27.3.12

Porto do Son: un venres nada relixioso o 6 de abril co concerto de oito grupos no parque de Portosín

Cartel_concerto_portosn


Porto do Son, 27 de marzo de 2012. Non todo van ser procesións e actos relixiosos na Semana Santa. O Venres Santo vai ser pouco piadoso en Portosín, se tomamos ao pé da letra o nome dos grupos que van tocar no concerto que comeza no parque de Portosín a partires das sete da tarde:

The Fe Kaos (Ribeira-Pobra)
Las Colillas Aquí (Compostela)
Curva á Eskerda (Porto do Son)
Comando Robalisa (Portosín)
Neo-Kaoss (Saqonia-Madrid)
Colloada Salvaxe (Sarria)
La Puta de Oros y los Alucinantes de Copas (Lugo)
Tertubalina (Esteiro, gastropunk de Muros).

Organiza a consellería de Cultura e Festexos do Concello de Porto do Son

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación relixiosa da Semana Santa 2012

A programación da Semana Santa de Ribeira foi presentada hoxe. Nas imaxes, a concelleira de Cultura Elvira Pisos, o párroco de Santa Uxía Cesáreo Canabal e Mª Carmen García Torrado en representación da Confraría do Paso.

 

Nota sobre a procesión do Paso: participarán uns 80 cofrades e entre 12 e 14 costaleiros. O percorrido da procesión cambia con respecto ao ano pasado (consultar cartel). Anímase á poboación á asistir.


Antes, en Certo:






 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este mércores 28, A Tropa de Trapo representa "Contos coas mans abertas" para alumnos de dous colexios

 

  • Para o  IES Leliadoura e o colexio Galaxia
  • Trátase de sensibilizar aos mozos sobre a solidariedade. Promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade


 

Ribeira, 27 de marzo -Día Mundial do Teatro- de 2012.- A xira do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega a Ribeira mañá mércores 28 de marzo. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da devandita entidade e desenvolvido pola compañía compostelá A Tropa do Trapo, terá lugar no Auditorio Municipal ás 11 horas, e a ela acudirá alumnado do IES Leliadoura e do colexio Galaxia.

 

O espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, ‘Contos coas mans abertas’ é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar e entender o mundo.

 

Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos.

 

Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico-teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorre entre 2011 e 2012 un total de 42 Administracións socias.

 

O Fondo Galego


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 93 Concellos e tres Deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o colexio "Daniel R. Castelao" gaña o concurso-exposición Letras Galegas 2012

Valentn_paz_andrade

  • As exposicións gañadoras serán as encargadas de dar a coñecer a obra, a época e a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado este ano. O outro centro gañador é o IES Xoán Montes de Lugo
  • A iniciativa da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, busca implicar ao alumnado na celebración das Letras Galegas e potenciar o coñecemento da obra do escritor

Rianxo, 27 de marzo de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegará a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, aos centros de ensino, aos centros de estudos galegos, aos centros da emigración, ás bibliotecas municipais e ás casas da cultura de máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior. A Consellería que dirixe Xesús Vázquez Abad vén de resolver os dous premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012, no que resultaron gañadores O CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Rianxo e o IES Xoán Montes de Lugo, baixo as categorías de centros de educación infantil e primaria e de centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, respectivamente.

Deste xeito, as dúas coleccións de 10 carteis que conforman as dúas exposicións gañadoras ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’ -do CEIP Alfonso Daniel R. Castelao- e ‘Colleita do 1898’ -do IES Xoán Montes- imprimiranse e distribuiranse, acompañadas de cadansúa guía didáctica explicativa, para fomentar o achegamento do alumnado a Paz-Andrade e á súa obra. Os grupos de traballo que participaron na súa confección recibirán ademais un premio en metálico por importe de 3.000 euros cada un.

Favorecer o coñecemento da obra de Paz-Andrade entre o alumnado

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, contribúe á conmemoración do Día das Letras Galegas 2012 mediante a organización deste concurso-exposición no que poden participar todos os centros de ensino non universitario da súa titularidade.

Con esta iniciativa, a Consellería quere impulsar o estudo da obra de Valentín Paz-Andrade, favorecer a reflexión sociolingüística sobre o contexto histórico do autor, incentivar a realización de actividades que fomenten a colaboración multidisciplinar e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado e fornecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa divulgación como referentes para a creación doutros.

Apoio ás aulas de Lingua galega e literatura e ao labor dos EDLG
Tamén a través dos materiais que integran ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’ e ‘Colleita de 1898’ quere a Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fornecer de material complementario as aulas da materia de Lingua galega e literatura, e facilitarlle ferramentas ao profesorado encargado da súa impartición, no marco dos currículos escolares da ESO e do Bacharelato.

Estas dúas exposicións e as guías didácticas explicativas que as acompañan constitúen ademais un material de apoio ao importante labor desenvolvido desde os Equipos de dinamización da lingua galega en favor da aprendizaxe da lingua galega, así coma da súa promoción e valorización social.

En Rianxo tamén é noticia:


Semana Santa: actividades relixiosas ata o 9 de abril


Viaxe: a Xerusalén e Terra Santa, en abril


Obradoiro: de iniciación musical. Prazo para anotarse ata o 30M

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: do 2 ao 4 de abril, ludoteca audiovisual para rapazada entre 6 e 11 anos

Boiro_nenos_accin


Boiro, 27 de marzo de 2012. Haberá unha ludoteca audiovisual
en Semana Santa para rapaces de 6 a 11 anos, os días 2, 3 e 4 de abril de 11 horas a 13 horas (once da mañá a unha da tarde) no Centro Social de Boiro. Destinada a rapaces de 6 a 11 anos.

Os contidos do programa son:

  1. Coñecemento dos Inicios do cine
  2. Creación de xoguetes ópticos
  3. Iniciación a técnica stop-motion
  4. Iniciación a técnica Pixilación
  5. Creación de videoclip de cine mudo

Inscricións e información: Centro Social de Boiro. Rúa Poeta Manuel María s/n. 15930. Boiro.
Información no teléfono 981842635 e no correo electrónico centrosocial@boiro.org


Recital Leñaverde: este xoves 29 de marzo


14 de abril: curso sobre independentismo galego en Aturuxo


  Semana Santa 2012: programación relixiosa


Certame "Ramón Martínez López": prazo ata o venres 4 de maio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Folga xeral: SOS Sanidade Pública apoia a mobilización do 29 "polos efectos negativos da reforma laboral sobre a saúde"

  • Un traballador pode ser despedido se está de baixa 8 días en dous meses, informan

Image001



Barbanza, 27 de marzo de 2012. "A reforma laboral aprobada polo Goberno terá efectos moi significativos para a Saúde dos traballadores", asegura a plataforma SOS Sanidade Pública, dentro da que se integra a Plataforma pola Sanidade Pública de Barbanza. A reforma modifíca o articulo 52.b do Estatuto dos Traballadores de maneira que permite o despedimento de aqueles traballadores que teñan ausencias entre o 20 ao 25% da xornada laboral, incluíndo nas mesmas ás baixas por enfermidade común de duración inferior aos 20 días, sen ter en conta a taxa de absentismo da empresa (tal e como sucedía ata agora en que se necesitaba que esta fose superior ao 2,5%).


Que significa esta modificación?

 

Que un traballador cunha xornada de 40 horas semanais pode ser despedido se esta 8 días de baixa en 2 meses.


Que efectos ten sobre a saúde esta situación?

 

- Haberá unha diminución do número de baixas por enfermidade, sobre todo por procesos agudos, en que os propios traballadores serán os que non queiran unha baixa a pesar de estar enfermos, fenómeno este que xa se detectou nos últimos anos, debido ao aumento do paro.


- Como as enfermidades non diminuirán, e máis  que probable que as persoas que estean enfermas continúen traballando cos efectos que iso leva asociados: Diminución da capacidade de traballo, problemas na baixa do rendemento e/ou na calidade da produción.


- Un aumento da accidentabilidade porque traballadores coas súas capacidades físicas diminuídas teñen unha maior propensión a padecer accidentes laborais.


-  A presenza de traballadores con enfermidades infecto-contagiosas nas empresas  serán un risco para a propagación das mesmas na contorna laboral, e nos casos en que os traballadores teñen atención directa aos cidadáns converteranse nun foco de diseminación e contaxio da enfermidade.


Deixando de lado o que significa de perda de dereitos dos traballadores, esta reforma implica tamén un risco para a saúde dos mesmos directamente e para o conxunto da poboación dun xeito indirecto, xa que vulnera algunhas das leis sobre saúde pública (Lei Xeral de Sanidade, Lei Xeral de Saúde Pública) e o  articulo 43 da Constitución que garante o dereito á protección da saúde, explicou Manuel Martín García, portavoz de SOS Sanidade Pública en nota de prensa.

 

 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.3.12

Boiro: o Día da República, 14 de abril, haberá un curso sobre Historia do Indepentismo Galego en Aturuxo!

Boiro_cartaz_curso_historia


Boiro, 26 de marzo de 2012. Coa colaboración da 
Escola Popular Galega, a asociación xuvenil boirense Aturuxo! adicará a tarde do sábado 14 de abril -día en que foi proclamada a II República en 1931- a estudar a historia do independentismo galego. A área de historia da EPG prepara un pequeno seminario que repasará os feitos e procesos mais relevantes da historia do independentismo galego, destacando datos e feitos que por circunstancias diversas estiveron ocultas para o propio movemento, nalgúns casos, e para a opinión pública en xeral.

O curso comezará ás 17:30 da tarde no local social, e será ministrada por un membro da Escola, que disponibilizará os materiais elaborados sobre este tema. Para anotarse enviar correo electrónico a localsocialbarbanza@gmail.com ou no local social Aturuxo (r/principal nº118).




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: o Psoe comeza a tomarse en serio a posible moción de censura

  • O secretario de Organización do Psoe galego, Pablo García, declarou hoxe que farán "todos os esforzos que sexan necesarios para manter un goberno de progreso en Muros”

  • Nin chisca de autocrítica da alcaldesa Caridade González nin do Psoe na súa nota de prensa



Pablo García, en imaxe do Psoe na súa páxina web

Muros, 26 de marzo de 2012. Parece que os socialistas, xa a nivel galego, están a verlle as orellas ao lobo dunha posible moción de censura á actual alcaldesa socialista, Caridade González. O responsable de Organización do Psoe a nivel Galicia, Pablo García, declarou hoxe que “é necesario garantir a gobernabilidade de Muros e por iso os socialistas comprometémonos a, dunha vez por todas, poñerlle fin aos problemas que xurdiron co BNG e esperamos obter da formación nacionalista o mesmo grao de compromiso”.

García lembrou que “é imprescindible que as dúas formacións políticas nos poñamos de acordo para manter un goberno elixido lexitimamente na urnas” e lembrou que “nas pasadas eleccións municipais, celebradas en maio de 2011 o Partido Socialista foi o partido máis votado en Muros con 2282 e seis concelleiros”. Neste senso, o responsable de Organización do PSdeG reiterou que “os veciños de Muros nas últimas eleccións municipais apostaron claramente por un goberno socialista” .

Por isto, o secretario de Organización reiterou “a necesidade de solucionar as diferenzas que existen entre ambas formacións políticas para garantir que Muros e os seus veciños teñan un goberno estable e resolutivo”. En ningún momento fixo autocrítica polas últimas afrentas feitas ao Bng, como querer nomear fillo predilecto de Muros ao recentemente falecido Domingos Dosil xunto con tres alcaldes franquistas, así como outras diferenzas, debidas sobre todo ao xeito unipersoal de gobernar da alcaldesa socialista actual.

Antes, en Certo:


Política: o Bng rexeita que se faga fillos predilectos a tres alcaldes franquistas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o recital Leñaverde é este xoves 29 de marzo, o día da Folga Xeral

Ribeira: renovarán servizos e axeitarán un espazo público na rúa Romero Ortiz

Zona_actuacin_romero_ortiz

  •  Unha rampa mellorará a accesibilidade na zona
  • 40.000 euros para saneamento, liña de pluviais e acometidas domiciliarias de auga, así como pavimentación

 


 

Ribeira, 26 de marzo de 2012.- O Concello informa da adxudicación dunha actuación dirixida á renovación os servizos e á adecuación dun espazo público situado na rúa Romero Ortiz, moi preto da céntrica praza de Compostela, en Santa Uxía.

 

Cun investimento de 39.008 euros, as obras van ser acometidas pola empresa Andrés Paz Dios.

 

Segundo o proxecto elaborado por técnicos municipais do Concello, o que se pretende coa actuación e renovar a antiga rede de saneamento existente (colocándose unha tubaxe de 35 metros de PVC compacto), instalar unha liña de pluviais (40 metros de tubaxe de PVC corrugado) e renovar as acometidas domiciliarias de auga potable.

 

Pavimentación

Ademais, pavimentarase a zona de actuación empregando lousas de granito sobre soleira de formigón. A tal efecto, eliminaranse a maior parte das escaleiras existentes, deixando unicamente un tramo de dous metros de ancho nun dos extremos e construíndo unha rampa que mellora á accesibilidade dos edificios do entorno.

 

Esta actuación corre a cargo do canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical