe de 70 metros de lonxitude de PVC liso, ademais de instalar unha rede de pluviais mediante outra tubaxe de 70 metros de PVC corrugado.

 

Pavimentación

Polo que respecta á pavimentación, decidiuse utilizar diversos tipos de pedra para conseguir un debuxo demellante ao existente a outras áreas próximas recentemente pavimentadas, polo que se utilizarán lousas de granito de 60x40 centímetros combinadas con adoquíns de granito de dimensións de 20x10 centímetros.

 

O Gobermo Municipal prevé que en próximas actuacións se obre no resto da rúa Mexilloeiro para harmonizala co entorno.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Virxe de Guadalupe substituíu a Santa Comba por unha moda introducida no século XVIII

Media_httpfarm5static_aaniv

Entrada da igrexa de Santa Comba en Rianxo

Así o relata Xosé Manuel González Reboredo no seu traballo "Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro", que vén de gañar o XVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (a anterior edición gañouna o ribeirense Carlos Callón coa súa obra "Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media"). O antropólogo lugués presentou a súa obra baixo un lema que ben podería servir para moitos gobernantes do PP na actualidade: "Cando os homes non poden, que axuden os santos".

Media_httpfarm4static_hsaei

A da Guadalupe é unha simple capela, aínda que ten a festa máis grande agora e a canción popular máis coñecida de Galicia

Escoiten esta interesante entrevista que lle fixeron no programa "Arredor de nós" de Radiofusión.

 

Quen é Xosé Manuel González Reboredo?

A súa ficha na Galipedia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical