17.4.12

Sociedade: declaración institucional no Día da Acción Global contra dos Gastos Militares,


        Con motivo da conmemoración, hoxe, 17 de Abril, do DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA DOS GASTOS MILITARES (http://demilitarize.org/), o Seminario Galego de Educación para a Paz quere facer pública a seguinte DECLARACIÓN.

         Diante da crise económica actual son moitos os gobernos que recortan drasticamente os seus presupostos, reducindo –esencialmente- as prestacións e os servizos sociais básicos, de maneira certamente grave, a educación e a sanidade, principais piares do Estado do Benestar. Sen embargo, o gasto militar segue a ter un peso moi importante nos presupostos e os recursos destinados á preparación da guerra continúan sendo escandalosamente elevados, globalmente, e en cada país. Máis de 4.000 millóns de dólares ó día gastamos en armamento e España ocupa o 11 lugar na exportación de armas, tamén a países en conflito ou que vulneran gravemente os dereitos humanos, violentando a súa propia lexislación interna.

         Por 13º ano consecutivo o gasto militar mundial continúa subindo, tal e como acreditan os Informes máis prestixiosos como o do SIPRI de Estocolmo (http://www.sipri.org/).

         Pola súa parte, os Presupostos Xerais do Estado Español para 2012 van nesa mesma dirección. A media oficial de reducción do gasto dos distintos Ministerios é do 17% mentres que o Mº de Defensa reduce, teóricamente, o seu nun 8%. Na práctica, o gasto militar español supera amplamente os 6.316 millóns de euros presupostados como gastos xa que a cantidade real acada os 18.000 millóns de euros, dos que máis de 12.000 millóns están disfrazados e repartidos en distintas partidas doutros ministerios e organismos, de tan maneira que dous de cada tres euros do gasto militar español están ocultos para a cidadanía e a sociedade.

         A esta vergoñenta situación debemos sumar a recoñecida débeda militar española que chega a 37.000 millóns de euros (máis de dúas veces a débeda da sanidade) contraída esencialmente -hai máis dunha década- polo presidente Aznar. Para reclamar o pago desa débeda e asegurar a súa devolución debemos entender o nomeamento de Pedro Morenés y Álvarez de Eulate Ex- Presidente do Consello de Administración de  Construccións Navais do Norte e ex- Director Xeral para España da empresa paneuropea de misís MBDA, ata onte mesmo, como quen di) como ministro de defensa do goberno de Rajoy.

         Paradoxicamente, partidas tan importantes para construír un mundo máis xusto e máis pacífico, para aplicar a xustiza e a solidariedade, como son as destinadas á cooperación ó desenvolvemento, recórtanse por riba do 50%.

         Por todo isto, no marco do DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA DOS GASTOS MILITARES, queremos denunciar publicamente esta situación para sensibilizar á cidadanía e tamén para presionar ó goberno e ás forzas políticas para que, si hai que recortar, se faga, sobre todo, no gasto militar.

 

Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a futbolista internacional Verónica Boquete será a madriña da Copa Sálvora deste ano

Vernica_boquete_no_seu_faceboo

  • Comezou a súa exitosa carreira no fútbol nas categorías inferiores do Xuventú Aguiño de Ribeira

Media_httpprotagonist_gavkf

Verónica Boquete, nunha imaxe da revista Protagonistas del Juego


Ribeira, 17 de abril de 2012. A santiaguesa Verónica Boquete Giadáns (Santiago, 9 de abril de 1987), que vai ser madriña do campionato Copa Sálvora deste ano 2012, comezou a súa traxectoria nas categorías inferiores do Xuventú Aguiño de Ribeira. Foi fichada polo Prainsa Zaragoza en 2005, con quen debutou na Superliga. Entre 2008 e 2010 xogou no Real Club Deportivo Español Feminino, onde conseguiu un subcampionato da Superliga e dúas copas da Raíña en 2009 e 2010.

No verán de 2010 fichou polo Chicago Rede Stars da Women's Professional Soccer de Estados Unidos, que a cedeu ao Buffalo Flash da W-League. Tras o verán, regresou ao RCD Español para xogar a tempada 2010-2011 na que anotou 39 goles en 26 partidos.

No verán de 2011 fichou polo Philadelphia Independence da WPS estadounidense con quen foi nomeada mellor xogadora da liga regular e conseguiu o subcampeonato da WPS. En setembro de 2011 fichou polo Energy Voronezh da Top Division de Rusia, con quen disputou ademais a liga de Campións da UEFA feminina e en xaneiro de 2012 fichou por dúas tempadas polo Tyresö FF da Damallsvenskan de Suecia.

É internacional coa selección feminina de fútbol de España e formou parte da selección que gañou o Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA en 2004.


Bo ritmo de inscrición

 

A inscrición de equipos continua a moi bo ritmo e nos próximos días quedarán pechadas as prazas, tendo os máis remolóns a oportunidade de meterse na Fase Previa onde 2 equipos de cada categoría (prebenxamín, benxamín e alevín) lograrán o pase para a Fase Final do 2 e 3 de Xuño no Campo Municipal de A Fieiteira en Ribeira .

Para máis información consulten a páxina web do evento: www.copasalvora.com ou tamén en www.copasalvora.blogspot.com o en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: repartirán por Barbanza pousavasos en galego deseñados por unha alumna do "Félix Muriel"

Pousavasos_claudia3c_4


Rianxo, 17 de abril de 2012. O pousavasos da imaxe que acompaña esta información foi feito por Claudia Rodríguez (3ºESO C do "Félix Muriel"). É un dos gañadores a nivel de todo o Barbanza nun certame que fixeron os equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino. No instituto de Rianxo houbo todos estes deseños.

Nun inicio, editaranse 5.000 exemplares do pousavasos, anque están intentando finanzamento para 10.000 unidades. Mil exemplares serán repartidos en establecementos asociados a Arousa Norte (principalmente casas de turismo rural) e os 4000 restantes inda non está concretado o xeito de distribución nos locais de hostalería de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

De ser posible, os pousavasos poríanse en circulación nas cafeterías o 17 de maio, Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Valentín Paz Andrade.

Vía IFM, Revista Bico da Ría

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.4.12

Voleibol: a Selección Galega Infantil feminina consegue o subcampionato de España

  • Tres das xogadoras, xa subcampionas, son destas bisbarras, dúas do Boiro e unha do Noia
Na foto das tres xogadoras: Elena Oviedo, Ana Bugallo e Emma Ordóñez

Noia, 16 de abril de 2012. A selección Galega Infantil Feminina desprazouse a Lloret del Mar a disputar o Campionato de España de Voleibol de Seleccións Autonómicas e quedou subcampiona, despois de disputar unha emocionante final contra as anfitrionas Cataluña, superando Comunidades tan fortes como a Valenciana, a Asturiana e á favorita, a Selección Andaluza, á que venceron en seminifais.

Tres xogadoras da selección son da bisbarra, dúas xogadoras do Club Voleibol Boiro Emma Ordóñez e Ana Bugallo e unha do Club Voleibol Noia Elena Oviedo Agra.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este sábado, 21 de abril, IV Roteiro de O Faiado 2, entre Boiro e Rianxo

[[posterous-content:pid___0]]

Boiro, 16 de abril de 2012. O IV Roteiro "Entre o mar e a terra" da asociación cultural etnográfica "O Faiado 2" terá lugar este sábado 21 de abril.

A ruta prevista comeza no límite entre os concellos de Boiro e Rianxo: "incluiremos patrimonio etnográfico, arqueolóxico e industrial. Contaremos con guía local", explica a presidenta de O Faiado 2, Mª Luísa López Otero.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: curso de balde no conservatorio para os nenos que queiran prepararse para ingresar no ensino oficial

  •  Abriuse hoxe o prazo para inscribirse, a nenas e nenos entre 8 e 14 anos cumpridos en 2012

 [[posterous-content:pid___0]]

Ribeira, 16 de abril de 2012.- No día de hoxe ábrese o prazo de inscrición dun curso de preparación para o ingreso no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira, que está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a preceptiva proba de acceso para cursas estudos oficiais neste centro no vindeiro 2012/2013.

A concelleira de Educación de Ribeira, Maricarmen Vizcaya; o director do centro, Álvaro López; e xefa de estudos, Natalia Rey, ofreceron detalles desta iniciativa que ten carácter gratuíto. Durante cinco semanas, os nenos traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ao 1º curso de Grao Elemental (un exame de carácter obrigatorio que terá lugar a mediados de xuño). Ademais, os rapaces terán un primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio, e recibirán de parte dos profesores unhas nocións básicas de cada instrumento co fin de axudalos á elección da especialidade que nun futuro inmediato queiran estudar.

O horario será a elixir entre os martes de 19.30 a 20.30 horas e os mércores de 19 a 20 horas, e contará cun máximo de 20 prazas e un mínimo de 9 por grupo para levarse a cabo. As matrículas serán aceptadas por rigorosa orde de entrega do formulario nas oficinas do Conservatorio.

O curso comezará o día 24 de abril na aula 5 do edificio para o grupo do martes, e o 2 de maio para o grupo do mércores. Rematará o 29 e o 30 de maio, respectivamente.

O prazo de matrícula, que comeza hoxe, finalizará unha vez se cubran as prazas ofertadas. Para a formalización da matrícula será preciso a presentación do formulario cuberto nas oficinas do Conservatorio, en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.

Durante o mes de maio publicaranse no taboleiro de anuncios do centro tanto as prazas dispoñibles para o curso 2012/2013 como o prazo de matrícula para efectuar dita proba de acceso ao primeiro curso de grao elemental.  A día de hoxe, 165 alumnos estudan no Conservatorio de Ribeira, no que hai un total de 16 profesores.

 


Libro no Ateneo Valle Inclán de Ribeira: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: barallan a posibilidade de que todos os praceiros actuais vaian na mesma planta do futuro mercado

 [[posterous-content:pid___0]]

Ribeira, 16 de abril de 2012.- O salón de plenos do Consistorio deu cabida esta mañá a unha reunión técnica co obxectivo de presentar por parte do Executivo local o proxecto do Novo Mercado de Ribeira aos praceiros e praceiras da cidade. Asistiron unha vintena destes operadores, que escoitaron de boca do alcalde Manuel Ruiz Rivas e do concelleiro de Consumo Vicente Mariño de Bricio os detalles da nova infraestrutura, cuxa construción está programada para iniciarse en agosto.

En resposta a unha suxestión plantexada polas 6 froiterías e carnicerías ata hai pouco instaladas na primeira planta do que era a praza de abastos, o Concello comprometeuse a estudar a posibilidade de que todos os profesionais que operan actualmente no Mercado Provisional poidan situarse no mesmo andar: concretamente, na planta baixa, espazo que está destinado a albergar entre outros 28 postos de mariscos e peixe fresco.

Plan de comercialización

O alcalde manifestou que polo que a el respecta non ve impedimento a esta posibilidade, pero que o que definirá a distribución concreta do inmoble vai ser un plan de comercialización que ten intención de encargar o Executivo. Este traballo terá o obxectivo de acadar a mellor fórmula posible cara un óptimo funcionamento do inmoble en todo o seu conxunto, xa que hai que ter en conta que entre a planta baixa e o primeiro andar se dará cabida a un total de 49 postos de venta de mariscos e pescados, conxelados, froitas, verduras, carnes e outros produtos complementarios como restauración, quiosco de prensa...; a segunda planta aloxará produtos non perecedoiros, mentres que a terceira planta e a terraza superior do edificio acollerán un restaurante.

Así, Ruiz Rivas considerou fundamental que unhas plantas se axuden a outras no reto de que o Novo Mercado sexa un referente económico do municipio e un dinamizador do entorno.

Outra das cuestións abordadas na reunión de hoxe foi o do Mercado Provisional aberto o pasado 3 de abril que, ao parecer dos praceiros, está tendo un funcionamento moi positivo, rexistrándose un sensible incremento de ventas con respecta a antiga praza.

Antes, en Certo:


Mercado: abre o provisional. É tempo dun novo faraónico?



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: comezou "Encanínate", con 26 persoas que lle aprenderon aos seus cans técnicas para mellorar o comportamento


Ribeira, 16 de abril de 2012.- A  primeira xornada do programa Encanínate -iniciativa promovida polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett- rexistrou no día de onte unha magnífica participación coa intervención na experiencia dun total de 26 persoas que estiveron acompañadas dos seus respectivos cans.
 

A de onte foi unha xornada de socialización na que, da man dos adestradores profesionais Ángel Mollá e Marco Antonio Pérez, os asistentes aprenderon algunhas técnicas para mellorar o comportamento dos seus animais tanto a nivel individual como cando están en grupo. Así mesmo, a sesión serviu igualmente para efectuar un control veterinario e de microchip.
 

Acto seguido, todos os participantes puideron disfrutar dunha andaina de 45 minutos de duración e dificultade medio-baixa polo entorno do parque periurbano de San Roque. O concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez Queiruga, tomou parte na experiencia. 
A vindeira xornada de socialización terá lugar o vindeiro día 29 de maio a partir das 10 horas e sairá ao igual que a actividade de onte dende a explanada localizada fronte aos xulgados de Riveira. Previamente, ás 9.30 horas, haberá un control veterinario para todos aqueles animais que non o pasaran no primeiro día.

 
Cómpre lembrar que estas xornadas son gratuítas e os interesados en dispor de maior información e descargarse o regulamento poden visitar a páxina web do Concello (www.riveira.com) ou as redes sociais da Asociación Sálvora de facebook e tuenti (riveiratrekaventura). As inscricións hai que facelas na Oficina Municipal de Deportes situada no polideportivo de A Fieiteira (tamén por enderezo electrónico a riveira@deportes.com).



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: a asociación cultural "Terra de Outes", indignada e preocupada polo atentado ao monumento á memoria das vítimas do franquismo en Ourense

  • O colectivo pide a derrogación da vixente Lei de Amnistía, que permitiu saír impunes a todos os xenocidas e colaboradores do réxime franquista, o mesmo réxime que nomeou rei ao actual Borbón cazaelefantes

Media_http2bpblogspot_idktw

Foto: Blog Diario de un médico de guardia


Outes, 16 de abril de 2012. "Enteirados do salvaxe atentado cometido contra o monumento na memoria das vítimas do franquismo no Cemiterio de San Francisco de Ourense na noite do 13 de Abril, queremos manifestar toda a nosa indignación e a nosa solidariedade con toda a cidadanía de ben de Ourense. Tamén a nosa fonda preocupación polo que semella ser algo moi premeditado, e acontece nun intre sociopolítico que pode dar pé a un auxe do fascismo. Contra iso, as nosas dúas mellores armas: apoio solidario e unidade contra a barbarie. E tamén a esixencia de que a impunidade dos asasinos de antes e os seus herdeiros de hoxe, debe rematar derrogando a vixente Lei de Amnistía", explica Xoán X. Mariño, presidente da Asociación Cívico Cultural Terra de Oute nunha nota de prensa.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: están a amañar o camiño entre A Ameixida e O Touro

  • O mércores 18 haberá cortes de circulación na avenida Romero Ortiz

Inicio_actuacion_ameixida-touro

Ribeira, 16 de abril de 2012.- O Concello informa do inicio das obras de renovación de servizos no camiño que conecta os lugares de A Ameixida (Castiñeiras) e O Touro (Ribeira). Esta actuación ten un importe de 83.583 euros e un prazo de execución de tres meses. A empresa Excavaciones Abelleira, S.L., é a empresa adxudicataria.

Actualmente o citado camiño presenta unha traza bastante irregular, con pavimento de formigón nalgún tramo e de terra noutro. En toda a zona de actuación, os colectores de pluviais e fecais están moi deteriorados e están feitos nun material que apenas se emprega na actualidade para este tipo de instalacións. Asemade, a tubaxe de abastecemento de auga é de fibrocemento. O obxectivo fundamental perseguida coa actuación é a renovación dos servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando materiais que si se usan a día de hoxe, tales como tubaxes de PVC para fecais e pluviais e tubaxes de polietileno de alta densidade para auga potable.

Unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente no tramo con máis pendente, e zahorra artificial compactada no resto da vía, que se corresponde co tramo máis estreito e con menos pendente, harmonizando así co entorno no que se actúa. En gran parte do camiño existen masas rochosas que é preciso demoler en parte para a aplicación do novo pavimento.

A actuación será acometida con cargo ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.

Romero Ortiz: precisan cortar a circulación de vehículos este mércores 18


O Concello tamén informa de que este mércores, 18 de abril, a Deputación Provincial de A Coruña vai iniciar a actuación consistente no fresado e pavimentación da rúa Romero Ortiz, na cidade de Santa Uxía.

A zona de actuación abarcará dende a rotonda situada ante o paseo do Malecón ata o cruce da vía indicada coa rúa da Carroucha. Será necesario cortar a circulación do tráfico rodado mentres se desenvolvan as obras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical