Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
20.3.12
A Pobra: programación da Semana Santa 2012
Ribeira: o mes de xuño será este ano "Mes da cultura" local
- Contarán coas asociacións para elaborar o programa de actos e intentarán acometer algún récord Guinness
Ribeira, 20 de marzo de 2012.- O vindeiro mes de xuño vai ser erixido a partir deste ano 2012 en Mes da Cultura de Ribeira. Así foi decidido durante a reunión do Órgano de Goberno desenvolvida hoxe, de cuxos principais asuntos dou conta a voceira Herminia Pouso Maneiro.
Con esta iniciativa, o Executivo presidido por Ruiz Rivas pretende que as rúas e as distintas instalacións culturais radicadas no municipio sirvan de escaparate das moitas potencialidades artísticas que Ribeira posúe, a través da confección dunha completa programación na que teñan oco todo tipo de disciplinas: dende a pintura ata o baile, dende a música á arquitectura, pasando pola escultura, a literatura ou o gravado.
Para isto, e segundo destacou Herminia Pouso, vai resultar fundamental contar coa colaboración das asociacións con fins culturais radicadas no municipio. Neste sentido, a voceira municipal manifestou que o Concello está aberto a través da súa Delegación de Cultura a recibir todas as suxestións e achegas que poidan aportar os moitos colectivos interesados e poder consolidar así o mes de xuño nunha gran festa cultural nunha época coincidente cos primeiros síntomas de afluencia turística de verán.
Día da Mancomunidade
Herminia Pouso avanzou que un dos eventos cos que xa se está a traballar de cara á programación do Mes da Cultura 2012 é o Día da Mancomunidade, que terá lugar a mediados de xuño no municipio ribeirense (cabe lembrar que esta iniciativa ten carácter rotatorio, de tal xeito que en vindeiros anos a efeméride celebrarase noutros concellos de Arousa Norte).
Busca do Guinness (o dos récords, non a cervexa)
Asemade, a edil anticipou que un dos retos que se pretende acometer durante este mes é o de superar algún tipo de récord Guinness relacionado co eido cultural para que esta acción sirva de reclamo para captar a interese do exterior.
Día da Árbore, o venres 23
Imaxe do ano pasado do Día da Árbore
Outro dos asuntos explicados por Pouso Maneiro é a celebración este venres 23 da tradicional Día da Árbore, na que participarán alumnos dos colexios Galaxia, Bayón, Sagrado Corazón de Castiñeiras, A Milagrosa de Oleiros e CEIP Frións, así como usuarios de Ámbar.
Os actos da Día da Árbore terán lugar no parque natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Está prevista a chegada dos escolares participantes ao CIELGA ás 11 horas, e acto seguido tomarán parte activa nunha xornada didáctica composta por unha plantación de árbores, unha charla sobre o parque natural e as súas especies, e actividades con monitores e xogos de natureza.
Por outra parte, e enmarcada tamén dentro da programación do Día da Árbore, o sábado 24 alumnos da gardería Barbanziños da Hospital Comarcal farán unha nova plantación no parque periurbano de San Roque.
Semáforos definitivos
Tamén anunciou Pouso Maneiro a saída a licitación de semáforos definitivos para a avenida do Malecón. Esta actuación ten un orzamento de 80.800 euros e adscríbese ao proxecto Ribeira Atlántica dentro do apartado de mobilidade.
Substituiranse os semáforos existentes e engadiranse a maiores puntos de semáforo no paso de peóns máis cercano á praza da Concordia, así como no carril interior situado fronte ás instalacións de Capitanía Marítima.
Avenida de Ferrol
Por último, avanzou que o acondicionamento da zona verde da avenida de Ferrol está prácticamente ultimada, a falta da instalación do rego e outros pequenos detalles.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: este venres 23 de marzo, mesa política, poesía salvaxe con dez vates e primeiro concerto do Curota Sound
Na lectura colectiva de poemas participarán 10 poetas e será presentada por Lucía Aldao e María Lado. Na primeira e na última actividade organiza a asociación cultural Borobó.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este mércores 21, charla sobre facendas municipais a cargo do catedrático Luís Caramés
- Baixo o título “A Facenda Municipal: entre a fragmentación territorial e a insuficiencia financeira” parece que se busca preparar á poboación para futuras fusións municipais
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
19.3.12
Ribeira: sorteados e repartidos os 26 postos do mercado provisional
- As portas da praza actual pechan definitivamente este sábado 24
Viaxe á CoruñaOs praceiros que así o desexen poderán tomar parte o mércores 28 nunha viaxe a Coruña para poder coñecer de primeira man o funcionamento de dous mercados punteiros enclavados na cidade herculina, como son o mercado de Elviña e o da praza de Lugo. Así mesmo, terán a oportunidade de percorrer os lugares máis interesantes da urbe, consistorio de María Pita incluído, por invitación do Consorcio de Turismo de Coruña. Unha vez finalizada a reunión, os praceiros, o edil de Consumo e técnicos municipais desprazáronse ata a carpa na que está a ter lugar as tarefas de acondicionamento. Alí Vicente Mariño escoitou as suxestións realizadas a pé de obra por algúns dos comerciantes, en torno a aspectos tales como a modificación dos condutos de desaugue, o cambio de material para o cortaventos situado na entrada ou as dimensións dalgúns postos. Estudaranse as suxerencias.
Exención de tasas e impuestos: novo artigo de José Manuel Pena no que reclama que non se trate aos desfavorecidos igual certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) March 19, 2012
Ribeira: o 19 de maio celebrarase unha xornada informativa sobre o Día Solar Europeo post.ly/66Ono
— Certo (@Certo) March 19, 2012
Somos iguais ante a Lei? Xosé Antón Díaz reflexiona sobre o asunto. Vai ser que non... certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) March 19, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: Carlos Branco segue a ser o responsable do BNG local
- Así o revalidou a asemblea do BNG, namentres incorpora a Santos Saborido Chouza como vicerresponsable
O anterior alcalde de Boiro, Xosé Deira, era do Bng
Boiro, 19 de marzo de 2012. A asemblea local do BNG de Boiro, reunida o pasado sábado 17 de marzo, vén de renovar os seus órganos. Re-escolleu a Carlos Branco Ansoar como responsable local, que repite de novo no cargo e incorporou a Santos Saborido Chouza como vice-responsable local. Estas designacións enmárcanse dentro da renovación habitual das responsabilidades orgánicas do BNG despois da celebración da XIII Asemblea nacional. Ambas as propostas contaron co referendo unánime do conxunto da militancia de Boiro.
A propia asemblea marcou "como obxectivos inmediatos recuperar a tensión militante para combater as políticas regresivas do PP, polo que quer amosar o seu apoio e convida á cidadanía a participar das seguintes iniciativas:
-Iniciativa lexislativa popular promovida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que recollerá sinaturas na comarca esta semana
-Folga Xeral do 29/03/2012 en contra da reforma laboral promovida polo Partido Popular", segundo explicaron en nota de prensa.
Somos iguais ante a Lei? Xosé Antón Díaz reflexiona sobre o asunto. Vai ser que non... certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) March 19, 2012
…rsarioiespraiabarrana.blogspot.com.es/2012/03/cubert… Impagable artigo de Ramón Laíño (O Xocas de Boiro) sobre apeiros, cubertos e aldeas... Ilustradísimo ademais! #dágloria
— Certo (@Certo) March 18, 2012
Pérez Varelapropuxo a Fraga o sepulcro máis grande e soleado do cemiterio. cabaretvoltaire.canalblog.com/archives/2012/…
— S. jaureguizar (@Jaureguizar) March 18, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: o Psoe pide que a Pobra figure como subcabeceira de comarca nas directrices de ordenación do territorio
- Consideran os socialistas que se está a discriminar ao municipio dentro da planificación de servizos públicos da Xunta de Galicia
- O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, ofreceu hoxe unha rolda de prensa na Pobra do Caramiñal xunto á voceira socialista Teresa García, para presentar unha proposición non de lei do Grupo Socialista no parlamento coa que se pretende correxir “a discriminación da Pobra do Caramiñal ao deixar fóra a este concello na clasificación de subcabeceiras do sistema urbano intermedio de Galicia”.
- “O PP terá que explicar cal é o motivo polo que relegaron á Pobra do Caramiñal, xa que por servizos, poboación e ubicación debería ter a consideración de subcabeceira e coa norma aprobada en febreiro de 2011 desaparece do mapa de servizos da comunidade autónoma a medio e longo prazo”, explican.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: levarán ao Parlamento de Galicia a execución do saneamento de 1994
- O Bng considera necesario incoar expediente de esixencia de responsabilidades pola mala execución daquel saneamento integral
- Defenderá a proposición non de lei a deputada nacionalista Tareixa Paz este vindeiro xoves 22 de marzo
Noia, 19 de marzo de 2012.- Este xoves, 22 de marzo, a Comisión 2ª do Parlamento Galego, debaterá unha proposición non de lei promovida polo BNG que busca o inicio dun expediente de esixencia de responsabilidades, a quen corresponda, polas obras defectuosas do saneamento integral de Noia, contratadas no ano 1994 e executadas nos anos posteriores.
A iniciativa parlamentaria púxose en marcha a partir dun acordo adoptado polo Pleno do Concello de Noia en novembro de ano 2010, a instancias do grupo municipal do BNG, á vista da necesidade de refacer o colector xeral de marxe así como tamén a dunha serie de pozos de bombeo.
A constatación desas deficiencias veñen recollidas na descrición da situación actual da rede de colectores que fan os redactores do novo proxecto de saneamento, hoxe xa en execución: ”Na actualidade só está en funcionamento, e conectada á EDAR a conca que verte ao interceptor sur, desde a piscina municipal. En xeral o resto dos tramos do colector interceptor sofren distintas problemáticas, algunhas veces combinadas, que impiden o seu correcto funcionamento: tramos en contrapendente, infiltracións de auga salgada, mal estado do tubo, etc. Por outra parte e derivado en parte do estado do colector interceptor, o sistema de bombeos que se sitúa sobre este está fóra de servizo: bombeos da Chainza, río Traba, San Lázaro, e dique-Labarta, ao sur da EDAR; e do Río do Porto e Barquiña ao norte. Só se atopa en funcionamento o bombeo previo á EDAR situado no Cruceiro de Barro”.
Máis adiante afirman: “o estado xeral do colector-interceptor e do seu sistema de bombeos é inaceptable: só un tramo parcial do colector-interceptor atópase en funcionamento na actualidade (o que se desenvolve por gravidade, ata o bombeo previo á EDAR, desde a piscina municipal) , e mesmo este tramo presenta problemas xeométricos relevantes, que aconsellan a súa remodelación”, establecendo como obxectivos do proxecto “reconstruír o colector interceptor xeral de forma completa, tanto as conducións, como o sistema de bombeos, e alivios, de forma que se deriven as augas en tempo seco cara á EDAR municipal”.
Logo de que o acordo municipal dirixido ao Organismo Autónomo Augas de Galicia, caese en saco roto, a proposición non de lei busca, baixo o argumento de que existindo base para reclamar por unha obra defectuosamente executada a Xunta eluda a cuestión, instar ao Goberno Galego á incoación dun expediente destinado a esixir responsabilidades –a quen determine- polos vicios ocultos na execución das obras do colector de marxe e pozos de bombeo do saneamento integral contratadas no ano 1994.
Política: Lola Caramés, responsable comarcal de + Galiza na comarca de Muros e Noia post.ly/66QPo Noia: a Banda Crebinsky actuará polas festas de San Marcos post.ly/66PPI Noia: o Liceo organiza unha charla médica, un concerto de jazz e un baile estes últimos días de marzo post.ly/66PF1
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Política: Lola Caramés, responsable comarcal de + Galiza na comarca de Muros e Noia
Lola Caramés (imaxe de arquivo) cando era concelleira de Cultura en Noia co Bng
Noia, 19 de marzo de 2012. Onte, domingo 18 de marzo, tivo lugar a primeira reunión entre a militancia de Máis Galiza na comarca de Muros- Noia. Nela escolleron aos responsables locais, xunto coas responsabilidades comarcais, ademáis de definir o rumbo da organización da comarca.
Rumbo a tomar a curto prazo:
Segundo explicaron en nota de prensa, ao longo deste mes de marzo irán contituindo publicamente as localidades dos concellos de Porto do Son, Noia, Outes, Mazaricos e Muros.Ademais, iniciarase unha rolda de contactos con todas aquelas persoas que queiran unirse ao proxecto que representan. "Temos moito traballo por facer e moito camiño por andar, pero hoxe todos mostramos un especial entusiasmo polo novo proxecto", aseguran.
Responsabilidades comarcais
Foron elixidos por unanimidade os referentes comarcais que guiarán o novo partido da comarca: Lola Caramés como responsable comarcal e Manolo Seijas como vicerresponsable. Ambos estaban antes no Bng de Noia.
Contouse ademais coa presenza de Manuel Gónzalez, membro da executiva de +G, que foi o encargado de guiar a xuntanza.
Relacionada:
- Entrevista a Manuel González, da executiva do novo partido +Galiza
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a Banda Crebinsky actuará polas festas de San Marcos
Que é á Banda Crebinsky? Toda a información aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
