19.3.12

Noia: o Liceo organiza unha charla médica, un concerto de jazz e un baile estes últimos días de marzo

Rianxo: o concerto polo décimo aniversario da Escola de Música é o sábado 24 de marzo

Rianxo, 19 de marzo de 2012. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao concerto no que se vai celebrar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo. Será ofrecido pola Banda Infantil e a Banda da Escola de Música de Rianxo.
  • CONCERTO: X ANIVERSARIO DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
  • DÍA: sábado 24 de marzo
  • HORA: 20h00
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo
Pode que tamén lle interese:


Viaxe desde Rianxo: a Xerusalén e Terra Santa, en abril


Semana Santa: actividades relixiosas ata o 9 de abril


Obradoiro: de iniciación musical. Prazo para anotarse ata o 30M


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o 19 de maio celebrarase unha xornada informativa sobre o Día Solar Europeo

Media_httpfarm5static_irbme

Ribeira, 19 de marzo de 2012. En dous meses, o día 19 de maio, un sábado, vai ter lugar nos locais do Liceo Marítimo unha xornada informativa sobre o Día Solar Europeo. Comezará ás seis da tarde, baixo o título "Europa coa enerxía do sol", e os organizadores agardan contar coa presenza de varias empresas e profesionais do sector enerxético e industrias auxiliares. Garantimos que un dos asuntos máis candentes a tratar será a retirada do goberno do PP das primas ás enerxías renovables.

"A Terra non a herdamos dos nosos antergos: tomámola prestada dos nosos fillos". Con lemas como este a Unión Europea busca loitar contra o cambio climático e quere establecer unha nova política integrada, coa esperanza de superar os compromisos adquiridos no anterior Consello Europeo. Os seus obxectivos primordiais son mellorar a eficiencia enerxética ata un 20% no 2020 e incrementar a participación das enerxías renovables tamén ata ese vinte por cento no mesmo ano 2020.

No que atinxe a impostos enerxéticos, a UE busca evitar comportamentos contaminantes e premiar as accións que se sexan positivas para o medio ambiente relacionados co aforro de enerxía e con actividades respetuosas coa natureza.

Máis información en http://www.diasolar.es

  
  
  
   

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.3.12

Literatura: a novela que gañou o III concurso de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira", en breve nas librarías

Orlando pendurado, de Goretti Fariña, é a novela gañadora do «Premio III Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira» 2011. A próxima semana chegará ás librarías.

Ribeira, 17 de marzo de 2012. Segundo informou onte no seu web a editorial Xerais, a novela gañadora da terceira edición do certame de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira", "Orlando pendurado", de Goretti Fariña, estará a disposición dos compradores a partir da semana vindeira.

De que vai o libro?

A nove metros do chan e a sete do taboleiro onde escorregara dez minutos antes, o operario Orlando Valiñas planeaba na bruma da mañá. Pendurado dun incómodo arnés, que o unía á vida, pensaba en Alexandra, a compañeira que enchera a súa vida nos tres últimos anos. Orlando preguntábase como identificar os sinais que indican o modo de facer correcto na vida, a maneira de atopar o rumbo preciso para avanzar na boa dirección. Durante aquela situación límite, en boa medida froito do tempo de crise que vivimos, cruzáronselle na súa cabeza as decisións principais da súa vida, xusto cando se verá obrigado a tomar outra que orientará o seu futuro. Con Orlando pendurado, un protagonista argallante que principia namorado e remata furioso, a autora quixo trazar un relato entre existencial e costumista, cun resultado entre piadoso e retranqueiro.

Antes, en Certo:

Convocado o terceiro premio de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.3.12

Cinema: o boirense Toño Chouza gañou o primeiro premio na categoría de Microfilms do Festival Europeu de Curtmetratges de Cambrils

<p>Seule from Toño Chouza on Vimeo.</p>

Boiro, 16 de marzo de 2012. Suma e segue. Imparable. O cineasta boirense Toño Chouza vén de levar un novo recoñecemento por un traballo cinematográfico, Seule, que presentou á XIV Edición do Festival Europeu de Curtmetratges de Cambrils (Catalunya). No apartado de Microfilms acadou o primeiro premio, polo que gañou 1.000 euros.

Blog de Toño Chouza: http://disparodenieve.blogia.com/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: a XII edición da Confraternidade de Maiores, con misa e xantar, será o 1 de maio

Ribeira: máis dun cento de rapaces e veciños ollaron unha exhibición de breakdance

  •  Tivo lugar na pista multideporte "Irmáns Parada Alvite"

Ribeira, 16 de marzo de 2012.- Máis dun cento de persoas, principalmente alumnos do Colexio Galaxia pero tamén viandantes e curiosos que quixeron disfrutar da actuación, asistiron esta mañá á exhibición de breakdance que, a instancias da Concellería de Xuventude, tivo lugar na Pista Multideporte “Irmáns Parada Alvite”, en Abesadas.

O instrutor Ramón Gey e dous dos seus alumnos pertencentes á asociación Vella Escola deleitaron ao público coas súas acrobacias ao son da música e entre as ovacións dos congregados.

Esta acción tivo por obxecto fomentar, por unha parte, o uso e disfrute entre a xuventude das instalacións públicas municipais e, por outra, achegar a disciplina do breakdance aos máis novos, promovendo os seus moitos beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas das persoas.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: programación cultural deste mes de marzo

Natureza: ADEGA, FEG e a SGHN piden a suspensión da tempada de pesca pola gran seca actual

  • Advirten dos riscos de que a explotación dos ríos dende este domingo cause graves danos na poboación piscícola e nos ecosistemas fluviais
  • Acusan á Xunta de pasividade e de "pechar os ollos á realidade"

 
Daaeabdj


 

Barbanza e Noia, 17 de marzo de 2012.  Este domingo 18 de marzo está previsto o inicio da tempada de pesca segundo o establecido na orde do 28 de decembro de 2011, pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais de Galicia durante a tempada 2012 (DOG nº 12 do 18/01/2012 e corrección de erros DOG nº 33 do 16/02/2012).

A información subministrada polos distintos organismos con competencias en materia de augas (Augas de Galicia, Confederación Miño-Sil e Confederación do Cantábrico) coinciden en sinalar que estamos en mínimos históricos para o presente mes con respecto aos caudais da maioría dos ríos galegos. Esta situación é derivada dun período con precipitacións por baixo da media dende a primavera de 2011, o que segundo datos da propia Meteo Galicia sitúanos nunha situación de seca.


Media_httpadegainfoin_anujd

En Adega teñen un programa chamado "Custodia fluvial" que vela polos recursos dos ríos


Segundo estas tres entidades, "os efectos desta seca sobre os ecosistemas acuáticos e as especies piscícolas (que se atopan nunha situación de estrés) verase incrementado coa pesca, o que pode comprometer o futuro de moitas poboacións da fauna e flora ligadas aos nosos ríos nun escenario de afluencia masiva de pescadores (comezo de tempada) e reducido espazo para a vida acuática (caudais baixos). A isto temos que engadir que pescar nesta situación de seca pode comprometer o reclutamento (as incorporacións de novos peixes) de moitas das especies piscícolas, especialmente os salmónidos (troita, reo e salmón), pola maior captura de reprodutores e destrucción de zonas de reproducción (frezadoiros)".

As asociacións conservacionistas consideran que ante esta situación "o goberno galego está a facer ouvidos xordos ás distintas voces que recomendan o retraso do comezo da tempada de pesca e negando a realidade meteorolóxica. Por esta deixadez de funcións ADEGA, a FEG (18 organizacións) e a SGHN instamos á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a que reconsidere a súa decisión de continuar con normalidade a tempada de pesca e paralice o seu desenvolvemento até que se podan restablecer os caudais medios dos nosos ríos. Todo o contrario suporá poñer en risco os nosos ecosistemas fluviais e hipotecar o futuro da pesca en Galicia".


Asinan: ADEGA, FEG (integrada por ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suido, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Coto do Frade, Guerrilleiros das Fragas, G.N. Hábitat, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verbo Xido, Verdegaia e Xevale) e a SGHN.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este sábado 17, primeiro acto de Boiroverde e V Bandeira de Bateis "Concello de Boiro"

Boiroverde_actos_17_marzo

Boiro, 16 de marzo de 2012. Boiroverde comeza este sábado 17 coa súa xeira de actos de sensibilización da cidadanía de cara ao medio ambiente. Na rúa peonil, dende as 12 do mediodía haberá actividades de reciclaxe.

Media_httpfarm5static_pjeax

Por outra banda, e xa en Cabo de Cruz, vai ter lugar a V Bandeira de Bateis "Concello de Boiro". Competirán sobre 70 equipos que arrexuntarán a uns 300 regatistas. Non sabemos que pasará, pero de cumprirse os pronósticos, o club anfitrión, o de Remo de Cabo de Cruz, pode que sexa de novo o gañador -logo de levarse as catro anteriores-. As probas comezan ás 16:15 e supoñen a oitava da liguiña previa do Campionato Galego, que se vai celebrar en abril.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical