Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
7.5.12
Rianxo: Carapaus, novo grupo de música tradicional, xa ten vídeoclip
Dodro: programación cultural de maio, co gallo das Letras Galegas
Imaxe da homenaxe na tumba de Baleirón, o poeta que pon a Dodro no mapa galego da poesía
Dodro, 7 de maio de 2012. Con motivo da celebración das Letras Galegas, a Concellería de Cultura do Concello de Dodro que dirixe Cristina Codesido, organiza varias actividades dentro do propio concello.
A primeira actividade, Polafía, terá lugar o vindeiro 16 de maio ás once da mañá no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Trátase dunha xornada interxeracional, entre vellos e rapaces. O obxectivo principal é fomentar as relacións entre as persoas de distintos grupos de idade co ánimo de enriquecer os vínculos e o coñecemento mutuo. No acto en cuestión participarán alumnos da E.S.O, un total de cincuenta e cinco rapaces e rapazas, e os vellos pertencen aos talleres de memoria que se están a realizar no Concello de Dodro.
Xa que dita actividade se basea en contidos literarios e musicais co fin de amosar o patrimonio oral, literario e musical galego, os alumnos e alumnas de 4º da E.S.O citarán poemas e cantigas e os maiores, pola súabanda , recitarán coplas.
A reunión entre os mozos e os maiores, finalizará cunha rolda de preguntas por parte do alumnado ós maiores de Dodro.
Presentación do libro gañador do "Eusebio Lorenzo" de poesía, o 16 de maio
Outro acto, enmarcado dentro da celebración das Letras Galegas, será a presentación do libro gañador da edición número XXIV do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A obra é "Con Gume de folla húmida”, de Isaac Xubín. Dito premio honra a memoria do ilustre poeta Eusebio Lorenzo Baleirón e ademais contribúe á promoción da poesía galega.
A presentación terá lugar o día 16 de maio ás doce do mediodía, cun prólogo a xeito de percorrido pola vida de Eusebio Lorenzo Baleirón. Posteriormente, será a presentación do libro gañador ao alumnado da E.S.O do CPI. Á presentación acudirán membros da familia de Eusebio ademais do alcalde de Dodro xunto con membros da corporación municipal.
Galego de cine, o 24
O día 24 de maio está programada a actividade Galego de Cine do programa “FalaRedes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A actividade terá lugar na esplanada do polideportivo municipal ás 17 horas. Instalarase unha caravana reconvertida en cine itinerante.
Trátase dunha experiencia audiovisual "no cinema máis pequeno do mundo". Poderán participar os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Os participantes disfrutarán dun visionado de curtas de animación en galego. Posteriormente, intervirán nunha serie de actos converténdose en estrelas da gran pantalla a través da composición dunha historia nun video-matón que estará accesible mediante Internet. Aqueles nenos interesados en participar, deberán inscribirse na Casa da Cultura de Dodro, a partir do 9 de maio ata o 21, ambos días incluídos. A actividade é gratuita.
O horario de apertura da Casa da Cultura é de 9.00 a 14.00 horas, en horario de mañá e de 16.00 a 19.00 horas, en horario de tarde.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: Vaamonde, Lamas & Romero presentan "O tambor de prata" este sábado 12 de maio
O espectáculo, do que vai adxunta toda a información no documento, terá lugar na Sociedade Liceo este vindeiro sábado 12 de maio a partires das 21:00 horas. Salón de Actos.
LOS 10.000 MILLONES DE EUROS QUE ESTABAN MALGASTANDO LOS VIEJOS Y LOS ESTUDIANTES HAY QUE DÁRSELOS A RATO, QUE SIEMPRE COME DE TUPPER.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) May 7, 2012
RATO SERÍA UN BUEN DIRECTOR GENERAL DE LA CUEVA DE ALÍ BABÁ Y SUS CUARENTA ASESORES.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) May 7, 2012
Almansa: Nos arqueólogos hai un desinterese xeneralizado pola divulgación.
— magago (@magago) May 7, 2012
Lousame: a Banda de Música organiza este sábado 12 a súa cea anual de socios e amigos post.ly/7B9tp
— Certo (@Certo) May 7, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Lousame: a Banda de Música organiza este sábado 12 a súa cea anual de socios e amigos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: vinte cativos aprenderon os segredos de ser escritora
Ribeira, 7 de maio de 2012.- Unha vintena de pequenos e pequenas de ata dez anos de idade participaron o pasado sábado na actividade “Que é iso de ser escritor?”, coa que se daba inicio á programación do Maio Cultural 2012, organizada polo Concello a través das súas áreas de Educación e Cultura.
A Biblioteca Municipal foi, de novo, o escenario elixido para desenvolver esta acción, que impartiu a poetisa galega Eli Ríos (Londres, 1976), e na que os nenos tiveron a oportunidade da achegarse ao mundo da literatura dende unha perspectiva lúdica e divertida.
Moitos dos nais e pais dos cativos participantes puideron asistir á actividade, na que tamén estivo presente a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya.
Corrubedo en 6 min. flic.kr/p/bTE72p
— Certo (@Certo) May 7, 2012
Los neonazis griegos obligan a periodistas a levantarse ante el líder, la única que se negó fue expulsada
— Rocío Suárez(@rociosuarezf) May 7, 2012
DECIMOS QUE ESTO ES BUENO PARA ESPAÑA Y TAMBIÉN DECIMOS QUE NO HAY QUE CREERSE NADA DE LO QUE DIGAMOS.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) May 7, 2012
José Ignacio Goirigolzarri fue jubilado del BBVA con más de cincuenta millones de euros. Ahora puede ser presidente de Bankia. ????????????
— Carlos Carnicero (@ccarnicero) May 7, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
5.5.12
Dodro: o Psoe acusa ao alcalde de faltar á verdade no da longa baixa da secretaria municipal
malestar ante unha mentira máis do Alcalde Sr. Alfonsín Somoza. Según publica o venres 4 de maio de 2012 algún medio de comunicación escrito, o goberno do PP de Dodro extingue o contrato da asesora económica pola incorporación da Secretaria-Interventora “titular” despois dun largo período de baixa. Dende o grupo municipal do PSOE só podemos dicir que é MENTIRA".
Incompetencia da secretaria titularSegundo explican os socialistas dodrenses, "a data de incorporación da Secretaria titular no concello foi o día 9 de febreiro de
2012. Como este grupo municipal dixo no Pleno Extraordinario convocado única e exclusivamente para a “creación dun posto de traballo eventual no cadro de persoal municipal”, é unha casualidade que coincidan as datas da Providencia da Alcaldía solicitando o asesor e a incorporación da Secretaria titular. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos claro o motivo (e así o manifestamos no citado Pleno): a incompetencia da citada Secretaria Titular para desempeñar o seu posto de traballo fai necesaria a contratación dunha asesora". Enchufes do alcaldePor outra banda, afirman dende o Psoe que "a persoa de confianza posta “a dedo” por Alfonsín incorpórase a traballar o luns 19 de febreiro de 2012, tres días despois da celebración do Pleno e dez días despois da incorporación da Secretaria titular. Outro dato a ter en conta e que desmonta totalmente o argumento do Sr. Alfonsín é que o informe de Secretaría-Intervención onde se avala a modificación do cadro de persoal para a creación dunha praza, está asinado por Dona Mercedes Fondevila Jaraiz, Secretaria
titular do concello de Dodro, daquela, esta persoa, NON ESTABA DE BAIXA. Agora, ¿Qué pasa, que Dodro xa non precisa do asesoramento económico que tanta falla facía hai tres meses? Pois si que lle saiu caro a Dodro o citado asesoramento. Ou será que xa hai outra persoa “enchufada “ polo propio Alfonsín para o sitio???". Hemeroteca de adornoRematan os socialistas sinalando que "o Sr. Alfonsín debe pensar que a xente de Dodro e, sobre todo a oposición socialista, non ten memoria e non lembramos o que ocorreu no pasado Pleno Extraordinario do 16 de febreiro de 2012, onde nos dicía que a contratación da asesora como unha solución para Dodro, e mais agora que o Ministerio de Hacienda valora desfavorablemente o Plan de Axuste presentado polo concello e elaborado por esa “asesora”. Sobre todo, o que máis nos sorprende é que haxa medios de comunicación escritos que, a pesares de estar presentes no Pleno do 16 de febreiro, a pesares de contar no seu poder coa documentación e as intervencións deste grupo municipal Socialista, teñan a osadía de publicar este tipo de novas, e dar por boa a información dun grupo político sen preocuparse, nin tan sequera de consultar a súa propia hemeroteca e saber que o que están
dicindo é verdade ou e ABSOLUTAMENTE FALSO".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: organizan un campionato de futbolín para axudar a Paula, a nena boirense en tratamento en Alemania
A Pobra, 5 de maio de 2012. Novas Xeracións do Partido Popular da Pobra do Carmiñal, en colaboración co bar Gelys organizaron un campionato de futbolín para recadar fondos para axudar a Paula, a nena de Boiro nada con agnesia sacra que se está a tratar en Alemania.
Antes do campionato tivo lugar un sorteo de lotes de cociña coa intención, mediante previa venta de rifas durante o mes de abril, de obter tamén fondos para esta causa. No campionato participaron 11 equipos de todas as idades e resultaron gañadores do torneo o equipo “The Killer”. En segundo lugar quedou o equipo “Maños Team”.
Eloy Sobrido, presidente das Novas Xeracións, asi como os seus compañeiros quixeron agradecer en primeiro lugar a colaboración do bar Gelys, e en segundo lugar a todos os participantes que fixeron posible a actividade. O colectivo tamén afirmou que durante a tempada estival esperan realizar máis actividades de tipo social, de ocio e deportivas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
4.5.12
Noia: o pleno apoia por unanimidade e por lóxica a nova demarcación xudicial ao consider a vila como centro xeográfico
Os xulgados de Noia, con adobíos da Feira Medieval que se celebra na localidade
Noia, 4 de maio de 2012. Esta mañá celebrouse unha reunión extraordinaria urxente da Xunta de Voceiros para tratar a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre a nova demarcación xudicial. A reunión estivo presidida polo alcalde Rafael García Guerrero, estiveron presentes Antonio Pérez Ínsua, voceiro do PP; Bernabé Piñeiro Santos, voceiro do PSdeG-PSOE; Xosé Bieito González Domínguez, voceiro do BNG; e Mónica González Eiras, voceira do NOIA.
Os catro grupos municipais do Concello de Noia acordaron por unanimidade apoiar a proposta de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial recollido no informe do Consello Xeral do Poder Xudicial. Segundo se explica no xornal municipal do Concello de Noia, "os partidos políticos noieses non pretenden unha “guerra” de localismos con outras vilas, nin politizar o tema, pero coinciden en que en caso de reordenación de partidos xudiciais o centro xeográfico é Noia, e que polo tanto a cabeceira debe ser Noia".
Os voceiros dos grupos municipais consideran que a designación de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial sería "a solución menos prexudicial para todos os veciños e veciñas, xa que de todas as localizacións posibles é a que tería un menor desprazamento global por ser o centro xeográfico, ademais é o único punto que cumpre co criterio técnico de ter todos os núcleos de poboación a menos dunha hora de desprazamento ata a cabeceira".
Os grupos municipais no Concello de Noia do PP, do PSdeG-PSOE, BNG e NOIA manifestan "vontade de actuar unidos e colaborar nun tema de tanta importancia".
Onte publicamos:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: programación do Maio Cultural en homenaxe a Paz Andrade
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: o VII Serán "Mar de Rianxo" é o sábado 26 de maio. O día anterior, macro-recital de Airiños
Os grupos que queiran actuar no VII Serán Mar de Rianxo (Seranciño ou Serán) pódense anotar mandando un correo ao enderezo: vaiderodarianxo@gmail.comPode que tamén lle interese:Recital o 25 de maio: O Cadro Artístico Airiños vai realizar un RECITAL "AO SON DAS LETRAS VIVAS" o próximo venres 25 de maio, ás 21.00 h, no que fará un macro-recital de autores vivos con música de compositores vivos, e para iso animan aos rianxeiros/as a participar. Se estás interesado/a escolle un autor vivo e un texto e ponte en contacto co Cadro Artístico Airiños.
- Rianxo: música e cinema para estes días
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
